Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Xestión de Náutica Deportiva Código 631G01480
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Non presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña
Coordinación
Pérez López, Lidia
Correo electrónico
lidia.perezl@udc.es
Profesorado
Pérez López, Lidia
Correo electrónico
lidia.perezl@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de “Xestión da Náutica Deportiva” forma parte do plan de estudios do Grao en Náutica e Transporte Marítimo como unha optativa do cuarto curso que se imparte no 2ª Cuadrimestre. Ten 5 créditos o que supón para o estudante 125 horas de traballo.

Esta materia pretende que o alumnado coñeza o mundo da náutica deportiva. Para iso estudiaranse as embarcacións de recreo, as instalacións náutico-deportivas, as titulacións náuticas de recreo e os distintos contratos que existen.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
RA9H-Resolver eficazmente os problemas prácticos asociados á materia aplicando os coñecementos adquiridos. B31
RA38H-Aplicar as cualidades de liderazgo e de traballo en equipo B45
RA58H-Utilizar as cualidades de liderazgo e xestión B57
RA17X-Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. C15
RA19X-Promover os hábitos hixiénicos e saudables adecuados e fomentar o interese e cooperación dos traballadores nunha acción preventiva integrada. C17
RA25X-Responder a emerxencias C20
RA32X-Asegurar o cumprimento das prescripcións sobre prevención da contaminación C24
RA37X-Vixiar o cumprimento das prescripcións lexislativas C27
RA55X-Vixiar e controlar o cumprimento das prescripcións lexislativas e das medidas para garantizar a seguridade da vida humana no mar, a protección marítima e a protección do medio marino C34

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1: Historia da náutica deportiva 1.1 Antecedentes históricos da náutica de recreo.
1.2 Evolución das embarcacións de vela e de recreo.
1.3 Historia das competicións de vela desde o S. XIX ata a actualidade.
1.4 Xurdimento e evolución da náutica deportiva e de recreo en España.
Tema 2: Normativa nacional e autonómica 2.1 Definición de embarcación e buque de recreo.
2.2 Documentación e trámites a seguir dunha embarcación de recreo.
2.3 Regulación do chárter náutico.
2.4 Titulacións náutico deportivas: atribucións, competencias e procedemento de obtención.
Tema 3: Instalacións náutico deportivas. 3.1 Autorizacións e concesións administrativas.
3.2 Modalidades de xestión e explotación.
3.3 Servizos ofrecidos.
3.4 Plan de protección ambiental.
3.5 Estacións náuticas.
Tema 4: Seguridade, salvamento e loita contra a contaminación. 4.1 Normativa relativa a seguridade e contra a contaminación que deben cumprir as embaracións de recreo.
4.2 Inspección e homologación de dispositivos de seguridade, salvamento e loita contra a contaminación.
4.3 Equipos de radio e axudas a navegación: procedemento de comprobación.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais B31 C24 C34 2 6 8
Resumo C20 C27 C34 3 10 13
Esquemas B45 B57 C17 3 10 13
Esquemas B31 C15 C17 3 10 13
Traballos tutelados B31 B45 B57 C20 C24 C27 C34 3 65 68
Proba obxectiva B31 C20 C24 C27 C34 5 0 5
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Esta actividade consiste na visualización do documental "The Weekend Sailor" e analizar o seu contido a través de diferentes preguntas expostas polo profesor.
Resumo Nesta actividade o alumando elaborará un resumo no que se pretende recoller, destacar e relacionar as principais ideas e conceptos sobre a evolución da náutica deportiva e de recreo desde o S. XVII ata a actualidade.
Esquemas Trátase dunha actividade mediante a que se persegue a determinación, comparación e organización da normativa que regula a práctica da náutica de recreo e as instalacións náutico deportivas en Galicia e en España a través da elaboración dun esquema.
Esquemas Esta actividade consiste na análise detallada da normativa que regula as titulacións náutico-deportivas.
Traballos tutelados O alumnado escollerá un tema relacionado ca materia e elaborará un traballo seguindo as directrices impostas polo profesor.
Proba obxectiva Realizarase unha proba obxectiva para avaliar os coñecementos adquiridos polo alumnado sobre a materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O tratarse dunha optativa virtual a atención personalizada realizarase a través de Teams previa comunicación entre alumno/a e profesor para concretar o momento axeitado.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais B31 C24 C34 Para a súa avaliación terase en conta:
• A entrega na data indicada polo profesor.
• O traballo realizado
5
Resumo C20 C27 C34 Para a súa avaliación terase en conta:
• A entrega na data indicada polo profesor.
• O traballo realizado
10
Esquemas B45 B57 C17 Para a súa avaliación terase en conta:
• A entrega na data indicada polo profesor.
• O traballo realizado
10
Esquemas B31 C15 C17 Para a súa avaliación terase en conta:
• A entrega na data indicada polo profesor.
• O traballo realizado
10
Traballos tutelados B31 B45 B57 C20 C24 C27 C34 Para a súa avaliación terase en conta:
• A entrega na data indicada polo profesor.
• O traballo realizado
50
Proba obxectiva B31 C20 C24 C27 C34 Realizarase unha proba obxectiva que no caso do alumnado que siga a avaliación continua terá un valor do 15% da nota final. No caso do alumnado que non siga a avaliación continua a nota final da materia dependerá o 100% desta proba. 15
 
Observacións avaliación

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

O alumnado que faga e entregue as actividades propostas no campus virtual nos prazos indicados polo profesor e obteña na proba obxectiva unha nota superior a 4, será avaliado de forma continua segundo as metodoloxías descritas na guía docente.

No caso de presentarse máis dunha actividade fora do prazo de entrega indicada polo profesor ou non entregarse, o alumnado será avaliado mediante a proba obxectiva o considerarse que non sigue a avaliación continua.


Fontes de información
Bibliografía básica María José Morillas Jarillo, Juan Luis Pulido Begines, María Victoria Petit Lavall (2020). Tratado de la navegación deportiva y de recreo. Marcial Pons
Pablo López Varela, Santiago Iglesias Baniela, Felipe Antelo González (2007). Análisis jurídico de la náutica deportiva. Reprografía Noroeste S.L.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Seguridade Marítima/631G01211

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías