Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Xestión da Náutica Deportiva Código 631G01503
Titulación
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña
Coordinación
Pérez López, Lidia
Correo electrónico
lidia.perezl@udc.es
Profesorado
Pérez López, Lidia
Correo electrónico
lidia.perezl@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de “Xestión da Náutica Deportiva” forma parte do plan de estudios do Grao en Náutica e Transporte Marítimo como unha optativa do terceiro curso que se imparte no 2ª Cuadrimestre. Ten 6 créditos o que supón para o estudante 150 horas de traballo.

Esta materia pretende que o alumnado coñeza o mundo da náutica deportiva. Para iso estudiaranse as embarcacións de recreo, as instalacións náutico-deportivas, as titulacións náuticas de recreo e os distintos contratos que existen.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A1 Controlar as boas prácticas de seguridade e saúde no traballo.
A5 Interpretación, análise e aplicación práctica dos fundamentos e Institucións de Dereito e Economía para administrar, xestionar e explotar o buque, a empresa marítima, o negocio marítimo e transporte, e a empresa náutico-deportiva.
A13 Coñecer o funcionamento e alcance do seguro marítimo no ámbito nacional e internacional.
A17 Adoptar as medidas axeitadas en casos de emerxencias.
A27 Controlar o cumprimento das prescricións lexislativas.
A33 Protexer o medio mariño e aplicar criterios de sostibilidade ambiental ao transporte marítimo.
A34 Manter a seguridade e protección do buque, da tripulación e os pasaxeiros, así como o bo estado de funcionamento dos sistemas de salvamento, de loita contra incendios e demais sistemas de seguridade.
B1 Aprender a aprender.
B4 Comunicarse de xeito efectivo nun ámbito de traballo.
B5 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B6 Traballar de forma colaboradora.
B10 Versatilidade.
B11 Capacidade de adaptación a novas situacións.
B12 Uso das novas tecnoloxías TIC, e de Internet como medio de comunicación e como fonte de información.
B15 Capacidade para adquirir e aplicar coñecementos.
B17 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
B18 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
B19 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
B21 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
B24 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B31 RA9H-Resolver eficazmente os problemas prácticos asociados á materia aplicando os coñecementos adquiridos.
B45 RA38H–Aplicar as cualidades de liderazgo e de traballo en equipo
B57 RA58H–Utilizar as cualidades de liderazgo e xestión
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C15 RA17X-Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
C17 RA19X-Promover os hábitos hixiénicos e saudables adecuados e fomentar o interese e cooperación dos traballadores nunha acción preventiva integrada.
C20 RA25X–Responder a emerxencias
C24 RA32X–Asegurar o cumprimento das prescripcións sobre prevención da contaminación
C27 RA37X–Vixiar o cumprimento das prescripcións lexislativas
C34 RA55X–Vixiar e controlar o cumprimento das prescripcións lexislativas e das medidas para garantizar a seguridade da vida humana no mar, a protección marítima e a protección do medio marino

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Clasificar e distinguir a normativa nacional e autonómica que regula a actividade náutica deportiva, as titulacións de recreo e as instalacións náutico deportivas. A5
A13
A27
B1
B4
B5
B6
B12
B17
B18
B19
B21
B24
C4
C27
C34
Diferenciar e inspeccionar os elementos de seguridade, salvamento e loita contra a contaminación, así como coñecer e saber utilizar as axudas á navegación e equipos de radiocomunicacións dunha embarcación de recreo. A1
A17
A27
A33
A34
B10
B11
B15
B31
B45
B57
C4
C5
C15
C17
C20
C24
C34

Contidos
Temas Subtemas
Normativa nacional e autonómica Definición de embarcación e buque de recreo
Documentación e trámites a seguir dunha embarcación de recreo.
Regulación do chárter náutico.
Titulacións náutico deportivas: atribucións, competencias e procedemento de obtención.
Instalacións náutico deportivas. Autorizacións e concesións administrativas.
Modalidades de xestión e explotación.
Servizos ofrecidos.
Plan de protección ambiental.
Estacións náuticas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva A1 A5 A13 A17 A27 A33 A34 B57 B45 B31 B24 B21 B19 B18 B17 B15 B12 B11 B10 B6 B5 B4 B1 C4 C5 C15 C17 C20 C24 C27 C34 0 148 148
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Proba utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.
A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Descrición
Email.
Os/as profesores/as tentarán responder canto antes a todas as dúbidas enviadas.

Teams.
Dependerá da dispoñibilidade dos/as profesores/as.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A5 A13 A17 A27 A33 A34 B57 B45 B31 B24 B21 B19 B18 B17 B15 B12 B11 B10 B6 B5 B4 B1 C4 C5 C15 C17 C20 C24 C27 C34 A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas. 100
 
Observacións avaliación
Esta asignatura do plan antigo non ten asignada docencia, o alumnado soamente ten dereito os exames das convocatorias oficiais.
O profesorado subirá a materia a estudiar o campus virtual e o exame tanto da convocatoria de maio como de xullo será sobre esa materia.

Fontes de información
Bibliografía básica Pablo López Varela, Santiago Iglesias Baniela, Felipe Antelo González (2007). Análisis jurídico de la náutica deportiva. Reprografía Noroeste S.L.
Domingo, Jesús, ed.lit. González, Paloma, coord. ed.lit. (2011). El curso de navegación de Glenáns. Tutor
María José Morillas Jarillo, Juan Luis Pulido Begines, María Victoria Petit Lavall (2020). Tratado de la navegación deportiva y de recreo. Marcial Pons

Bibliografía complementaria Gibson, Rob (2011). Manual de trimado de velas para navegantes de crucero. Tutor
Schult, Joachim (2006). Teoría y práctica de las velas: Nuevos diseños, materiales modernos, trimado y optimización. Tutor


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Seguridade Marítima/631G01211

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías