Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Electrónica Dixital Código 631G02364
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Enxeñaría Industrial
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
,
Correo electrónico
Web
Descrición xeral

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Saber interpretar os planos e esquemas dos circuitos electrónicos do buque A18
A62
B1
B4
B10
B11
C10
C11
C12
C13
Coñecer o funcionamento dos sistemas electrónicos dixitais A15
A18
A62
A63
A64
C9
Analizar e sintetizar circuitos electrónicos dixitais A13
B1
B2
B4
B11
C6
C10
C11
C13
Manexar a instrumentación electrónica básica A15
A62
A63
A64
Manexar software específico para a análise de circuitos electrónicos dixitais A63
A64
A73
B11
Montar circuitos electrónicos dixitais e detectar e localizar avarías neles A13
A62
A65
A66
A67
A68
A69
A70
A71
A72
C10

Contidos
Temas Subtemas
1. REPRESENTACIÓN DA INFORMACIÓN 1.1. SISTEMAS DE NUMERACIÓN
1.2. CÓDIGOS BINARIOS
1.3. ARITMÉTICA BINARIA
2. INTRODUCCIÓN AOS SISTEMAS DIXITAIS 2.1. SISTEMAS DIXITAIS
2.2. SISTEMAS COMBINACIONAIS E SECUENCIAIS
2.3. FUNCIÓNS LÓXICAS BÁSICAS
2.4. CIRCUITOS INTEGRADOS
2.5. ÁLXEBRA DE BOOLE
2.6. SIMPLIFICACIÓN
3. SISTEMAS COMBINACIONAIS 3.1. INTRODUCCIÓN
3.2. SUMADORES E RESTADORES
3.3. COMPARADORES
3.4. FUNCIÓNS DE RUTA DE DATOS
3.5. MANIPULADORES DE CÓDIGO
3.6. UNIDADE ARITMÉTICO-LÓXICA (ALU)
4. SISTEMAS SECUENCIAIS 4.1. CONCEPTOS BÁSICOS
4.2. BIESTABLES
4.3. SÍNTESIS DE CIRCUITOS SECUENCIAIS SÍNCRONOS
4.4. CONTADORES
4.5. REXISTROS
5. MEMORIAS 5.1. ESTRUCTURA XERAL DUNHA MEMORIA
5.2. TIPOS DE MEMORIAS
5.3. IMPLEMENTACIÓN DE FUNCIÓNS LÓXICAS UTILIZANDO MEMORIAS
5.4. IMPLEMENTACIÓN DE AUTÓMATAS UTILIZANDO MEMORIAS
6. DISPOSITIVOS LÓXICOS PROGRAMABLES 6.1. INTRODUCCIÓN
6.2. PLD
6.3. PLA
6.4. PAL
6.5. FPGA
7. PROCESADORES 7.1. INTRODUCCIÓN
7.2. REPERTORIO DE INSTRUCCIÓNS
7.3. MODELO DE EXECUCIÓN
7.4. DIRECCIONAMENTO
7.5. OPERACIÓNS
8. MICROCONTROLADORES 8.1. INTRODUCCIÓN
8.2. TIPOS E APLICACIÓNS
8.3. ARQUITECTURA
8.4. INTERFACES

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A15 A18 A62 A63 A64 C9 21 42 63
Proba de resposta múltiple A18 C9 C12 2 4 6
Solución de problemas A13 B1 B2 B4 B11 C6 C10 C11 C12 C13 10 20 30
Prácticas de laboratorio A13 A15 A18 A62 A63 A64 A65 A66 A67 A68 A69 A70 A71 A72 A73 B1 B4 B10 B11 C10 C11 C12 C13 8 16 24
Traballos tutelados A13 A15 A18 A63 A68 B2 B4 B10 B11 C6 C10 C12 C13 3 6 9
Presentación oral A18 B10 C12 1 2 3
Proba obxectiva A13 A18 A63 A64 B1 B2 B4 B10 B11 C6 C9 C10 C11 C12 C13 1 2 3
Proba práctica A13 B1 B2 B11 C6 C10 C11 C12 C13 1 2 3
 
Atención personalizada 9 0 9
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Realizarase unha explicación introdutoria dos contidos de cada tema. Proporcionaránselle ao alumnado ou ben materiais ou ben indicacións de como consultar fontes adicionais para profundizar no estudo do tema. Os conceptos básicos serán traballados individualmente polo alumnado no aula contando coa asistencia do profesor e utilizando exercicios propostos.
Proba de resposta múltiple No inicio de cada sesión maxistral o alumnado terá que respostar a unha serie de preguntas tipo test relacionadas coa materia tratada na sesión anterior
Solución de problemas As clases maxistrais combinaranse coa resolución de problemas por parte do alumnado. Esta será a metodoloxía mais potenciada durante o curso. Proporcionaranselle ao alumnado exercicios resoltos, outros exercicios sen resolver para que os intente resolver individualmente fora do aula, e o profesor resolverá no aula aqueles exercicios que o alumnado non foi capaz de resolver pola sua conta.
Prácticas de laboratorio Proporanse unha serie de prácticas de análise e síntese de circuitos dixitais. Se lle proporcionará ao alumnado o material que precise para que monte os circuitos pola sua conta antes de acudir ao laboratorio, e no laboratorio comprobarase o bo funcionamiento deses circuitos. O alumnado deberá detectar e reparar os fallos e avarías que poidesen ter os circuitos, e deberán dar as explicacións que se plantexe o profesor.
Ademáis tamén se proporán outras prácticas con PLCs para traballar con sinais dixitais, programando lóxicamente os PLCs.
Traballos tutelados Ao final do curso se lle proporá ao alumnado o desenvolvemento dun proxecto de electrónica dixital no que terá que por en práctica os coñecementos teóricos adquiridos ao longo do curso.
Presentación oral Exposición e defensa do proxecto de electrónica dixital ante os compañeiros en clase, respondendo ao final da mesma tanto ás preguntas dos seus compeñeiros como do profesorado.
Proba obxectiva No caso de que o alumnado non opte pola avaliación continua, examinarase do temario completo por medio dunha proba obxectiva que constará básicamente de preguntas tipo test sobre os diferentes contidos da materia, e o 30% da nota final virá desta proba obxectiva.
Proba práctica No caso de que o alumnado non opte pola avaliación continua, examinarase do temario completo por medio dunha proba de resolución de problemas sobre os diferentes contidos da materia, e o 70% da nota final virá desta proba práctica

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Proba de resposta múltiple
Descrición
A atención personalizada realizarase tanto no aula como no laboratorio, resolvendo as dúbidas que lles poidan aparecer ao alumnado durante a resolución aunónoma dos problemas, así como á hora de preparar as montaxes dos circuitos dixitais nas prácticas, e durante a preparación do proxecto final.

Realizaránse no despacho do profesorado ou a través de Teams nos horarios de titorias establecido ao inicio do curso e posto en coñecemento do alumnado polos medios apropiados no centro e no Campus Virtual da UDC.

Ademáis o profesorado tamén poderá resolver as dúbidas recibidas por medios electrónicos como correo electrónico, foros creados a tal efecto no Campus Virtual da UDC, ou videoconferencias a través de Teams.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Presentación oral A18 B10 C12 Valorarase:
- Contido da presentación: 40%
- Coñecemento do tema: 35%
- Postura e contacto visual, voz, vocabulario e estilo: 25%
15
Solución de problemas A13 B1 B2 B4 B11 C6 C10 C11 C12 C13 Ao final das clases de problemas o profesor proporá un problema que o alumnado debe resolver no aula e entregar ao final da clase. 20
Prácticas de laboratorio A13 A15 A18 A62 A63 A64 A65 A66 A67 A68 A69 A70 A71 A72 A73 B1 B4 B10 B11 C10 C11 C12 C13 Valorarase a asistencia, a actitude no transcurso das prácticas, e os resultados acadados nas mesmas.

O alumnado terá que defender a práctica ante as preguntas do profesor, e demostrar que funciona correctamente, realizando as medidas que precise cos aparatos de medida cos que conta o laboratorio.
20
Traballos tutelados A13 A15 A18 A63 A68 B2 B4 B10 B11 C6 C10 C12 C13 Valorarase:
- Contido: completo e práctico: 40%
- Estructura: indicar título, autor, bibliografía, imaxes: 30%
- Investigación: tema actual e innovador: 20%
- Orixinalidade: capta a atención do público: 10%
35
Proba de resposta múltiple A18 C9 C12 No inicio de cada sesión maxistral o alumnado terá que respostar a unha serie de preguntas tipo test relacionadas coa materia tratada na sesión anterior 10
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade

Para poder aprobar a materia será necesario:

  • Avaliación Continua:
    • Alcanzar unha Nota total como mínimo do 50% da nota máxima.
    • Os cuestionarios tipo test sobre os conceptos tratados nas sesións maxistrais terán una valoración de 10 puntos (nota mínima esixible 5 puntos).
    • A resolución de problemas nas clases prácticas terá unha valoración de 20 puntos (nota mínima esixible 10 puntos).
    • Entregar e defender as prácticas nas datas que se indiquen, que terán una valoración de 20 puntos (nota mínima esixible 10 puntos).
    • Expoñer e defender o traballo tutelado final na data que se indique, que terá una valoración de 50 puntos.
  • Exame final
    • Aqueles alumnos que non opten pola avaliación continua ou non acaden algunha das notas mínimas esixibles suficientes para aprobar na mesma, examinaranse do temario completo por medio dunha proba obxectiva máis unha proba práctica.
    • A proba obxectiva terá una valoración de 30 puntos.
    • A proba práctica terá una valoración de 70 puntos.

Segunda oportunidade

Para poder aprobar nesta oportunidade

  • Aplicaranse os mesmos criterios para aprobar que na primeira oportunidade.
  • Gardaranse as notas das partes que se tiveran aprobado na primeira oportunidade.

OBSERVACIÓNS

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017):

  • Asistencia/participación nas actividades de clase mínima: pode ser compensada coa resolución dos problemas e o desenvolvemento do traballo tutelado a distancia (embarcado), realizando as titorías a través do correo electrónico, do Campus Virtual da UDC e por videoconferencia con Teams.
  • Se lle proporcionará un kit de circuitos dixitais para que poda realizar as prácticas de laboratorio propostas, as cales poderá entregar por videoconferencia con Teams.
  • Presentación oral: poderá realizarse a distancia (embarcado) por videoconferencia a través de Teams.
  • Calificación: aplicaranse os mesmos criterios.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á segunda oportunidade e á oportunidade adiantada.

Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-III/6 do Código STCW, e recollido no Sistema de Garantía de Calidad, teranse en conta á hora de diseñar e realizar a avaliación.


Fontes de información
Bibliografía básica Tokheim, Roger L. (2008). Electrónica digital: principios y aplicaciones. McGraw-Hill
Floyd, Thomas L. (2006). Fundamentos de sistemas digitales. Prentice Hall

Bibliografía complementaria Maini, Anil K. (2007). Digital electronics. Principles, devices and applications. John Wiley & Sons
Dormido S., Canto M.A., Mira J., Delgado A.E. (2002). Estructura y tecnología de computadores. Sanz y Torres
Ercegovac M., Lang T., Moreno J. (1999). Introduction to digital systems. John Wiley & Sons
Baena C., Bellido M.J., Molina A.J., Parra M.P., Valencia M. (2001). Problemas de circuitos y sistemas digitales. McGraw-Hill
Martin J.L., Arias J., Bidarte U., Ibáñez P., Lázaro J., Zuloaga A. (2007). Problemas resueltos de electrónica digital. Publicaciones Delta
Alexandres S., Rodríguez-Morcillo C., Muñoz J.D. (2005). Sistemas digitales básicos: una introducción al análisis y al diseño basado en prácticas de laboratorio. Universidad Pontificia de Comillas
Angulo Usategui J.M., García Zubía J. (2002). Sistemas digitales y tecnología de computadores. Paraninfo
Axelson, Jan (1997). The microcontroller idea book: circuits, programs & applications. Lakeview Research


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Informática/631G02154
Electrotecnia. Máquinas Eléctricas e Sistemas Eléctricos do Buque/631G02253

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Electrónica Analóxica e de Potencia/631G02363
Máquinas Eléctricas do Buque/631G02365

Materias que continúan o temario
Automatización de Instalacións Marítimas/631G02357
Sistemas Electrónicos de Comunicacións e Axuda á Navegación/631G02457
Sistemas Electrónicos de Adquisición de Datos/631G02562
Redes e Comunicacións/631G02366

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías