Para aprobar a materia hai que obter unha puntuación mínima de 50 puntos sobre 100.
A nota final obterase sumando as puntuacións obtidas en Prácticas de
laboratorio, Presentación oral e Proba mixta. No caso de que non se
realizaron as actividades de avaliación continua (Presentación Oral e
Prácticas de laboratorio), a nota final será a nota ponderada da proba
mixta. As notas das actividades de avaliación continua só serán válidas
ata a convocatoria adiantada (Decembro) do curso académico seguinte.
Os criterios de avaliación contemplados nos cadros A-III/1 e A-III/3 do Código STCW, e recolleitos no Sistema de Garantía de Calidade, están presentes no deseño e realización da avaliación.
Tódolos aspectos relacionados con “dispensa
académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude
académica” rexeranse de acordo coa normativa
académica vixente da UDC
Ao alumnado con reconocimiento de dedicación a tempo parcial
e dispensa académica de exención de asistencia, non se lle esixe unha
asistencia mínima ás clases e/o actividades, sendo o sistema de
avaliación o anteriormente indicado e que contempla a posibilidade de
aprobar a materia no caso de non participar nas actividades avaliables
realizadas durante o curso.
Os criterios de avaliación da 2º oportunidade son os mesmos
cos da 1º oportunidade.
Os criterios de avaliación da convocatoria avanzada (Decembro) son os
mesmos que os da 1ª oportunidade.
A realización mediante plaxio de actividades de avaliación continua,
implicará que a cualificación da actividade en cuestión sexa de 0
puntos.