A materia consta de dous bloques: Camiños e Ferrocarrís.
Para aprobar a materia valorarase o seguinte:
1. Unha actividade de Aprendizaxe Servizo no caso do Bloque de Camiños, cun máximo da da cualificación final. A cualificación obtida neste apartado é válida tanto na primeira como na segunda oportunidade. A actividade de aprendizaxe servizo, no caso de que se propoña por haber suficiente alumnado, será obrigatoria para superar a materia. Será necesario obter unha cualificación mínima de 4.0 puntos sobre 10 nesta actividade para poder superar a materia.
2. Prácticas propostas para realizar fóra de clase ou en clase. Constituirán ata un máximo de B da cualificación final. A cualificación obtida neste apartado é válida tanto na primeira como na segunda oportunidade.
3. Probas obxectivas de avaliación continua. Estarán constituídas por exercicios de tipo teórico e/o práctico, cun valor máximo de C na cualificación final. Estas probas iranse realizando ao longo do curso.
4. Proba obxectiva de avaliación final. Estará constituída por un exame de tipo teórico (cun valor de ata D da cualificación final) e un exame de problemas, cun valor máximo de E da cualificación final. Para poder aprobar a materia, é imprescindible que a parte de teoría e a de problemas de cada bloque teñan cada unha delas unha cualificación superior ou igual a 4 sobre 10. Na primeira oportunidade, o alumnado poderá presentarse só a un bloque ou a ambos bloques. Considérase que un/a alumno/a preséntase a un bloque nunha determinada oportunidade se realiza na devandita oportunidade a proba de avaliación final.
Actividade | Bloque de Caminos | Bloque de Ferrocarrís |
Actividad de aprendizaje servicio (A) | 20% | --- |
Prácticas propuestas para realizar fuera de clase o en clase (B) | 20% | 30% |
Pruebas objetivas de evaluación continua (C) | 20% | 30% |
Prueba objetiva final teórica (D) | 32% | 30% |
Prueba objetiva final práctica (E) | 8% | 10% |
No caso de que o profesorado decida a non realización dalgunha das actividades anteriores, se prorrateará o peso das demais.
Para aprobar a Materia é preciso superar os requisitos mínimos anteriormente indicados, así como obter un mínimo de 5 sobre 10 puntos en cada un dos bloques (Camiños e Ferrocarrís), sumando as cualificacións obtidas encada un dos catro apartados anteriormente indicados.
No caso de que un/a alumno/a obtivese na primeira oportunidade unha cualificación superior ou igual a 5 sobre 10 puntos na proba obxectiva final de calquera dos bloques, a súa nota gardarase ata a segunda oportunidade.
Se un estudante está matriculado a tempo parcial ou non desexa seguir a avaliación continua, deberá presentarse ás probas obxectivas finais, fixadas no calendario académico da Escola. Para aprobar deberá obter unha cualificación igual ou superior a 4,0 puntos sobre 10 en cada bloque. E, ademais, a media deberá de ser como mínimo de 5,0 puntos sobre 10. A cualificación de cada bloque obtense conforme as porcentaxes expresadas na seguinte táboa:
Actividade | Bloque de Caminos | Bloque de Ferrocarrís |
Prueba obxectiva final teórica | 80 % | 75 % |
Prueba obxectiva final práctica | 20 % | 25 % |
En todo caso, para aprobar é imprescindible que en cada proba obxectiva de cada bloque a puntuación obtida sexa igual ou superior a 4,0 puntos sobre 10. Se na primeira oportunidade a cualificación global dun bloqueé superior a 5,0 sobre 10, a súa nota gardarase ata a segunda oportunidade do curso.
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.