Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Abastecemento e Saneamento Código 632G01032
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Civil
Coordinación
Cagiao Villar, Juan
Correo electrónico
juan.cagiao.villar@udc.es
Profesorado
Cagiao Villar, Juan
Correo electrónico
juan.cagiao.villar@udc.es
Web
Descrición xeral A materia ten un enfoque eminentemente práctico, orientado a que o alumno coñeza os criterios básicos de planificación dos sistemas de abastecemento e saneamento, coñeza os criterios de dimensionamiento e sexa capaz de realizar un anteproxecto dunha solución.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria durante o desenvolvemento da profesión de Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos A32
A35
C4
Coñecemento da profesión de Enxeñeiro Civil e das actividades que se poden realizar no ámbito da Enxeñería Civil A23
A32
A35
B19
B20
C18
Utilización dos computadores para a resolución de problemas complexos de enxeñería. Utilización de métodos e modelos sofisticados de cálculo por computador na resolución de problemas do ámbito estrito da Enxeñería Civil A23
A33
Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar tecnoloxías para resolver problemas relacionados coa depuración de augas residuais. A23
A33
Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar tecnoloxías para resolver problemas relacionados co tratamento de auga potable. A23
A33
Resolver problemas de forma efectiva no ámbito da auga urbana A23
A32
A33
A35
B2
B3
B4
B15
C3
C5
Traballar de forma colaborativa A32
B8
B11
B18
C1
C13

Contidos
Temas Subtemas
1.- O SISTEMA DE AUGA URBANA E O DESENVOLVEMENTO URBANO SENSIBLE Á AUGA Do ciclo da auga urbana ao sistema de auga urbana. Novos retos. O desenvolvemento urbano sensible á auga. Visión xeral dos sistemas de abastecemento. Visión xeral dos sistemas de saneamento.
2.- CRITERIOS DE DESEÑO DOS SISTEMAS DE ABASTECEMENTO Obxectivo. Caudais. Información previa. Trazado. Presións. Velocidades de circulación. Diámetro. Materiais a utilizar (ABA-1/2) (ABA-1/1).
3.- COMPOÑENTES DOS SISTEMAS DE ABASTECEMENTO CAPTACIÓNS. Tipoloxías. Estudos hidrolóxicos (ABA-1/6)
DEPÓSITOS. Introdución. Clasificación. Cota e rebombeos. Capacidade e tipoloxías. Elementos de entrada e saída (ABA-1/5)
ELEMENTOS SINGULARES EN SISTEMAS DE ABASTECEMENTO (ABA-2/1) Introdución. Aloxamentos e elementos da rede. Cámaras de chaves en depósitos.
4.- ESTACIÓN DE TRATAMENTO DE AUGA POTABLE (ETAP): INTRODUCIÓN XERAL. Obxectivos. Configuración dunha liña convencional. Liña convencional con procesos de mellora.
5.- PROCESOS DE POTABILIZACIÓN: TEORÍA E PRÁCTICA
Pretratamiento: desbaste, tamizado e desarenado. Coagulación e floculación. Decantación. Filtración. Desinfección.
6.- LIÑA DE LODOS DUNHA ETAP Características dos lodos de ETAP. Produción de lodos. Espesamiento. Deshidratación.
7.- PRINCIPIOS E CRITERIOS DE DESEÑO DAS REDES SANEAMENTO CRITERIOS DE DESEÑO. Obxecto, definicións, principios e criterios de deseño ambiental dos sistemas de saneamento e drenaxe (ITOHG-SAN-1/0)
CÁLCULO DE CAUDAIS DE SANEAMENTO (ITOHG-SAN-1/1). Obxecto, caudais de augas residuais, caudais de augas pluviai, estimación dos caudais de proxecto.
TRAZADO DE REDES DE SANEAMENTO (ITOHG-SAN-1/2). Diámetros de conducións, consideracións xerais, trazado en planta, trazado en alzado.
8.- TÉCNICAS DE XESTIÓN DE AUGAS PLUVIAIS EN SISTEMAS DE SANEAMENTO E DRENAXE

TÉCNICAS DE DRENAXE URBANA SOSTIBLE (ITOHG-SAN 1/4). Obxecto, ámbito de aplicación das tdus, tipoloxías.
DEPÓSITOS EN SISTEMAS UNITARIOS (ITOHG-SAN 1/5) (ITOHG-SAN 2/2). Obxecto, deseño de depósitos en sistemas unitarios, elementos complementarios e outras consideracións, explotación e mantemento.
9.-INFRAESTRUTURAS COMPLEMENTARIAS DESEÑO DE ESTACIÓNS DE BOMBEO (ITOHG-SAN 2/3) ITOHG-SAN- 1/6). Obxecto, volume do pozo de bombeo, caudais a bombear e regulación, disposición dun bombeo, campá de aspiración, dimensionamento xeométrico, ruídos e vibracións, ventilación e tratamento de cheiros.
ELEMENTOS COMPLEMENTARIOS DAS REDES DE SANEAMENTO (ITOHG-SAN 2/1). Obxecto, pozos e arquetas de rexistro, acometidas, imbornales e elementos de captación superficial da escorrentía, outros elementos complementarios.
10.- ESTACIÓN DE DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS (EDAR)
Obxectivo xeral. Niveis de tratamento: Directiva 91/271. Esquema xeral dunha EDAR.
11.- PROCESOS DE DEPURACIÓN: TEORÍA E PRÁCTICA
Instrucións Técnicas de Obras Hidráulicas de Galicia. Serie EDAR:
ITEDAR-2/1/1-Obra de chegada
ITEDAR-2/1/2-Desbaste
ITEDAR-2/1/3-Desarenado
ITEDAR-2/2/1-Decantación
ITEDAR-2/3/2-Biomasa en suspensión de media carga
12.- LIÑA DE LODOS DUNHA EDAR Instrucións Técnicas de Obras Hidráulicas de Galicia. Serie EDAR:
ITEDAR-2/5/1-Características dos fluxos de lodos.
ITEDAR-2/5/2-Esepesamiento dos lodos
ITEDAR-2/5/3-Acondicionamento, deshidratación e almacenamento de lodos.
NTI-EDAR-Estabilización de lodos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A33 B2 B3 B4 B11 B15 B8 C3 C13 C18 1 20 21
Solución de problemas A32 A33 B18 B19 B20 6 6 12
Sesión maxistral A23 A32 A33 A35 C1 C4 C5 30 45 75
Proba de resposta breve A32 A33 1.5 0 1.5
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Os alumnos realizarán un traballo práctico de dimensionamiento dunha estación de tratamento utilizando un modelo implementado na folla de cálculo Excel. Os profesores proporán a dimensión (tamaño de poboación) e características técnicas do problema.
Solución de problemas Os profesores exporán unha serie de exercicios prácticos para que sexan resoltos polos alumnos.
Sesión maxistral Os profesores expoñerán os temas principais en sesión maxistral. Poñerase ao dispor do alumno a presentación realizada xunto con material complementario de lectura.
Proba de resposta breve Os alumnos deberán superar unha proba obxectiva baseada en respostas a preguntas curtas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O traballo tutelado, que consistirá en dimnesionar unha estación de tratamento de auga, será revisado polos titores nunha serie de reunións concertadas, ou mediante a revisisón de entregas dunha parte parcial do traballo mediante medio electrónico, antes de determinadas datas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba de resposta breve A32 A33 Realizarase unha proba de resposta breve para a parte de abastecemento e outra para a parte de saneamento. A proba de resposta breve comprenderá a "resolución de 10 cuestións". Oito (8) das cuestións para resolver sairán, por sorteo, dunha listaxe ampla de cuestións (banco de preguntas) que se poñerá ao dispor dos alumnos no seu debido momento, e que, por tanto, o alumno coñecerá de antemán para o seu estudo e resolución. As outras 2 cuestións a resolver serán propostas polos profesores. Cada unha das 10 cuestións que finalmente conformen o exame terá o valor de 1 punto, e o alumno deberá obter un mínimo de 5. Para poder facer media entre as partes a nota mínima nalgunha delas deberá ser superior a 4,5 sobre 10. 40
Sesión maxistral A23 A32 A33 A35 C1 C4 C5 Esixirase que o alumno cumpra cunha asistencia mínima do 80% das horas-clase efectivas para poder empezar a puntuar nesta metodoloxía.
A asistencia controlarase mediante a firma do alumno na folla de control. Entre o 80 e 100% de asistencia, a puntuación obtense mediante un axuste lineal entre os puntos de coordenadas (0; 80%) e (1.0; 100%).
10
Solución de problemas A32 A33 B18 B19 B20 Os alumnos resolverán boletíns de exercicios de forma individual dentro dun prazo que se comunicará en clase.
A práctica será avaliado entre 0 e 10; considerarase aprobada se se obtén un valor maior a 5. Se a práctica non se considera aprobada deberá ser repetida por parte do alumno. Neste caso a máxima nota que podería obter sería de 7,5.
20
Traballos tutelados A33 B2 B3 B4 B11 B15 B8 C3 C13 C18 O alumno, de forma individual, realizará o pre-dimensionamiento dunha estación de tratamento de auga. Traballarase en FOLLA DE CÁLCULO EXCEL (ou similar). Valoraranse os seguintes aspectos:
a) Cumprimento dos obxectivos fixados para cada data de tutoría-control.
b) Comprensión dos criterios de dimensionamiento.
c) Claridade na secuencia de dimensionamiento das diferentes etapas.
d) Non existencia de erros.
e) Resolución de problemas ou erros detectados.
f) Elaboración de esbozo final de implantación da planta de tratamento.
30
 
Observacións avaliación
CRITERIOS DE AVALIACIÓN

A.- Alumnos con matrícula a tempo completo

O peso das partes avaliables será o seguinte: asistencia ás sesións maxistrais (10%); entrega de prácticas e probelmas
(20%),traballo tutelado (30%) e proba de resposta breve (40%).

Para superar a materia, tanto na proba de resposta breve, como a parte
de prácticas-problemas, como no traballo tutelado, o alumno deberá obter
unha nota mínima de 5 sobre 10.

Os alumnos, de maneira individual, e co fin de poder valorar algúns dos
aspectos citados anteriormente, deberán demostrar a súa competencia coa
folla de cálculo elaborada mediante un proceso de discusión cos
profesores. Esta avaliación realizarase unha vez completouse o deseño na
folla de cálculo. O resultado desta avaliación é "apto" ou "non apto".
Se o alumno é avaliado como "non apto" deberá fixar unha nova data de
avaliación ata ser avaliado como "apto".

A porcentaxe mínima esixida de asistencia ás sesións maxistrais é do 80 %
das horas de clase. A asistencia controlarase mediante a firma do
alumno na folla de control. A puntuación da asistencia xeral vai de 0
puntos (cando se ten o 80% de asistencia) a 10 puntos (co 100% de
asistencia). Entre o 80 e 100% de asistencia, a puntuación obtense
mediante un axuste lineal entre os puntos de coordenadas (0; 80) e (10;
100).

B.- Para os alumnos con matrícula a tempo parcial

Por normativa, os alumnos a tempo parcial están exentos da asistencia ás
sesións maxistrais. Por tanto, a puntuación correspondente á asistencia
distribúese entre as outras partes, quedando así:
... Traballo tutelado (35%)
... Prácticas-problemas (20%)
... Proba de resposta breve (45%)

Para superar a materia, tanto na proba de resposta breve como no
traballo tutelado, como en prácticas, problemas, o alumno deberá obter
unha nota mínima de 5 sobre 10. As entregas parciais do traballo
tutelado axustaranse ás mesmas datas que os alumnos a tempo completo e,
do mesmo xeito que os alumnos a tempo completo, deberán demostrar a súa
competencia coa folla de cálculo elaborada mediante un proceso de
discusión cos profesores.

Os estudantes a tempo parcial dispoñerán de todos os materiais para o
estudo na mesma plataforma Campus Virtual UDC.

Así mesmo, para a atención personalizada teñen á súa disposición o
correo electrónico institucional a través do cal se poden facer
consultas e acordar titorías cos profesores.
Bibliografía complementaria

1.- ASCE-EPA. (2002). Urban Stormwater BMP performace monitoring. American Society of Civil Engineering, U.S. Environmental Protection Agency. US-EPA/821-B-02-001.

2.- Concello de Madrid (2008). Ordenanza de Gestión y Uso Eficiente del Agua en la ciudad de Madrid.

3.- MFOM (1999). Máximas lluvias diarias en la España peninsular. Ministerio de Fomento.

4.- STAHRE, P. y B. URBONAS (1990). Stormwater detention for drainage, water quality, and CSO management. Prentice Hall. Nueva Jersey. .

5.- TEJERO, I.; J. SUAREZ y J. TEMPRANO (1997). Contaminación en redes de alcantarillado urbano en tiempo de lluvia: control de vertidos. Revista de Obras Públicas. Nº 3361. pág 47-57.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Enxeñaría ambiental/632G01012
Hidráulica e hidroloxía/632G01016

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías