Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Ferrocarrís Código 632G01062
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Civil
Coordinación
Rodríguez Bugarín, Miguel Domingo
Correo electrónico
m.bugarin@udc.es
Profesorado
Novales Ordax, Margarita
Rodríguez Bugarín, Miguel Domingo
Correo electrónico
margarita.novales@udc.es
m.bugarin@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia impartiranse conceptos avanzados relativos ao proxecto, construción e explotación de liñas ferroviarias.
A guía docente desta materia está dispoñible tanto en galego como en castelán. En caso de discrepancias entre ambas as versións terase en conta o establecido na versión en castelán.

Perspectiva de xénero nesta materia:
- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria incorporarase a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)
- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
- Traballarase para detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Permite coñecer e aplicar conceptos avanzados relativos ao proxecto, construción e explotación de liñas ferroviarias. A11
A14
A15
A17
A23
A27
A29
A35
A36
B1
B2
B3
B4
B5
B8
B9
B10
B11
B14
B15
B16
B18
B19
B20
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C8
C10
C13
C18
C19

Contidos
Temas Subtemas
1. Ampliación de estrutura da vía. 1.1. Superestructura e infraestrutura ferroviaria.
1.2. Estruturas de asento.
1.3. Xuntas e barra longa soldada.
1.4. Aparellos de vía.
1.5. Vía sen balasto.
2. Xeometría da vía. 2. Xeometría da vía.
3. Operacións sobre a vía. 3.1. Calidade xeométrica da vía. Auscultación.
3.2. Construción, conservación e renovación de vía.
4. Estacións 4.1. Feixes de vía en estacións
5. Instalacións en sistemas ferroviarios. Sinalización, enclavamentos e sistemas de explotación. 5.1. Liña de contacto e circuíto de retorno.
5.2. Sinalización, enclavamentos e sistemas actuais de explotación.
6. Dinámica do tren 6.1. Resistencias e esforzos.
6.2. A adherencia e a tracción.
6.3. Freado

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A11 A17 A23 A29 A27 A36 B1 B2 B3 B4 B5 B11 B15 B16 B8 B18 B19 B20 C1 C3 C4 C5 C6 C18 C2 C19 25.5 25.5 51
Traballos tutelados A11 A17 A23 A29 A35 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B9 B10 B11 B14 B15 B16 B8 B18 B19 B20 C3 C4 C5 C6 C10 C13 C18 C2 C8 C19 3 9 12
Solución de problemas A11 A14 A15 A17 A23 A29 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B9 B10 B11 B14 B15 B16 B8 B18 B19 B20 C3 C4 C5 C6 C10 C13 C18 C2 C8 C19 25 37.5 62.5
Proba de resposta múltiple A11 A17 A23 A29 A27 0 1.5 1.5
Proba obxectiva A11 A17 A23 A29 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B11 B15 B16 B8 B18 B19 B20 C1 C3 C4 C5 C6 C10 C13 C18 C2 C19 3 18 21
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións teóricas nas que se transmiten os contidos principais da materia. Durante estas sesións foméntase a participación dos alumnos mediante a xeración de cuestións curtas así como a proposta de exemplos prácticos.
Traballos tutelados Realización de diferentes traballos relacionados cos temas da materia, que se exporán en clase e deberanse entregar aos profesores nas datas indicadas.
Solución de problemas Durante o curso propoñerase ao alumnado exercicios que permiten afianzar os coñecementos teóricos explicados nas sesións maxistrais. Os exercicios expostos deberán resolverse persoalmente, podendo consultar todo tipo de documentos ou expor as dúbidas que xurdan durante a súa realización. Cada exercicio será entregado finalmente para a súa cualificación, a través da plataforma Moodle.
Proba de resposta múltiple Ao longo do curso levarán a cabo unha serie de cuestionarios, na modalidade de resposta múltiple (test), ao obxecto de desenvolver unha avaliación continua dos resultados da aprendizaxe do alumnado en diversos temas. Ditas probas levarán a cabo a través da plataforma Moodle, en días e horas consensuadas co alumnado.
Proba obxectiva Realízase unha proba obxectiva para comprobar os coñecementos adquiridos polos estudantes sobre a materia explicada nas sesións maxistrais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Traballos tutelados
Proba de resposta múltiple
Descrición
Ademais da solución de problemas nas sesións específicas dedicadas a esta actividade, realizarase a atención personalizada para resolver as dúbidas individuais que calquera dos estudantes poida ter sobre os problemas resoltos ou calquera das cuestións teóricas expostas na materia. Por outra banda, a atención personalizada constitúe unha ferramenta para o apoio dos estudantes durante a realización dos traballos tutelados que se expoñan durante o curso.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Solución de problemas A11 A14 A15 A17 A23 A29 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B9 B10 B11 B14 B15 B16 B8 B18 B19 B20 C3 C4 C5 C6 C10 C13 C18 C2 C8 C19 Exercicios prácticos para a súa resolución persoal polo alumnado. Propoñerase ao alumnado a realización de 4 exercicios prácticos, con entrega mediante unha tarefa de Moodle. Supoñerán o 20% da cualificación final. Se algunha das prácticas non se supera, poderá repetirse unha vez máis. En tal caso, a cualificación máxima será a suma da nota obtida inicialmente máis o 50% da cualificación restante. 20
Traballos tutelados A11 A17 A23 A29 A35 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B9 B10 B11 B14 B15 B16 B8 B18 B19 B20 C3 C4 C5 C6 C10 C13 C18 C2 C8 C19 Realización de traballos de desenvolvemento, expostos ao alumnado, para a súa elaboración persoal ao longo do curso. A súa data de entrega definirase ao principio do curso. Entregarase a través da correspondente tarefa definida en Moodle. 10
Proba obxectiva A11 A17 A23 A29 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B11 B15 B16 B8 B18 B19 B20 C1 C3 C4 C5 C6 C10 C13 C18 C2 C19 Probas de avaliación de contidos teóricos e prácticos realizadas nas datas establecidas no calendario académico. Estará constituída por unha proba de tipo teórico (cun valor do 30% da cualificación final) e unha proba de problemas (cun valor do 10% da cualificación final). Para poder aprobar a materia é imprescindible que a parte de teoría e a de problemas teñan cada unha delas unha cualificación superior a 4 sobre 10 e que a súa suma ponderada (75% exercicio de teoría e 25% exercicio de problemas) sexa igual ou superior a 5 sobre 10. 40
Proba de resposta múltiple A11 A17 A23 A29 A27 Exercicios teóricos para a súa contestación persoal polo alumnado. Exporase a realización, ao longo do curso, de probas teóricas para realizar un seguimento da aprendizaxe, a través da plataforma Moodle. O peso conxunto dos mesmas será do 30% da cualificación final. 30
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia realizarase conforme a cualificación obtida nas seguintes actividades:

  1. Exercicios prácticos para a súa resolución persoal polo alumnado. Propoñerase ao alumnado a realización de 4 exercicios prácticos, con entrega mediante unha tarefa de Moodle. Supoñerán o 20% da cualificación final. Se algunha das prácticas non se supera, poderá repetirse unha vez máis. En tal caso, a cualificación máxima será a suma da nota obtida inicialmente máis o 50% da cualificación restante.
  2. Exercicios teóricos para a súa contestación persoal polo alumnado na clase. Propoñerase a realización, ao longo do curso, de probas teóricas para realizar un seguimento da aprendizaxe, a través da plataforma Moodle. O peso conxunto dos mesmas será do 30% da cualificación final.
  3. Proba de avaliación final. Estará constituída por un exame de tipo teórico (cun valor do 35% da cualificación final) e un exame de problemas (cun valor do 15% da cualificación final).

Para aprobar a materia é preciso aprobar a proba de avaliación final (5 sobre 10). Dita cualificación obtense como media ponderada a partir dos exercicios de teoría (70%) e problemas (30%). A cualificación mínima en cada exercicio para levar a cabo dita suma ponderada é de 4 sobre 10.

No caso de non aprobar a materia na primeira oportunidade, gardarase a cualificación de todos os exercicios e probas que estean aprobados (5 sobre 10) para a segunda oportunidade.

Se un estudante está matriculado a tempo parcial ou non desexa seguir a avaliación continua, deberá presentarse á proba de avaliación final, fixada no calendario académico da Escola. Para aprobar a materia é preciso aprobar dita proba (5 sobre 10). Esta cualificación obtense como media ponderada a partir dos exercicios de teoría (70%) e problemas (30%). A cualificación mínima en cada exercicio para levar a cabo dita suma ponderada será de 4 sobre 10.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica Kiessling, F.; Puschmann, R.; Schmieder, A. (2001). Contact lines for electric railways planning, design, implementation . Publicis Kommnikations Agentur GmbH
Montes Ponce de León, F. (2011). Los sistemas de control de tráfico y señalización en el Ferrocarril. Universidad Pontificia de Comillas
Profesorado de la asignatura (). Apuntes de la asignatura. En los diferentes temas se irá aportando bibliografía adicional. Campus Virtual
López Pita, A. (2008). Explotación de líneas de ferrocarril . Barcelona: Edicions UPC
García Díaz-de-Villegas (2002). Ferrocarriles. Publicaciones de la ETS de Ingenieros de Caminos de Santander
UIC (). Fichas UIC - Normativa ferroviaria.
Lichterberger, B. (2003). Handuch gleis Unterbau, Oberbau, Instandhaltung, Wirtschaftlichkeit. Tetzlaff Verlag
López Pita, A. (2006). Infraestructuras ferroviarias. Edicions UPC
Alias, J y Valdés, A. (1990). La vía del ferrocarril. Bellisco
Esveld, C. (2001). Modern Railway Track. MRT Productions
ADIF (). Normas ADIF Vía y Normas Renfe Vía.
Comité Europeo de Normalización (CEN) (). Normas UNE - EN. Asociación Española de Normalización y Certificación
Profillidis, V.A. (2006). Railway Management and Engineering. Ashgate
RENFE (1982). Reglamento general de circulación.
González Fernández, F.J. (2009). Señalización ferroviaria. Piscegraf
Oliveros Rives, F.; Rodríguez Méndez, M.; Megia Puente, M (1980). Tratado de ferrocarriles II. Rueda
Marx, L; Mossman, D. (2013). Work procedures for permanent way maintenance. Bahn FachverlagGmbH

    Os estudantes matriculados na Materia recibirán información e documentación de cada tema. Entre esta información entregarase unha relación da bibliografía específica para cada tema concreto.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Infraestruturas do transporte/632G01018

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías