Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) OGPO e Lexislación Código 632G02022
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Civil
Coordinación
López Rúa, David
Correo electrónico
david.lopez.rua@udc.es
Profesorado
López Rúa, David
Martinez Lage, Isabel
Correo electrónico
david.lopez.rua@udc.es
isabel.martinez@udc.es
Web http://https://campusvirtual.udc.es/moodle
Descrición xeral O obxectivo da asignatura é, por unha banda, que o alumno adquira coñecementos básicos de Dereito, da lexislación administrativa xeral e sectorial, así como da normativa legal necesaria para o exercicio profesional. Por outra banda, también se pretende que o alumno desenvolva as capacidades necesarias para organizar, redactar e controlar todas as fases dun proxecto de enxeñería, e adquira coñecementos básicos en xestión de obras e aplicación dos principais procedementos construtivos.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecementos básicos do noso ordenamento xurídico e, en particular, a lexislación principal relacionada coa profesión do Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos. Capacitación para a interpretación e a análise da lexislación. A36
B1
B2
B3
B4
B7
B8
B11
B14
C1
C5
C7
Capacitación científico-técnica para desenvolver proxectos de enxeñaría, dende un enfoque integral. Comprensión de todo o proceso do proxecto, tanto a planificación, coma a redacción do proxecto, a súa execución material, a súa posta en marcha, a súa explotación, a súa conservación e mantemento, etc. A35
A36
B1
B2
B3
B4
B6
B7
B8
B10
B11
B13
B14
B15
B16
B17
B18
B19
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
Adquirir os coñecementos básicos para valorar e medir os proxectos e as obras, como parte do exercicio da profesión de Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos. A35
A36
B1
B2
B3
B4
B8
B9
B10
B11
B13
B16
B17
B18
B19
C1
C3
C4
C6
Coñecer os aspectos máis relevantes da xestión do sector da construción, os axentes implicados e o proceso de licitación dunha obra de construción. A35
A36
B1
B2
B3
B4
B6
B7
B8
B10
B11
B13
B14
C1
C3
C4
C5
C6
C7
Coñecemento dos aspectos máis relevantes da xestión das obras, os aspectos construtivos dos diferentes tipos de obras, a maquinaria e os medios de execución dos diferentes tipos de obras, etc A35
A36
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B10
B11
B12
B13
B14
B15
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Capacitación para presentar e explicar proxectos e traballos relacionados coa profesión de Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos B1
B3
B4
B8
B10
B16
B17
B18
B19
C1
C3

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE 1: REDACCIÓN DE PROXECTOS 1.1 - Concepto de proxecto e o seu proceso.
1.2 - A planificación, os estudos previos e os anteproxectos.
1.3 - Introdución ao proxecto construtivo. Memoria, planos, prego e presuposto.
1.4 - Medición das obras proxectadas
1.5 - Valoración das obras proxectadas
1.6 - Outros aspectos. Aplicacións informáticas

BLOQUE 2: OBRAS DE CONSTRUCIÓN 2.1 – Aspectos xerais das obras: Concepto e tipos de obras. Axentes implicados. A Dirección de Obra: responsabilidades e atribucións. O construtor das obras: esquema organizativo dunha obra, atribucións e funcións. Aspectos administrativos. Estudos e xestións previas. Planificación. Seguridade e Saúde nas obras. Abono das obras. Xestión das obras.
2.2 - Movemento de terras e explanacións: Escavacións e terrapléns. Compactación. Tipos de maquinaria. Rendementos e prezos. Diagrama de masas.
2.3 - Estruturas: Posta en obra de formigón e aceiro. Cimbras e encofrados. Rendementos e detalles de maquinaria. Maquinaria de elevación. Procesos construtivos das principais tipoloxías estruturais.
2.4 - Pavimentación: Plantas de aglomerado e tratamento de áridos. Execución de pavimentos bituminosos, tratamentos superficiais, pavimentos de formigón e beirarrúas. Rendementos e detalles de maquinaria.
2.5 - Túneles e voaduras: Explosivos. Procesos de perforación e voadura. Métodos de escavación de túneles e fases de construción. Rendementos e detalles de maquinaria.
2.6 - Obras hidráulicas: Execución de gabias e colocación de tubaxes. Pozos e depósitos. Canais e canalizacións. Rendementos e detalles de maquinaria.
2.7 - Ferrocarrís: Proceso construtivo de plataforma e vía. Rendementos e detalles de maquinaria.
2.8 - Obras marítimas e portuarias: Dragados. Procesos construtivos en diques e peiraos. Rendementos e detalles de maquinaria.
2.9 - Planificación de obras: Gantt. Espazos-tempos. CPM. PERT. Precedencias múltiples.

BLOQUE 3: INTRODUCIÓN AO DEREITO. LEXISLACIÓN PRINCIPAL EN OBRA CIVIL E LEI DE CONTRATOS DO SECTOR PÚBLICO. 3.1 - Fundamentos de dereito. O ordenamento xurídico español. O ordenamento xurídico comunitario. Apuntamentos sobre as leis e os regulamentos.
3.2 - A organización do Estado. A Administración Xeral do Estado. A Administración Autonómica e Local.
3.3 - As principais leis administrativas no ámbito das obras públicas. A lexislación sectorial e a normativa técnica.
3.4 - A lexislación básica en materia de seguridade e saúde no ámbito das obras públicas.
3.5 - Presentación da Lei de Contratos do Sector Público: Finalidade e ámbito de aplicación. O Sector Público.
3.6 - Tipos de contratos do Sector Público.
3.7- Configuración xeral da contratación do Sector Público: Partes do contrato. Prezo e garantías.
3.8 - Preparación dos contratos e procedementos de contratación. Pregos.
3.8 - Normas no desenvolvemento dos contratos administrativos. Subcontratación. Modificación, suspensión, cumprimento e resolución de contratos. Aspectos particulares en contratos de obras e concesión de obra pública.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A35 A36 B8 B11 B12 B13 B14 B15 B1 B3 B4 B6 B7 B16 B17 B18 B19 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 44 32 76
Solución de problemas A35 A36 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B16 B17 B18 B19 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 10 15 25
Estudo de casos A35 A36 B8 B9 B10 B11 B12 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B16 B17 B18 B19 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 0 30 30
Saídas de campo A35 A36 B8 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B1 B2 B3 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 4 2 6
Proba mixta A35 A36 B8 B12 B13 B14 B15 B1 B2 B3 B4 C1 C2 C3 C4 C5 C6 2 10 12
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Os principais conceptos teóricos da materia serán presentados en sesións de carácter maxistral
Solución de problemas As clases teóricas complementaranse con clases de carácter práctico, onde se estudarán casos de aplicación das metodoloxías estudadas ou se resolverán exercicios e problemas, que axuden á correcta comprensión desta materia. Proporanse exercicios prácticos que serán avaliados.
Estudo de casos As clases teóricas e prácticas complementaranse co estudo de casos de aplicación das metodoloxías estudadas ou se resolverán exercicios e problemas, que axuden á correcta comprensión desta materia. Exporanse exercicios prácticos que serán avaliados.
Saídas de campo Organizarase unha visita a obra a partir da cal se definirá un exercicio práctico que será avaliado
Proba mixta A proba mixta constituirá unha actividade final da materia de cada bloque con carácter avaliable a través da cal o alumnado deberá dar resposta a varias cuestións de tipo teórico e práctico, facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos adquiridos, de acordo co conxunto de contidos abordados ao longo do curso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Solución de problemas
Estudo de casos
Descrición
En calquera momento os alumnos poderán solicitar unha titoría para aclarar dúbidas sobre aspectos concretos da materia. O horario destas acordarase cos profesores da materia para cada caso concreto. Igualmente, poderanse formular cuestións ou dúbidas a través de correo electrónico. En caso de ser necesarias, as titorías en grupo anunciaranse debidamente.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A35 A36 B8 B12 B13 B14 B15 B1 B2 B3 B4 C1 C2 C3 C4 C5 C6 Para cada bloque, exporase unha proba mixta nas datas sinaladas no calendario oficial da escola, que poderá incluír unha parte práctica. Cada proba puntuarase de 0 a 10.
Para aqueles estudantes que teñan aprobadas as prácticas de aula dos bloques 1 e 2 realizarase unha proba adicional en horas de clase.
47
Saídas de campo A35 A36 B8 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B1 B2 B3 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Propoñerase a realización dunha práctica adicional baseada nunha visita a obra que se realizará durante o curso, e terá a consideración de práctica de avaliación continua relativa ao bloque 2.
Para poder aprobar a materia por avaliación continua será necesario realizar a visita.
Se non se puidese realizar a visita, o estudo de casos supoñerá un 36%.
3
Solución de problemas A35 A36 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B16 B17 B18 B19 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 En cada un dos bloques os profesores exporán un exercicio práctico nunha data que se concretará o primeiro día de clase. Estas prácticas denominaranse Prácticas de Aula. Os alumnos resolverana de forma individual e será avaliado de 0 a 10. 17
Estudo de casos A35 A36 B8 B9 B10 B11 B12 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B16 B17 B18 B19 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 En cada un dos bloques os profesores exporán distintos casos prácticos que serán resoltos polos alumnos de forma individual ou colectiva, segundo o caso. Estas probas denominaranse prácticas de avaliación continua. Cada práctica será puntuada de 0 a 10. 33
 
Observacións avaliación

Avaliaranse de forma independente os tres bloques en que se divide a materia, de modo que para aprobar será necesario superar cada un deles por separado nalgunha das convocatorias do curso. 

Pódese manter a cualificación das prácticas aprobadas en cursos anteriores se se realiza unha petición expresa. 

 Nos bloques 1 e 2 darase a oportunidade de presentarse a un exame de avaliación continua durante o curso ao alumnado que aprobase previamente as prácticas de aula.

Bloque 1

  • A nota final procederá dos seguintes apartados con esta ponderación:  
    • Práctica de Aula 1 ( PA1): 10%. Exercicios prácticos sobre redacción de proxectos a realizaren a aula nunha data concreta a determinar.  
    • Práctica de Avaliación Continua 1 ( PEC1): 50%. Traballo ao redor da redacción dun proxecto hipotético. Poderá ser entregada na data que se determine durante o curso lectivo ou na do exame de xullo se non foi aprobada previamente. 
    • Exame do bloque 1: 40%. 
  • Para superar o bloque precísase: 
    • Obter unha nota mínima na PEC1 de 5. 
    • Obter unha nota mínima no exame de 4. 
    • Obter unha media ponderada superior a 5 entre prácticas e exame.

Bloque 2

  • A nota final procederá dos seguintes apartados con esta ponderación:  
    • Práctica de Aula 2 ( PA2): 20%. Realización dun problema de movemento de terras na aula nunha data concreta a determinar. 
    • Práctica de Avaliación Continua 2 ( PEC2): 30%. Poderá ser entregada na data que se determine durante o curso lectivo ou na do exame de xullo se non foi aprobada previamente. 
    •  Exame do bloque 2: 50%. 
  • Para superar o bloque precísase: 
    •  Obter unha nota mínima na PEC2 de 5. 
    •  Obter unha nota mínima no exame de 4. 
    •  Obter unha media ponderada superior a 5 entre prácticas e exame.

Bloque 3

  • A nota final procederá dos seguintes apartados con esta ponderación:  
    • Práctica de Aula 3 ( PA3): 20%. Traballo relacionado coa Lei de Contratos a desenvolver na aula nunha data concreta a determinar. 
    • Práctica de Avaliación Continua 3a ( PEC3a, relacionada coa lexislación relativa a Seguridade e Saúde): 15%. A data límite de entrega será a do exame da convocatoria de maio/xuño.  
    • Práctica de Avaliación Continua 3 b ( PEC3 b, relacionada con algunha normativa sectorial): 15%.A data límite de entrega será a do exame da convocatoria de maio/xuño. 
    •  Exame do bloque 3: 50%. 
  • Para superar o bloque precísase:  
    • Obter unha nota mínima no exame de 4. 
    • Obter unha media ponderada superior a 5 entre prácticas e exame ou, sila anterior media é inferior a 5, obter unha nota mínima no exame de 5.

No
caso de que por razóns xustificadas un alumno non poida participar nunha
práctica de clase avaliable ou na visita de campo, os profesores determinarán
un exercicio que poida substituílo. Causas xustificadas serán as establecidas
no Artigo 12 das "Normas de avaliación, revisión e reclamación
das cualificacións dos estudos
de grao e mestrado universitario", aprobada polo
Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e modificada o 30
de abril de 2014. Igualmente, valoraranse alternativas en casos de estudantes
con dedicación a tempo parcial ou de modalidades específicas de aprendizaxe e
apoio á diversidade.


Fontes de información
Bibliografía básica

• “Guía metodológica y práctica de proyectos”, Morilla Abad I. ETSICCP, Madrid.

• “Valoración de obras en Ingeniería Civil”. Gonzalo de Fuentes Bescós. Univ. Politécnica de Madrid.

• “Manual de Planificación y Programación para Obras Públicas y Construcción” (1 y 2).José P. Bendicho Joven. Edit: Rueda

• “El proyecto de obras en ingeniería civil”. Gonzalo de Fuentes Bescós. Univ. Politécnica de Madrid.

• “Organización y gestión de proyectos y obras”. Germán Martínez Montes y Eugenio Pellicer Almiñana. Edit: MacGrawGill

• “Manual de Maquinaria de Construcción”. Manuel Diez del Río. Edit: MacGrawGill

• “Valoración de obras de ingeniería civil”. Amalia Sanz Benlloch y otros. Edit: Universidad Politécnica de Valencia.

• “Dirección de obras públicas”. Emilio Menéndez Gómez. Edit: Thomson – Aranzadi

• “Manual de legislacion para ingenieros de caminos, teoria y practica". Juan Jose Bertolo Cadenas y Enrique Manciñeira Alonso. Edit: Colegio de Caminos, Canales y Puertos.

• "Manual de gestión de las obras de contratación pública". Rubio González, Alfredo. Mª Carmen Ortego Peñas.

• "Organización y control de obras". Castro Fresno, Daniel.

• "Maquinaria de obras públicas". Barbet Lloret, Pedro.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías