1. OPCIÓNS DE AVALIACIÓN
Estudantes a tempo completo (avaliación continua)
- Traballos e resolución de problemas (50%)
- Asistencia a clase (50%)
Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a “Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao da UDC (art 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212). ):
- Traballos e resolución de problemas (60%)
- Exame teórico (40%)
2. OBSERVACIÓNS ADICIONAIS
Primeira oportunidade
- Para superar a materia polo sistema de avaliación continua é necesario obter un 5 sobre 10 nos traballos propostos e unha nota total mínima de 50 puntos sobre 100.
- Para aprobar a materia o alumnado exento de asistencia é necesario acadar 5 puntos no exame final teórico (sobre 10) e unha nota mínima total de 50 puntos sobre 100.
Convocatoria de segunda oportunidade
- Na convocatoria de segunda oportunidade aplicarase o procedemento sinalado para o alumnado con exención de asistencia para todo o alumnado.
Consideracións de plaxio
- A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria