Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Economía da Empresa: Función Financeira Código 650G01008
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Piñeiro Sanchez, Carlos
Correo electrónico
carlos.psanchez@udc.es
Profesorado
Llano Monelos, Pablo de
Piñeiro Sanchez, Carlos
Correo electrónico
pablo.de.llano@udc.es
carlos.psanchez@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal
Descrición xeral A materia pretende forma-los coñecementos e desenvolve-las habilidades básicas precisas para comprende-la problemática financeira da empresa, iniciarse no estudio da teoría financeira e as Finanzas, e manexa-los modelos básicos de traballo. Preténdese tamén que o alumno adquira un dominio inicial da terminoloxía e xerga financeira, se familiarice coa lóxica financeira, e aprenda a buscar e interpreta-la información relevante.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Comprende-la problemática financeira da empresa A1
A2
A3
A5
A10
A13
A14
A15
A18
A20
A21
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Comprende-la lóxica financeira A1
A2
A3
A5
A10
A13
A14
A15
A18
A20
A21
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
C1
C4
C8
Coñece-los fundamentos teóricos das finanzas A1
A2
A3
A5
A10
A13
A14
A15
A18
A20
A21
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Obter e interpreta-la información económico-financeira A1
A2
A3
A5
A10
A13
A14
A15
A18
A20
A21
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Manexa-los modelos financeiros básicos A1
A2
A3
A5
A10
A13
A14
A15
A18
A20
A21
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Coñece-la terminoloxía financeira A1
A2
A3
A5
A10
A13
A14
A15
A18
A20
A21
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
A función financeira da empresa Conceptos básicos sobre a empresa e o empresario
Contido da función financeira
O obxectivo financeiro: valor vs. beneficio, dividendos, etc.
A contorna financeira da empresa
O patrimonio e as rendas da empresa O patrimonio da empresa: o activo e o pasivo. Amortización e autofinanciamento. O equilibrio financeiro.
As rendas da empresa: a rendibilidade e o custo do financiamento
Fundamentos de análise financeira
Capital circulante e fondo de rotación
A estrutura financeira da empresa A estrutura financeira e o custo de capital
Fontes de financiamento: características básicas e custo
Decisións de investimento Concepto e clases de investimentos
Métodos para a análise de investimentos
Xestión financeira e curto prazo Xestión de tesourería
Xestión de stocks
O risco de creto

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 16 32 48
Solución de problemas A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 16 32 48
Proba mixta A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 2 14 16
Proba obxectiva A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 2 14 16
Prácticas a través de TIC A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 6 12 18
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación dos aspectos básicos dos capítulos. O peso real da lección maxistral na docencia diaria dependerá do grao en que o alumnado desenvolva o traballo persoal preparatorio necesario para que poidamos desenvolver actividades participativas.
Solución de problemas Actividades prácticas baseadas en exercicios, casos e/ou problemas, individuais ou en grupo. O grao de interactividade dependerá do desenvolvemento do traballo persoal preparatorio por parte do alumnado.
Proba mixta Exames finais con contido teórico e práctico, e cuestións en calquera formato: test, desenvolvemento, análise de casos, exercicios numéricos, etc.
Proba obxectiva Exames de avaliación continua
Prácticas a través de TIC Tarefas, análise de casos e/ou resolución de problemas empregando recursos TIC. A programación destas actividades dependerá da realización do traballo persoal deslocalizado necesario para a súa preparación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Solución de problemas
Descrición
As titorías desenvolveranse previa petición de cita, de xeito presencial ou en formato electrónico, segundo conveña en cada caso. Son aplicables os límites que sinala a normativa de dedicación docente do profesorado da UDC e o dereito á desconexión dixital previsto na LO 3/2018.
Estes criterios son de aplicación tamén ós alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e/ou exención de asistencia.
As TGR programaranse coa debida antelación, en dúas sesións ata sumar un total de 4 horas. O seu formato pode ser presencial, telemático ou mixto, en función das necesidades do grupo e do traballo a realizar.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Tres probas obxectivas, de carácter non liberatorio, que configuran a avaliación continua. Cada unha destas probas valórase nun máximo de 1 punto. As datas orientativas para as probas de EC son as seguintes: 18 de Outubro, 8 de Novembro e 13 de Decembro para o primeiro cuadrimestre; 7 de Marzo, 28 de Marzo, e 2 de Maio para o segundo cuadrimestre. As datas definitivas fixaranse con antelación, atendendo ás necesidades da docencia.
A avaliación continua non é recuperable na segunda oportunidade.
30
Proba mixta A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Desenvolverase na data, lugar e hora designados pola Xunta de Facultade para o exame final de cada oportunidade. Pode conter cuestións teóricas e prácticas en calquera combinación de formatos: test, desenvolvemento, casos, exercicios numéricos, etc. 70
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade: a cualificación
global calcúlase promediando a proba realizada na data oficial de exame (70%) e
a avaliación continua realizada durante o cuadrimestre (30%)

Segunda oportunidade: realizarase
so unha proba mixta valorada en 10 puntos. A cualificación da segunda oportunidade
será a maior dos dous seguintes valores:

  • O resultado do
    exame final realizado na data oficial desta segunda oportunidade


  • O resultado
    de promediar o devandito exame ó 70%, coa avaliación continua ó 30%.

Oportunidade adiantada: avaliarase
mediante unha proba mixta de 10 puntos, relativa ós contidos e competencias
definidos na guía do curso inmediatamente anterior.

Tódalas probas de avaliación deben
realizarse de forma presencial e na data prevista, coas únicas excepcións que
sexan aplicables conforme á normativa académica; en caso contrario computarán como
cero. Os alumnos con recoñecemento de dedicación parcial e/ou o exención de
asistencia seguirán o mesmo calendario e normas de avaliación que os restantes
alumnos.

Fraude: é de aplicación o previsto
no artigo 14 da normativa de avaliación da UDC, e no punto b do apartado 4 do
artigo 11 do regulamento disciplinar do estudantado da UDC. De acordo co
previsto nestas normas, as persoas implicadas serán expulsadas da proba e recibirán
unha cualificación de cero en ámbalas oportunidades, sen perxuizo das responsabilidades
disciplinares adicionais que poidan ser esixibles.

Instrumentos electrónicos: salvo
autorización expresa, non se permite o acceso á aula con dispositivos
electrónicos susceptibles de almacenar e/ou transmitir datos, tales como
smartwatches, móbiles ou calculadoras intelixentes. A presenza presencia en
lugares inxustificados entenderase motivo suficiente para a expulsión de la proba,
coas consecuencias previstas no parágrafo anterior.

Quen desexen ser avaliados nun idioma
concreto dos empregados na docencia deberán manifestalo por escrito dentro da
primeira semana lectiva do cuadrimestre en que se imparta a materia.

Identificación: o  alumnado deberá acreditar fidedignamente a súa
identidade dacordo coa normativa vixente.

Revisión
de cualificacións
: para dar cumprimento ás garantías previstas no art.
23.1 da normativa de avaliación da UDC, as probas de avaliación continua revisaranse
xunto co exame final, cando se publiquen as cualificacións provisorias da
primeira oportunidade, e dende ese momento os seus resultados serán firmes.
Cando se solicite a revisión, comprobaranse tódalas cualificacións e, caso de existir
algún erro, rectificaranse á alza ou á baixa segundo proceda.


Fontes de información
Bibliografía básica Suárez, A. (2003). Curso básico de Economía de la Empresa. Un enfoque de organización. Madrid: Pirámide
Piñeiro, C.; de Llano, P. (2012). Finanzas empresariales. Teoría y modelos con hoja de cálculo. Santiago: Andavira
Doldán, F. (2001). Fundamentos de las decisiones financieras empresariales. Santiago: Tórculo
Piñeiro, C. (2016). Oikonomicon. Un viaje virtual a la lógica de la dirección financiera de la empresa (https://oikonomicon.udc.es/).

Esta é unha bibliografía básica e de carácter xeral para a materia; en cada capítulo recóllense referencias específicas adicionais.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Dirección Financeira I/650G01019
Dirección Financeira II/650G01025

Observacións

A materia está deseñada en atención á distribución do tempo de traballo establecido no plano de estudos, que á súa vez está inspirado no crédito transferible europeo (ECTS) e nas liñas xerais da Declaración de Bolonia. Neste contexto, as responsabilidades académicas van máis aló de simplemente asistir ás aulas. O traballo non termina cando sae da aula e/ou finaliza a sesión telemática, e non todo o traballo se realiza na Facultade. O plano de estudos está deseñado para ter unha combinación de traballo presencial de 50 horas e 100 horas adicionais de traballo non presencial; estas últimas son o tempo que un estudante promedio debe adicar ás súas tarefas persoais (lecturas, preparación de notas e, naturalmente, tempo de estudo) e para prepara-las actividades que se programan ó longo do cuadrimestre (busca de información, análise de documentos, prácticas baseadas en TIC, etc.). As sesións presenciais adicaranse principalmente a discuti-los aspectos  teóricos básicos da materia, coordina-lo traballo do grupo, resolver dúbidas xerais e desenvolver actividades prácticas e interactivas. Partindo deste traballo común, prográmase o traballo individual que cada estudante debe desenvolver para as seguintes sesións, coa orientación e o apoio dos seus profesores cando sexa necesario.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías