Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Contabilidade Financeira I Código 650G01013
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Fernández Rodríguez, María Teresa
Correo electrónico
m.fernandezr@udc.es
Profesorado
Fernández Rodríguez, María Teresa
González García, Isaías
Correo electrónico
m.fernandezr@udc.es
isaias.gonzalezg@udc.es
Web
Descrición xeral Introducir ao alumno nos conceptos básicos necesarios nos procesos de elaboración e comunicación da información contable

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer o método contable e o seu output: os estados financeiros A1
A2
A3
A7
A9
A10
A23
C1
C3
C4
C5
C7
C8
Rexistrar contablemente, presentar e interpretar calquera transacción económica básica. A12
A14
B2
B3
B7
B11
B12
B13
Capacidade para aprender de xeito autónomo, buscando a solución a novos problemas a través da aplicación dos coñecementos adquiridos. B1
B5
B6
B8
B9
B10
Capacidade para traballar en equipo de maneira consultiva. B4
B14
C2
C6
Habilidade para presentar, discutir e defender puntos de vista diferentes. B4
B6
Ter un comportamento ético nos negocios. C4
C5

Contidos
Temas Subtemas
Primeira parte: Fundamentos básicos da contabilidade Fundamentos básicos da contabilidade
Tema 1: Introdución á contabilidade.
1.1. Actividade económica e necesidade de información.
1.2. Concepto de contabilidade.
1.3. Divisións da contabilidade.
Tema 2: A información financeira. 2.1. Usos e usuarios da información financeira.
2.2. Características básicas da información financeira.
2.3. Normativa para a elaboración da información financeira.
Tema 3: O balance de situación. 3.1. O patrimonio da empresa.
3.2. Principio de dualidade.
3.3. Elementos patrimoniais: activos, pasivos e neto.
Tema 4: A conta de resultados e o estado de fluxos de efectivo. 4.1. Criterio do devengo.
4.2. Resultado do período: ingresos e gastos.
4.3. Fluxo de efectivo: cobros e pagos.
Tema 5: O método contable. 5.1. Transaccións económicas e feitos contables.
5.2. A conta.
5.3. Tecnicismos das contas.
Tema 6: Rexistros contables. 6.1. Anotacións no libro diario.
6.2. Traspaso do libro diario ó libro maior.
6.3. Balance de comprobación e estados financeiros.
Tema 7: O ciclo contable. 7.1. Rexistro das operacións realizadas no período.
7.2. Axustes por aplicación do devengo.
7.3. Preparación de estados financeiros.
7.3. Peche de contas temporais.
Segunda parte: Introdución ao rexistro, presentación e interpretación de transaccións básicas. Introdución ao rexistro, presentación e interpretación de transaccións básicas.
Tema 8: Transaccións de existencias comerciais. 8.1. Compras de existencias.
8.2. Vendas de existencias.
8.3. Custe de produtos vendidos e existencias finais.
8.4. Perdas de valor de existencias.
Tema 9: Valoración das saídas de existencias. 9.1. Seguimento individualizado.
9.2. Asuncións acerca do fluxo de custo: FIFO, LIFO, PMP.
9.3. Efecto da asunción do fluxo de custo sobre os estados financeiros.
Tema 10: Dereitos e obrigas derivados de operacións comerciais. 10.1. Compra-venda de existencias realizada a crédito.
10.2. Gastos e ingresos pendentes de pago/cobro.
10.3. Gastos e ingresos pagados/cobrados por anticipado.
10.4. Perdas de valor de dereitos derivados de operacións comerciais.
Tema 11: Inmobilizado. 11.1. Adquisicións de inmobilizado.
11.2. Perdas de valor de inmobilizado.
11.3. Vendas de inmobilizado.
Tema 12: Captación de recursos financeiros. 12.1. Achegas dos accionistas.
12.2. Préstamos e outras débedas.
12.3. Remuneración de accionistas e prestamistas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 A3 A7 A9 A10 B1 B2 17 34 51
Discusión dirixida B12 B14 C1 C2 C4 C5 C6 7 21 28
Obradoiro A1 A12 A14 A23 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C3 C7 C8 15 39 54
Proba de resposta múltiple B10 B11 B13 1 2 3
Proba obxectiva B10 B11 B13 2 8 10
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición feita polo profesor dos conceptos básicos necesarios para que os alumnos poidan buscar solución ós problemas contables tratados no programa.
Discusión dirixida Preparación de forma autónoma dos temas e casos formulados polo profesor e participación na discusión dos mesmos na aula.
Obradoiro Traballo individual e/ou en grupo, guiado polo profesor, para a resolución, presentación e discusión de exercicios e casos prácticos.
Proba de resposta múltiple Durante o curso realizaranse diversas probas tipo test co obxectivo de comprobar os coñecementos adquiridos
Proba obxectiva Exame final sobre aspectos teóricos e prácticos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Proba de resposta múltiple
Discusión dirixida
Descrición
Os problemas contables propostos para a súa resolución na aula teñen por obxecto afianzar a comprensión dos conceptos e da técnica contable. Para isto, o alumno será guiado polo profesor de xeito que poda chegar á solución ou solucións dos problemas que se lle propoñen. Adicionalmente, por medio das titorías, o profesor guiará a preparación das cuestións propostas para discutir na aula e a resolución das tarefas deseñadas para realizar fora da aula. Por último, as titorías en grupo (4 horas ao longo do cuadrimestre) destinaranse a discutir casos prácticos que pola súa complexidade ou variedade de solucións posibles requiren un maior grado de atención personalizada, se realizarán de forma presencial repartidas en dous sesiones de 2 horas de duración

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A12 A14 A23 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C3 C7 C8 Resolución de exercicios e casos prácticos individual y/o en grupo, tanto na aula coma fora dela, con apoio do profesor.
20
Proba de resposta múltiple B10 B11 B13 Durante o curso realizaranse dúas probas tipo test, cada unha delas valorada nun 10% da nota final. 20
Proba obxectiva B10 B11 B13 A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame dos contidos teóricos e prácticos da materia. 40
Discusión dirixida B12 B14 C1 C2 C4 C5 C6 Valorarase a actitude activa participativa do alumnado na aula e a preparación dos exercicios ou casos plantexados. Forma parte esencial da avaliación continua a discusión durante a clase do desenvolvemento dos traballos co equipo docente da materia, polo que é necesaria a asistencia a clase. 20
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC

B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN:

  1. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumnado, cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% da nota final, independentemente da cualificación acadada.

  2. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención académica de exención de asistencia: agás para o exame final, para o resto de actividades acordarase un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación ao comezo do cuadrimestre. Por este motivo, este alumnado deberán poñerse en contacto co profesorado da materia nos dez primeiros días do cuadrimestre no que se imparte. As actividades terán o mesmo formato que para o alumnado a tempo completo

C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

  1. Primeira oportunidade: Aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente sinalados neste apartado.

  2. Segunda oportunidade: Os criterios de avaliación son os mesmos que na primeira oportunidade.

  3. Oportunidade adiantada: Avaliarase mediante unha proba mixta que suporá o 100% da nota final.

D) OUTRAS OBSERVACIÓNS DA AVALIACIÓN:

  1. Con carácter xeral, sen perxuízo do sinalado para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica da exención de asistencia, é necesaria a asistencia a clase para optar á parte da nota correspondente á avaliación continua, tanto de primeira como de segunda oportunidade. Rematado o período de avaliación correspondente á primeira oportunidade, ao alumnado que aínda teña que superar a materia poderáselle propoñer actividades que lle permitan recuperar a parte da cualificación correspondente á avaliación continua para a segunda oportunidade, o que deberá solicitar ao profesorado da materia cunha antelación mínima de dez días á data do exame de segunda oportunidade.

  2. Os criterios de cualificación de cada unha das probas anunciaranse no momento da realización da proba e achegaranse co enunciado da mesma.

Fontes de información
Bibliografía básica Rivero Romero, J., Rivero Menéndez, M. R. y Rivero Menéndez, M.J. (2008). Contabilidad Financiera. Edisofer
Larrán Jorge, Manuel (Coord.) (2009). Fundamentos de Contabilidad Financiera. Pirámide
Arquero Montaño, J. L., Jiménez Cardoso, S.M. y Ruiz Albert, I. (2015). Introducción a la Contabilidad Financiera. Pirámide
Muñoz Merchante, Angel (2014). Introducción a la Contabilidad Financiera. Ediciones Académicas
Solá Tey, Magda y Vilardell Riera, Inmaculada (2009). Introducción a la Contabilidad General. McGraw Hill
Rivero Romero, J., Rivero Menéndez, M. R. y Rivero Menéndez, M.J. (2010). Supuestos de Contabilidad Financiera. Edisofer

Bibliografía complementaria Horngren, C. T.;Harrison, W.T. y Bamber, S.L. (2003). Contabilidad. Pearson
Muñoz Jiménez, José (Coord.) (2008). Contabilidad Financiera. Pearson
Sutton, Tim (2004). Corporate Financial Accounting and Reporting. Prentice Hall
Phillips, F., Libby, P.A. (2006). Fundamentals of Financial Accounting. McGraw Hill
Camacho Miñano, M. M. y Rivero Menéndez, M.J. (2010). Introducción a la Contabilidad Financiera. Pearson


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Análise das Operacións Financeiras/650G01014

Materias que continúan o temario
Contabilidade Financeira II/650G01017

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías