Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Bases de Datos para a Empresa Código 650G01022
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Varela Rodeiro, Tirso
Correo electrónico
tirso.varela.rodeiro@udc.es
Profesorado
Silva Coira, Fernando
Varela Rodeiro, Tirso
Correo electrónico
fernando.silva@udc.es
tirso.varela.rodeiro@udc.es
Web
Descrición xeral As bases de datos para a organización da información no contorno empresarial: modelado da información e deseño conceptual de bases de datos. Creación e explotación da información: introdución a SQL, a linguaxe estándar de consulta de bases de datos; Microsoft Access.
As bases de datos como soporte á toma de decisión xerencial: as bases de datos multidimensionais, Data mining, Data warehouse e OLAP.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Asimilar os conceptos básicos das bases de datos para mellorar a capacidade de dirección dos desenvolvementos informáticos da empresa. A1
A3
A4
A5
A6
A7
A8
A9
A11
A12
A16
A17
A18
A19
A20
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Coñecer os fundamentos dos Sistemas Xestores de Bases de Datos (SXBD). A4
A5
A20
A24
B1
B2
B3
B4
B5
B7
B8
B10
B14
C1
C2
C3
C6
C8
Coñecer e entender as estruturas, restricións e operacións básicas do modelo relacional. A4
A5
A20
A24
B1
B2
B3
B4
B5
B7
B8
B10
B14
C1
C2
C3
C6
C8
Ser capaz de crear, alimentar e consultar unha base de datos previamente deseñada utilizando SQL en modo interactivo. A4
A5
A20
A21
A23
A24
B1
B2
B3
B4
B5
B7
B8
B11
B12
B14
C1
C2
C3
C6
C8
Entender a necesidade de deseñar modelos conceptuais; coñecer e ser capaz de utilizar o modelo ER. A4
A5
A20
A24
B1
B2
B3
B4
B5
B7
B8
B10
B11
B14
C1
C2
C3
C6
C8
Aprender a racionalizar e reflectir formalmente as necesidades de almacenamento de información da empresa para poder realizar unha organización dos datos que permita o seu uso eficiente. A4
A5
A6
A16
A19
A20
A24
B1
B2
B3
B4
B5
B7
B8
B10
B11
B12
B14
C1
C2
C3
C6
C8
Coñecer a existencia doutros modelos distintos do relacional. A4
A5
A20
A24
B1
B2
B3
B4
B5
B7
B8
B10
B11
B14
C1
C2
C3
C6
C8
Coñecer as bases de datos como soporte á toma de decisión xerencial (Data mining, Data warehouse e OLAP) A4
A5
A16
A19
A20
A21
A24
B1
B2
B3
B4
B5
B7
B8
B10
B11
B12
B14
C1
C2
C3
C6
C8
Manterse motivado para profundizar na informática como ferramenta imprescindíbel para o desempeño da profesión. A1
A5
A11
A19
A20
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B14
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Introdución ás bases de datos. As bases de datos relacionais.
Os Sistemas Xestores de Bases de Datos.
O modelo relacional. Definición de relación.
Dominios e atributos.
Claves.
Restricións de integridade.
Metodoloxía de deseño de bases de datos. Problemas de malos deseños.
Metodoloxía.
Deseño conceptual de bases de datos. Introdución ao Modelo Entidade-Relación.
Linguaxe de consulta de bases de datos: SQL. Sentencias de consulta.
Sentencias de definición e actualización.
As bases de datos como soporte á toma de decisión xerencial. Bases de datos multidimensionais, Data mining, Data warehouse e OLAP.
Creación e explotación de bases de datos nun SXBD. Microsoft Access

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A3 A5 A6 A7 A8 A9 A11 A12 A16 A17 A18 A19 A20 A24 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 17 35 52
Solución de problemas A3 A5 A6 A7 A8 A9 A11 A12 A16 A17 A18 A19 A20 A24 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 0 5 5
Prácticas a través de TIC A4 A5 A9 A11 A16 A19 A20 A21 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 25 30 55
Traballos tutelados A1 A5 A11 A12 A16 A19 A20 A21 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B10 B12 C1 C3 C5 C6 C7 C8 4 30 34
Proba mixta A19 A20 A24 B1 B3 B4 C2 2 0 2
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Impartiranse clases nas que se presentarán contidos teóricos combinados coa realización de exercicios prácticos.
Solución de problemas Proporanse exercicios prácticos para que o alumnado os realice de forma individual. Os prazos e as normas de entrega estableceranse durante o curso e quedarán publicados no espazo da materia no Campus Virtual.
Prácticas a través de TIC Impartiranse clases prácticas. Realizaranse probas, entregas de exercicios, etc. que se deberán entregar nos prazos e segundo as normas que se establezan durante cuadrimestre.
Traballos tutelados Proporase un traballo que o alumnado terá que levar a cabo de forma individual. Os prazos e as normas de entrega estableceranse durante o curso e quedarán publicados no espazo da materia no Campus Virtual.
Proba mixta Realizarase un exame escrito que conterá preguntas curtas, preguntas test e exercicios sobre os contidos da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Solución de problemas
Descrición
- Titorías de grupo reducido: Definiranse durante o curso, serán de forma presencial ao longo de dous ou tres sesións cunha duración total de 4 horas. Nas últimas semanas do curso poderán utilizarse para resolver dúbidas do traballo tutelado e/ou da materia.

- Titorías individuais ou grupais a demanda do alumnado durante os horarios de titorías do profesorado, ou noutro horario acordado por ambas as partes. Serán presenciais ou a través de Teams.

- Titorías grupais programadas: realizaranse unha ou dúas titorías grupais de cara a preparar a proba mixta. As datas estableceranse e publicaranse en Moodle/Teams, unha vez coñecidas as datas oficiais de exames en cada oportunidade. Realizaranse de forma presencial ou a través de Teams.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A4 A5 A9 A11 A16 A19 A20 A21 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Desenvolveranse no horario que a FEE programe para cada grupo.

Durante o cuadrimestre valorarase o traballo e resultados do alumnado de forma continuada a través de boletíns de exercicios entregables, probas, etc.

É imprescindíbel acadar o 50% da cualificación máxima para superar a materia. De a/o alumna/o non acadar coa avaliación continua a puntuación mínima esixida, poderá optar a unha nova avaliación desta parte na segunda oportunidade.
30
Traballos tutelados A1 A5 A11 A12 A16 A19 A20 A21 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B10 B12 C1 C3 C5 C6 C7 C8 Avaliarase a calidade final dos traballos, en canto á aplicación dos contidos aprendidos nas aulas e ao coñecemento adquirido a través do traballo persoal, mais tamén se terá en conta o proceso de desenvolvemento en si. As datas de entrega marcaranse durante o curso.

De a/o alumna/o non acadar o 50% da puntuación máxima na 1ª oportunidade, poderá optar a unha nova avaliación desta parte na 2ª oportunidade.

Non é necesario acadar unha puntuación mínima nesta parte para superar a materia.
30
Proba mixta A19 A20 A24 B1 B3 B4 C2 En cada oportunidade, desenvolverase nas datas oficiais que a FEE sinale para cada materia.

Avaliarase o grao en que foron aprendidos os contidos traballados nas aulas e o coñecemento adquirido a través do traballo persoal.

É imprescindíbel acadar o 50% da cualificación máxima para superar a materia. De a/o alumna/o non acadar a puntuación mínima esixida na 1ª oportunidade, poderá optar a unha nova avaliación desta parte na 2ª oportunidade.
35
Solución de problemas A3 A5 A6 A7 A8 A9 A11 A12 A16 A17 A18 A19 A20 A24 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Os exercicios realizaranse e avaliaranse durante o cuadrimestre, e computarán para a cualificación final da materia.

Non é necesario acadar unha puntuación mínima nesta parte para superar a materia.
5
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

Para superar a materia é preciso aprobar as Prácticas e a Proba mixta (isto é, sacar polo menos o 50% da puntuación máxima de cada unha desas dúas partes). De non chegar a esa puntuación mínima nalgunha das probas, a cualificación que aparecerá nas actas será, como máximo, un 4.0.

  1. Condiciones de avaliación: Está prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.
  2. Identificación do estudantado: O estudantado ten que acreditar a súa identidade de acordo coa normativa vixente.
  3. Plaxio: O plaxio parcial ou total supoñerá un 0 na avaliación de dita entrega ou proba. O profesorado poderá solicitar a defensa de calquera proba/traballo.
B) TIPOS DE CALIFICACIÓN:
  1. Calificación de non presentado: Corresponde ao alumnado cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a calificación final, con independencia da calificación obtida.
  2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: as normas para a avaliación do traballo, solución de problemas e da proba mixta serán as mesmas que para o caso xeral. Non obstante, de ser necesario, para este alumnado establecerase un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.

C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:
  1. Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados.
  2. Segunda oportunidade:
  • De non superar o 50% do traballo tutelado na 1ª oportunidade, o alumnado poderá opcionalmente presentalo na 2ª oportunidade, nas datas de entrega que se establecerán durante o curso e se publicarán na web da materia no Campus Virtual.
  • O/a alumno/a que o solicite será avaliado da parte de solución de problemas, por escrito, nas datas previstas oficialmente para a proba mixta.
  • O/a alumno/a que non alcanzou a nota mínima nas prácticas a través das TIC, poderá presentarse a unha proba escrita de recuperación nas datas previstas oficialmente para a proba mixta.
  • O/a alumno/a poderá presentarse á proba mixta no caso de que non superase a nota mínima exixida.
  • As avaliacións recibidas na primeira oportunidade  gardaranse ata a segunda oportunidade.
3. Convocatoria adiantada: o alumnado será avaliado a través dunha única proba mixta que lle permitirá obter o 100% da puntuación.

Fontes de información
Bibliografía básica A. Silberschatz; H. Korth; S. Sudarshan (2006). Fundamentos de Bases de Datos.. Madrid: McGraw Hill
Elmasri, R.; Navathe, S. (2007). Fundamentos de Sistemas de Bases de Datos . Madrid: Addison-Wesley
Rivero, E.; Martinez, L.; Reina, L.; Benavides, J. y Olaizola, J. (2002). Introducción al SQL para Usuarios . Madrid: Thomson

Enlaces en e-libro das versións electrónicas dos dous libros máis relevantes da bibliografía da materia (requiren autenticación coas credenciais da UDC):

· Silberschatz; H. Korth; S. Sudarshan (2006). Fundamentos de Bases de Datos.. Madrid: McGraw Hill. https://elibro-net.accedys.udc.es/es/ereader/bibliotecaudc/50087

· Elmasri, R.; Navathe, S. (2007). Fundamentos de Sistemas de Bases de Datos. Madrid: Addison-Wesley. https://elibro-net.accedys.udc.es/es/ereader/bibliotecaudc/52533
Bibliografía complementaria Cuadra, D.; Castro, E.; Iglesias, A. M.; Martínez, P.; Calle, F. J.; de Pablo, C.; Al-Jumaly, H.; Mo (2007). Desarrollo de Bases de Datos: casos prácticos desde el análisis a la implementación. Madrid: Ra-ma
de Miguel, A,; Martínez, P.; Castro, E.; Cavero, M., Cuadra, D.; Iglesias, A. M.; Nieto, C. (2001). Diseño de bases de datos. Problemas resueltos. Madrid: Ra-ma
Piattini, M. G.; Marcos, E.; Calero, C.; Vela, B. (2006). Tecnología y diseño de Bases de Datos. Madrid: Ra-ma


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
  1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
    • Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.
    • Realizarase a través do Campus Vritual, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.  
  2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostibilidade e nos comportamentos persoais e profesionais. 
  3. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
  4. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías