Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Bioestatística e bioinformática Código 651559006
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Ciencias da Saúde
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Pértega Díaz, Sonia
Correo electrónico
s.pertega@udc.es
Profesorado
Fernández Lozano, Carlos
Pereira Loureiro, Javier
Pértega Díaz, Sonia
Seoane Pillado, María Teresa
Correo electrónico
carlos.fernandez@udc.es
javier.pereira@udc.es
s.pertega@udc.es
maria.teresa.seoane.pillado@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende dar unha visión global das principais ferramentas estatísticas utilizadas na modelización de datos biolóxicos, así como dos algoritmos de bioloxía computacional e bioinformática, desde un punto de vista práctico. Persegue así mesmo familiarizar ao alumnado con software estatístico e feramentas computacionais de uso frecuente nestes campos.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Identificar e discriminar os distintos tipos de datos habituais en Ciencias da Saúde e elixir o tipo de análise estatística máis apropiado para unha investigación concreta. Saber aplicar correctamente o software estatístico dispoñible para a análise de datos AM6
AM7
AM8
AM12
AM13
AM14
AM15
AM24
AM29
AM30
AM44
AM45
AM46
Identificar e diferenciar os diferentes sistemas de información no ámbito da información biomédica. Saber aplica-las principais ferramentas computacionais para a análise de datos clínicos e ómicos AM6
AM7
AM8
AM12
AM13
AM14
AM15
AM24
AM30
AM44
AM45
AM46

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE 1: BIOESTADÍSTICA - Exploración de datos
- Modelos de probabilidade
- Introducción á inferencia estatística: intervalos de confianza e contrastes de hipótese
- Modelos estatísticos lineais
- Manexo básico de software estatístico
BLOQUE 2: BIOINFORMÁTICA - Ferramentas de procesamento de información molecular
- Bases de datos biolóxicas. Introducción ós Sistemas de Xestión de Bases de Datos Relacionais.
- Omics e epixenética: Xenómica, proteómica, transcriptómica
- Análises de imaxes biomédicas
- Aplicacións de bioinformática na clínica
- Novas liñas de investigación en Bioinformática e Enxeñaría Biomédica
- Explotación de información biomédica. Aspectos éticos e legáis.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Prácticas a través de TIC A7 A8 A12 A13 A14 A15 A24 A29 A30 A45 A46 10 15 25
Estudo de casos A7 A8 A12 A13 A14 A15 A24 A29 A30 A45 A46 4 20 24
Proba obxectiva A6 A7 A8 A12 A13 A15 A24 A29 A30 A44 A45 A46 1 0 1
Sesión maxistral A6 A7 A8 A12 A14 A15 A24 A29 A30 A44 A45 A46 10 15 25
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC As/os alumnos realizarán, baixo a dirección das/os docentes da materia, exercicios prácticos con axuda das ferramentas informáticas axeitadas en cada un dos bloques dos que consta a materia.
Estudo de casos Formularanse problemas prácticos concretos relacionados cos contidos e as prácticas desenvolvidas en clase, que deberán ser valorados e resoltos de forma individual ou en grupo, segundo o indicado.
Proba obxectiva Para cada un dos bloques dos que consta a materia, poderanse formular probas tipo test ou probas prácticas que exixirán do manexo das aplicacións informáticas explicadas durante o desenvolvemento da materia.
Sesión maxistral As/os docentes desenvolverán, mediante clases maxistrais e dinámicas, os contidos recollidos no temario, que se poderán facer dispoñibles a través do campus virtual.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Prácticas a través de TIC
Descrición

A atención personalizada relacionada con estas metodoloxías ten como finalidade orientar aos estudantes no estudo da materia e na realización dos traballos prácticos propostos. A través de titorías o profesorado abordará a resolución de dúbidas e orientará ao estudo.

As titorías faranse de forma individual ou en pequenos grupos, de maneira presencial ou telemática, a través do correo electrónico, o Campus Virtual ou Teams.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A6 A7 A8 A12 A13 A15 A24 A29 A30 A44 A45 A46 Para cada un dos bloques dos que consta a materia, poderanse formular probas tipo test ou probas prácticas que exixirán do manexo das aplicacións informáticas explicadas durante o desenvolvemento da materia. 80
Estudo de casos A7 A8 A12 A13 A14 A15 A24 A29 A30 A45 A46 Observación sistemática dos/as alumnos/as durante o proceso de resolución dos problemas prácticos plantexados. 10
Prácticas a través de TIC A7 A8 A12 A13 A14 A15 A24 A29 A30 A45 A46 Observación sistemática dos/as alumnos/as durante a realización dos exercicios plantexados nos seminarios prácticos. 10
 
Observacións avaliación

A
avaliación da materia persegue valorar a adquisición e o grao de
desenvolvemento das competencias previstas nesta guía docente por parte do
alumnado.

A
materia BIOESTATÍSTICA E BIOINFORMÁTICA consta de 2 bloques que serán
cualificados de forma independente, obtendo en cada un delas unha puntuación
entre 0 e 10 puntos:

·       
Bioestatística
(1,5 ECTs)

·       
Bioinformática
(1,5 ECTs) 

A
cualificación final da materia calcularase como a media aritmética da
cualificación de ámbolos bloques.
Para superar a asignatura, é
imprescindible acadar polo menos unha nota de 3 puntos sobre 10 en cada un
dos bloques
, e acadar unha cualificación media mínima de 5 puntos sobre
10
. No caso de non supera-la nota de 3 nalgunha das partes, a nota que
figurará na acta será a media da nota de ámbolos bloques, se esta é inferior a
5 puntos, ou unha nota de 4 en caso contrario.

Por
limitacións da plataforma, o contido deste punto é orientativo. Nos primeiros
días de clase cada profesor/a comentará como se realizará a avaliación de cada parte.

Para
cada bloque, a avaliación da disciplina realizarase mediante a media
ponderada da cualificación das seguintes actividades, valoradas nas porcentaxes
indicadas
:

i)
Probas obxectivas (80% da cualificación final): avaliación sobre
os contidos teóricos e prácticos tratados na disciplina. Para cada un dos
bloques dos que consta a materia, poderanse formular probas tipo test ou probas
prácticas que exixirán do manexo das aplicacións informáticas explicadas
durante o desenvolvemento da disciplina. 

ii)
Prácticas a través de TIC e estudos de caso (20% da cualificación
final): corresponden á parte de observación sistemática que consta na memoria
do título. A asistencia ás prácticas será obrigatoria. Valoraranse as
probas, exercicios, prácticas ou problemas realizados individualmente ou en grupo
ao longo do curso. Así mesmo, durante o desenvolvemento das actividades
realizadas na aula avaliarase a asistencia e participación do alumno en clase e
nos seminarios, e as súas achegas nas actividades desenvolvidas.

No
presentado

Obterá
a cualificación de NP (Non Presentado), o/a alumno/a que non se presente a
ningunha das probas obxectivas formuladas.

Segunda
oportunidade

O
sistema de avaliación descrito será de aplicación tanto en primeira como en
segunda oportunidade. Aquelas alumnos que non asistisen ás prácticas durante o
curso, poderán superar a materia unicamente coa cualificación obtida nunha
proba obxectiva, aplicando un factor corrector de 0,8 para calcular a nota
final.

Segunda
convocatoria e sucesivas

No
caso do alumnado de segunda convocatoria e sucesivas, non se conservarán as
cualificacións obtidas en cursos anteriores. O sistema de avaliación será o
mesmo que en primeira convocatoria.

Matrícula
de honor

Poderán
optar a Matrícula de Honra os/as estudantes cunha media que supere o 9. Os/as
docentes da materia poderán considerar criterios adicionais nos resultados
obtidos polos estudantes en calquera das accións formativas programadas na guía
docente.

Todos
os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación
ao estudo", "permanencia" e "fraude académica"
rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica

A bibliografía necesaria será ofrecida a través da plataforma Moodle, xunto coa impartición de cada un dos temas correspondentes.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para cursar esta asignatura se requiere haber cursado alguna materia de grado con contenidos en bioestadística y poseer conocimientos previos básicos sobre análisis estadístico descriptivo e inferencial. 

Para las clases prácticas, se requieren competencias informáticas básicas, así como conocimientos sobre algún software de análisis estadístico.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías