Os créditos da
materia Anatomía Humana I, de 6 ECTS, distribúense en dúas partes:
-
Neuroanatomía : 2 ECTS.
-
Aparato locomotor de cabeza, cuello y tronco: 4
ECTS
·
Avaliación
continua. Representa 2 puntos sobre 10. Realizarase mediante diversas accións:
-
Valoración da participación do
alumnado na clase.
-
Exames controis tipo test en
datas programadas.
-
Avaliación mediante probas
obxectivas na plataforma de telefomación.
·
Proba obxectiva. Representa 8
puntos sobre 10. Proba escrita, constituída por preguntas curtas e tipo test.
O alumnado terá
a materia aprobada cando a suma da avaliación
continua e da proba obxectiva
sexa igual ou superior a 5 sobre 10 puntos.
Para superar la asignatura, cada
una de las partes deberá tener una calificación igual o mayor de 3,5 sobre 10.
Con carácter xeral, deberase
obter na proba obxectiva de cada unha das partes da materia cando menos o 35 %
da nota (3,5 sobre 10 puntos).
ALUMNADO CON DEDICACIÓN PARCIAL OU DIFICULTADES PARA CONCILIAR O ESTUDO COA
VIDA FAMILIAR E/OU LABORAL
Nas accións de
avaliación continua deste alumnado terase en conta:
-
Valoración da participación do
alumnado na clase: Poderase substituír pola realización dun traballo
sobre un aspecto do temario da materia.
-
Exames controis en datas
programadas e probas obxectivas con plataforma de formación: procuraranse de
común acordo datas alternativas para realizar estas probas.
ALUMNADO QUE
CONTE CUNHA ADAPTACIÓN CURRICULAR CONCEDIDA POLA UNIDADE DE ATENCIÓN Á
DIVERSIDADE DA UDC
Cando esta
adaptación recolla a dificultade para a realización de
probas escritas, estas serán substituídas por probas orais. Así mesmo,
seguirase cada unha da recomendacións da citada unidade para a avaliación deste
alumnado.
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao
estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa
normativa académica vixente da UDC.”
FRAUDE ACADEMICA
"A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria
correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se
produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase
a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se
fose necesario".