Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer as bases físicas e morfolóxicas que dan lugar ás imaxes ecográficas que se utilizan habitualmente en clínica |
A2
|
B1 B2 B3
|
C8
|
Coñecer o corpo humano dende outras perspectivas, identificando as diferentes estruturas anatómicas, aproveitándonos para iso dos avances obtidos na imaxe ecográfica |
A1
|
B1 B2 B3
|
|
Ser capaz de validar as diferentes técnicas terapéuticas, coa axuda dun medio inocuo, intimamente relacionado coa profesión como son os ultrasóns |
A17
|
B1 B2 B3
|
C6 C8
|
Adquirir ferramentas para valorar a evolución lesional, identificando os cambios experimentados polo tecido, o que permitirá planificar os tratamentos tanto físicos coma manuais, mellorando así o éxito profesional e sanitario |
A5 A9
|
B1 B2 B3
|
C9
|
Ser capaz de analizar a morfoloxía e funcionalidade do sistema neuro-músculo-esquelético a través da ecografía |
A5
|
B1 B2 B3
|
C6 C8 C9
|
Potenciar o traballo en equipos multidisciplinares para así poder comunicarse de modo efectivo e claro, tanto oral como escrito, cos seus compañeiros/as, outros profesionais e familiares, nun ámbito sociosanitario. |
A17 A19
|
B4 B5
|
C9
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Bases físicas e morfolóxicas para a interpretación da imaxe ecográfica músculo-esquelética |
1.1 Introdución
1.2 Evolución histórica
1.3 Nomenclatura ecográfica
1.4 Composición do ecógrafo
1.5 Tipos de imaxe
1.6 Técnica de exploración
1.7 Artefactos ecográficos
1.8 Vantaxes e inconvenientes
1.9 Perspectivas de futuro
1.10 Efecto Doppler
PRÁCTICA I |
2. Ecografía normal do sistema músculo-esquelético ou do aparato locomotor |
2.1 Anatomía ecográfica da pel
2.2 Anatomía ecográfica do tecido celular subcutáneo
2.3 Anatomía ecográfica do músculo
2.4 Anatomía ecográfica do tendón
2.5 Anatomía ecográfica do ligamento e cápsula articular
2.6 Anatomía ecográfica da bolsa sinovial
2.7 Anatomía ecográfica do óso
2.8 Anatomía ecográfica da cartilaxe
2.9 Anatomía ecográfica do nervio
2.10 Anatomía ecográfica vascular
PRÁCTICA II |
3. Ecografía patolóxica do sistema músculo-esquelético ou do aparato locomotor |
3.1 Imaxe patolóxica da pel
3.2 Imaxe patolóxica do tecido celular subcutáneo
3.3 Imaxe patolóxica do músculo
3.4 Imaxe patolóxica do tendón
3.5 Imaxe patolóxica do ligamento e cápsula articular
3.6 Imaxe patolóxica da bolsa sinovial
3.7 Imaxe patolóxica do óso
3.8 Imaxe patolóxica da cartilaxe
3.9 Imaxe patolóxica do nervio
3.10 Imaxe patolóxica vascular
PRÁCTICA III |
4. Estudo ecográfico da extremidade superior |
4.1 Ecografía do complexo articular do ombreiro
4.2 Outras imaxes ecográficas da extremidade superior
PRÁCTICA IV |
5. Estudo ecográfico da extremidade inferior |
5.1 Ecografía do complexo articular do xeonllo
5.2 Outras imaxes ecográficas da extremidade inferior
PRÁCTICA V |
6. Estudo ecográfico do tronco |
6.1 Introdución ao RUSI (Rehabilitative ultrasound imaging)
6.2 Ecografía da musculatura anterolateral do abdome
6.3 Ecografía da musculatura posterior do abdome
6.4 Outras imaxes ecográficas do tronco
PRÁCTICA VI |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A2 A5 A9 A17 A19 B1 B2 B3 B4 B5 C6 C8 C9 |
18 |
32 |
50 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A5 A9 A17 A19 B1 B2 B3 B4 B5 C6 |
40 |
55 |
95 |
Proba práctica |
A1 A2 A5 A19 |
2 |
0 |
2 |
Proba obxectiva |
A1 A2 A5 A19 C6 C8 |
1 |
0 |
1 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
A clase maxistral é tamén coñecida como "conferencia", "método expositivo" ou "lección maxistral".
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Prácticas de laboratorio |
Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
Levarán a cabo actividades prácticas en íntima relación cos contidos teóricos abordados. Realizaranse en pequenos grupos, esixindo certa preparación fora do horario de clase.
Valórase a asistencia, execución e análise das prácticas programadas.
Para a súa execución, o laboratorio estará equipado cos medios técnicos adecuados. |
Proba práctica |
Proba oral/escrita para valorar a destreza práctica do estudantado en diferentes supostos plantexados polo/a profesor/a. Con ela preténdese, así mesmo, valorar a capacidade de razoamento, de crítica, de síntese, de elaboración e de integración adquirida polo/a estudante o longo do curso. |
Proba obxectiva |
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia,... entre outros aspectos.
A proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír cun só tipo dalgunha destas preguntas.
En concreto, na avaliación desta materia empregaranse algún dos seguintes: preguntas test, de resposta breve e/ou de completar. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Prácticas de laboratorio |
Proba obxectiva |
Proba práctica |
|
Descrición |
O obxectivo primordial será orientación, apoio e motivación para facilitar o proceso de aprendizaxe.
Farase preferentemente de forma non presencial (a través do correo electrónico, Microsoft Teams e/ou do campus virtual Moodle) e/ou, excepcionalmente, de forma presencial (directamente na aula e nos momentos que o/a profesor/a ten asignados a tutorías de despacho).
Durante as sesións maxistrais recoméndase a formulación de cuestións por parte dos/das alumnos/as (a "participación" é un elemento a ter en conta durante a avaliación continuada).
Nas prácticas de laboratorio onde se explorarán diferentes rexións anatómicas, é importante expor "in situ" aquelas preguntas ou dúbidas relacionadas con cada un dos apartados programados. Iso contribuirá a reforzar os aspectos técnicos e perceptivos por parte da persoa interesada.
Na preparación do exame recoméndase expor de forma pública, as cuestións xurdidas durante dito proceso, aproveitando o final das sesións maxistrais e/ou prácticas de laboratorio. Igualmente, abriranse diversos foros en moodle para tratar estas dúbidas ou cuestións e que todos/as os/as estudantes poidan beneficiarse das achegas dos/as seus/súas compañeiros/as.
Por tanto, a atención personalizada está orientada a axudar ao alumnado na clarificación de conceptos interrelacionados, resolución de dúbidas e adquirir unha visión integrada deste corpo de coñecementos.
Ademais, ten o obxectivo de orientar ao estudantado na procura e interpretación das fontes bibliográficas.
Utilizarase a mesma dinámica de atención personalizada para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A1 A5 A9 A17 A19 B1 B2 B3 B4 B5 C6 |
Dentro da avaliación continuada da materia, valorarase a asistencia, puntualidade, actitude, participación razoada, traballo en equipo, resolución de prácticas e axuda as/aos compañeiras/os durante as mesmas. |
5 |
Proba obxectiva |
A1 A2 A5 A19 C6 C8 |
Exame final teórico de todos os contidos da materia, que inclúen os tratados nas sesións maxistrais e prácticas. O tipo de exame será de exposición escrita podendo incluír preguntas tipo test, preguntas de resposta breve e/ou de completar.
|
70 |
Proba práctica |
A1 A2 A5 A19 |
Para a avaliación dos contidos prácticos, cada estudante poderá elixir entre a elaboración dun traballo en pequenos grupos o longo do cuadrimestre, seguindo as pautas proporcionadas polo responsable da materia, ou ben a realización dunha proba práctica onde levará a cabo 2 exploracións ecográficas nun compañeiro/a. |
25 |
|
Observacións avaliación |
CUALIFICACIÓN DA MATERIA: PROBA OBXECTIVA (70%) - Cualificarase sobre un máximo de 7 puntos. Se no exame obtense unha cualificación inferior ao 50% da puntuación posible, non se engadirá a avaliación continuada nin a proba práctica, sendo a CUALIFICACIÓN FINAL, suspenso. PROBA PRÁCTICA (25%) - Cualificarase sobre un máximo de 2.5 puntos. Se na proba obtense unha cualificación inferior ao 50% da puntuación posible, non se engadirá a avaliación continuada nin a proba obxectiva, sendo a CUALIFICACIÓN FINAL, suspenso. AVALIACIÓN CONTINUADA (5%) - a cualificación da avaliación continuada conservarase únicamente ata a convocatoria de xullo (2ª oportunidade). Todos os
aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”,
“permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa
académica vixente da UDC. Debido ao
carácter e perfil competencial da materia, non se contempla a posibilidade de a
dispensa académica que exima aos estudantes a tempo parcial da asistencia as
clases prácticas. O
alumnado con matrícula parcial estarán sometidos aos mesmos criterios de
avaliación especificados na guía docente. As porcentaxes asignadas a cada proba poden sufrir pequenas modificacións dun curso a outro en función das necesidades da materia; no entanto, o valor do exame (teórico e práctico) nunca será inferior ao 70% da nota final e o valor da avaliación continuada nunca será superior ao 30%.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
J.J. Martínez Payá (2008). Anatomía Ecográfica del hombro. Herramienta de prevención, diagnóstico, investigación y validación de técnicas terapéuticas. Madrid: Panamericana
Robert F. Dondelinger (1997). Atlas de ecografía musculoesquelética. Madrid: Marban
Matthias Hofer (2004). Curso básico de ecografía. Madrid: Panamericana
Jiménez Díaz, José Fernando (2024). Eco MsK. 1, Hombro. Madrid : Marbán
Jiménez Díaz, José Fernando (2021). Eco MsK. 2, Codo. Madrid : Marbán
Jiménez Díaz, José Fernando (2021). Eco MsK. 4, Cadera. Madrid : Marbán
Jiménez Díaz, José Fernando (2021). Eco MsK. 5, Rodilla. Madrid : Marbán
Jiménez Díaz, José Fernando (2022). Eco MsK. 6, Tobillo y pie. Madrid : Marbán
Jiménez Díaz, José Fernando (2021). Eco MsK. Mano y muñeca. Madrid : Marbán
Jiménez Díaz, José Fernando (2007). Ecografía del Aparato Locomotor. Madrid: Marbán
J.L. Brasseur, M. Tardieu (2001). Ecografía del sistema locomotor. Barcelona: Masson
Ramon Balius Matas, J. Fernando Jiménez Díaz (2015). Ecografía intervencionista en traumatología del deporte . Madrid : Panamericana
R. Balius Matas, M. Rius, A. Combalía (2004). Ecografía muscular de la extremidad inferior. Barcelona: Masson
Jiménez Díaz, José Fernando (2010). Ecografía músculo-esquelética. Madrid : Marbán
van Holsbeeck, Introcaso (2006). Ecografía musculoesquelética. Madrid: Marbán
R. Balius, X. Sala, G. Álvarez (2007). Ecografía musculoesquelética. Barcelona: Paidotribo
Pablo Barceló Galíndez, Íñigo Iriarte Posse (2015). Ecografía musculoesquelética : Atlas ilustrado . Madrid : Panamericana
A. Bueno Horcajadas, J.L. Del Cura Rodríguez (2011). Ecografía músculoesquelética esencial. Madrid Panamericana
G. Schmidt (2008). Ecografía. De la imagen al diagnóstico. Madrid Panamericana
Fermín Valera Garrido, Francisco Minaya Muñoz (2017). Fisioterapia Invasiva. Barcelona: Elsevier
Berthold Block (2004). Guía ecográfica. Pequeño atlas de diagnóstico ecográfico. Madrid: Panamericana
Gina M. Allen, David J. Wilson (2018). Infiltraciones musculoesqueléticas guiadas por ecografía. Barcelona : Elsevier
Ventura Ríos, Lucio (2010). Manual de ecografía musculoesquelética. Madrid: Panamericana
R. Balius Matas (2005). Patología muscular en el deporte. Barcelona: Masson |
|
Bibliografía complementaria
|
Jesús Seco Calvo (). Fisioterapia en Especialidades Clínicas. Madrid: Panamericana
Jesús Seco Calvo (2016). Métodos Específicos de Intervención en Fisioterapia. Madrid: Panamericana |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
ANATOMÍA I E HISTOLOXÍA/651G01001 | ANATOMÍA II/651G01002 | MARCO TEÓRICO DA FISIOTERAPIA E A REHABILITACIÓN FÍSICA/651G01006 | VALORACIÓN FUNCIONAL E PSICOSOCIAL/651G01007 | FISIOTERAPIA XERAL/651G01008 | ESTANCIAS CLÍNICAS I/651G01035 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
PATOLOXÍA MÉDICO-CIRÚRXICA II/651G01018 | ESTANCIAS CLÍNICAS II/651G01036 |
|
Materias que continúan o temario |
TRABALLO FIN DE GRAO/651G01034 | ESTANCIAS CLÍNICAS II/651G01036 |
|
Observacións |
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos do Plan Green Campus da Facultade de Fisioterapia, os traballos documentais que se realicen nesta materia poderanse solicitar tanto en formato papel como virtual ou soporte informático. De realizarse en papel, seguiranse na medida do posible as seguintes recomendacións xerais: - Non se utilizarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a realización de borradores. |
|