Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Metodoloxías de investigación orientadas á innovación Código 652511205
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Losada Puente, Luisa
Correo electrónico
luisa.losada@udc.es
Profesorado
Losada Puente, Luisa
Correo electrónico
luisa.losada@udc.es
Web
Descrición xeral A necesidade de investigar en Educación e nos centros e institucións educativas xorde da curiosidade, dende o momento en que nos facemos preguntas sobre como funcionan as cousas, sobre os comportamentos das persoas e institucións educativas, sobre os efectos que produce a nosa práctica. educativas ou sobre como podemos innovar e mellorar os resultados das nosas accións (Martínez González, 2007, p. 11). Preténdese que o alumnado do máster se familiarice coa investigación no ámbito educativo; que coñeza, comprenda e valore as características da metodoloxía científica e, ademais, comprenda os procedementos para a realización de investigacións en educación.
Neste asunto, as fases que supón toda a investigación científica estarán expostas a partir da identificación do tema ou problema a investigar, continuando coa planificación e deseño da investigación, coa execución da mesma e concluíndo coa interpretación e reflexión dos resultados obtidos. Destacarase a importancia da análise das potencialidades e limitacións da situación educativa investigada e das posibles accións de mellora que se consideren oportunas. Por último, traballarase na redacción dun informe de investigación.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Dominio das ferramentas básicas da investigación científica. AP6
AP11
AP13
BM1
BM3
BM5
BM8
BM9
BM10
BM12
Capacidade para xestionar as bases de documentación técnico-científica para seleccionar documentos de interese, revisalos e sintetizar os traballos doutros autores. AP6
AP11
BM5
BM9
Capacidad de identificar las necesidades de investigación en relación con problemas reales y para proponer objetivos innovadores de investigación en forma de proyectos de investigación. AP6
AP11
AP13
BM1
BM3
BM5
BM8
BM9
BM10
Capacidade para sintetizar e expoñer correctamente en forma escrita e oral os resultados da propia investigación. AP11
BM5
BM12

Contidos
Temas Subtemas
Fundamentos epistemológicos e metodolóxicos do saber e as prácticas educativas. - Paradigmas en educación: cuantitativo e cualitativo.
Deseños metodolóxicos da investigación - En función da finalidade: básica e aplicada.
- En función do paradigma: cuantitativa e cualitativa.
- En función do nivel de investigación: exploratorio, descritivo, experimental.
- En función da dimensión espacial e temporal: históricos. comparativos, lonxitudinais e transversais.
- Metodoloxías cualitativas e mixtas.
Procedementos e estratexias de recollida de información. - Enquisa, entrevista, escalas, observación.
Análise e interpretación dos datos e da información. -Estatística descritiva.
- Codificación e categorización da información

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B5 1.5 0 1.5
Análise de fontes documentais A6 1 9 10
Sesión maxistral A6 A11 B8 B9 7 7 14
Solución de problemas A11 A13 B1 B3 B5 B9 B10 B12 6.5 24.5 31
Obradoiro B3 5 9.5 14.5
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Realizarase unha avaliación inicial sobre os coñecementos que ten o alumnado acerca dos contidos relacionados coa materia para introducir o que se vai a impartir e facer na mesma.
Análise de fontes documentais Metodoloxía que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (artigos, textos educativos, bases de datos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades específicamente deseñadas para o análisis dos mesmos. Seleccionaranse diferentes artigos para coñecer a súa estutura e analizar cada unha das súas seccións en función da metodoloxía utilizada. Ademáis, servirá para completar a parte correspondente da metodoloxía de solución de problemas.
Sesión maxistral Expoñeranse os diferentes temas da materia explicando os contidos incluídos nos mesmos de modo que permita interactuar co estudantado e aclarar as dúbidas que teñan. Presentarase a bibliografía que permitirá profundar nos temas expostos.
Solución de problemas Para promover a participación activa do estudantado, plantexarase a elaboración dun dossier que partirá da definición dun problema, completando as distintas fases do proceso de investigación científica, considerando os contidos traballados na materia.
Obradoiro Para facer o proceso de ensino-aprendizaxe máis práctico en termos de análise cuantitativa de datos e información cualitativa, realizaranse obradoiros cos recursos informáticos necesarios.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Análise de fontes documentais
Solución de problemas
Obradoiro
Descrición
Todas as dúbidas que se xeren durante e despois do desenvolvemento das metodoloxías propostas resolveranse mediante a atención personalizada do alumnado, ben de xeito persoal, por correo electrónico ou Teams.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Solución de problemas A11 A13 B1 B3 B5 B9 B10 B12 A partir da formulación dun problema de investigación, terase que continuar con todas as fases do proceso de investigación científica tendo en conta o explicado ao longo do cuadrimestre. Isto entregarase en forma de dossier. 100
 
Observacións avaliación

O alumnado que non asiste ao 80% das clases terá que facer o mesmo que o alumnado presencial.

En canto árealización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, o/a estudanteserá cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoriacorrespondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce naprimeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súacualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

A avaliación adiantada rexerase polo mesmo procedemento de avaliación que o especificado na 1ª e 2ª oportunidade aplicable ao alumnado "non asistente".


Fontes de información
Bibliografía básica Flick, U. (2004). Introducción a la investigación cualitativa. Morata
Martínez González, R.A. (2007). La investigación en la práctica educativa: guía metodológica de investigación para el diagnóstico y evaluación en los Centros. Ministerio de educación, Centro de Investigación y Documentación Educativa
Rodriguez, G., Gil, J. y García, E. (1996). Metodología de la investigación cualitativa. Aljibe
Bisquerra Alzina, R. (2005). Metodología de la investigación educativa. La Muralla.
Buendía, L.; Colás, M.P. y Hernández, F. (1998). Métodos de investigación en psicopedagogía. McGraw-Hill
Walker, R. (2002). Métodos de investigación para el profesorado. Técnicas de evaluación (3ª. edic.). Morata
Padilla Carmona, M.T. (2002). Técnicas e instrumentos para el diagnóstico y la evaluación educativa. CCS

Bibliografía complementaria Blaxter, L.; Hughes, C. y Tight, M. (2000). Cómo se hace una investigación. Gedisa


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

A entrega de traballos da materia realizarase de forma telemática.

Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. 

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

Enténdese que o alumnado universitario ten asumidas as capacidades lingüísticas en relación á expresión oral e escrita. Por tanto, é primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como condición imprescindible para superar a materia.

Se seguirán as recomendacións da Oficina de Igualdade de Xénero

"Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria incorporarase a perspectiva de xénero  (linguaxe non sexista, bibliografía de autores/as, propiciarase a intervención en clase do alumnado...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías