Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A5 |
Deseñar, analizar, seleccionar e aplicar técnicas e instrumentos de recollida e análise da información para desenvolver procesos de avaliación de programas, servizos, estratexias e recursos de intervención socioeducativa en diversos contextos. |
A8 |
Redactar, presentar e defender proxectos de investigación e informes, memorias, regulamentos, así como outros documentos básicos que contribúan a organizar a acción escolar e/ou socioeducativa. |
B2 |
Capacidade de resolución de problemas |
B3 |
Habilidades para localizar e analizar información de fontes diversas |
B7 |
Capacidade para elaborar e defender un discurso ante diferentes audiencias |
B8 |
Traballo colaborativo |
B10 |
Traballo autónomo |
B12 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación. |
B13 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
B14 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
B15 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades. |
B16 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo. |
B17 |
Comunicar as conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades |
B18 |
Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e deseñar as principais técnicas de recollida da información nos procesos de intervención socioeducativa.
|
AP5
|
BM3 BM8 BM10 BM12 BM16
|
CM3 CM7
|
Coñece, planifica e pon en marcha as principais técnicas de análise da información de procesos de intervención socioeducativos. |
AP5 AP8
|
BM2 BM7 BM8 BM10 BM13 BM14 BM15 BM17 BM18
|
CM3 CM7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. A recollida e a análise da información no proceso de planificación e desenvolvemento da investigación, avaliacións e xestión dos programas e servizos socioeducativos
|
1.1. Proceso de planificación da recollida de información: aspectos clave.
1.2. Responsable/s da recollida e grupo/s destinatario/s.
1.3. Momentos da recollida da información: inicial, procesual e/ou final.
1.4. A análise da información ao longo do proceso: programas informáticos para o tratamento da información. |
Tema 2. Técnicas de recollida e análise da información |
2.1. A selección de técnicas de recollida de información cuantitativa e cualitativa.
2.2. Técnicas de análise de información cuantitativa (estatística descriptiva e inferencial) e cualitativa.
|
Tema 3. Análise e interpretación dos datos |
3.1. Interpretación e valoración dos resultados
3.2. A redacción e presentación dos datos: o informe final.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Aprendizaxe colaborativa |
B8 C7 |
10 |
12 |
22 |
Sesión maxistral |
A5 A8 B12 B13 B14 C7 |
8.5 |
0 |
8.5 |
Análise de fontes documentais |
B2 B3 B7 B10 |
8 |
12 |
20 |
Discusión dirixida |
B2 B3 B13 B14 B15 B18 C3 |
8 |
12 |
20 |
Presentación oral |
B2 B3 B7 |
8 |
12 |
20 |
Proba obxectiva |
B3 B10 B12 B14 B15 B16 B17 C7 |
2 |
10 |
12 |
|
Atención personalizada |
|
10 |
0 |
10 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Aprendizaxe colaborativa |
Traballo en grupos pequenos para a resolución dos problemas plantexados na aula |
Sesión maxistral |
Algúns contidos do programa precisan unha exposición maxistral por parte do profesorado para centrar o proceso de ensino-aprendizaxe.
Por iso, as clases expositivas, céntranse na exposición oral dos ditos contidos, complementada co emprego de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Análise de fontes documentais |
Supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Discusión dirixida |
Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador. |
Presentación oral |
Presentación dos traballos de clase |
Proba obxectiva |
Proba escrita para a avaliación da aprendizaxe. Pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Aprendizaxe colaborativa |
|
Descrición |
Na atención personalizada se dará resposta as dúbidas plantexadas polo alumnado. Está vinculada, principalmente á resolución dos problemas plantexados na aula e polas metodoloxías empregadas. A súa finalidade e facer un seguimento do traballo do alumnado e proporcionar as orientacións necesarias para a súa realización, poñendo en xogo unha avaliación procesual e formativa. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Análise de fontes documentais |
B2 B3 B7 B10 |
Analizaranse fontes documentais relacionados con algún dos apartados dos temas do programa que seleccionará o alumnado. Os pasos a seguir son: documentación, guión xeral, sesións periódicas co profesor para o seguimento, preparación da presentación e exposición na aula…. |
20 |
Presentación oral |
B2 B3 B7 |
Exposición oral dos traballos realizados. |
10 |
Aprendizaxe colaborativa |
B8 C7 |
Realizaranse traballos en grupo relacionados con algún dos apartados dos temas do programa que seleccionará o alumnado. Os pasos a seguir son: selección do tema, documentación, guión xeral, sesións periódicas co profesor para o seguimento, preparación da presentación e exposición na aula…. |
20 |
Proba obxectiva |
B3 B10 B12 B14 B15 B16 B17 C7 |
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, etc.
A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas. |
40 |
Discusión dirixida |
B2 B3 B13 B14 B15 B18 C3 |
Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador. |
10 |
|
Observacións avaliación |
ASISTENCIA: A asistencia ás sesión presenciais é obrigatoria (> 80%). O alumnado con asistencia regular, que non acuda a unha clase na que se realice algunha actividade, terá que facela individualmente e entregala no prazo indicado á clase.
Aquelas persoas con matrícula a tempo parcial poderán acollerse a unha modalidade de avaliación específica. Para esto, fai falta solicitar unha tutoría, antes ou inmediatamente despis do inicio da materia, co obxecto de establecer as actividade de avaliación e o proceso de supervisión e seguimento.
REQUERIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA:
- Acalificación final será o resultado da puntuación obtida nas actividades realizadas (prácticas a través de TIC, solución de problemas), a asistencia a clase (ata un máximo de 1 punto) e da proba mixta, sendo indispensable obter a metade da cualificación en cada parte para superar a materia. Se un/a alumno/a non obten o mínimo nalgunha das parte da materia, terá unha calificación de 4 (calquera que fora a súa cualificación) na 1ª oportunidade.
- Na oportunidade de xullo realizará un exame teórico sobre os contenidos tratados na aula.
PLAXIO: o plaxio en calquera das actividades realizadas durante a materia, será motivo de suspenso.
FALSIFICACIÓN DUNHA FIRMA: Firmar na folla de asistencia por un/unha compañeiro/a ausente será penalizado coa perda da avaliación continua.
COPIA NOS EXAMES: O uso indebido de información durante os exámenes tamén será motivo de suspenso.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Rubio, MJ. y Varas, J. (2011). El análisis de la realidad en la intervención social. Madrid: CCS
Carlberg, C. (2012). Análisis estadístico con excel. Madrid: Anaya
Pulido San Román, A. (1992). Estadística y técnicas de investigación social. Madrid. Pirámide
Amezcua Viedma, C. (1996). Evaluación de programas sociales. Madrid: Diaz Santos
García Samz, M.P. (2012). Fundamentos teóricos y metodológicos de la evaluación de programas. Murcia: DM
Grima, P. (2011). La certeza absoluta y otras ficciones. Los secretos de la estadística. Barcelona: RBA
Anduiza Perea, E. (1999). Metodología de la ciencia política. Madrid: Centro de investigaciones sociológicas
Rodriguez Osuna, J. (1993). Métodos de muetreo. Casos prácticos. Madrid: Centro de investigaciones sociológicas
Martinez Mediano, C. y Galán González, A. (2014). Técnicas e instrumentos de recogida y análisis de datos. Madrid: UNED
Gil Pascual, J.A. (2016). Técnicas e instrumentos para la recogida de información . Madrid: UNED |
A medida que avance a materia irase referenciando bibliografía específica sobre a temática tratada. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
"Recoméndase enviar os traballos telematicamente e, de non ser posible, non utilizar plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais". |
|