Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Practicum Código 652512207
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web http://http://www.educacion.udc.es/index.php?pagina=table&id_titulacion=600
Descrición xeral O prácticum do mestrado leva consigo 150h. de traballo, das que o 50% é a realizar no centro (75h) e o outro 50% é para traballar na memoria. Como norma xeral, o prácticum realizarase entre os meses de xaneiro e abril, é supón como promedio 8h semanais, se ben pode adecuarse o horario ás necesidades e organización do centro.
O propósito central da materia denominada Practicum non será só poñer en relación a formación adquirida cos diferentes contextos profesionais propios do ámbito educativo ou socioeducativo do século XXI, para facilitar que o estudantado tome conciencia dos aspectos básicos das prácticas profesionais. Tamén se lle asignará un papel chave na formulación de problemas e cuestións importantes necesarias á hora da investigación, co obxecto de situar a práctica profesional no centro ou institución e como elemento para ter en conta na organización do currículo. Trátase de que a reflexión sobre a práctica converta esa experiencia en fonte de aprendizaxe, incremente a capacidade de aprender con autonomía e potencie a aprendizaxe reflexiva para avanzar na construción do propio coñecemento, tomar decisións, innovar, buscar recursos e traballar en rede, competencias básicas nestre mestrado que responden ás esixencias da educación do século XXI.

Polo tanto, este módulo profundiza na formación para a dirección e xestión de centros educativos e equipamentos socioeducativos, a través do desenvolvemento de compentecias específicas e prácticas do liderazgo. Procuraráse adquirir unha visión de conxunto de desenvolvemento da dirección de institucións educativas, así como das labores inherentes nela

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Familiarizarse cos diferentes contextos profesionais propios do ámbito educativo e socioeducativo AP3
AP5
CM2
CM5
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan aos procesos de dirección, xestión e innovación educativa e socioeducativa CM5
CM6
Deseñar proxectos e programas e servizos que promovan a participación e o desenvolvemento educativo e comunitario AP3
AP5
AP6
AP8
AP9
AP11
Deseñar e implementar programas de avaliación que permitan concretar accións de mellora para os programas, proxectos e servizos nos diferentes ámbitos de dirección e xestión BM2
BM8
BM11
BM12
BM13
BM14
BM15
BM16

Contidos
Temas Subtemas
Os contidos que se abordarán nos diferentes destinos de prácticas estarán básica e intimamente relacionados coa dirección, xestión e innovación de institucións escolares e socioeducativas e os labores inherentes a eles. 1-Planificación estratéxica e cultura participativa
2-Metodoloxías participativas da análise da realidade
3-Formulación e avaliación do plan estratéxico
4-Orientacións para a realización da memoria de prácticas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Saídas de campo A3 A5 A6 A8 A9 A11 B2 B8 B11 B12 B13 B14 B15 B16 C2 C5 C6 75 0 75
Análise de fontes documentais A8 B12 0 10 10
Seminario A9 A11 B2 B11 10 0 10
Portafolios do alumno A5 A6 B13 B14 B15 B16 0 45 45
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Saídas de campo Constitúen as prácticas pedagóxicas: 150 horas de permanencia na institución escolar e socioeducativa durante as cales se realizarán tarefas de dirección e xestión propia institución.
Análise de fontes documentais Empregaranse documentos bibliográficos relevantes sobre os diferentes contidos a que o Practicum dá prioridade, como base para a análise e a reflexión sobre a diversidade de experiencias con que se entre en contacto nas institución do ámbito escolar e socioeducativo. É imprescindible entender a relación teoría-práctica e atender aos múltiplos factores que inciden no desenvolvemento dos centros, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das distintas formas de interpretar a realidade. O/a Titor/a da Facultade establecerá as lecturas obrigatorias que considere necesarias para o mellor desenvolvemento do Practicum
Seminario 1.Sesión informativa inicial (2 horas). Información xeral para comentar e precisar a Guía docente, así como as pautas de carácter xeral, e orientar o alumnado acerca da súa decisión á hora de elixir institución colaboradora. Tamén se explicarán as funcións das diferentes persoas que van a titorizar o Practicum.
2.Selección de institución (2 horas).
3.Tres seminarios de titoría durante o Practicum co profesorado titor da Facultade (6 horas).
- Antes de incorporarse á institución de prácticas o profesorado de Practicum, na data que se establecer, orientará o alumnado que titoriza cando menos sobre as seguintes cuestións: documentos que debe incluír no portafolios, lecturas imprescindibles e datas de entrega dos traballos solicitadose calquera outra suxestión que estimar oportuna.
- Durante a realización do Practicum terá lugar a posta en común do traballo realizado ata o momento co fin de revisar a planificación proposta, formular e resolver as posibles necesidades e/ou conflitos percibidos. Trátase de seleccionar e analizar conxuntamente situacións ou procesos representativos do decorrer da práctica profesional. Tamén se comentarán os textos ou documentos seleccionados para este fin.
-Ao finalizar a estadía na institución, de avaliación e reflexión final do practicum.
Portafolios do alumno Ver anexos

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Saídas de campo
Seminario
Descrición
A atención personalizada concíbese como momentos de traballo presencial co profesorado, polo que implican unha participación obrigatoria para o alumnado.
A forma e o momento en que se desenvolverá indicaranse para cada actividade ao longo do Practicum e o plan de traballo. O profesorado titor da Facultade estará dispoñible no horario de titorías.
O/a Titor/a da UDC realizará un primeiro contacto obrigatorio, previo á incorporación do alumnado ao centro. Ademais, manterá unha fluidez comunicativa co titor/a da institución, de maneira que garante o desenvolvemento adecuado do practicum.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A5 A6 B13 B14 B15 B16 Os criterios avaliativos serán:
- Capacidade de relación teoría-práctica
- Dominio conceptual e capacidade analítica
- Capacidade para relacionar ideas e accións
- Capacidade de argumentar e fundamentar.
-Expresión escrita propia e claridade expositiva
-Capacidade de descrición de escenarios, situacións e accións.
- Capacidade de autoavaliación e autocrítica
- Orixinalidade da proposta
45
Saídas de campo A3 A5 A6 A8 A9 A11 B2 B8 B11 B12 B13 B14 B15 B16 C2 C5 C6 O titor/a da facultade será o único que realizará a avaliación, valorando a implicación e a actuación do alumnado nos centros de practicum 50
Seminario A9 A11 B2 B11 Avaliándose cos criterios
-Asistencia a todas as sesións
-Calidade das achegas á hora de expor dúbidas, expor ideas enriquecedoras e compartir experiencias de interese, etc.
5
 
Observacións avaliación

Requisitos para superar a materia:


1. Para aprobar, será necesario superar os seguintes elementos da avaliación: prácticas  e portafolios.

Elementos de avaliación que se poden recuperar na 2ª oportunidade de avaliación (Xullo):
1. As prácticas non poden recuperarse, polo que a cualificación obtida en xuño mantense para xullo. Isto supón que un suspenso en xuño implica a non superación da materia.
2. Os seminarios e xornadas non se poden recuperar, polo que a nota en xuño mantense para xullo.
3. O portafolios pode recuperarse, polo que o alumnado que non o supere en xuño terá ocasión de melloralo en xullo, conservando sempre as cualificacións dos demais elementos avaliados.

Cualificacións:
1. A cualificación final será a suma das puntuacións obtidas en cada elemento avaliado, co seu peso respectivo.
2. No caso de non superar algunha das partes de obrigatoria superación da materia, anota final será a nota de parte non superada.
3. Non realizar as prácticas  e estando matriculado na materia supón un NP.
4. Non presentar o portafolios tendo as prácticas superadas supón obter como máximo a cualificación de 4, que se corresonde con un 10 nas prácticas.

Fontes de información
Bibliografía básica

Cómpre consultar a listaxe das diferentes materias do mestrado segundo o ámbito elixido e de acordo as indicacións do titor/a

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndanse os envíos dos traballos telemáticamente e de non ser posible, no útilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.
Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sosenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías