Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Traballo Fin de Máster  Código 652534007
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 9
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Arufe Giraldez, Victor
Bobadilla Pérez, María
Bugallo Rodríguez, Ánxela
Castro Alonso, Vicente
Chao Fernández, Aurelio
Chao Fernandez, Rocio
Couto Cantero, Pilar
Fraguela Vale, Raul
Garcia Barros, Susana
Naya Riveiro, Maria Cristina
Pérez Guilarte, Yamilé
Rivadulla López, Juan Carlos
Soneira Calvo, Carlos
Suarez Brandariz, Roberto
Torre Fernandez, Enrique de la
Varela Garrote, Lara
Correo electrónico
v.arufe@udc.es
m.bobadilla@udc.es
anxela.bugallo@udc.es
vicente.castro@udc.es
aurelio.chao@udc.es
rocio.chao@udc.es
pilar.couto@udc.es
raul.fraguela@udc.es
susana.gbarros@udc.es
cristina.naya@udc.es
yamile.perez@udc.es
juan.rivadulla@udc.es
carlos.soneira@udc.es
r.sbrandariz@udc.es
enrique.torref@udc.es
lara.varela@udc.es
Web
Descrición xeral O traballo fin de mestrado é unha materia obrigatoria do plan de estudos, de 9 créditos. Supón a realización por parte do alumnado dun proxecto, memoria ou estudo que terá que ser individual, innovador, persoal e orixinal, que supoña unha iniciación á investigación dentro dunha das áreas de Didáctica Específica do mestrado, ou de varias, se se optase por lle dar un carácter interdisciplinar.
Deberá estar orientado á aplicación das competencias asociadas á titulación e á adquisición das competencias relacionadas coa aprendizaxe autónoma, coa dirección dun/dunha profesor/a.
Para a elaboración do TFM terase en conta o realizado durante o Practicum que será considerado, dentro do posible, como o traballo de campo deste TFM.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
No traballo fin de mestrado débese reflexar a formación e as competencias adquiridas ao longo de todas os módulos e materias do Mestrado, vinculado co Practicum. AM1
AM3
AM5
AM6
AM8
AM10
AM11
AM12
AM13
AM15
AM16
AM18
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
BM8
BM9
BM10
BM11
BM12
BM13
CM1
CM2
CM3
CM5
CM6
CM7
CM8
CM9
CM10
CM11
CM13

Contidos
Temas Subtemas
Deseño dun proxecto de investigación/innovación para a Educación Infantil e/ou Primaria.

- Planteamento dun problema a investigar.
- Planteamento da metodoloxía
Desenvolvemento do proxecto para a obtención de datos empíricos e conclusións - Recollida de datos
- Análise de datos
- Obtención de conclusions e as súas derivacións didácticas
Presentación oral e escrita e defensa do traballo realizado. - Presentación oral e escrita e defensa do traballo realizado.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Investigación (Proxecto de investigación) A3 0 40 40
Presentación oral A8 A15 B4 B6 C7 C8 C13 1 1 2
Traballos tutelados A5 A6 A8 A11 A13 A15 A16 A18 B1 B2 B7 B8 B9 C2 C5 C6 C7 C8 C11 10 60 70
Análise de fontes documentais A1 A5 A10 A12 B3 B5 B10 B11 B12 B13 C1 C3 C9 C10 C13 0 102 102
 
Atención personalizada 11 0 11
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Investigación (Proxecto de investigación) Proceso de ensinanza orientado á aprendizaxe do alumnado mediante a realización de actividades de carácter práctico a través das que se propoñen situacións que requiren ao estudante identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado.
Presentación oral Presentación e discusión argumentada do traballo tutelado
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.

Atención personalizada
Metodoloxías
Investigación (Proxecto de investigación)
Traballos tutelados
Descrición
O Traballo fin de Mestrado require una atención personalizada por parte do titor ou titora do mesmo que farase de xeito presencial ou telemático si fora o caso.

Facilitarase a integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades para superar a materia, mediante as axudas oportunas e a atención personalizada requerida.

Evitarase a discriminación por razóns de xénero. Usarase linguaxe inclusiva e non sexista.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Presentación oral A8 A15 B4 B6 C7 C8 C13 O alumnado terá que facer a presentación oral e defensa do seu Traballo Fin de Mestrado, ante o tribunal asignado.
Terase en conta a corrección na expresión oral, capacidade de síntese, capacidades comunicativas, así como a corrección e argumentación das respostas e a súa adecuación ás posibles cuestións que os membros do tribunal lle poidan formular.
40
Traballos tutelados A5 A6 A8 A11 A13 A15 A16 A18 B1 B2 B7 B8 B9 C2 C5 C6 C7 C8 C11 O TFM será avaliado por un tribunal que será nomeado pola comisión do Mestrado, formado por tres profesores/as do equipo docente do título. Nesta avaliación terase en conta o rigor, a adecuación ao formato esixido, a incorporación das referencias bibliográficas oportunas, a fundamentación teórica, a coherencia, a orixinalidade e os resultados e conclusións, e todos aqueles que se especifiquen no documento marco. 60
 
Observacións avaliación

O estudante deberá exponer o traballo e defendelo ante un tribunal que será nomeado pola comisión do mestrado.
Para defender o traballo fin de mestrado será necesario haber superado as totalidade dos demáis créditos do título

Na realización do TFM terase en conta a expresión e tamén a ortografía. 

O
alumnado disporá dunha convocatoria con dúas oportunidades de avaliación ou
defensa pública do TFM: unha ordinaria e outra extraordinaria.



Para a avaliación dos TFM
constituiranse tribunais (nomeados polo/a coordinador/a do mestrado) por cada
unha das especialidades. Cada un estará formado por tres membros titulares e un
ou dous/dúas suplentes. O/a director/a do TFM non poderá formar parte da
tribunal avaliadora correspondente, sempre e cando os recursos humanos o
fixeren posible.

Finalizadas todas as defensas de TFM da sesión correspondente, o tribunal
publicará as cualificacións provisionais no taboleiro do mestrado e/ou na APP
de TFM.

En relación coa avaliación de cada traballo, o tribunal procederá a cualificar
o traballo realizado coa nota media das cualificacións emitidas por cada un dos
membros. A cualificación poderá ser: a) Non presentado; b) Suspenso: de 1 a
4.9; c) Aprobado: de 5 a 6.9; d) Notable: de 7 a 8.9; e) Sobresaliente: de 9 a
10 


A
mención de «matrícula de honra» poderá ser outorgada en caso de que os membros
do tribunal estean de acordo na súa concesión por unanimidade.

Esta avaliación é a mésma para a primeira e a segunda oportunidade. No caso da oportunidade adiantada aplicarase o modelo de avaliación que o
alumnado tivera no curso anterior



"A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria
en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica
0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da
falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto,
procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade,
se fose necesario".

O plaxio ou a utilización de textos procedentes de internet sen identificar, serán motivo de suspenso en coherencia co artigo 14.4 das NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DE GRADOS E MÁSTER, aprobadas polo Consello de Goberno o 19 de decembro de 2013 e modificadas o 29 de xuño de 2017. Concretamente, la realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de
suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado
con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. 

En calquera os aspectos relacionados con
“dispena académica” , “dedicación ao estudo” , “permanencia” e “fraude
académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica Rodríguez, Mª L., Llanes, J. (coords.) (2013). Cómo elaborar, tutorizar y evaluar un trabajo de fin de máster.. Barcelona: Agència per a la Qualitat del Sistema Universitari de Catalunya.
Ferrer, V., Carmona, M., Soria, V. (2012). El Trabajo de Fin de Grado. Guía para estudiantes, docentes y agentes colaboradores.. Madrid: McGrawHill-Interamericana de España.
Muñoz Alonso, G. (2011). Estructura, metodología y escritura del Trabajo de Fin de Máster.. Madrid: Escolar y Mayo.
García Sanz, Mª P., Martínez Clares, P. (coords.) (2012). Guía práctica para la realización de trabajos fin de grado y trabajos fin de máster . Murcia: Universidad de Murcia
Wood,P. y Smith, J (2017). Investigar en educación. Conceptos básicos y metodologías para desarrollar proyectos de investigación. Madrid. Narcea

O/A docente que tutoriza poderá aportar a o alumnado a bibliografía necesaria para desenvolver o TFM na área de coñecemento específica

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase que os envíos dos traballos sexa telemáticamente e se non fose posible, non utilizar plásticos, elexir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Debése ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 

Evitaráse a discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. Usarase linguaxe inclusiva non sexista.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías