Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Expresión Musical e Novas Tecnoloxías. Estratexias Didácticas  Código 652534016
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Composición
Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Castro Alonso, Vicente
Correo electrónico
vicente.castro@udc.es
Profesorado
Castro Alonso, Vicente
Correo electrónico
vicente.castro@udc.es
Web
Descrición xeral O plantexamento da materia “Expresión Musical e Novas Tecnoloxías. Estratexias Didácticas” persegue capacitar ao futuro mestre/a de educación infantil e primaria no emprego de ferramentas dixitais específicas na consecución de produtos artísticos de carácter interdisciplinar. Nesta asignatura, as TIC adquiren o seu propósito como medio cara o fomento da creatividade do profesorado en formación, a efectos de propiciar un aperturismo metodolóxico dende o recurso activo e interdisciplinar do son e da música nas aulas. A superación dos distintos proxectos e retos promovidos contribúe a adquisición de competencias dixitais no deseño de recursos educativos, favorecendo a vivenciación de procesos colaborativos e creativos coa música.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer os principais criterios de selección e de secuenciación do material didáctico musical. AM1
AM2
AM11
BM1
BM12
BM13
CM10
Empregar as TIC e as novas tecnoloxías aplicadas á música como ferramentas educativas interdisciplinares. AM5
AM12
AM14
AM17
BM8
BM11
CM3
CM7
CM8
CM9
Deseñar unidades didácticas e traballos por proxectos empregando recursos sonoros innovadores. AM3
AM7
AM16
BM2
BM6
CM1
CM2
CM4
CM5
CM6
Valorar a importancia da expresión musical no contexto global do desenvolvemento intelectual e persoal do alumnado de Educación Infantil e Primaria, considerando a súa contribución a aspectos como a multiculturalidade, a sostenibilidade, a inclusión social e as relacións de xénero. AM8
AM9
BM3
BM4
BM5
BM9
CM11
CM13

Contidos
Temas Subtemas
Análise e secuenciación dos contidos propios da expresión musical. A escoita musical:
- Escoita activa e pautas básicas na discriminación auditiva dos elementos do son.
- Escoita activa dos sons da aula e da cotorna.

A interpretación musical:
- Aplicación práctica mediante instrumentos acústicos.
- Aplicación práctica mediante a voz e a dobraxe.
- Aplicación práctica con instrumentos electroacústicos (analóxicos e dixitais).

A creación musical:
- Pautas básicas para a composición, improvisación e realización de arranxos no eido educativo.
- A xestión do proceso creativo no eido educativo: xestión do grupo e o rol do/a mestre/a como guía.
A expresión musical como recurso didáctico interdisciplinar. O emprego musical/sonoro das TIC como recurso insterdisciplinar coas Ciencias da Natureza e a sostibilidade.
O emprego musical/sonoro das TIC como recurso insterdisciplinar coa/s Lingua/s e Literatura.
O emprego musical/sonoro das TIC como recurso insterdisciplinar coas Matemáticas e as Tecnoloxías.
O emprego musical/sonoro das TIC como recurso insterdisciplinar coas Artes Plásticas.
O emprego musical/sonoro das TIC como recurso interdisciplinar coa Educación Física.
O emprego musical/sonoro das TIC como recurso interdisciplinar coas Ciencias Sociais e cos Valores Cívicos e Éticos.
A contribución transversal da música e da tecnoloxía no proceso de ensinanza-aprendizaxe do/a docente non especialista en Educación Infantil e Primaria. Potencial interdisciplinar de situacións de aprendizaxe promovidas dende a tecnoloxía e a música.
Aplicabilidade na aula dende a adaptación dos procesos educativos á realidade da aula.
Reflexión crítica sobre os procesos educativos creativos e colaborativos promovidos na aula.
Aplicacións informáticas específicas dirixidas á expresión musical e o seu emprego no deseño de unidades didácticas e/ou de traballos por proxectos. Emprego da radio como ferramenta escolar.
Técnicas e aplicación práctica da gravación sonora.
Técnicas e aplicación práctica da edición do son.
Deseño e realización de vídeopoemas.
Composición de canción infantís para rutinas.
Deseño e realización de collages sonoros.
Aplicación práctica e narrativa a través de dispositivos piezoeléctricos.
Xeración de bandas sonoras adaptadas a videoxogos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A7 A9 B2 B8 B11 2 3 5
Traballos tutelados A3 A7 A8 A16 A17 B1 B2 B8 B9 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C10 C11 C13 5 25 30
Obradoiro A3 A7 A8 A17 B1 B2 B6 B8 B9 C2 C3 C4 C6 C10 C11 5 10 15
Análise de fontes documentais A1 A2 B1 B5 C1 1 3 4
Discusión dirixida A1 A2 A3 A8 A9 A11 A12 A16 B3 B4 B5 B6 B9 B11 B12 B13 C7 C8 C10 C11 C13 3 12 15
Sesión maxistral A1 A2 A5 A14 B1 B9 C9 C11 C13 5 0 5
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicación, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Realizarase unha introducción ao emprego da radio como ferramenta educativa.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe de “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade polo seu propio aprendizaxe.
Este sistema de ensino basease en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Realizaranse 5 proxectos artístico-creativos en equipos de traballo.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc.) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, có apoio e supervisión do profesorado.
A exposición dos proxectos artístico-creativos previamente referidos será acompañada da superación de “retos” e equipo de diversa natureza, a través dun plantexamento lúdico na resolución conxunta de problemas.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón o emprego de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artígos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades específicamente deseñadas para o análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
O emprego desta aprendizaxe contribuirá a enriquecer os comentarios individuais no Feed da materia.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
A exposición e os retos virán acompañados de procesos de reflexión grupal, mediante preguntas guiadas polo profesorado. O emprego desta aprendizaxe contribuirá a enriquecer os comentarios individuais no Feed da materia.
Sesión maxistral Exposición oral complementada có uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecmentos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade adoitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso casi exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe de “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade polo seu propio aprendizaxe. Este sistema de ensino basease en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.

A realización dos diferentes proxectos artístico-creativos realizados en equipos de traballo será supervisada polo profesorado durante as sesións presenciais, pero tamén mantendo unha comunicación aberta por correo electrónico co alumnado. No caso do alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica con exención de asistencia, os proxectos desenvolveranse a título individual, contando cunha adaptación acorde a súa condición académica: o profesorado brindará o seu apoio telemático para a explicación de cada tarefa plantexada (proxectos adaptados) e manterá unha comunicación aberta por correo electrónico co devandito alumnado.

Para o correcto desenvolvemento das sesións e das tarefas acometidas NON será necesario posuir coñecementos específicamente musicais nin tecnolóxicos por parte do alumno/a. As propostas adquieren un carácter inclusivo, sendo adaptadas ao perfil do/a estudante. O software empregado nas sesións e na realización das tarefas será libre.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A7 A8 A16 A17 B1 B2 B8 B9 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C10 C11 C13 Alumnado presencial: avaliarase a creatividade e o desempeño técnico-dixital (grao de adecuación técnica, sonora, visual e/ou expresiva) de 5 proxectos artístico-creativos desenvoltos en equipos de traballo (10% da cualificación da materia por cada traballo).
- Os envíos realizaranse nas datas previstas.
- Os proxectos avaliaranse mediante rúbricas previamente compartidas co alumnado.
- O profesorado dispoñerá das súas horas de titoría para a aclaración e/ou explicación das mesmas.

Alumnado con adicación a tempo parcial e dispensa: avaliarase a creatividade e o desempeño técnico-dixital (grao de adecuación técnica, sonora, visual e/ou expresiva) de 3 proxectos artístico-creativos adaptados, desenvoltos individualmente (16.7% da cualificación da materia por cada traballo).
- Os envíos realizaranse nas datas previstas.
- Os proxectos avaliaranse mediante rúbricas previamente compartidas co alumnado.
- O profesorado dispoñerá das súas horas de titoría para a aclaración e/ou explicación das mesmas.
50
Discusión dirixida A1 A2 A3 A8 A9 A11 A12 A16 B3 B4 B5 B6 B9 B11 B12 B13 C7 C8 C10 C11 C13 Avaliarase o grao de profusión, e espírito reflexivo dos comentarios persoais no Feed.
- O Feed proporciona un espazo dixital de debate colectivo sobre unas liñas temáticas presentadas polo profesorado, en relación cos 5 proxectos artístico-creativos realizados na aula.
- O seu cumprimento é voluntario.
- A detección no uso de ferramentas de IA será penalizado.
10
Obradoiro A3 A7 A8 A17 B1 B2 B6 B8 B9 C2 C3 C4 C6 C10 C11 Alumnado presencial: avaliarase a inventiva e a capacidade na toma de decisión en grupo dos/as estudantes na superación de retos lúdicos promovidos na propia exposición de 4 proxectos artístico-creativos (10% da cualificación da materia por cada reto).
- A resolución de cada reto contará cunha previa explicación e cun tempo de traballo colaborativo na aula.
- Os retos avaliaranse cunha lista de control (cumple / non cumple) previamente compartidas co alumnado.

Alumnado con adicación a tempo parcial e dispensa: os retos serán sustituidos por unha explicación breve do proceso creativo inherente a cada un dos 3 proxectos artístico-creativos desenvoltos individualmente (13.3% da cualificación da materia por cada exposición).
40
 
Observacións avaliación
De acordo co disposto no artigo 5 do Real decreto 1125/2003, do 5
de setembro, que establece o sistema europeo de créditos e o sistema de
cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en
todo o territorio nacional, os resultados obtidos polo alumno en cada unha das
materias do plan de estudos cualificaranse en función da seguinte escala
numérica de 0 a 10, con expresión dun decimal, á que poderá engadirse a súa
correspondente cualificación cualitativa: 0 - 4,9: Suspenso (SS); 5,0 - 6,9:
Aprobado (AP); 7,0 - 8,9: Notable (NT); 9,0 - 10: Sobresaliente (SB). A mención
de "Matrícula de honra" poderá ser concedida a alumnos que obtivesen
unha cualificación igual ou superior a 9.0. 

No caso do alumnado con recoñecento de adicación a tempo parcial,
os tempos de entrega finais das tarefas promovidas coincidirá ca data de exame
oficial establecida no calendario da titulación. Considerarase como non
presentado (NP) aquel alumnado que, estando matriculado nunha materia, non
concorrese ás distintas actividades de avaliación que se establezan para o
curso académico.  

A cualificación dos estudantes na segunda oporunidade axustarase a
realización do mesmo tipo de entrega individual (3 traballos tutelados, cas
respectivas exposicións). 

Como consideración xeral, terase especialmente en conta, tanto nos
exames como nos traballos, as deficiencias ortográficas de puntuación e
acentuación, así como unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente
presentación, excesivo número de riscadas etc. Todo iso supoñerá redución de
puntos sobre a nota obtida.  

No caso que o profesorado detecte realización fraudulenta
(plaxio) nas probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no
artigo 14.4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións
dos estudos de grao e máster universitario: "Na realización de traballos,
o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a
través de internet sen indicación expresa da súa procedencia e, de ser o caso,
o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de
suspenso na actividade. Todo isto sen prexuízo das responsabilidades
disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente
procedemento". Nesta materia se o profesorado detecta plaxio nalgunha das
probas supoñerá un 0 na cualificación. En caso de reiteración, darase traslado
á Comisión Académica para a toma de medidas oportunas. Enténdese tamén por
plaxio un uso inadecuado de ferramentas de intelixencia artificial. 

Farase especial fincapé no coidado do medio ambiente en prol dunha
educación e sociedade sostible. Os traballos serán enviados exclusivamente de
maneira telemática, e de non ser posible, nos documentos impresos non se
empregarán plásticos, elixirase a impresión a dobre cara, e papel reciclado,
evitando imprimir borradores. Débese facer un uso sustentable dos recursos e a
prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a
importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade
nos comportamentos persoais e profesionais. Para iso, sempre que sexa posible
na elaboración dos traballos empregarase material de reciclaxe e evitarase o
emprego de materiais de plástico na entrega dos mesmos. 

Tal e como se recolle nas distintas normativas de
aplicación para a docencia universitaria, deberase incorporar a perspectiva de
xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, bibliografía de autores/as
de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnas e
alumnos...).

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”“dedicación ao estudo”“permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC (https://www.udc.es/es/normativa/academica/) 

Fontes de información
Bibliografía básica
Aviñoa, X. (ed.) (2014). Tecnología y creación musical / Grupo de investigación Música, tecnología y pensamiento en los siglos XIX y XX. Lleida: Milenio.

Blardony, S. (2006). La formación permanente del profesorado de música a través de las nuevas tecnologías. Música y Educación, Nº19, pp. 151-157.

Busquet, F. (2000). Recursos informáticos para la educación musical en la Red Telemática Educativa de Cataluña. Eufonía Nº 20, pp. 6-14.

Calvillo, A. (2008). Herramientas didácticas para la educación musical. Cádiz: Bubok.

Calvillo, A. (2009a). Fundamentos didácticos de las nuevas tecnologías aplicadas a la música I: Música y edición de sonido. Cádiz: Bubok.

Calvillo, A. (2009b). Fundamentos didácticos de las nuevas tecnologías aplicadas a la música II: La edición de partituras y su didáctica. Cádiz: Bubok.

Carrera Pérez, E., Román-García, S.; Chao-Fernández, R. (2017). Free software in music education: an interdisciplinary practical approach in Primary School, en Dodero, J.M; Ibarra, M. S. y Ruiz, I. (Coord.)  Fifth International Conference on Technological Ecosystems for Enhancing Multiculturality. ACM Digital Library. New York, 1-7.

Castro Alonso, V. (2021). El potencial educativo de la musique concrète: una experiencia significativa de creación musical mediante las TIC. En V. Gisbert Caudeli y O.M. Alegre de la Rosa (Dirs. y Eds.), Inclusión e Innovación Educativa. Música y cultura como herramientas docentes (pp. 61-76). Valencia: Tirant Lo Blanch. ISBN: 978-84-18534-74-4

Chao-Fernández, R.; Román-García, S.; Chao-Fernández, A. (2017). Art, Science and Magic: Music and Math the classroom, en Dodero, J.M; Ibarra, M. S. y Ruiz, I. (Coord.)  Fifth International Conference on Technological Ecosystems for Enhancing Multiculturality. ACM Digital Library. New York. 1-5  

Delalande, F. (2004). La enseñanza de la música en la era de las nuevas tecnologías. Comunicar, Nº 23, pp. 17-23.

Delalande, F. (2013). Las conductas musicales. Santander: Editorial de la Universidad de Cantabria.

Díaz, G. (2007). La audición musical con recursos informáticos. Eufonía, Nº 39, pp. 17-26.

Gertrudix, M. (2003). Música y narración en los medios audiovisuales. Madrid: Laberinto.

Giráldez, A. (2005). Internet y educación musical. Barcelona: Graó.

Giráldez, A. (2007). La educación musical en un mundo digital. Eufonía, Nº 39, pp. 8-16.

Green, L. (2009). Significado musical y reproducción social: Defensa de la recuperación de la autonomía. En Lines, D. (Comp.). La educación para el nuevo milenio. Madrid: Morata.

Lines, D. (comp.) (2009). La educación musical para el nuevo milenio: Madrid. Morata.

Márquez, J. y Sempere, J. (2013). Nuevas tecnologías aplicadas a la Educación Musical. Universidad de Cádiz: UCA.

Marshall, N., North, A. y Hargreaves, D. (2005). Educación musical en el siglo XXI: una perspectiva psicológica. Eufonía. Nº 34, pp. 8-32.

Martínez, J. (1996). Nuevas herramientas para la educación musical: MIDI y nuevas tecnologías. Eufonía, Nº 4, pp.33-46.

Nettl, B. y Russell, M. (eds.) (2004). En el transcurso de la interpretación. Estudios sobre el mundo de la improvisación musical. Madrid. Akal.

Oriol, N. (Dir.) (2001). La educación artística, clave para el desarrollo de la creatividad. Madrid: Ministerio de Educación.

Palomo, R., Ruiz, J. y Sánchez, J. (2008). Enseñanza con TIC en el siglo XXI. La escuela 2.0. Sevilla: MAD.

Ramírez, C. (2006). Música, lenguaje y educación: La comunicación humana a través de la música en el proceso educativo. Valencia: Tirant lo Blanch.

Román-García, S.; Chao-Fernández, R.; Chao-Fernández, A. (2017). ICT in the Music Classroom.  Achieving Musical Literacy in the 21st. Century, en Gómez Chova, L. López, A y Candel, I., 9th International Conference on Education and New Learning Technologies. IATED Academy: Valencia, 5742-5748.

Schafer, M. (1969). El compositor en el aula. Buenos Aires: Ricordi Americana.

Small, C. (2006). Música, sociedad, educación. Madrid: Alianza.

Swanwick, K. (1991). Música, pensamiento y educación. Madrid: Morata.

Swanwick, K. (1994). Musical knowledge. Intuition and analysis in music education. Londres: Routledge and Kegan Paul.

Tejada, J. (2001). MIDI para el conservatorio, la escuela y el instituto: encore, finale, band in a box. Barcelona: Rivera Editores.

Tejada, J. (2007). Agrupaciones musicales y la práctica en conjunto. Diseño de un seminario para creación de materiales mediante tecnología audio-digital (I). Música y Educación, Nº 72, pp. 133-137.

Tejada, J. (2008a). Agrupaciones musicales y la práctica en conjunto. Diseño de un seminario para creación de materiales mediante tecnología audio-digital (II). Música y Educación, Nº73, pp.99-103.

Tejada, J. (2008b). Agrupaciones musicales y la práctica en conjunto. Diseño de un seminario para creación de materiales mediante tecnología audio-digital (III). Música y Educación, Nº 74, pp.78-81.

Torres, L. (2010). Las TIC en el aula de educación musical: Bases metodológicas y posibilidades prácticas. Sevilla: MAD.

Vílchez, L. (2009). La música y su potencial educativo. Madrid: SM.

Waisburdi, G. y Erdmenger, E. (2007). El poder de la música en el aprendizaje. Cómo lograr un aprendizaje acelerado y creativo. Sevilla: MAD.

Bibliografía complementaria

Alonso, C. (2008). Improvisación libre. La composición en movimiento. Vigo: Dos Acordes.

Alsina, P., Díaz, M., Giráldez, A., Ibarretxe, G. (2009). 10 ideas clave. El aprendizaje creativo. Barcelona: Graó.

Díaz, M. y Giráldez, A. (Coords.) (2007). Aportaciones teóricas y metodológicas a la educación musical. Una selección de autores relevantes. Barcelona: Graó.

Díaz, M. y Riaño, M. (2010). Voz, cuerpo y acción. Un espacio para la música. Santander: Universidad de Cantabria.

Díaz, M. y Riaño, M. (Coords.) (2007). Creatividad en educación musical. Santander: Universidad de Cantabria. Servicio de Publicaciones.

Gainza, V. (2002). Pedagogía musical. Dos décadas de pensamiento y acción educativa. Buenos Aires: Lumen.

Gainza, V. (2003). La educación musical entre dos siglos: del modelo metodológico a los nuevos paradigmas. Disponible en http://www.udesa.edu.ar/files/ESCEDU/DT/DT10-GAINZA.PDF.

García, P. y Estebaranz, A. (2005). Innovación y creatividad en la enseñanza musical. Barcelona: Octaedro.

Giráldez, A. (2007). La competencia cultural y artística. Madrid: Alianza.

Giráldez, A. (Coord.) (2011a). Didáctica de la música. Barcelona: Graó.

Giráldez, A. (Coord.) (2011b). Música. Complementos de formación disciplinar. Barcelona: Graó.

Gustems, J. (2013). Creatividad y educación musical: actualizaciones y contextos. Barcelona: Dinsic.

Hargreaves, D. (1991). Infancia y educación artística. Madrid: Morata.

Hargreaves, D. (1998). Música y desarrollo psicológico. Barcelona: Graó.

Nettl, B. y Russell, M. (eds.) (2004). En el transcurso de la interpretación. Estudios sobre el mundo de la improvisación musical. Madrid. Akal.

Oriol, N. (Dir.) (2001). La educación artística, clave para el desarrollo de la creatividad. Madrid: Ministerio de Educación.

Pascual, P. (2006). Didáctica de la música. Madrid: Pearson Prentice Hall.

Paynter, J. (1991). Oir, aquí y ahora. Buenos aires: Ricordi.

Paynter, J. (1999). Sonido y estructura. Madrid: Akal.

Toch, E. (2001). Elementos constitutivos de la música. Barcelona: Idea Books.

Waisburdi, G. y Erdmenger, E. (2007). El poder de la música en el aprendizaje. Cómo lograr un aprendizaje acelerado y creativo. Sevilla: MAD.

Willems, E. (1961). Las bases psicológicas de la educación musical. Buenos Aires. Eudeba.

Willems, E. (1994). El valor humano de la educación musical. Barcelona: Paidós.

Willems, E. (2001). El oído musical: La preparación auditiva del niño. Barcelona: Paidós.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase que os envíos dos traballos sexa telemáticamente e se non fose posible, non utilizar plásticos, elexir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Debése ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 

Evitaráse a discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. Usarase linguaxe non sexista.

Para o correcto desenvolvemento das sesións e das tarefas acometidas non será necesario posuir coñecementos específicamente musicais nin tecnolóxicos por parte do alumno/a, xa que se acometerán propostas inclusivas adaptadas ao perfil do/a estudante. 

O software empregado nas sesións e na realización das tarefas será libre.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías