Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Intervención nos Problemas de Comunicación e Linguaxe en T.E.A.: Propostas Informáticas para a Inter Código 652546021
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Psicoloxía
Coordinación
Nieto Riveiro, Laura
Correo electrónico
laura.nieto@udc.es
Profesorado
Groba Gonzalez, Betania
Nieto Riveiro, Laura
Pereira Loureiro, Javier
Correo electrónico
b.groba@udc.es
laura.nieto@udc.es
javier.pereira@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal
Descrición xeral Esta materia estrutúrase en dous bloques: Bloque I: Programas de intervención, impartido por docentes da Universidad de Zaragoza, e Bloque II: Aplicacións informáticas, impartido por docentes da Universidade da Coruña.
Nesta materia o alumnado poderá:
- Coñecer e comprender os principios xerais da intervención coa poboación con trastornos do espectro do autismo (TEA), con especial referencia ao ámbito da comunicación e a linguaxe.
- Coñecer e analizar criticamente os principais modelos teóricos que fundamentan as estratexias e/ou programas de intervención comunmente aplicados coas personas con TEA.
- Coñecer os obxectivos, estrutura e procedementos dos principais programas de intervención aplicados coas persoas con TEA.
- Seleccionar, adaptar e implementar algúns dos procedementos e/ou programas máis representativos para o desenvolvemento da linguaxe e a comunicación nas persoas con TEA.
- Deseñar, implementar e avaliar un programa de intervención adaptado ás necesidades de cada caso concreto.
- Coñecer as posibilidades da intervención con persoas con TEA con programas informáticos que capaciten para a comunicación e creación de contidos de interese.
- Desenvolver unha experiencia práctica co manexo de sistemas de comunicación dinámicos: aplicacións e programas vinculados coa comunicación aumentativa e alternativa, produtos de apoio para o acceso e uso de dispositivos tecnolóxicos, coleccións de sons e pictogramas, con especial atención a ARASAAC.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer as tecnoloxías de apoio relacionadas coa comunicación aumentativa e alternativa. AI1
AI2
AI3
AI4
AI5
AI6
AI7
AI8
AI9
AI10
AI11
BI3
BI6
CI3
Utilizar e aplicar dispositivos e programas informáticos específicos para a intervención con poboación con patoloxías da linguaxe. AI1
AI2
AI3
BI1
BI2
BI4
BI5
BI7
BI10
CI1
Coñecer os requisitos de comunicación das persoas e adaptar as tecnoloxías de apoio axeitadas para resolver as súas necesidades. AI1
AI2
AI3
AI10
BI8
BI9
CI1
CI2
CI5
Identificar as fontes de información de aplicacións gratuitas e comerciais para resolver posibles problemas de comunicación. AI4
AI9
AI10
AI11
BI2
CI1
CI2
CI3
CI4
CI5
Coñecer e aplicar os principais modelos e técnicas de intervención coa poboación con TEA, con especial referencia ao eido da linguaxe e a comunicación. AI1
AI2
AI9
BI4
CI1
CI4
Deseñar, implementar e avaliar intervencións na área da linguaxe e a comunicación con persoas con TEA nos ámbitos familiar, escolar e clínico, e en colaboración co resto do equipo profesional. AI7
AI8
AI9
BI10
CI1
CI2
CI3

Contidos
Temas Subtemas
Bloque I. Programas de intervención
(Universidad de Zaragoza)
1. Principios xerais de intervención en TEA.
2. Principais modelos de intervención: enfoques conductuais, evolutivos e sociopragmáticos.
3. Programas globais de intervención (ABA, TEACCH, SCERTS). Fundamentos, procedementos e avaliación de resultados.
4. Procedementos específicos de intervención: intervención en habilidades pragmáticas e mentalistas e xogo simbólico.
5. Determinación do perfil lingüístico e comunicativo individualizado e selección de estratexias de intervención adecuadas.
Bloque II. Aplicacións informáticas
(Universidade da Coruña)
1. Introdución aos produtos de apoio e aos SAAC.
2. Aproximación aos trastornos do espectro do autismo (TEA) e as TIC.
3. Solucións tecnolóxicas baseadas no uso de apoios visuais e pictogramas.
4. Aplicacións tecnolóxicas para apoiar a vida diaria de persoas con TEA.
5. Animacións, historias e xogos: Scratch e MakeyMakey.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A5 A3 A4 A9 A6 A7 A10 A11 A8 B3 B2 B4 B9 B10 B11 6 12 18
Lecturas B6 B7 B8 C2 C3 C4 C5 C6 3 6 9
Portafolios do alumno B5 B8 0 15 15
Prácticas a través de TIC A11 A10 A9 A8 A7 A6 A5 A4 A3 A2 A1 12 15 27
Discusión dirixida A1 A2 A5 A3 A4 A6 A7 A8 3 0 3
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Esquema xeral dunha sesión tipo:
Sección teórica:
1.- Presentación dos contidos do tema por parte do profesorado, con apoio dunha presentación Power Point.
2.- Lectura comentada dun texto seleccionado.
3.- Contestación individual a un cuestionario.
Sección práctica:
1.- Presentación das actividades prácticas a cargo do profesorado.
2.- Cuestionario en grupo sobre a presentación.
3.- Exposición e discusión sobre as respostas de cada grupo.

A sesión maxistral utilizarase tanto para a introdución teórica do tema como para a presentación dos casos ou as prácticas que estean planificadas. Cada materia desenvólvese en sesións de catro horas, polo que a sesión maxistral pode abarcar ao redor dunha hora por sesión: media hora para a introdución teórica e media hora para a presentación das prácticas. O profesorado poderá variar esta distribución compensándoa sempre co resto das metodoloxías para non aumentar a carga ECTS da materia.
Lecturas Cada sesión de clase de catro horas contén un tempo dedicado á lectura comentada dun texto relacionado coa exposición teórica do tema. A duración prevista será duns 30-60 minutos por sesión.
Portafolios do alumno En cada sesión de clase, o alumnado deberá contestar a un cuestionario individual sobre a lectura realizada, e outro cuestionario en grupo relacionado cos casos analizados ou coas prácticas realizadas. Estes cuestionarios, ademais das presentacións Power Point correspondentes a cada clase, deberán ser incluídos no portafolios. Nel recolleranse tamén os comentarios, reflexións ou actividades realizadas durante o curso.
Prácticas a través de TIC Consiste na análise, deseño e creación de contidos multimedia para a intervención con poboación con TEA empregando ferramentas explicadas nas sesións maxistrais.
Discusión dirixida A discusión dirixida forma parte da sección práctica de cada sesión de clase. Logo de que o alumnado conteste por grupos ás preguntas do cuestionario que acompaña á presentación teórica do tema, cada grupo expoñerá as súas respostas ao conxunto da clase, comezando unha quenda de intervencións ao respecto. A discusión pecharase coas conclusións do profesorado encargado de moderar a sesión.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Descrición
A través do Campus Virtual, cada estudante deberá acceder ás prácticas propostas e entregalas telemáticamente nos prazos especificados.
A atención personalizada farase mediante titorías individualizadas ou en grupo reducido (segundo as necesidades do alumnado), en modalidade virtual (a través da aplicación Teams).
Estas titorías poderanse realizar por solicitude do estudantado interesado, ou a petición do profesorado da materia se o considera preciso, sendo programadas nun horario consensuado co equipo docente, que non interfira coa asistencia e participación do alumnado nas restantes materias do título.
Ademais, tamén se brindará atención personalizada mediante o correo electrónico, e a través dos foros ou a opción de mensaxe privada do Campus Virtual.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Portafolios do alumno B5 B8 Bloque I. Entrega do portafolio no que se recollen traballos breves que poden consistir en: elaboración e presentación de casos prácticos, recensións e comentarios de lecturas, procura e confección de fichas sobre programas de intervención ou presentación de artigos de investigación pertinentes. 50
Prácticas a través de TIC A11 A10 A9 A8 A7 A6 A5 A4 A3 A2 A1 Bloque II. Entrega de tres tarefas prácticas vinculadas coa análise, o deseño e a creación de contidos dixitais multimedia para a intervención coa poboación con TEA. 50
 
Observacións avaliación

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no artigo 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE nº 224 de 18 de setembro de 2003), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso, 5-6.9=Aprobado, 7-8.9=Notable, 9-10=Sobresaliente/Matrícula de honra (Graciable).

Para superar a materia é preciso obter un aprobado en cada un dos dous bloques en que se divide. A nota final será a media destas dúas partes.

En caso de non superar a materia na primeira oportunidade, deberanse entregar os traballos suspensos ou non entregados na segunda oportunidade; deberase contactar previamente co profesorado para valorar a situación particular.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da Universidade da Coruña.

O profesorado responsable da materia resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou noutros aspectos do seu desenvolvemento, que serán notificados ao estudantado coa suficiente antelación.


Fontes de información
Bibliografía básica

Alcantud Martín, F. (Coord.). (2013). Trastornos del espectro autista: Detección, diagnóstico e intervención temprana. Pirámide.

Baron Cohen, S. (2010). Autismo y síndrome de Asperger. Alianza.

Gortázar Díaz, P. (2007). Intervención comunicativa en casos con autismo: estado de la cuestión. Presentación de un caso clínico. En: F. Alcantud Martín (Coord.), Intervención psicoeducativa en niños con trastornos generalizados del desarrollo (pp. 181-195). Pirámide.

Frith, U. (1999). Autismo: hacia una explicación del enigma. Alianza.

Frontera Saracho, M. (2012). Intervención: principios y programas psicoeducativos. En: M. A. Martínez Martín y J. L. Cuesta Gómez (Eds.), Todo sobre el autismo (pp. 223-260). Altaria.

Martos, J. y Pérez Julia, M. (2002). Autismo: un enfoque orientado a la intervención en logopedia. Nau Llibres.

Monfort, M., Juárez, A. y Monfort, I. (2004). Niños con trastornos pragmáticos del lenguaje y de la comunicación. Descripción e intervención. Entha.

Montiel, C. (2016). El modelo SCERTS. Enfoque transaccional centrado en la familia para mejorar las habilidades comunicativas y socioemocionales de niños con trastornos del espectro autista. En: D. Valdez (Comp.), Autismos. Estrategias de intervención entre lo clínico y lo educativo (pp. 43-57). Paidós.

Rivière, A. y Martos, J. (1997). El tratamiento del autismo. Nuevas perspectivas. APNA y Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales.

Rivière, A. (2001). Autismo: Orientaciones para la intervención educativa. Trotta.

Salvadó-Salvadó, B., Palau-Baduell, M., Clofent Torrentó, M., Montero Camacho, M. y Hernández Latorre, M. (2012). Modelos de intervención global en personas con trastornos del espectro autista. Revista de Neurología, 54(1), 63-71.

Tamarit, J. (2010). Buenas prácticas profesionales en la intervención en personas con TEA. XV Congreso Nacional Profesionales del Autismo. Zaragoza, España.

Valdez, D. (Comp.). (2005). Evaluar e intervenir en autismo. Machado.

Valdez, D. (2016). El modelo Denver de intervención temprana. Abordaje desde el desarrollo y los contextos interpersonales. En: D. Valdez (Comp.), Autismos. Estrategias de intervención entre lo clínico y lo educativo (pp. 33-42). Paidós.

Bibliografía complementaria

Bishop, D. y Leonard L. B. (Eds.). (2001). Speech and language impairments in children. Causes characteristics, intervention and outcome. Psychology Press.

Gerber, S. (2003). A developmental perspective on language assessment and intervention for children on the autism spectrum. Topics in language disorders, 23, 72-95.

Happe, F. (2006). Introducción al autismo. Alianza.

Howlin, P., Barón Cohen, S. y Hadwin, J. (2006). Enseñar a los niños autistas a comprender a los demás. Guía práctica para educadores. CEAC.

Lovaas, O. I. (2002). Teaching individuals with developmental delays. Basic intervention techniques. PRO-ED.

Monfort, M. y Monfort, I. (2001). En la mente. Un soporte para el entrenamiento de habilidades pragmáticas en niños. Entha.

Prizant, B., Wetherby, A. y Rydell, P. (2000). Communication intervention issues for children with ASD. En: A. Wetherby, B. Prizant (Eds.), Autism spectrum disorders: a transactional developmental perspective. Paul Brookes.

Rice, M. y Warren, S. F. (Eds.). 2004). Developmental language disorders: from phenotypes to etiologies. Erlbaum.

Rivière, A. y Martos, J. (2000). El niño pequeño con autismo. APNA. 

Rondal, J. A. y Seron, X. (1991). Trastornos del lenguaje 1, 2 y 3. Paidós. 

Russel, J. (1999). El autismo como trastorno de la función ejecutiva. Médica Panamericana.

Schwartz, R. G. (2009). Handbook of child language disorders. Psychology Press. 

Sussman, F. (2001). More than words. Helping parents and professionals promote communication and social skills in children with ASD. The Hanen Centre. National Library of Canada. 

Sussman, F. (2006). Talk ability: People skills for verbal children on the autism spectrum. The Hanen Centre. National Library of Canada.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Todos os traballos do Bloque II serán entregados a través do Campus Virtual, en formato dixital, sen necesidade de imprimilos, contribuindo deste modo ao mantemento dunha contorna inmediata sostible.

Para o desenvolvemento do Bloque II é preciso asistir a clase cun ordenador portátil.

O profesorado responsable da materia aplicará a correspondente normativa da Universidade da Coruña ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un(ha) estudante no desenvolvemento dos seus traballos. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente unha cualificación de suspenso (nota numérica '0') na convocatoria en que se cometa a falta, tanto se a falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías