Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Preparación profesional avanzada, dirixida á especialización académica e profesional dos estudantes no ámbito da especialización docente cursada; é por iso que o TFM deberá estar orientado á avaliación das competencias profesionais, xerais e específicas asociadas á titulación. |
AP1 AP2 AP3 AP4 AP5 AP6 AP7 AP8 AP9 AP10 AP11 AP12 AP13 AP14 AP15 AP16 AP17 AP18 AP19 AP20 AP21 AP22 AP23 AP24 AP25 AP26 AP27 AP28 AP29 AP30 AP31 AP32 AP33 AP34 AP35 AP36 AP37
|
|
|
Capacidade para comunicar o coñecemento adquirido a unha audiencia. |
AP15 AP17 AP18
|
|
CM3 CM6 CM7 CM8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
- Elaboración de informes e memoria en educación
- Investigación educativa
- Obxectivos e contidos do traballo Fin de máster.
- Orientacións para a presentación e defensa pública do traballo Fin
de Máster |
- Elaboración de informes e memoria en educación
- Investigación educativa
- Obxectivos e contidos do traballo Fin de máster.
- Orientacións para a presentación e defensa pública do traballo Fin
de Máster |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A6 A5 A7 A8 A9 A10 A11 A13 A14 A15 A16 A18 C3 |
1 |
136 |
137 |
Presentación oral |
A1 A2 A3 A4 A6 A5 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A26 A27 A28 A29 A30 A31 A32 A33 A34 A35 A36 A37 C6 C7 C8 |
1 |
9 |
10 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Traballos tutelados |
a) Planificación curricular contextualizada en diferentes formatos temporais (dun curso ou dun trimestre dunha materia da ESO ou do bacharelato; b) Deseño dunha unidade didáctica que deberá ser ensaiada na aula durante o período das prácticas en centros; c) Deseño e desenvolvemento dunha investigación sobre un proxecto de innovación e mellora no marco da didáctica específica da especialidade cursada; d)Elaboración dun plan de actuación nalgún dos eixes transversais do currículo, que deberá ser ensaiado durante o período das prácticas en centros; e) Planificación exhaustiva dunha saída de campo ou dun proxecto que permita conectar os contidos das materias de xeito interdisciplinar cos recursos educativos do contorno; f) Elaboración de materiais didácticos específicos ou de innovación educativa, ou ben de recursos e ferramentas tecnolóxicos (software, hardware, mecánica etc.) de uso educativo.
|
Presentación oral |
SOLICITUDE DE DEFENSA: Unha vez finalizado o proceso de elaboración do TFM, e unha vez obtido o informe favorable do director/a do mesmo, o alumnado terá que: a) facer a solicitude de defensa e subir unha copia do traballo na súa secretaría virtual e b) entregar, no prazo e lugar establecido polo centro o seu TFM, así coma a documentación que se precise ( impreso de solicitude de avaliación e certificación académica)
DEFENSA: Unha vez que se faga púbica a convocatoria do tribunal, o alumnado debe presentarse á hora indicada e agardar a ser chamado polo secretario/a do mesmo. Para a defensa deberá acudir cun documento identificativo (DNI ou Pasaporte), e o resto de documentos que se soliciten, se é o caso. Para a exposición, que será pública, disporá dun tempo de 20 minutos e o tribunal disporá de 20 minutos para realizar as preguntas que estimen oportunas e debatir co alumno/a. O alumnado poderá utilizar canto material sexa preciso para a exposición. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Presentación oral |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Se realizaran titorías individuais co fin de orientar o traballo do alumnado e solventar posibles dubidas |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Presentación oral |
A1 A2 A3 A4 A6 A5 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A26 A27 A28 A29 A30 A31 A32 A33 A34 A35 A36 A37 C6 C7 C8 |
Presentación e defensa
• Existencia e calidade nos medios e/ou materiais de apoio.
• Coherencia e claridade de ideas na exposición.
• Boa competencia lingüística oral.
• Capacidade de síntese
• Habilidade para responder na discusión.
|
15 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A6 A5 A7 A8 A9 A10 A11 A13 A14 A15 A16 A18 C3 |
Cuestións formais (5%)
• Claridade de ideas, de exposición e de organización da información.
• Relación e coherencia entre as partes do TFM.
• Boa calidade lingüística do discurso.
Fundamentación teórica (30%)
• Suficiencia e profundidade do marco teórico, de xeito que se demostre ter coñecementos sobre o desenvolvemento e nivel alcanzado no tema tratado.
• Creatividade e orixinalidade na presentación da temática, na súa abordaxe ou no seu tratamento.
• Referencia ós contidos traballados no Mestrado.
• Documentación de apoio actualizada e referencias bibliográficas citadas conforme ás normas propias dos traballos científicos e profesionais.
Desenvolvemento do TFM (35%)
• Nivel de concreción do TFM
• Viabilidade da proposta atendendo a súa contextualización.
• Adecuación ó marco lexislativo e curricular.
• Existencia e adecuación de criterios de avaliación da proposta.
Valoración persoal e conclusións FM (15%)
• Relación das conclusións cos obxectivos do TFM.
• Grao de integración dos coñecementos conseguidos nas distintas materias cursadas no Mestrado.
• Grao de desenvolvemento das competencias profesionais.
|
85 |
|
Observacións avaliación |
O alumnado disporá dunha convocatoria con dúas oportunidades de avaliación ou defensa pública do TFM: unha ordinaria e outra extraordinaria. Para a avaliación dos TFM constituiranse tribunais (nomeados polo/a coordinador/a do mestrado) por cada unha das especialidades. Cada un estará formado por tres membros titulares e un ou dous/dúas suplentes.
O/a director/a do TFM non poderá formar parte da tribunal avaliadora correspondente, sempre e cando os recursos humanos o fixeren posible. Finalizadas todas as defensas de TFM da sesión correspondente, o tribunal publicará as cualificacións provisionais no taboleiro do mestrado e/ou na APP de TFM. En relación coa avaliación de cada traballo, o tribunal procederá a cualificar o traballo realizado coa nota media das cualificacións emitidas por cada un dos membros.
A cualificación poderá ser: a)Non presentado; b)Suspenso: de 1 a 4.9; c) Aprobado: de 5 a 6.9; d) Notable: de 7 a 8.9; e) Sobresaliente: de 9 a 10
A mención de «matrícula de honra» poderá ser outorgada en caso de que os membros do tribunal estean de acordo na súa concesión por unanimidade. Convocatoria adiantada.
Rexirase segundo o documento marco vixente.
"A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC (https://www.udc.es/es/normativa/academica/).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
As propostas pola dirección académica do Traballo de Fin de Mestrado. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
La entrega de los trabajos se realizará telemáticamente, a través de moodle
y, si no es posible, no deben de utilizarse plásticos, elegir la impresión a
doble cara, emplear papel reciclado y evitar imprimir borradores. Debe
hacerse un uso sostenible de los
recursos y la prevención de impactos negativos sobre el medio natural y
tener en cuenta la importancia de los principios éticos relacionados con
los valores de la sostenibilidad en los comportamientos personales y
profesionales. Según se recoge en las distintas normativas de aplicación para la
docencia universitaria se deberá incorporar la perspectiva de género (se usará lenguaje no sexista, se utilizará bibliografía de autores de
ambos sexos, se propiciará la intervención en clase de alumnos y alumnas…) |
|