Competencias / Resultados do título |
Código

Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Concebir a innovación educativa como unha actitude profesional imprescindible para respostar ás esixencias formativas ante o reto da crise ecosocial e a pandemia e aplicar a "sustancia espiritual" das tecnoloxías dixitais o ensino. |
AP3 AP8 AP9 AP20 AP21 AP26 AP33 AP34

CM3 CM4 CM6 CM8

Asociar a innovación con a investigación permanente para incorporar os retos que teñe a humanidade e o noso planeta dende a xusticia social global: o cambio climático e a pandemia, o xiro dixital, a brecha de participación e a democratización do coñecemento, a igualdade de xénero, a diversidade e a interculturalidade. |
AP3 AP8 AP9 AP20 AP21 AP26 AP33 AP34

CM3 CM4 CM6 CM8

Comprender que a innovacióntrascende a especificidade de cada área de coñecemento e busca superar as tradicionais barreiras entre profesorado, profesorado e alumnado, entre centro educativo e comunidade e entre a “escola” e a vida |
AP3 AP8 AP9 AP20 AP21 AP26 AP33 AP34

CM3 CM4 CM6 CM8

Contidos |
Temas |
Subtemas |
Núcleo 1: Innovación educativa e pedagoxias dos coidados para encarar a crise ecosocial global e a pandemia |
Innovación educativa, cidadanía innovadora e conciencia global
Innovación educativa, brecha de participación, desigualdade invisible e crise ecosocial global
Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e Dereitos Humanos
Xustiza social global, pedagoxías ecofeministas e decolonialistas

Núcleo 2: Innovación educativa para establecer vínculos e promover a reciprocidade profunda |
A sustancia espiritual das tecnoloxías dixitais na educación secundaria, as pedagoxías dixitais e a cultura da converxencia.
Profesorado e alumnado como coinvestigadores, o profesorado e a colaboración entre colegas, o traballo en rede (escola/comunidade local/comunidades globais), o currículo integrado e a cultura transversal, a aula sen muros e a escola de espazos abertos (a organización).
Escola e vida no planeta

Núcleo 3: A innovación educativa en acción |
Proxectos e experiencias de innovación con aprendizaje basado en proxectos (ABP)
Proxectos e experiencias de innovacción dentro das comunidades de aprendizaxe
Proxectos e experiencias de innovación dende os ecofeminismos e o decolonialismo |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A3 A8 A21 A34 C3 C4 |
1 |
1 |
2 |
Análise de fontes documentais |
C4 C6 C8 |
2 |
6 |
8 |
Aprendizaxe colaborativa |
A9 A20 A26 C6 |
4 |
10 |
14 |
Presentación oral |
A3 A33 A34 C3 C4 |
2 |
2 |
4 |
Traballos tutelados |
A3 A8 A9 A20 A21 A26 A33 A34 C3 C4 C6 C8 |
5 |
15 |
20 |

Atención personalizada |

2 |
0 |
2 |

*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Presentación da materia, introdución das fontes de información, descrición das tarefas e os requerimentos de avaliación. Coñecemento dos intereses do estudantado con respecto á innovación.

Análise de fontes documentais |
Presentación dos documentos en múltiples formatos e comprensión e análise dos seus contidos. |
Aprendizaxe colaborativa |
Traballo en pequeno grupo e posta en común para contrastar puntos de vista sobre a información extraída das fontes documentais e realización do resumo analítico a ter en conta no deseño da proposta de innovación. |
Presentación oral |
Realización na clase dunha das actividades que forman parte da proposta de innovación elaborada no traballo tutelado con participación obrigatoria de todo o alumnado, tanto na presentación da experiencia de cada grupo como na recepción do resto das experiencias. |
Traballos tutelados |
Traballo en grupo que implica o deseño dunha proposta de innovación semellante á da modalidade de proxecto integrado do Traballo de Fin de Mestrado. Terá unha parte de realización en equipa e outra individual. A estrutura do traballo así como os criterios de avaluación específicos serán presentados na clase. |
Atención personalizada |
Metodoloxías

Traballos tutelados |

Descrición |
Sesións de seguimento na clase e en titorías para apoiar o traballo tutelado que consiste no deseño dunha proposta de innovación que se asemella a un proxecto integrado (modalidade do TFM).
O alumnado de matrícula parcial e/ou con dispensa académica realizará os traballos e tarefas de forma individual, con entregas nas datas marcadas polo docente, e terá atención personalizada no horario de titorías, para aclarar dúbidas sobre os traballos e tamén sobre o marco teórico e práctico da materia. |

Avaliación |
Metodoloxías

Competencias / Resultados |
Descrición

Cualificación

Traballos tutelados |
A3 A8 A9 A20 A21 A26 A33 A34 C3 C4 C6 C8 |
Realización de todas as actividades implicadas no deseño dunha proposta de innovación de xeito grupal. A estrutura do traballo será presentada na clase asé como criterios de avaliación específicos. |
70 |
Presentación oral |
A3 A33 A34 C3 C4 |
Realización na clase dunha das tarefas que forman parte da proposta de innovación elaborada no traballo tutelado, con participación obligatoria de todo o alumnado tanto na presentación da experiencia de cada grupo como no desenvolvemento do resto das experiencias.
No caso de non ter acadada a asistencia requirida pactarase co profesorado unha data para a presentación por medios telemáticos. |
30 |

Observacións avaliación |
Convocatoria de xullo Rexirase polos mesmos criterios que a 1ª oportunidade. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC (https://www.udc.es/es/normativa/academica/). Integridade académica: Os contidos incluídos no traballo deben estar apropiadamente referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias usando as normas APA 7ª edición. O texto literal debe declararse usando as normas APA 7ª edición. No parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran. A presenza de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade que é requisito imprescindible para demostrar excelencia académica. Recoméndase consultar www.suagm.edu/umet/biblioteca/pdf/guiarevmarzo2012APA6 taEd.pdf http://www.ugr.es/plaxio_ hum/0401 Prevencion. htm Política antiplagio: As citas e referencias a calquera tipo de texto deben declararse, o uso de texto literal ou ideas doutros autores ou autoras parafraseadas sen declarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 dá normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013, na que se indica que “ na realización de traballos, ou plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa dá súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade". Recoméndase consultar: http://www.ugr.es/plaxio_ hum/ http://blogbibliotecas.mecd.gob.es/2015/01/22/plaxio- academico/ Segundo o artigo 11, apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, no caso de plaxio: O alumnado terá a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. Composición grupo e traballo individual: Ao longo da realización do traballo e nas diversas convocatorias de avaliación pode haber variacións na composición dos grupos e no número de persoas que os compoñen segundo criterio do profesorado. Excepcionalmente pode decidirse a realización individual do traballo. Asistencia: A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. A cualificación final será a nota do traballo. Se o alumno/a non alcanza o 80% de asistencia non se avaliará o traballo realizado ao longo do curso e a cualificación será de non presentado. O alumnado que na primeira oportunidade obtivese unha nota inferior a 5 deberá repetir o traballo. Se non alcanzou a porcentaxe de asistencia esixido deberá realizar un exame práctico ou elaborar un traballo de acordo co profesorado. Neste segundo caso, a cualificación final será a media ponderada das notas obtidas, debendo obter en cada parte un aprobado (5). Dispensa académica de exención de asistencia Segundo o establecido na " NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA" (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017): 1. Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento. 2. Terán que realizar todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e entregalos nas datas establecidas polo docente. 3. A cualificación será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante o curso e da nota da proba realizada na data do calendario oficial de exames, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeira oportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas (actividades/traballos e/ou proba). Linguaxe non discriminatoria É obrigatorio o uso dunha linguaxe correcta, respectuoso e inclusivo, evitando termos discriminatorios relativos ao xénero, a etnia, a procedencia social, a diversidade funcional, a orientación sexual, etc. O non cumprimento deste requisito carrexará consecuencias negativas na nota de ata un punto menos. Transversalidade de xénero e interculturalidad É altamente recomendable a inclusión da perspectiva de xénero e a interculturalidade na proposta de innovación. Oportunidade adiantada: os mimos criterios e actividades de avaliación que o anterior.

Fontes de información |
Bibliografía básica

Rudduck, Jean y Flutter, Julia (2007). Como mejorar tu centro dando la voz al alumnadoando la voz. Madrid: Morata
Prácticas Innovadoras INTEF (). Difundiendo buenas prácticas. http://recursostic.educacion.es/heda/web/es/practicas-innovadoras/difundiendo-buenas-practicas
Hargreaves, Andy y Fink, Dean (2008). El liderazgo sostenible. Madrid: Morata
Rodríguez Romero, Mar (2012). El profesorado en la galaxia digital. Cómo combinar la concentración constructiva con la participación en el mundo.. Teoría de la Educación: Educación y Cultura en la Sociedad de la Información, 13 (2), 220-245.
Rodríguez Romero, Mar (2012). El profesorado en la galaxia digital: como combinar la concentración constructiva con la participación en el mundo. TESI. vol 13, No 2
Eurypedia (). Enciclopedia de los sistemas educativos europeos elaborada por la Red Eurydice. https://webgate.ec.europa.eu/fpfis/mwikis/eurydice/index.php/Main_Page
Ayers, William y Alexander-Tanner, Ryan (2013). Enseñar, un viaje en cómic . Madrid: Morata
Susinos, Teresa (2009). Escuchar para compartir. Reconociendo la autoridad del alumnado en el proyecto de una escuela inclusiva.. Revista de Educación, 349, 119-136.
Wrigley, Terry (2008). Escuelas para la esperanza. Madrid: Morata
Connell, Raewyn (1997). Escuelas y justicia social.. Madrid: Morata
Soler Campo, Sandra e Saneleuterio, Elia (2020). Estereotipos de género en los filmes animados: una propuesta de investigación e innovación coeducativa en Secundaria. Actas CIVINEDU 2020, 4th International Virtual. https://d1wqtxts1xzle7.cloudfront.net/65765744/CIVIN
Hargreaves, Andy y Fink, Dean (2006). Estrategias de cambio y mejora en la educación caracterizadas por su relevancia, difusión y continuidad en el tiempo. Revista de Educación, 339(2006), pp.43-58
Emakunde (2015). Guía para la incorporación de la perspectiva de género en el curriculum y en la actividad docente de las enseñanzas de régimen especial y de Formación Profesional.. Victoria: Servicio de Publicaciones del País Vasco
Area Moreira, Manuel (2006). Hablemos más de métodos de enseñanza y menos de máquinas digitales: los proyectos de trabajo.. Monográfico “La investigación escolar salta a la Red”, 79, 26-32.
Zubiria-Ferriols, Edurne; Vallet-Bellmunt, Ilu; Bel Oms, Inmaculada (et. al.) (2020). III Jornadas de Innovación Educativa: DIMEU: Herramientas software en educación secundaria y universidad. Publicacions de la Universitat Jaume I
Eurydice Network (). information on and analyses of European education systems and policies. http://eacea.ec.europa.eu/education/eurydice/index_en.php
Abellán Toledo, Yolanda e Herrada Valverde, Rosario Isabel (2016). Innovación educativa y metodologías activas en educación secundaria: la perspectiva de los docentes de lengua castellana y literatura. Revista Fuentes, 18(1), 65-76, http://dx.doi.org/10.12795/revistafuentes.2016.i18.04
Salinas Ibáñez, Jesús (2008). Innovación educativa y uso de las TIC. Universidad Internacional de Andalucía
Chomsky, Noam (2007). La (des)educación.. Barcelona: Crítica
Johnson,David W. (2014). La evaluación en el aprendizaje cooperativo: cómo mejorar la evaluación individual a través del grupo. . Madrid: Editorial SM
Beane, James A. (2005). La integración del currículo: el diseño del núcleo de la educación democrática. Madrid: Morata
Torres Santomé, Jurjo (2011). La justicia curricular. El caballo de Troya de la cultura escolar.. Madrid: Morata
Sánchez Asín, Antonio et al. (2009). La sociedad del conocimiento y las TIC: una inmejorable oportunidad para el cambio docente. Pixel-Bit. Revista de Medios y Educación, nº34, pp.179-204
Rodríguez Romero, Mar (2003). Las metamorfosis del cambio eductivo. Madrid: Akal
Edutopia (). Library of videos showcasing innovation and evidence-based learning practices in K-12 schools. http://www.edutopia.org/videos
Lankshear, Colin y Knobel, Michele (2008). Nuevos alfabetismos. Su práctica cotidiana y el aprendizaje en el aula. Madrid: Morata
Martín García, Xus (2016). Proyectos con alma. Trabajo por proyectos con servicio a la comunidad.. Barcelona: Editorial Grao
Elisabeth F. Barkley, D. Patricia Cross (2013). Técnicas de aprendizaje colaborativo.. Madrid: Editorial Morata
Hargreaves, Andy, Earl, Lorna, Ryan, Jim (1998). Una educación para el cambio. Barcelona:Octaedro
Ramírez-Ramírez, Leticia N. ; Claudio-Martínez , César ; Ramírez-Arias, Valeria (2020). Usabilidad de las TIC en la Enseñanza Secundaria. Revista Científica Hallazgos21, Vol. 5, Nº. 1, 85-101 |
Proporcionarase bibliografía complementaria en función das necesidades e intereses do alumnado, así como a necesaria para o desenvolvemento dos traballos tutelados en función das temáticas abordadas. |
Bibliografía complementaria

Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |

Materias que se recomenda cursar simultaneamente |

Materias que continúan o temario |

Observacións |

Dispoñibilidade dun dispositivo dixital con conexión a wifi e o uso de Teams.

Recoméndase o envío dos trabajos telemáticamente e non utilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Facer un uso sostible dos recursos e da prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

Ter en contaos principios éticos relacionados coa sostibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

A participación na materia de innovación pretende crear unha situación de doble innovación facendo que os estudantes experimenten o traballo por proxectos e deseñen unha proposta de innovación apoiada no aprendizaxe basada en proxectos para o que se terán en conta os seguintes principios de procedemento:

a. Adaptación dos contidos a problemas reais da práctica da Educación Secundaria.

b. Desenvolvemento das competencias dixitais docentes

c. Produción de un banco de recursos e experiencias por parte do alumnado facendo uso de recursos dixitais.

d. Aplicación de categorías de reflexión e clasificación que podan ser usadas polo alumnado na descrición e análise de experiencias, estudos de caso, materiais, ferramentas, documentos.

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe inclusiva, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos, actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.