Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Deseño. planificación e avaliación de propostas didácticas de tecnoloxía na educación secundaria Código 652602222
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Paz Villasenín, Carlos Isolino de
Correo electrónico
c.de.paz@udc.es
Profesorado
Paz Villasenín, Carlos Isolino de
Correo electrónico
c.de.paz@udc.es
Web http://http://https://www.educacion.udc.es/mestrados/secundaria/
Descrición xeral Esta materia ten un carácter integral no sentido de que integra as aprendizaxes desenvolvidas nos módulos de Tecnoloxía para o profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Tecnoloxía para o profesorado de Bacharelato e Didáctica da Tecnoloxía na Educación Secundaria.
Durante o desenvolvemento desta materia achegarase ao alumando ás estratexias de deseño e planificación de unidades de traballo, así coma de avaliación das mesmas, para buscar a mellora continua do proceso de ensino-aprendizaxe. Ao mesmo tempo, aproximarase á dinámica dos métodos de traballo, afondarase no currículo oficial das distintas materias que integran a especialidade, ademais de traballar con recursos didácticos e técnicos propios das áreas tecnolóxicas, buscando métodos de organización racional destes dentro da aula-taller.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Propoñer e elaborar propostas de intervención na aula para os distintos niveis e materias, transformando os currículos vixentes en programacións de actividades de traballo. AP20
AP22
AP25
AP27
CM3
CM7
Coñecer e valorar a importancia de todos os elementos curriculares que deben formar parte da programación do departamento de Tecnoloxía. CM7
Valorar a importancia dos contidos procedimentais dentro da área de Tecnoloxía e reflectilo na proposta de unidades de traballo. CM3
CM7
Aplicar metodoloxías diversas no deseño de unidades didácticas, afastándose do modelo tradicional e de profesor transmisor de coñecementos, e buscando que o alumnado sexa o construtor do seu propio aprendizaxe. AP20
AP23
AP27
CM3
CM7
Integrar significativamente o uso das novas tecnoloxías no deseño das unidades didácticas, empregando novas metodoloxías que convirtan ao alumnado en construtor do seu propio coñecemento, de xeito que se poda falar de TAC e non só de TIC. AP20
AP23
CM3
CM7
Coñecer estratexias e procedementos de avaliación, entendendo a avaliación coma un proceso integrado no propio proceso de E-A, buscando a avaliación do proceso e non do resultado e integrala de xeito continuada nas propostas de traballo na aula. AP20
CM7

Contidos
Temas Subtemas
O currículo oficial ESO
Bacharelato
Análise de propostas didácticas xa elaboradas a selección de contidos
a formulación e secuencia de obxectivos
a metodoloxía de ensino aprendizaxe
o deseño de actividades
as estratexias de avaliación
Propostas didácticas para o ensino da Tecnoloxía. Deseño
Planificación
Avaliación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A20 A22 A27 1 0 1
Sesión maxistral A20 A25 A27 3.5 7 10.5
Lecturas A25 A27 C7 1 3 4
Estudo de casos A20 A23 A25 A27 C7 3.5 3.5 7
Prácticas de laboratorio A20 A22 A23 A25 A27 C3 5 0 5
Aprendizaxe colaborativa A20 A22 A23 A25 A27 C3 C7 13 57 70
Proba mixta A20 A22 A25 A27 1 1 2
 
Atención personalizada 0.5 0 0.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo na aula antes de iniciar o proceso de E-A para coñecer as ideas previas, intereses e motivación do alumnado de cara á materia. Con elas preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado.
Sesión maxistral Exposición dos contidos da materia por parte do persoal docente, buscando ao mesmo tempo a participación activa do alumnado a través do diálogo con este.
Lecturas Lectura de bibliografía e materiais didácticos sobre contidos da materia.
Estudo de casos Os estudantes enfrontan a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de debate e procura de consenso.
Prácticas de laboratorio Traballo a realizar no laboratorio ou na aula sobre aspectos concretos da materia de Tecnoloxía, seguindo guions e utilizando recursos e materiais habituais nos centros de ensino de secundaria.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Proba mixta Proba escrita individual que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. En canto ás primeiras, recolle preguntas abertas de desenvolvemento; as segundas, poden combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Lecturas
Estudo de casos
Descrición
Todo o alumnado (con e sen dispensa) poderá resolver dúbidas relacionadas coa materia a través de titorías previamente solicitadas, sendo a vía de contacto obrigada a plataforma TEAMS. As titorías poden ser presenciais (no despacho) ou a través da mesma plataforma TEAMS.

Por outra banda, o alumnado con dispensa académica realizará de forma individual tódalas actividades da materia con entregas, nas datas marcadas polo persoal docente da materia. Ademais, terán que realizar unha serie de actividades adicionais, a entregar dentro dos prazos establecidas a tal fin.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC (https://www.udc.es/es/normativa/academica/).

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A20 A22 A25 A27 Proba escrita individual na que se avaliará os coñecementos adquiridos ao longo da materia, incidindo nos distintos elementos curriculares e a súa concreción en propostas de ensino-aprendizaxe.

Tal e como se recolle nas “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario”:
1. “Se durante a realización dunha proba de avaliación os profesores responsables teñen coñecemento da quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual tales como o uso de documentos ou instrumentos non permitidos, a copia ou intento de copia dos resultados obtidos por compañeiros, a comunicación entre estudantes ou un comportamento impropio, procederase á expulsión inmediata do estudante da proba de avaliación e redactarase unha acta cos motivos, que se enviará ao decano ou director xunto coas verificacións documentais que estime oportunas para a súa valoración. Todo, sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese proceder de acordo coa cualificación da falta cometida polo alumno infractor.”.
2. “Queda prohibido o acceso á realización das probas de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non expresamente autorizados polo profesorado responsable, o cal será causa suficiente de expulsión da proba, logo de redactar a acta correspondente que se enviará ao centro.”
3. “A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia.”
30
Aprendizaxe colaborativa A20 A22 A23 A25 A27 C3 C7 O cómputo das actividades realizadas baixo a metodoloxía de aprendizaxe colaborativa consistirá nun proceso de coavaliación sobre unha ou máis actividades desenvolvidas individualmente ou en pequeno grupo. Logo da realización de cada unha delas, os estudantes realizarán unha coavaliación que pode consistir en:
1. cando os traballos son individuais, realizar, tamén de xeito individual, a avaliación de cando menos 4 entregas doutros tantos estudantes.
2. cando as entregas son grupais, realizar a avaliación de desempeño do resto de integrantes do equipo de traballo.
Os requisitos mínimos para obter unha cualificación positiva son:
- Contemplar significativamente os apartados especificados polo persoal docente da materia.
- Integrar significativamente as TIC.
- Integrar significativamente a Educación Ambiental (sustentabilidade).
- Entregar o prototipo ao persoal docente da materia na aula, o día da exposición oral.
- Empregar o currículo vixente.
- Cumprir coa extensión e formato especificados polo persoal docente da materia.
- Ser entregado no prazo establecido a través do Campus Virtual.
- Contemplar significativamente a presenza de traballos científicos, coa súa correspondente citación, xa que é un signo de credibilidade e requisito para demostrar a excelencia académica. Recoméndase consultar: https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/
- As referencias bibliográficas empregadas deben estar referenciadas apropiadamente en formato APA, última edición. Tense que evitar o plaxio. As citas e as referencias a calquera texto deben declararse, xa que o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14. 4. das “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario”: “Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.”
A entrega fora de prazo suporá a avaliación do mesmo na segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria).
70
 
Observacións avaliación

A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. Se o estudante
non acada o 80% de asistencia, será avaliado coma se fose alumnado con
recoñecemento de dispensa académica.



ALUMNADO QUE ASISTE A MÁIS DO 80% DAS AULAS. Na primeira oportunidade
(convocatoria ordinaria) a cualificación final será a media ponderada das notas
das distintas actividades da materia (solución de problemas: 20%, traballo
tutelado: 50%, e proba mixta: 30%), debendo obter en cada unha das partes un
aprobado (5 ou superior sobre 10). Se non se cumpre coa entrega das actividades na data sinalada, considerarase como “non presentado” na primeira oportunidade (convocatoria
ordinaria). Cando algunha das partes da materia (solución de problemas, traballo
tutelado, ou proba mixta) acaden a cualificación de suspenso, a cualificación
da materia será de suspenso, sendo a cualificación final a nota da actividade
suspensa máis alta. Nótese que a proba mixta é individual, escrita e presencial,
tendo lugar na data oficial do calendario académico.

O alumnado que na primeira oportunidade
(convocatoria ordinaria) non obtivese unha cualificación final positiva (5 ou
superior sobre 10) ou non se tivera presentado, na segunda oportunidade
(convocatoria extraordinaria) realizará de novo a proba mixta na data oficial
do calendario académico. Ademais, o alumnado realizará de novo as actividades que
na primeira oportunidade obtiveran unha cualificación de suspenso ou non se
presentaran. Deste xeito, a cualificación final da segunda oportunidade
(convocatoria extraordinaria) será a media ponderada das notas das distintas
actividades da materia (solución de problemas: 20%, traballo tutelado: 50%, e
proba mixta: 30%), debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 ou
superior sobre 10).

 


ALUMNADO CON RECOÑECEMENTO DE DISPENSA ACADÉMICA. Segundo o establecido
na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a
progresión dos estudantes de Grao e Máster Universitario na Universidade da
Coruña”:

 -      Deberá poñelo en coñecemento do persoal
docente na primeira semana de aulas, ou, se isto non fora posible, nun prazo
non superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento. 

 -       Terá que realizar de
forma individual todas as actividades da materia propostas ao longo do curso, e
entregalas nas datas establecidas polo persoal docente, debendo obter en cada
unha das partes un aprobado (5 ou superior sobre 10). Ademais, tal e como se
especificou no apartado de “atención personalizada”, terá que realizar unha
serie de actividades extra deseñadas polo persoal docente da materia, que debe
entregar nas datas establecidas por este, debendo obter en cada unha das mesmas
a cualificación de “apto”. Se non se cumpre coa entrega das actividades (incluídas
as actividades extra) na data sinalada, considerarase como “non presentado” na
primeira oportunidade (convocatoria ordinaria).

 -       Para a cualificación da
materia na primeira oportunidade (convocatoria ordinaria), a cualificación
final será a media ponderada das notas das distintas actividades da materia
(solución de problemas: 20%, traballo tutelado: 50%, proba mixta: 30%,
actividades extra), debendo obter en cada unha das partes un
aprobado/"apto" (5 ou superior sobre 10). Cando algunha das partes da
materia (solución de problemas, traballo tutelado, proba mixta, actividades
extra) acaden a cualificación de suspenso/”non apto”, a cualificación da
materia será de suspenso, sendo a cualificación final a nota da actividade
suspensa máis alta. Nótese que a proba mixta é individual, escrita e
presencial, tendo lugar na data oficial do calendario académico.

 -    Na segunda oportunidade
(convocatoria extraordinaria), o alumnado realizará de novo as actividades que
na primeira oportunidade obtiveran unha cualificación de suspenso/“non apto” ou
non se presentaran (solución de problemas, traballo tutelado, proba mixta,
actividades extra). Deste xeito, a cualificación final da segunda oportunidade
(convocatoria extraordinaria) será a media ponderada das notas das actividades
da materia (solución de problemas: 20%, traballo tutelado: 50%, proba mixta:
30%, actividades extra), debendo obter en cada unha das partes un un
aprobado/"apto" (5 ou superior sobre 10). Cando algunha das partes da
materia (solución de problemas, traballo tutelado, proba mixta, actividades
extra) acade a cualificación de suspenso/ “non apto”, a cualificación da
materia será de suspenso, sendo a cualificación final a nota da actividade
suspensa máis alta. Nótese que a proba mixta é individual, escrita e
presencial, tendo lugar na data oficial do calendario académico.


Fontes de información
Bibliografía básica

Baigorri López, J. (Coord.). (1997). Enseñar y aprender Tecnología en la Eduación Secundaria. ICE/HORSORI.

Cervera, D. (Coord.). (2010). Didáctica de la Tecnología. Graó.

Cervera, D. (Coord.). (2010). Tecnología. Complementos de formación disciplinar. Graó.

Cervera, D. (Coord.) (2010). Tecnología. Investigación, innovación y buenas prácticas. Graó.

Driver, R. (1986). Psicología cognoscitiva y esquemas conceptuales de los alumnos. Enseñanza de las Ciencias, 4(1), 3-15.

Driver, R., Guesne, E. Y Tiberghien, A. (1992). Ideas científicas en la infancia y la adolescencia. Ediciones Morata.

Gómez Gilaberte, A., Parramón Ponz, E. y Sánchez-Seco Peña, C. (2017). Tecnología, programación y robótica: proyectos tecnológicos. Editorial Donostiarra.

López Cubino, R. (1998). La evaluación en el área de Tecnología. Educación Secundaria Obligatoria. Amarú.

Martínez de Carvajal Hedrich, E. (2015). 50 proyectos tecnológicos: robótica e impresión 3D. EMCH Techbooks.

Martínez de Carvajal Hedrich, E. (2019). 150 proyectos con LEGO Mindstorms : tecnología, instrumentación, robótica. Editorial Ernesto Martínez de Carvajal Hedrich.

Mayer, R.E. (2020). Aplicando la ciencia del aprendizaje. Graó.

Mora, F. (2013). Neuroeducación. Solo se puede aprender aquello que se ama. Alianza Editorial.

Ruiz Martín, H. (2020). ¿Cómo aprendemos? Una aproximación científica al aprendizaje y la enseñanza. Graó.

Ruiz Martín, H. (2020). Conoce tu cerebro para aprender a aprender. Editorial ISTF.

Salinas, D. (2002). ¡Mañana examen! La evaluación. entre la teoría y la realidad. Graó.

Sánchez Rivas, E., Colomo Magaña, E. y Ruiz Palmero, J. (2020). Tecnologías de la información y la comunicación en contextos educativos. Síntesis.

Sanmartí, N. (2002). Didáctica de las Ciencias en la Educación Secundaria Obligatoria. Ministerio de Educación y Ciencia.

Sanmartí, N. (2007). 10 ideas clave: evaluar para aprender. Graó.

Sanmartí Puig, N. y Márquez Bargalló, C. (2017). Aprendizaje de las ciencias basado en proyectos: del contexto a la acción. Ápice. Revista de Educación Científica, 1(1), 3-16.

Sanmartí, N. (2021). Evaluar y aprender: un único proceso. Octaedro.

Varela Nieto, M.P., Pérez de Landazábal, M. C., Manrique, M. J. Y Favieres, A. (2000). Electricidad y magnetismo. Síntesis.

Vázquez Alonso, A. y Alarcón Zamora, M.A. (2010). Didáctica de la Tecnología. Síntesis.

Bibliografía complementaria

Arboledas et al. (2016). Tecnología. Programación y robótica. 2º ESO. SM.

Armada Simancas et al. (2015a). Tecnología: Electricidad. ESO: Serie construye. Santillana.

Armada Simancas et al. (2015b). Tecnología: Electrónica. ESO: Serie construye. Santillana.

Armada Simancas et al. (2015c). Tecnología: el trabajo en Tecnología. ESO: Serie construye. Santillana.

Armada Simancas et al. (2015d). Tecnología: Materiales I. ESO: Serie construye. Santillana.

Armada Simancas et al. (2015e). Tecnología: Materiales II. ESO: Serie construye. Santillana.

Armada Simancas et al. (2015f). Tecnología: Mecánica. ESO: Serie construye. Santillana.

Bláquez Merino et al. (2020). Tecnología, programación y robótica. 3º ESO. Anaya.

Cabanes et al. (2021). Tecnologías de la información y la comunicación. 2º Bachillerato. Anaya.

Cedenilla Magán et al. (2022a). Tecnología y Digitalización A. ESO. McGraw Hill.

Cedenilla Magán et al. (2022b). Tecnología y Digitalización B. ESO. McGraw Hill.

Gómez Gilaberte et al. (2016a). Tecnologías de la información y la comunicación II. 2º Bachillerato. Editorial Donostiarra.

Gómez Gilaberte et al. (2017b). Tecnología, programación y robótica, 3º ESO. Editorial Donostiarra.

Gómez Gilaberte et al. (2022c).Tecnología y Digitalización I - Proyecto STAR. Editorial Donostiarra.

Gómez Gilaberte et al. (2022d).Tecnología e Ingeniería I. 1º Bachillerato. Editorial Donostiarra.

Gómez Gilaberte et al. (2023e).Tecnología y Digitalización II - Proyecto STAR. Editorial Donostiarra.

Gómez Gilaberte et al. (2023f).Tecnología 4ºESO - Proyecto STAR. Editorial Donostiarra.

Gómez Gilaberte et al. (2023g).Tecnología e Ingeniería II. 2º Bachillerato. Editorial Donostiarra.

Heras Iraola (2017). Tecnología Industrial I. 1º Bachillerato. McGraw-Hill Educación.

Huerta, R. (2020). Arte, género y diseño en educación digital. Tirant Humanidades.

Lampero García et al. (2015a). Tecnología: programación, control y robótica. ESO: Serie construye. Santillana.

Lampero García et al. (2015b). Tecnología. Proyectos tecnológicos: diseño, impresión 3D, montaje y programación.

ESO: Serie construye. Santillana.

López Werner et al. (2015). Tecnología: Tecnologías de la Información. ESO: Serie construye. Santillana.

Moreno Márquez et al. (2017). Tecnología 2º ESO, Galicia. Oxford University Press.

Prieto Renieblas (2015). Tecnología: iniciación a la programación. ESO: Serie construye. Santillana.

Prieto Renieblas (2016). Tecnología. Serie construye. 4º ESO. Saber Hacer. Santillana.

Rodrigo Vigil et al (2016). Tecnología 4º ESO. Anaya.

Starlearn (2023). Robótica, Biónica y Domótica. Usando Arduino y Tinkercad. Ra-Ma.

Val Blasco (2017). Tecnología Industrial II. 2º Bachillerato. McGraw-Hill Educación.

VVAA. (2022a). Tecnología e Ingeniería. 1º Bachillerato. McGraw Hill.

VVAA. (2022b). Tecnología y Digitalización. Nivel I. Proyecto construyendo mundos. Santillana.

VVAA. (2023). Tecnología y Digitalización. Nivel II. Proyecto construyendo mundos. Santillana. 


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Tecnoloxía para profesorado de educación secundaria obrigatoria/652602211
Tecnoloxía para profesorado de bacharelato/652602212
Didáctica da tecnoloxía na educación secundaria/652602221
Didáctica. currículo e organización escolar/652602001

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Didáctica da tecnoloxía na educación secundaria/652602221
Proxectos de innovación e investigación educativa en tecnoloxía/652602E31

Materias que continúan o temario
Practicum/652602206
Traballo fin de Mestrado/652602207

Observacións

Recoméndase a asistencia ás aulas cun dispositivo electrónico persoal tipo computador portátil ou táblet.

As entregas de tarefas e traballos faranse sempre de xeito telemático a través do Campus Virtual.

Por outra banda, segundo se recolle nas distintas bases normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia incorpórase a igualdade de xénero, polo que o alumnado debe telo en conta á hora de realizar as distintas actividades da materia.

Ademais, dado que nesta materia as propostas educativas baséanse no DUA (Deseño Universal para a Aprendizaxe) para responder ante a diversidade de alumnado dende unha perspectiva inclusiva, deberase incorporar dito deseño nos distintos traballos/actividades que realice o alumnado.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías