Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A19 |
(CE-E5)Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes. |
A24 |
(CE-E10)Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo. |
A28 |
(CE-E14)Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación. |
A33 |
(CE-P2) Acreditar un bo dominio da expresión oral e escrita na práctica docente |
A35 |
(CE-P4) Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión sobre a práctica. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
O alumnado debe ser capaz de deseñar as fases do proceso de investigación educativa desde a formulación do problema ata a planificación do análise de datos ou da información. |
AP19 AP28 AP33
|
|
CM1 CM5 CM6 CM8
|
O alumnado debe ser capaz de desenvolver as accións implicadas nas fases de investigación educativa (recollida de datos, análise, obtención e discusión de resultados e conclusións). |
AP19 AP28 AP33 AP35
|
|
CM1 CM3 CM4 CM6
|
O alumnado deberá ser capaz de presentar un informe de investigación por escrito e, se é o caso, de forma oral e colaborativa. |
AP19 AP24 AP28 AP33
|
|
CM1 CM3 CM4 CM6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. A investigación avaliativa: O problema de investigación |
1.1. Plantexamiento do problema
1.2. As hipóteses de traballo e os obxectivos |
Tema 2. Metodoloxías e técnicas da investigación educativa |
2.1. A metodoloxía cuantitativa
2.2. A metodoloxía cualitativa
2.3. Técnicas de recollida de información |
Tema 3. Deseños de proxectos de investigación educativa |
3.1. Elaboración dun proxecto de investigación |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A19 A28 C6 C8 |
4 |
0 |
4 |
Aprendizaxe colaborativa |
A19 A24 A28 A33 A35 C1 C3 C4 C6 C8 |
6 |
18 |
24 |
Investigación (Proxecto de investigación) |
A19 A24 A28 A33 A35 C1 C3 C6 C8 |
3 |
14 |
17 |
Presentación oral |
A28 A33 A35 C1 C3 C5 |
1 |
2 |
3 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe dos contidos da materia |
Aprendizaxe colaborativa |
Baséase na organización da clase en grupos de 5-6 persoas para deseñar un proxecto de investigación educativa a partir dunha temática proposta polo grupo. El alumnado, polo tanto, traballará conxuntamente na resolución de tarefas encomendadas e supervisadas polo profesorado para optimizar a súa aprendizaxe |
Investigación (Proxecto de investigación) |
Proceso de ensinanza orientado á aprendizaxe do alumnado mediante a realización de actividades que requiran desenvolver os procesos relevantes como a recollida e análise de datos, a obtención e discusión dos resultados e a extracción de conclusións. |
Presentación oral |
Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal da investigación realizada. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Investigación (Proxecto de investigación) |
Aprendizaxe colaborativa |
|
Descrición |
A docente estará dispoñible, tanto na aula como nas titorías, para aclarar calquera tipo de dúbida.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Investigación (Proxecto de investigación) |
A19 A24 A28 A33 A35 C1 C3 C6 C8 |
O proxecto de investigación se desenvolverá nas fases que requiren un traballo de campo, como recollida e análise de datos, obtención e discusión de resultados e extracción de conclusións. Isto se incluirá nas actividades correspondentes do mesmo “Proxecto de investigación”. A cualificación será a mesma para todo o grupo. |
25 |
Aprendizaxe colaborativa |
A19 A24 A28 A33 A35 C1 C3 C4 C6 C8 |
Ao longo das sesións iranse desenvolvendo de forma teórica e práctica os diferentes apartados dun proxecto de investigación educativa centrado nunha temática seleccionada polo grupo de traballo. Isto se materializará nun informe escrito denominado “Proxecto de investigación” que incluirá as actividades demandadas e traballadas na aula. A cualificación será a mesma para todo o grupo. |
60 |
Presentación oral |
A28 A33 A35 C1 C3 C5 |
Se presentará, de forma oral e cos recursos adecuados, a investigación ante a profesora e demais compañeiros/as de aula. Nesta, poderanse facer preguntas sobre a información presentada. A cualificación será a mesma para todo o grupo. |
15 |
|
Observacións avaliación |
Atendendo ás Normasde Avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario, a materia aposta pola avaliación continua e as metodoloxías activas de aprendizaxe. Para superar a materia, o alumnado deberá acadar un 5 na cualificación global da mesma. O alumnado que durante o curso perda a condición de asistente (80% da presencialidade nassesións) terá que realizar as actividades restantes de forma individualizada edeberá estar pendente das actividades e das datas de entrega das mesmas. O alumnado con recoñecemento de dispensa académica deberá poñelo en coñecemento da docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento. Terá que realizar, individualmente, todas as actividades propostas ao longo do curso e entregalas nas datas establecidas. Ademais, deberá realizar unha proba presencial na data do exame. Se non se cumpre a entrega na data sinalada ou non se presenta o día do exame considerarase como Non presentado. A segunda oportunidade estará destinada ao alumnado que no superase a materia ou que non se presentase. - No primeiro caso (alumnado que non superou a materia na primeira oportunidade), realizará novamente as actividades de avaliación continua que non aprobou.
- No segundo caso (alumnado non presentado na primeira oportunidade) realizará todas as actividades de avaliación continua.
A oportunidade adiantada rexerase polo mesmo sistema de avaliación que o especificado na primeira e segunda oportunidade. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica” , “dedicación ao estudo” , “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixenteda UDC.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Carvajal Sánchez, J. (Coord.) (2012). Iniciación a la investigación. INICIEN
McMillan, J.H. y Schumacher, S. (2010). Investigación educativa (5ª ed.). . Pearson
Arana, F. (2014). Método experimental para principiantes. Fondo de Cultura Económica
Bisquerra Alzina, R. (2004). Metodología de la investigación educativa. La Muralla
Fernández C., Hernández, R. y Baptista P. (2006). Metodología en la investigación. Mcgraw Hill
Sánchez Huete, J.C. (2013). Métodos de investigación educativa. Punto Rojo Libros, S.L. |
|
Bibliografía complementaria
|
Kumar, R. (2014). Research methodology: A step-by-step guide for beginners . Nueva Delhi: APH Publishing Corporation
Kothary, C.R. (2006). Research methodology: Methods and techniques. Nueva Delhi: New Age International Publisher
Bryman, A. (2016). Social research methods. Nueva York: Oxford University Press. |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
A entrega de traballos da materia
realizarase de forma telemática. Débese facer un uso sostible dos recursos
e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos
principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos
comportamentos persoais e profesionais. Enténdese que o alumnado universitario ten
asumidas as capacidades lingüísticas en relación á expresión oral e escrita.
Por tanto, é primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía,
acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames
realizados como condición imprescindible para superar a materia. Se seguirán as recomendacións da Oficina
de Igualdade de Xénero "Segundo se recolle nas distintas
normativas de aplicación para a docencia universitaria incorporarase a
perspectiva de xénero (linguaxe non sexista, bibliografía de autores/as,
propiciarase a intervención en clase do alumnado...). Traballarase para
identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna
para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. |
|