Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer o valor formativo do ensino da Xeografía na Educación Secundaria e no Bacharelato. |
AP1 AP2 AP11
|
BP6 BP8 BP14
|
CP4 CP6 CP7 CP8
|
Adquirir as competencias necesarias para o ensino-aprendizaxe da Xeografía na Educación Secundaria e no Bacharelato. |
AP2 AP8 AP9 AP11 AP12 AP13
|
BP1 BP2 BP5 BP8 BP14
|
CP1 CP3 CP4 CP6 CP7 CP8
|
Coñecer os contidos de Xeografía presentes no currículo da Educación Secundaria e o Bacharelato. Analizar as metas educativas, a selección e organización dos contidos, as estratexias de ensino e aprendizaxe e os criterios e formas da avaliación. |
AP2 AP4 AP5 AP6 AP7 AP10
|
BP2 BP3 BP4 BP5 BP8
|
CP3 CP4 CP6 CP7 CP8
|
Coñecer as principais dificultades dos contidos xeográficos para o estudantado de Educación Secundaria e Bacharelato. |
AP3 AP4 AP5 AP10 AP13 AP14
|
BP1 BP2 BP5 BP10 BP14
|
|
Adquirir competencias para transferir á práctica os coñecementos teóricos e deseñar propostas didácticas innovadoras que melloren as prácticas de ensino e aprendizaxe da Xeografía no contexto educativo das etapas de Educación Secundaria e Bacharelato. |
AP4 AP5 AP6 AP7 AP8 AP13
|
BP1 BP6
|
CP3 CP4 CP6 CP7 CP8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. Introdución á didáctica da Xeografía.
|
- A Xeografía como disciplina escolar: eixos estructurantes.
- Finalidades do ensino da Xeografía e a educación para a cidadanía.
- Dificultades dos contidos xeográficos para os estudantes de Educación Secundaria e Bacharelato. |
Tema 2. Estratexias e recursos para o ensino-aprendizaxe da Xeografía.
|
- Selección, organización e secuenciación dos contidos xeográficos.
- Estratexias de ensino-aprendizaxe e a súa relación cos distintos modelos didácticos. Diferentes tipos de actividades.
- Recursos didácticos e experiencias de aprendizaxe no ensino da Xeografía. |
Tema 3. Elaboración de unidades didácticas de Xeografía para a Educación Secundaria e o Bacharelato.
|
- Criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
- A avaliación dos contidos xeográficos. Criterios e instrumentos de avaliación.
- Como realizar unidades didácticas de Xeografía.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A1 A2 A3 A10 B6 |
2 |
5 |
7 |
Análise de fontes documentais |
A2 A5 A7 A12 A14 B14 C4 |
3 |
8 |
11 |
Aprendizaxe colaborativa |
A1 A7 A8 A9 A14 B1 B2 B8 C1 C7 |
6 |
15 |
21 |
Sesión maxistral |
A9 B1 B3 B4 B5 C4 C6 |
21 |
10 |
31 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A11 A12 A13 A14 B3 B4 B5 B8 B10 B14 C3 C1 C4 C6 C7 C8 |
8 |
45 |
53 |
Presentación oral |
A9 A14 B8 C3 C1 C4 |
3 |
12 |
15 |
|
Atención personalizada |
|
12 |
0 |
12 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Antes de iniciar os temas do programa desenvolveranse actividades que permitan coñecer os saberes previos do alumnado respecto ás ciencias sociais, as competencias, intereses e motivacións que posúen para o logro dos obxectivos finais que queremos alcanzar nesta materia. |
Análise de fontes documentais |
Realizaranse actividades para o coñecemento de fontes documentais de ampla diversidade que acheguen información acerca de contidos e, sobre todo, recursos didácticos en relación co ensino-aprendizaxe das Ciencias Sociais. |
Aprendizaxe colaborativa |
Actividades que promovan o traballo en pequenos grupos: intercambio de información, discusións, postas en común e toma de decisións. |
Sesión maxistral |
As explicacións teóricas referiranse ós contidos básicos que forman a estructura de cada tema. A partir dos esquemas iniciais e co apoio de documentación específica, iranse desenvolvendo a parte teórica dos contidos conceptuais da materia mediante metodoloxía explicativa. |
Traballos tutelados |
A aprendizaxe de metodoloxías para a súa aplicación didáctica concretarase na elaboración dun estudo ou traballo acerca dalgunha das temáticas consideradas no ámbito das ciencias sociais. O alumnado seleccionará un tema, formulará os obxectivos, realizará unha xustificación, desenvolverá a metodoloxía idónea, resolverá o tema e/ou proposta e obterá as conclusións pertinentes. |
Presentación oral |
Os traballos de pequeno grupo serán obxecto de exposición na aula, xa que facilitan a adquisición das destrezas explicativas fundamentais para o desenvolvemento da profesión de mestres/as. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Aprendizaxe colaborativa |
Análise de fontes documentais |
Sesión maxistral |
Traballos tutelados |
Presentación oral |
|
Descrición |
Os traballos terán un seguimento personalizado para garantir o cumprimento dos obxectivos e prazos así como para resolver dúbidas.
O alumnado con dispensa académica realizará os traballos e tarefas de forma individual, con entregas nas datas marcadas polo docente, e terá atención personalizada no horario de titorías, para aclarar dúbidas sobre os traballos e tamén sobre o marco teórico e práctico da materia.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Aprendizaxe colaborativa |
A1 A7 A8 A9 A14 B1 B2 B8 C1 C7 |
Actividades que promovan o traballo en pequenos grupos: intercambio de información, discusións, postas en común, toma de decisións, comprensión do grupo como unha tarefa única. |
20 |
Análise de fontes documentais |
A2 A5 A7 A12 A14 B14 C4 |
Realización de análises e reflexións a partir de diversas fontes documentais. |
20 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A11 A12 A13 A14 B3 B4 B5 B8 B10 B14 C3 C1 C4 C6 C7 C8 |
Elaboración dun traballo en grupo acerca dalgunha das temáticas dentro do ámbito das ciencias sociais. O alumnado seleccionará un tema, formulará os obxectivos, realizará unha xustificación, desenvolverá a metodoloxía idónea, resolverá o tema e/ou proposta e obterá as conclusións pertinentes. |
40 |
Presentación oral |
A9 A14 B8 C3 C1 C4 |
Presentación dos traballos desenvolvidos na aula en pequenos grupos. |
20 |
|
Observacións avaliación |
- Na avaliación terase en conta a participación e dedicación á materia, tanto na aula como nas actividades realizadas fóra da mesma. - O
alumnado que non supere a avaliación continua a partir das metodoloxías
presentes na materia ou asista a menos do 80% das sesións terá que superar unha
proba obxectiva na primeira ou segunda oportunidade que terá un peso do 100% da
avaliación. - Na realización dos traballos o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da Internet ou intelixencia artificial, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento. Igualmente, será imprescindíbel a corrección lingüística á hora de dar por superados os devanditos traballos. - A realización fraudulenta das probas ou actividades deavaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación desuspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como nasegunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta deprimeira oportunidade, se fose necesario. Alumnado con recoñecemento de dispensa académica Segundo o establecido na " NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E APERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NAUNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017): 1. Deberá poñelo encoñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non foraposible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido orecoñecemento. 2. Terán que realizar,individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso eentregalos nas datas establecidas polo docente. Se nonse cumpre a entrega na data sinalada considerarase “Non presentado”. 3. A cualificación seráa media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante ocurso e da nota da proba realizada na data do calendario oficial de exames,debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para podersuperar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeiraoportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas(actividades/traballos e/ou proba). Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica” , “dedicación ao estudo” , “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.”
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Albert M.; Fuentes, C.; Gutiérrez, J. M.; Hernández Cardona, F. X; López Facal, R.; Miralles, P.; Molina, S.; Prats, J.; Rivero, P.; Santacana, J. (2011). Geografía y la historia. Investigación, innovación y buenas prácticas. Formación del profesorado. Educación secundaria, 8, Vol. 3. Barcelona: Editorial Graó. Batllori, R. y Casas, M. (2000). El conflicto y la diferenciación. Conceptos clave en la enseñanza de las ciencias sociales. Lleida: Editorial Milenio. García Pascual, F.; González Gallego, I.; López Facal, R.; Moradiellos, E.; Prats, J.; Prieto-Puga, R.; Valls, R. (2011). Geografía e historia. Complementos de formación disciplinar. Formación del profesorado. Educación secundaria, 8, Vol. 1. Barcelona: Editorial Graó. Grupo Ínsula Barataria (Coord.) Enseñar y aprender ciencias sociales. Algunas propuestas de modelos didácticos. Madrid: Mare Nostrum Ediciones Didácticas. Hernández, A. M. (Coord.) (2019). Estrategias y recursos didácticos para la enseñanza de las Ciencias Sociales. Madrid: Ediciones Pirámide. Prats, J.; Prieto-Puga, R.; Santacana, J.; Souto, X.; Trepat, C. A. (2011). Didáctica de la geografía y la historia. Formación del profesorado. Educación secundaria, 8, Vol. 2. Barcelona: Editorial Graó. Vázquez, E.; Sevillano, M. L.; Méndez M. A. (2011). Programar en Primaria y Secundaria. Madrid: Pearson Educación. |
Bibliografía complementaria
|
|
Segundo avance o curso, iranse proporcionando outras referencias máis específicas para complementar o traballo en clase. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Trátase dunha materia que se realizará, principalmente, cunha metodoloxía de participación activa, na que a propia dinámica do curso irá sinalando os centros de interese do alumnado e, en base a estes, iranse concretando temáticas e actividades a realizar. É por isto polo que a asistencia e participación, en todas e cada unha das actividades desenvolvidas no contexto da materia, será fundamental. A entrega dos traballos realizarase telemáticamente, na plataforma correspondente, se non é posible, non deben empregarse plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Debe facerse un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural e ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos personais e profesionais. Segundo se
recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria
deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non
sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a
intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas
e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e
igualdade. Deberanse
detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións
e medidas para corrixilas. |
|