Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A15 |
CE-E1)Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización. |
A16 |
(CE-E2)Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos. |
A17 |
(CE-E3)Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas. |
A18 |
(CE-E4)Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares |
A19 |
(CE-E5)Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes. |
A20 |
(CE-E6)Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo. |
A21 |
(CE-E7)Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos. |
A23 |
(CE-E9)Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe. |
A24 |
(CE-E10)Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo. |
A25 |
(CE-E11)Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Identificar as funcións e competencias do profesorado da especialidade de FOL no campo da orientación profesional e valorar a importancia e necesidade de formación neste ámbito |
AP15
|
|
CM7
|
Identificar as posibilidades de utilización das tecnoloxias dixitais na OP, incorporalas na programación das materias da especialidade e valorar a súa contribución a alfabetización dixital do alumnado
|
AP16 AP19 AP20
|
|
CM3
|
Analizar as funcións sociopolíticas da orientación profesional e reflexionar sobre as posibilidades e características dunha orientación profesional para a xustiza social. |
AP15 AP19
|
|
CM4
|
Identifica-los factores que interveñen na inserción laboral e analiza-la súa relación coas áreas de intervención. |
AP19
|
|
|
Analizar o desenvolvemento teórico da orientación profesional, describir e comprender os seus trazos conceptuais, as áreas, os principios e os modelos de intervención, e reflexionar sobre as súas implicacións para a práctica.
|
AP15 AP17 AP19
|
|
|
Analizar a influenza do xénero na toma de decisións académicas e profesionais e na inserción laboral e identificar os indicadores da desigualdade de xénero no sistema educativo e no mercado laboral. |
AP19
|
|
CM4
|
Comprender a necesidade de incorporar o enfoque de xénero na orientación profesional e deseñar propostas didácticas nas que se integre. |
AP18 AP20
|
|
|
Analizar o currículo das materias e módulos da especialidade de FOL tendo como criterios as características conceptuais da orientación profesional, as áreas e modelos de intervención. |
AP15 AP16
|
|
|
Deseñar, seleccionar e valorar programas e recursos didácticos para a orientación profesional |
AP15 AP16 AP17 AP18 AP19 AP20 AP21 AP23 AP24 AP25
|
|
CM1 CM3 CM6
|
Caracterizar a evolución e situación actual da orientación profesional no sistema educativo e no ámbito laboral, principalmente, no que fai ós aspectos organizativos, funcionais e profesionais. |
AP17
|
|
CM7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. A orientación profesional:campo de intervención do profesorado de FOL
|
1.1. A orientación profesional/laboral no currículo dos módulos e áreas que imparte o profesorado de FOL
1.2. A orientación profesional/laboral como función: as atribucións do profesorado de FOL nos departamentos de orientación e nos departamentos de información e orientación profesional.
1.3. A orientación profesional no temario de acceso á especialidade
1.4. Perfil profesional do/a orientador/a laboral |
Tema 2. Orientación profesional e orientación laboral
|
2.1 Delimitación, caracterización conceptual da orientación profesional e da orientación laboral e relacións entre ambas.
2.2.Ideas forza e claves da orientación profesional para a xustiza social. OP, obxectivos para o desenvolvemento sostible e educación para a cidadanía global.
2.3.Orientación profesional e empregabilidade. Relevancia das competencias blandas.
2.4. Áreas de intervención
2.5. Modelos de intervención
2.6. A orientación na avaliación, recoñecemento e acreditación de competencias |
Tema 3. Xénero e orientación profesional
|
3.1. Conceptos para comprender e explicar as desigualdades de xénero.
3.2. Xénero, proxecto profesional e inserción laboral. As barreiras de xénero
3.2. Radiografía das desigualdades de xénero no sistema educativo e no mercado laboral
3.3. A OP non discriminatoria na normativa e nos plans e estratexias para a igualdade entre homes e mulleres.
3.4. Orientación profesional con enfoque de xénero: conceptualización e pautas para a súa integración.
5.5. Programas e recursos para unha praxe orientadora con visión de xénero. |
Tema 4. Tecnoloxías dixitais en orientación profesional |
4.1. Conceptos básicos de partida
4.2. Ámbitos de utilización das TIC,TAC e TAP en OP
4.3. A Competencia dixital como obxectivo e contido da OP e
4.4. Boas prácticas na utilización das tecnoloxías dixitais en OP. |
Tema 5. Desenvolvemento e situación actual da orientación profesional e laboral no sistema educativo e no ámbito laboral
|
2.1. Principais fitos e tendencias no desenvolvemento da OP.
2.2. Organización e funcións da OP no sistema educativo.
2.3. Organización e funcións da OP no ámbito laboral
2.4. A orientación profesional nas políticas educativas e de emprego.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A15 C4 |
2 |
0 |
2 |
Análise de fontes documentais |
A17 A19 A25 C4 |
3 |
15 |
18 |
Sesión maxistral |
A15 A17 A19 |
5 |
0 |
5 |
Aprendizaxe colaborativa |
A16 A18 A20 A21 C3 |
4 |
8 |
12 |
Presentación oral |
C1 C3 |
4 |
2 |
6 |
Portafolios do alumno |
A15 A16 A17 A18 A19 C1 C4 C7 |
0 |
13 |
13 |
Prácticas a través de TIC |
C3 C6 |
1 |
2 |
3 |
Traballos tutelados |
A18 A19 A20 A21 A23 A24 A25 C3 C6 C7 |
9 |
31 |
40 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
As actividades iniciais teñen unha dupla finalidade:
a) que o alumnado tome conciencia dos seus coñecementos previos, de xeito que se convertan nun referente para a análise e reflexión do que precisan aprender e para facer balance das aprendizaxes construídas na materia.
b) A posta en común e resolución de dúbidas das cuestións formuladas sobre as temáticas previamente traballadas fora da aula e que forman parte da clase invertida.
|
Análise de fontes documentais |
As actividades de análise documental abordan distintas temáticas da materia:
a) Análise do currículo das materias da especialidade e de dous libros de texto
b) Análise de programas e actividades de orientación non sexista
c) Análise de documentos para afondar nas temáticas da fundamentación teórica do traballo tutelado.
d) Busca e análise de experiencias de utilización das TIC en orientación profesional |
Sesión maxistral |
O método expositivo utilízase para presentar, aclarar e sintetizar algunhas das temáticas que integran o programa da materia. Esta metodoloxía complementase coa análise documental destinado o afondamento dos temáticas. A sesión maxistral combínase coa clase invertida, deste xeito promovese o estudo autónomo do alumnado fóra da aula e a aprendizaxe colaborativa na aula.
|
Aprendizaxe colaborativa |
A aprendizaxe colaborativa é o principio que ha de rexir nas actividades grupais de análise de fontes documentais e nos traballos tutelados. É obxecto de auto-avaliación e co-avaliación e vai repercutir na cualificación de cada unha das persoas do grupo de traballo. |
Presentación oral |
Presentación grupal do traballo tutelado. A presentación vai ser avaliada polo resto do alumnado a partir dunha rúbrica, elaborada e consensuada co alumnado a partir de varias propostas proporcionadas pola profesora. |
Portafolios do alumno |
Consiste nun informe no que o alumnado da conta das aprendizaxes adquiridas, da súa aplicación no TFM e no período de prácticas e da relación existente co resto das materias do mestrado. O portafolios inclúe un mapa conceptual dixital dos contidos da materia e un glosario de termos. Tanto o portafolio como o mapa conceptual serán elaborados en formato dixital. |
Prácticas a través de TIC |
As practicas a través de TIC vincúlanse ao desenvolvemento de competencias dixitais docentes de dúasm áreas. En función do alcance das actividades poden realizarse de forma individual, por parellas ou en grupo de catro persoas. |
Traballos tutelados |
Consiste no deseño dunha unidade didáctica de orientación profesional para os módulos da especialidade ou para a titoría da formación profesional básica. O deseño desta proposta didáctica ten que valerse da aprendizaxe basada en proxectos e da utilización doutras metodoloxias participativas (gamificación, clase invertida, aprendizaxe colaborativa e clase ao revés). |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Presentación oral |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A atención personalizada adopta distintas modalidades: grupal, individual, obrigatoria e a demanda. A súa finalidade é apoiar e supervisar o proceso de aprendizaxe individual e grupal.
Para o traballo tutelado (TT) é obrigatoria a asistencia a tres titorías grupais. Na primeira, teñen que dar conta da planificación do traballo e da organización e funcionamento do grupo. Na segunda supervísanse as tarefas realizadas. As aulas interactivas tamén son un espazo para a supervisión e para orientación do TT e da presentación oral.
A última titoría realízase despois da entrega do traballo tutelado e ten como obxectivo proporcionar retroalimentación a partir dos criterios especificados na matriz de valoración.
As titorías poderán ser presenciais e en Teams. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Portafolios do alumno |
A15 A16 A17 A18 A19 C1 C4 C7 |
Consiste nun informe no que o alumnado reflexiona sobre o proceso de aprendizaxe, dá conta das aprendizaxes construídas e indica a súa aplicación
para a análise da situación da OP no centro de prácticas.
Os criterios de avaliación e cualificación concrétanse nunha matriz de valoración que se presenta o primeiro día de clase.
O portafolio preséntase en formato dixital, utilizando o artefacto de elección do alumno/a |
40 |
Presentación oral |
C1 C3 |
Presentación grupal do traballo tutelado. A cualificación desta tarefa é o resultado da co-avaliaciónv realizada a través dunha rúbrica, elaborada e consensuada polo alumnado. |
5 |
Prácticas a través de TIC |
C3 C6 |
Consiste na posta en práctica de competencias dixitais docentes de dúas áreas seleccionadas polo alumnado. Os criterios de avaliación serán especificos para cada unha das competencias dixitais escollidas. |
5 |
Traballos tutelados |
A18 A19 A20 A21 A23 A24 A25 C3 C6 C7 |
O resultado do traballo tutelado é o deseño dunha unidade didáctica de orientación profesional utilizando a aprendizaxe basada en proxectos. Os criterios de avalición e cualificación recóllense nunha rúbrica de entrada única que se presenta o primeiro día de clase.
A auto e a coavaliación utilízanse para valorar o funcionamento do grupo e
as achegas ao traballo grupal de cada un das persoas do grupo de traballo.
Unha vez cualificada a unidade didáctica, nunha sesión de titoría grupal obrigatoria, facilítase retroalimentación atendendo aos criterios de avaliación.
|
50 |
|
Observacións avaliación |
ASISTENCIA E SISTEMA DE AVALIACIÓN A asistencia ás aulas é obrigatoria. O alumnado con asistencia regular e que ocasionalmente non acuda a unha sesión deberá entregar as actividades realizadas na aula. A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas catro actividades de avaliación descritas. Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación no portafolio e no traballo tutelado e ter realizadas as dúas tarefas restantes. Cando non se realicen algunha das actividades que computan na avaliación, cualificación será non presentado. Na avaliación da segunda oportunidade deberán de recuperarse as actividades non superadas e/ou non realizadas na primeira oportunidade. Na avaliación adiantada, o alumnado realizara o traballo tutelado (4) e as prácticas a través das TIC (1) e unha proba mixta (5) sobre os contidos teóricos e o traballo tutelado. O alumnado que non asista a clase realizará a proba mixta, unha proba oral sobre o traballo tutelado e o traballo tutelado de forma individual. A falta de integridade académica (plaxio e outro tipo de fraudes académicos) implica modificacións no sistema de avaliacion, no que o portafolio será substituído por unha proba mixta sobre os contidos teóricos e sobre o traballo tutelado. A utilización do galego e a súa calidade lingüística tamén vai ser obxecto de avaliación na presentación oral e nas actividades grupais e individuais. O seu peso na cualificación final pode acadar até 0,5 puntos. Ao rematar as aulas e na data acordada, cada grupo presentará un dossier que inclúa as actividades grupais (a presentación oral e a unidade didáctica), a planificación do traballo grupal e as fichas de auto e coavaliación do funcionamento do equipo de traballo, Os resultados da co-avaliación teñen efectos na cualificación individual de cada alumna e alumno. Asistencia e sistema de avaliación das persoas con dispensa académica Segundo o establecido na
" norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes do grao e máster universitario na UDC"(aprobada polo Consello Social do 04/05/2017): - O alumnado con dispensa académica deberá comunicarlle a profesora esta condición na primeira smana de clase ou nun prazo non superior a sete días, despois de que lle fora concedida a dispensa académica.
- As persoas con dispensa académica realizarán as tarefas grupais individualmente e unha proba mixta (de ensaio sobre os contidos da materia e de aplicación práctica). Neste caso, a distribución das cualificacións é a seguinte: proba mixta (4 puntos), traballo tutelado (5 puntos), presentación oral (0,5 puntos) e as prácticas a través das TIC (0,5 punto). Para superar a materia hai que obter a metade da cualificación no exame e no traballo tutelado.
No que fai á asistencia, o alumnado con dispensa académica ten que acudir obligatoriamente a 14 horas de clase que se corresponden coas explicacións dos distintos elementos do traballo tutelado e coa realiación dalgunhas actividades de clase invertida. FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA a) Ausencia de citación de fontes As citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse ao longo do texto e no apartado de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 7 edición. Co obxectivo de visibilizar as autoras utilizarase a citación xusta. b) Plaxio O plaxio ou outro tipo de fraude académico en calquera das tarefas será motivo de suspenso, en aplicación do artigo 14.4 da normativa académica de avaliaicón da UDC, que establece: " na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixianl, incljido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permido do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade" Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC: https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual CITACIÓN XUSTA Coa finalidade de visibilizar ás autoras, recoméndase utilizar a citación xusta, para a que se poden consultar as seguintes fontes:
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Sultana, Robert (2018). La movilización de los servicios de orientación profesional en torno a una agenda de justicia social: una prioridad para todos. España: Universidad Castilla La Mancha/ Wolters Kluwer
Hooley, Trstam. e Sultana, Robert. (2016). Career guidance for social justice.. ournal National Institute for Career Education and Counselling, nº 36, 2-11
Sanz, Clara e Manzanares, Asunción (2018). Claves sobre la intervención de la orientación profesional en los sistemas de formación profesional. España: Universidad Castilla La Mancha/ Wolters Kluwer
Sanz, Clara e Manzanares, Asunción (2018). El modelo de orientacio´n profesional en cuestión. Revisión de sus referentes teórico-prácticos. . España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Arraiz, Begoñ ;Careaga, Haizea.;Carramiñana, Susana; Oskoz, José Miguel (2015). Guía para la incorporación de la perspectiva de género en el curriculum y en la actividad docente de las enseñanzas de régimen especial y de Formación Profesional. Victoria: Emakunde
Macarthy, Jhon (2018). la dimensión de servicio público de la orientación . España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Cobo, Ana; Gutiérrez, Ernesto e Planas, José Antonio (2012). La orientación profesional y la búsqueda de empleo. Expereincias innovadoras y técnicas de intervención que facilitan la inserción laboral.. Barcelona: Editorial Grao
Macarthy, Jhon. (2018). Laorientación profesional y las habilidades para la gestión de la carrera. Una perspectiva internacional. España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Echeverría, Benito (coord) (2008). Orientación profesional. Barcelona: Editorial UOC
Fundación Bertelsman (). Orientacion Profesional Coordinada. Fundación Bertelsman, 2º edición revisada e ampliada
Conzittu, Damien (coord) (2019). Penser et agir l'orientation au 21e siècle : De l'élève au citoyen engagé. Editions Qui plus est |
Para cada tema e para a realización do traballo tutelado facilitarase bibliografía básica e complementaria comentada. En moodle tamén se recompilan fontes electrónicas de interese para cada un dos temas. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Función titorial e orientación académica/652606002 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Formación profesional e mercado laboral/652606611 | Aprendizaxe e ensino dos módulos da especialidade de formación e orientación laboral/652606621 | Proxectos de innovación e investigación educativa en formación profesional e orientación laboral/652606E3I6 |
|
Materias que continúan o temario |
Formación profesional e mercado laboral/652606611 | Aprendizaxe e ensino dos módulos da especialidade de formación e orientación laboral/652606621 | Proxectos de innovación e investigación educativa en formación profesional e orientación laboral/652606E31 |
|
Observacións |
COMPROMISO COA SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL E CO DEBATE DEMOCRÁTICO Co obxectivo de facer un uso sustentábel dos recursos e de evitar impactos negativos sobre o medio natural as tarefas entregaranse en formato dixital. Nas clases sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respetando todas as opinións diversas en torno aos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado ACTUALIZACIÓN DO PERFIL EN MOODLE
Na segunda sesión de clase todo o alumnado ha de ter pendurada unha foto actual no seu perfil de moodle
CARGA DE TRABALLO A realización das tarefas indicadas na guía docente supoñen unha dedicación de 72 horas de traballo fora da aula. CITACIÓN XUSTA Co
obxectivo de visibilizarmos as autoras nas referencias bibliográficas,
recoméndase utilizar a citación xusta, para a que se poden
consultar as seguintes fontes: |
|