Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Metodoloxía do ensino das linguas e literaturas galega e castelá en educación secundaria Código 652608822
Titulación
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Letras
Coordinación
Maceiras Lafuente, Andrea
Correo electrónico
andrea.maceiras@udc.es
Profesorado
Maceiras Lafuente, Andrea
Peñasco González, Sandra
Correo electrónico
andrea.maceiras@udc.es
sandra.pgonzalez@udc.es
Web
Descrición xeral Materia que ten por obxectivo mostrar ao alumnado as diversas focaxes metodolóxicas existentes para o ensino de linguas e literaturas e reflexionar sobre a súa idoneidade no marco da didáctica das linguas e literaturas galega e castelá na Educación Secundaria.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A3 Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais.
A17 Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
A19 Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A20 Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
A21 Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
A22 Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
A23 Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
A24 Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
A25 Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Analizar críticamente o currículo de ESO e Bacharelato para linguas e literaturas galega e castelá, as prácticas docentes, e os materiais didácticos habituais AP17
AP20
AP24
CM3
Formular propostas de investigación e innovación educativas AP3
CM7
Valorar a importancia da innovación e a investigación coma estratexias para mellorar a calidade educativa na área da linguaxe. AP19
AP23
AP25
CM5
CM6
CM8
Desenvolver os aspectos clave da formación inicial do profesorado de linguas e literaturas galega e castelá. AP21
AP22
CM1
CM4
CM7
Coñecer metodoloxías innovadoras para as didácticas das linguas e literaturas, valorar os seus beneficios e as dificultades que conlevan AP17
AP19
AP21
AP23
AP24
AP25
CM3
CM6
Achegarse ás fontes de información máis novas cunha visión pedagóxica para deseñar propostas didácticas que as inclúan AP3
AP19
AP20
AP21
AP23
AP25
CM3
CM6

Contidos
Temas Subtemas
1. Metodoloxías didácticas nas aulas de Lingua 1.1. Métodos para o desenvolvemento da Competencia Comunicativa Lingüística oral e escrita
1.2. Experiencias innovadoras
2. Metodoloxías didácticas nas aulas de Literatura 2.1. Métodos para o desenvolvemento da Competencia Literaria e Lectora
2.2. Experiencias innovadoras
3. Outras competencias chave e métodos didácticos no ensino da Lingua e Literatura 3.1. Competencias chave e ODS
3.2. A Competencia Dixital na aula de Lingua e Literatura

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A3 A21 A24 A19 C4 C5 C6 C7 C8 12 10 22
Lecturas A17 A21 A24 A25 A19 1 9 10
Portafolios do alumno A19 C1 C3 C4 C5 C7 0 15 15
Presentación oral A22 A23 C1 C3 1 5 6
Obradoiro A21 A22 A23 A25 A19 C1 C3 4 5 9
Traballos tutelados A3 A17 A20 A21 A25 A19 C4 C6 C8 10 25 35
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A modo de introducións ou visións sintéticas dirixidas a todo o grupo, ofreceranse algunhas sesións en que o profesor se valerá do método expositivo.
Lecturas Proporcionaránselle ao alumnado materiais de lectura que servirán de base tanto para traballar nos obradoiros como para fomentar a súa participación nas sesións maxistrais.
Portafolios do alumno Memoria e reflexión sobre as lecturas e obradoiros realizados na aula e o desenvolvemento do proceso do traballo tutelado. Teranse en conta a capacidade para seleccionar fontes bibliográficas de calidade, así como a capacidade para elaborar un discurso sintético, claro e correcto desde o punto de vista expresivo.
Presentación oral Realización dunha exposición oral apoiada en medios materiais, audiovisuais e TIC sobre o traballo tutelado.
Obradoiro Coa finalidade de afondar no estudo de distintas cuestións relacionadas co ámbito da materia, combinaranse diversas metodoloxías e probas (exercicios de resumo, solución de problemas, prácticas guiadas, discusións, etc.), nalgúns casos facendo previamente as lecturas que o profesor/a estableza.
Traballos tutelados Realización dun traballo tutelado, relacionado con calquera aspecto dos tratados no programa docente. Este será fundamental no momento de o alumnado superar con éxito a materia, na medida en que dá índice da súa madurez científica.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Calquera dúbida de carácter individual ou grupal relativa aos obradoiros, lecturas ou ao traballo tutelado será atendida no horario de titoría.

O alumnado de matrícula parcial e/ou con dispensa académica realizará os traballos e tarefas de forma individual, con entregas nas datas marcadas polo/a docente, e terá atención personalizada no horario de titorías.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A17 A20 A21 A25 A19 C4 C6 C8 Realización dun traballo tutelado de carácter grupal. 60
Portafolios do alumno A19 C1 C3 C4 C5 C7 Memoria e reflexión de carácter individual sobre as actividades prácticas realizadas na materia e o proceso de elaboración do traballo tutelado. 30
Presentación oral A22 A23 C1 C3 Presentación oral grupal do traballo tutelado. 10
 
Observacións avaliación
Para aprobar a materia será necesario superar todas as partes que a integran, polo que, en cada unha delas, haberá que obter como mínimo o 50% da puntuación máxima. Na segunda oportunidade, o alumnado só repetirá as partes que suspendese na primeira, e manterá a nota das que superase.

O sistema de avaliación (en ambas as dúas oportunidades) será o
mesmo tamén para aquel alumnado con dispensa académica. 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso (nota númerica 0) na convocatoria en que se cometa.

Todos os aspectos
relacionados con dispensa académica, dedicación ao estudo, permanencia e fraude académica rexeranse de acordo coa normativa académica vixente
da UDC
.
   

Recoméndase que os envíos dos traballos se fagan por vía telemática. Se non fose posible a entrega telemática da versión definitiva, habería que imprimir o documento a dobre cara (e en papel reciclado) e absterse de utilizar plástico na encadernación. Canto aos borradores, o mellor é non imprimilos.


Débese facer un uso sostible dos recursos, con vistas á prevención de impactos negativos sobre o medio natural.



Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

Fontes de información
Bibliografía básica

Bordons, G. y Díaz-Plaja, A. (Coords.)(2005). Enseñar literatura en Secundaria. Barcelona: Graó.

Cerrillo, P. C., Larrañaga, E., & Yubero, S.(2002). Libros, lectores y mediadores.Cuenca: Servicio de Publicaciones Universidad de Castilla-La Mancha.

Colomer,T. (2010). Introducción a la literaturainfantil y juvenil actual. Síntesis .

Coto, B. D. (2006). La escritura creativa en las aulas (2.ª ed.). Barcelona: Graó.

Guijarro Ruiz, P. e Caro Valverde, M.ª T.(Coords.) (2015). Didáctica de la lengua y educación literaria.Madrid: Pirámide.

Jover Gómez-Ferrer, G. (2007), Unmundo por leer (Educación, adolescentes y literatura). Barcelona: Octaedro.

Lluch Crespo, G. (2006). Promoción de la lecturay docencia desde la biblioteca escolar.La biblioteca: un mundo de recursos para el aprendizaje (pp. 115-125).Ministerio de Educación y Ciencia.

Mata Anaya, J., Núñez Delgado, M.ª P. e RiendaPolo, J. (Coords.) (2015). Didáctica de la lengua y la literatura.Madrid: Pirámide.

Mata Anaya, J. (2008). 10 ideas clave:animación a la lectura. Barcelona: Graó.

Miret, I. et al. (2021) Pegadas dunha viaxe. Traxectorias e futuros das bibliotecas escolaresen Galicia. Santiago de Compostela: Consellería de Cultura, Educación eUniversidade, Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, Asesoría deBibliotecas Escolares. https://libraria.xunta.gal/es/pegadas-dunha-viaxe-traxectorias-e-futuros-das-bibliotecas-escolares-en-galicia

Novoa, C. (2007) Bibliotecas escolares deGalicia. Tejiendo redes de colaboración a favor de la educación. Educación y biblioteca, 161, 93-97.

PeñascoGonzález, S. (2021). Una experiencia didáctica alrededor del audiolibro enLengua Castellana y Literatura (4º de ESO). Aula de encuentro: Revista deinvestigación y comunicación de experiencias educativas, Vol. 23, Nº 2, 155-183.

PeñascoGonzález, S. y Conde Noguerol, E. (2022). El papel de las humanidades digitalesen la enseñanza media de lengua castellana y literatura. Un análisiscrítico. Transformación digital docente. La gestión sostenible de lasorganizaciones educativas / coord. por María Dolores Díaz Noguera, CarlosHervás-Gómez, Pedro Román Graván, María de los Ángeles Domínguez González,58-73.

Ruiz Bikandi, U. (Coord.) (2011a). Didácticade la lengua castellana y la literatura. Barcelona: Graó.

Ruiz Bikandi, U. (Coord.) (2011b). Lenguacastellana y literatura. Investigación, innovación y buenas prácticas.Barcelona: Graó.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías