Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Proxectos de innovación e investigación educativa en língua e literatura galega e língua e literatur Código 652608E4I8
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 2
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Carballal Miñan, Patricia
Correo electrónico
patricia.carballal@udc.es
Profesorado
Carballal Miñan, Patricia
Sobrino Freire, Iria
Correo electrónico
patricia.carballal@udc.es
iria.sobrino@udc.es
Web
Descrición xeral A materia constituirá un achegamento á metodoloxía de proxectos e unha iniciación ao desenvolvemento dos mesmos na área de Didáctica da Lingua e a Literatura.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer a noción de proxecto e o seu desenvolvemento histórico. AP25
AP26
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8
Coñecer, analizar e avaliar algúns exemplos significativos do traballo por proxectos na ESO e no Bacharelato. AP25
AP26
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8
Coñecer e aplicar a metodoloxía de proxectos. AP23
AP25
CM1
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
1. Concepto de proxecto educativo.
.
2. Contextualización histórica. .
3. Algúns exemplos significativos de traballo por proxectos na ESO e no Bacharelato: análise e avaliación. .

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Proba de ensaio A25 A26 C1 C4 C5 C6 C7 C8 1 3 4
Análise de fontes documentais A26 C1 C7 C8 2 6 8
Aprendizaxe colaborativa A23 A25 A26 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 3 6 9
Estudo de casos A25 A26 C1 C6 C8 2 2 4
Obradoiro A23 A25 A26 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 4 4 8
Presentación oral C1 C3 2 2 4
Traballos tutelados A23 A25 A26 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 0 11 11
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba de ensaio Proba consistente en dúas preguntas de certa amplitude, na que se valorarán os coñecementos adquiridos na materia, a capacidade de razoamento, a creatividade e o espírito crítico. Terá carácter individual.
Análise de fontes documentais Utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Presentación oral Exposición do traballo tutelado.
Traballos tutelados Realización de traballos titorizados

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba de ensaio
Análise de fontes documentais
Aprendizaxe colaborativa
Estudo de casos
Obradoiro
Traballos tutelados
Descrición
Resolución de dúbidas e discusión dos métodos e materiais de traballo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba de ensaio A25 A26 C1 C4 C5 C6 C7 C8 Proba de reflexión individual 30
Presentación oral C1 C3 Exposición do traballo tutelado e debate co grupo-aula. 10
Traballos tutelados A23 A25 A26 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Realización dun proxecto educativo en grupo 60
 
Observacións avaliación

Modalidades de avaliación

Estabelécense dúas modalidades de avaliación:

1. Para as persoas que asistan regularmente ás aulas:

  • Un traballo tutelado en grupo (60% da cualificación). Estabelécese unha puntuación mínima de 4 puntos sobre
    10 para poder realizar a media co resto das cualificacións.
  • A presentación oral do traballo (10% da cualificación). 
  • Unha proba de ensaio individual (30% da cualificación). Estabelécese unha puntuación mínima de 4 puntos sobre
    10 para poder realizar a media co resto das cualificacións.

As probas non superadas deben repetirse na oportunidade de xullo,
baixo as mesmas condicións que rexen na oportunidade de xaneiro.



Para esta modalidade de avaliación é requisito
imprescindíbel a asistencia regular ás aulas, para a que se fixa un mínimo do
80% sobre o conxunto das sesións. Ademais, será necesario
realizar todas as actividades propostas ao longo do curso.

2. Para as persoas que non
cumpran as condicións anteriores e non conten con dispensa académica:

  • Unha proba de ensaio (100% da cualificación), que poderá ser diferente á que se propoña para a modalidade anterior. 

Para superar esta proba é necesario obter unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10. De non se superar, debe repetirse na oportunidade de xullo, baixo as mesmas condicións que rexen na oportunidade de xaneiro.

Entrega dos traballos

Os traballos entregaranse en formato dixital a través do Campus
Virtual.

Observacións

Na oportunidade de avaliación adiantada aplicaranse os mesmos criterios que nas oportunidades anteriores. Todos os aspectos relacionados con dispensa académica, dedicación ao estudo, permanencia e fraude académica rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica (). .

Algás, P. et. alii (2010). Los proyectos de trabajo en el aula. Graó.

Apple, M. W. e Beane, J. A. (2000). Escuelas democráticas. Morata.

Arias Correa, A. et. alii (2009). O traballo por proxectos en Infantil, Primaria e Secundaria. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Batlle, R. (2020). Aprendizaje-servicio: compromiso social en acción. Santillana.

Beane, J.A. (2005). La integración del currcículum. Morata.

Díaz Aguado, M. J. (2018). El aprendizaje cooperativo: de la teoría a la práctica. Santillana.

Fisher, R. (2013). Diálogo creativo: hablar para pensar en el aula. Morata.

Kilpatrick, W. (2006). O método de projecto. Livraria Pretexto e Edições Pedago.

Martín Murga, M. (2018). El trabajo por proyectos: una vía para el aprendizaje activo. Santillana.

Nemirovsky, M. (coord.) (2009). Experiencias escolares con la lectura y la escritura. Graó.

Rudduck, J. (2007). Cómo mejorar tu centro escolar dando la voz al alumnado. Morata.

Stenhouse, L. (2004). La investigación como base de la enseñanza. Morata.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar o respecto e a igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías