Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
(CE-G1)Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións |
A3 |
(CE-G3)Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais. |
A10 |
(CE-G10)Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade |
A13 |
(CE-G13)Comprender as implicacións educativas da situación lingüística galega e adquirir e aplicar criterios, estratexias e recursos pedagóxicos para participar na planificación e desenvolvemento do plano lingüístico do centro. |
A14 |
(CE-G14) Respectar e promover os dereitos humanos, os valores da cultura da paz e dos valores democráticos, e o recoñecemento dos principios e fundamentos da atención á diversidade. |
A15 |
(CE-E1)Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización. |
A17 |
(CE-E3)Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas |
A18 |
(CE-E4)Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares |
A19 |
(CE-E5)Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes. |
A27 |
(CE-E13)Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións. |
A33 |
(CE-P2) Acreditar un bo dominio da expresión oral e escrita na práctica docente |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer a historia do ensino e a aprendizaxe das linguas estranxeiras desde a antigüidade até os nosos días. |
AP15 AP17 AP18
|
|
CM2 CM6
|
Coñecer os principais métodos de ensino e aprendizaxe de linguas estranxeiras, o contexto histórico no que xurdiron, os factores que influíron na súa aparición e o aparello teórico que os sustenta. |
AP10 AP13 AP14 AP15 AP17 AP18 AP19
|
|
CM2 CM4 CM6
|
Ser capaz de avaliar criticamente os diferentes métodos de ensino e aprendizaxe de linguas estranxeiras e o seu rol na conformación dos procesos de ensino de linguas estranxeiras hoxe en día. |
AP10 AP13 AP14 AP15 AP19 AP27
|
|
CM2 CM4 CM6
|
Ser capaz de aproveitar elementos dos diferentes métodos de ensino e aprendizaxe de linguas estranxeiras para o seu labor docente e, nomeadamente, na planificación de sesións lectivas. |
AP1 AP3 AP10 AP13 AP14 AP15 AP18 AP27 AP33
|
|
CM2 CM3 CM4 CM6 CM7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
0. Introdución |
Preguntas, Conceptos e Definicións |
1. Ensinando linguas antes do S.XVIII |
1.1 Os comezos: Mesopotamia, Exipto, Grecia, Roma.
1.2 Ensinanza de linguas no Medievo: Escolasticismo e Lingua.
1.3 O Renacemento
1.4 Post-Renacemento: As tradicións gramatical vs. conversacional. |
2. O período clásico (1750s-1880s) |
2.1 O Grammar-Translation Method |
3. O período da Reforma (1880s-1920s) |
3.1 Contexto histórico e necesidade da reforma.
3.2 Pre-reformadores
3.3 O Movemento de Reforma Europeo
3.4 A Natural Approach
3.5 O Direct Method |
4. Cara a un ensino baseado na ciencia (Desde os 1920s) |
4.1 Contexto e o Oral Method de Palmer.
4.2 Métodos Estruturalistas e o SLT
4.3 O Audio-lingual Method. |
5. Métodos Comunicativos |
5.1 Aparición. O Threshold level project e os programas nocionais-funcionais.
5.2 Communicative Language Teaching
5.3 Task Based Language Teaching
5.4 Content and Language Integrated Learning. |
6. Métodos Humanísticos |
6.1 Principios Xerais
6.2 Total Physical Response (TPR)
6.3 The Silent Way
6.4 (De)Suggestopedia |
7. Recapitulando |
7.1 A Post-Method Era |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Aprendizaxe colaborativa |
A1 A3 A10 A13 A15 A18 A27 C2 C3 C4 C6 C7 |
10 |
20 |
30 |
Presentación oral |
A1 A3 A10 A13 A15 A18 A27 A33 C2 C3 C4 C6 C7 |
6 |
17 |
23 |
Portafolios do alumno |
A15 A17 A19 C2 C4 C6 C7 |
2 |
8 |
10 |
Obradoiro |
A3 A13 A14 A15 A17 A18 A27 C2 C4 C6 |
10 |
25 |
35 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Aprendizaxe colaborativa |
Traballo en parellas ou grupos reducidos para optimizar a aprendizaxe. |
Presentación oral |
O alumnado participará nunha presentación oral en grupo sobre un dos métodos estudados. |
Portafolios do alumno |
O alumnado elaborará un portafolios que incluirá fichas de sobre os distintos métodos de ensino de idiomas.
|
Obradoiro |
Taller orientado a identificar os diferentes estilos de aprendizaxe. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Aprendizaxe colaborativa |
|
Descrición |
O alumnado que necesite atención personalizada será atendido nas horas de titorías. Como parte da avaliación do traballo de Aprendizaxe Colaborativa, realizarase unha sesión de Atención Personalizada por grupo. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Obradoiro |
A3 A13 A14 A15 A17 A18 A27 C2 C4 C6 |
Conxunto de pequenas tarefas a realizar durante o curso. |
30 |
Aprendizaxe colaborativa |
A1 A3 A10 A13 A15 A18 A27 C2 C3 C4 C6 C7 |
Realización dun traballo en grupo sobre a utilidade e a aplicación dos diferentes métodos ao desempeño docente hoxe en día. |
30 |
Portafolios do alumno |
A15 A17 A19 C2 C4 C6 C7 |
Realización dun portafolios individual cunha ficha por cada un dos métodos estudados. |
20 |
Presentación oral |
A1 A3 A10 A13 A15 A18 A27 A33 C2 C3 C4 C6 C7 |
Presentación oral do traballo en grupo, que recibirá unha avaliación individual. |
20 |
|
Observacións avaliación |
Aplicarase unha penalización do 25% aos traballos presentados fóra
de prazo sen causa xustificada. Os traballos con evidencia de plaxio serán
cualificados automaticamente coa calificación de 0. Poderanse empregar
programas específicos de detección do plaxio. Calquera falta de honradez
académica (plaxio, copia de traballos, copaia de exames, etc.) penalizarase, de
acordo ao establecido no Regulamento Disciplinar do Estudantado da UdC, artigos
10.3.f e 11.4.b, co suspenso en ambas oportunidades.
- Cualificación de Non Presentado (NP):
Para obter a cualificación de Non Presentado (NP) o estudantado
deberá non ter entregado nin o traballo en grupo (Aprendizaxe Colaborativa) nin a presentación oral.
As tarefas deben
atender os requisitos mínimos de corrección lingüística (ortografía,
puntuación, concordancia, gramática, precisión léxica e rexistro) propios do
nivel esperado para o alumnado que cursa a materia. Deficiencias nesta área
serán penalizadas.
O estudantado que non supere a materia na primeira oportunidade
terá que acudir á oportunidade de xullo, que terá a mesma ponderación das
diferentes actividades de avaliación mais na que os diferentes traballos serán substituídos por novos traballos específicos. As partes da
materia superadas (máis do 50% da nota) na primeira oportunidade non poderán
ser repetidas na oportunidade de xullo.
Na oportunidade adiantada, o estudantado terá que presentar o portafolios, e realizar un traballo similar ao traballo en grupo, así como expoñelo oralmente. A ponderación é como segue: Traballo escrito: 40% Presentación oral: 30% Portafolios: 30%
O estudantado que se presente á Oportunidade Adiantada deberá contactar co profesorado para recibir indicacións específicas.
O estudantado con dispensa académica oficialmente
recoñecida será avaliado segundo as indicacións para a oportunidade de
xullo, mantendo as mesmas porcentaxes da avaliación e realizando as adaptacións
dos traballos necesarias por motivos de presencialidade. O estudantado nesta
situación deberá poñerse en contacto co profesorado tan pronto como teña
coñecemento da mesma.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Atkinson, Dwight (2011). Alternative approaches to second language acquisition . New York: Routledge
Thornbury, Scott (2006). An A–Z of ELT. Macmillan Books for Teachers
Thornbury, Scott (). An A–Z of ELT. http://scottthornbury.wordpress.com/index/
Richards, Jack (2001). Approaches and Methodos in Language Teaching. Cambridge, CUP
Kumaravadivelu, B (2004). Beyond Methods. New Haven, Yale University Press
Littlewood, William (2002). Communicative Language Teaching. Cambridge, CUP
Brown, Douglas H. (2007). Principles of Language Learning and Teaching. White Planes, NY, Pearson
Nunan, David (2004). Task-based Language Teaching. Cambridge, CUP
Tanner, Rosie & Catherine Green (2009). Tasks for Teacher Education. London, Longman
Brown, Douglas H. (2007). Teaching by Principle. White Planes, NY, Pearson
Larsen-Freeman, Diane (2004). Techniques and Principles in Language Teaching. Oxford, OUP
Kumaravadivelu, B (2008). Understanding Language Teaching. New Jersey, Lawrence Erlbaum Associates |
Proporcionarase bibliografía específica adicional para cada método. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Deseño curricular e didáctica da lingua estranxeira/652609921 | Recursos. estratexias e materiais didácticos na aula de linguas estranxeiras/652609922 | Metodoloxía do ensino-aprendizaxe da lingua estranxeira/652609923 | Avaliación do ensino-aprendizaxe da lingua estranxeira/652609924 | Proxectos de innovación e investigación educativa en linguas estranxeiras/652609E31 |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.” - Medidas de apoio á diversidade
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da
adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da
Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se
deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén
co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal).
- Medidas de apoio á igualdade
Segundo se recolle nas distintas normativas de
aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a
perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase
bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase
de alumnos e alumnas...)
Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes
sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de
respecto e igualdade.
Deberanse detectar situacións de discriminación por razón
de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. |
|