Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Recursos. estratexias e materiais didácticos na aula de linguas estranxeiras Código 652609922
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
González Mújico, Flor de Lis
Correo electrónico
flor.gonzalez.mujico@udc.es
Profesorado
González Mújico, Flor de Lis
Correo electrónico
flor.gonzalez.mujico@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia introdúcense recursos, estratexias e materiais didácticos útiles na área de na área da Didáctica da Lingua Estranxeira en Educación Secundaria e Bacharelato, orientando o proceso de ensino e aprendizaxe dende unha perspectiva crítica e reflexiva. Estes recursos, estratexias e materiais servirán como ferramenta para o estudante, non só para abordar os contidos propios desta materia, senón tamén para o seu futuro como docentes nun espazo europeo plurilingüe atendendo a súa formación permanente como docentes, ao uso na aula e á investigación educativa.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Adquirir criterios de selección y elaboración de materiales educativos. AP21
CM2
CM3
Fomentar un clima que facilite el aprendizaje y ponga en valor las aportaciones de los estudiantes. AP22
CM2
Integrar la formación en comunicación audiovisual y multimedia en el proceso de enseñanza-aprendizaje. AP23
CM2
CM3

Contidos
Temas Subtemas
1. Recursos didácticos para favorecer situacións comunicativas. 1.1. Diferenciar as actividades de produción, recepción, mediación e interacción na aula de LE.
1.2. Promover o uso da música, a literatura e a gamificación na aula de LE para promover situacións comunicativas.
2. Deseño de actividades e recursos para a aula de LE baseadas nos elementos curriculares. 1.1. Potenciar o Bloque 1. Comunicación, Bloque 2. Multilingüismo e reflexión sobre a aprendizaxe, e o Bloque 3. Interculturalidade do DECRETO 156/2022 no deseño de actividades e recursos para a aula de LE.
1.2. Deseñar recursos para a avaliación.
3. Estratexias e técnicas no ensino de LE. 1.1. Aplicar o método 'learning by doing' (é dicir, enunciado do problema, desenvolvemento de ideas individualmente, posta en común de conceptos en grupo e posterior debate para compartir as ideas propostas).
1.2. Aplicar a IA (Intelixencia Artificial) no ensino de LE.
4. Recursos e estratexias para a aprendizaxe permanente do profesorado de LE. 1.1. Crear un banco de recursos de aprendizaxe para utilizar no futuro como profesional de LE.
1.2. Implementar a aprendizaxe e a colaboración entre iguais.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A21 C2 0 18 18
Estudo de casos A21 A22 C3 1 5 6
Presentación oral A22 1 0 1
Sesión maxistral A21 A22 A23 C2 C3 19 30 49
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Son un conjunto de textos y documentación escrita que se han recogido y editado como fuente de profundización en los contenidos trabajados.
Estudo de casos Deseño e implementación dun recurso innovador para a aula de LE.
Presentación oral Presentación individual dun recurso innovador para a aula de LE.
Sesión maxistral Exposición oral complementada con el uso de medios audiovisuales y la introducción de algunas preguntas dirigidas a los estudiantes, con la finalidad de transmitir conocimientos y facilitar el aprendizaje.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Análise de fontes documentais
Presentación oral
Descrición
A dirección de todos os traballos tutelados conleva, necesariamente, a posibilidade que ten o alumno/a de recibir unha atención personalizada. Os traballos serán revisados polo/a profesor/a ao menos unha vez no horario de titorías e sempre e cando o/a alumno/a o solicite.

O alumnado de matrícula parcial e/ou con dispensa académica realizará os traballos e tarefas de forma individual, con entregas nas datas marcadas polo docente, e, como todo alumnado, recibirá atención personalizada no horario de titorías, para aclarar dúbidas sobre os traballos e tamén sobre o marco teórico e práctico da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Estudo de casos A21 A22 C3 Diseño e aplicación dun material didácitico innovador para o seu uso na aula de lingua estranxeira. 30
Análise de fontes documentais A21 C2 Deberanse analizar de forma crítica catro estudos de caso.
A análise de cada artigo será de dúas páxinas en formato Times New Roman e dobre espazo e o se contido organizarase en: 1. Título, fonte e resumo do traballo; partes que o compoñen; e análise critíca do mesmo.
Data máxima de entrega: horario da proba oficial.
50
Presentación oral A22 Análise e presentación en clase dun material didácitico innovador para o seu uso na aula de lingua estranxeira. 20
 
Observacións avaliación

O alumnado que asistiu a clase con regularidade (80%) e non supere a materia na convocatoria ordinaria terá que repetir só as partes suspensas.

Aqueloutras estudantes cunha exención académica que os exime de asistencia, solicitada formalmente a tempo e forma, serán avaliados a través dos seguintes compoñentes:

-Análise de fontes documentais: análise de 6 artigos - 5 puntos.

-Estudo de caso: deseño de dous materiais didácticos - 3 puntos.

- Presentación oral: presentación dos dous materiais didácticos no horario da proba oficial - 2 puntos.

Neste caso, a nota final será o resultado da suma das cualificacións obtidas.

Aqueloutros estudantes que non asistan ao 80% das sesións ou non aproben a materia na primeira convocatoria, na convocatoria extraordinaria de xullo serán avaliados polo mesmo método proposto para aquelas persoas con exención académica.

Os traballos deben entregarse electronicamente a través do campus virtual e, se non é posible, non utilizar plásticos, elixir a impresión a dobre cara e usar papel reciclado.

Alumnado con recoñecemento de dispensa académica

Segundo o establecido na " NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E APERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NAUNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017 ) :

1. Deberá poñelo encoñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non foraposible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido orecoñecemento.

2. Terán que realizar,individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso eentregalos nas datas establecidas polo docente. Se non se cumpre a entrega nadata sinalada considerarase como suspenso e recibirá unha cualificación de 0.

3. A cualificación seráa media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante ocurso e da nota da proba realizada na data do calendario oficial de exames,debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para podersuperar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeiraoportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas(actividades/traballos e/ou proba).

IMPORTANTE : A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario

A avaliación adiantada realizarase deacordo cos criterios establecidos no Reglamento de Avaliación para a convocatoria extraordinaria de xullo.


Fontes de información
Bibliografía básica

Didáctica:

  • Bestard Monroig, J. y Pérez Martín, Mª C. (1992): la Lengua Inglesa. Fundamentos lingüísticos y metodológicos. Madrid. Síntesis.
  • Bronckart, J. P. & Plazaola Giger, I. (1996): “Théorie des actes de langage et enseignement de Un exemple de transposition didactique”. Diálogos Hispánicos, 18. 13-35.
  • Brown, G. (1996): Performance and Competence in Second Language Acquisition. (edited by Gillian Brown, Kirsten Malmkjaer and John Williams). New York. Cambridge University Press.
  • Cantero, F. J., Mendoza, A. y Romea, C. (Eds.)(1997): Didáctica de la Literatura para una sociedad plurilingüe del siglo XXI. Barcelona.
  • Martín Vegas, R. A. (2009): Manual de didáctica de la lengua y la literatura. Madrid. Síntesis.
  • Nussbaum, L. y Bernaus, M. (2001): Didáctica de las lenguas extranjeras en la Educación Secundaria Obligatoria. Madrid. Síntesis.
  • Vez Jeremías, J. M. y Montero Mesa, L. (1993): Las Didácticas Específicas en la formación del profesorado. (2 vols.) Santiago. Tórculo.
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Co propósito de contribuir ao desenvolvemento do programa Green Campus para a entrega de traballos recoméndase eliminar o uso de plásticos, escoller a impresión a dobre cara, utilizar papel reciclado e evitar imprimir borradores.

- Debe facerse un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostibilidade nos comportamentos profesionais e persoais.

En canto a normativa de igualidade e xénero:

-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas, etc.)

-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías