A asistencia a clase resulta necesaria, dado que os procesos viviranse na propia aula e esixirase a participación activa e crítica do alumnado dentro da mesma.
Na avaliación terase moi en conta o grao de implicación do alumnado, de experimentación, de autoexisencia, de satisfacción persoal así como a capacidade de síntese e reflexiva do estudante ao longo da asignatura. Tamén o grao de innovación e implicación no desenvolvemento do proxecto proposto.
Desta forma, teranse en conta os seguintes ítems:
· Participación na asignatura.
· Investigación e evolución.
· Busca, adaptación, transformación e creación das ferramentas.
· Adecuación á etapa educativa correspondente e do proceso metodolóxico.
· Creatividade como resolución de problemas.
Normas específicas de avaliación
Os aspectos relacionados con dispensa académica, dedicación ao estudo, permanencia e fraude académica rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.