Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A14 |
Coñecer a evolución histórica da familia, os diferentes tipos de familias, de estilos de vida e educación no contexto familiar. |
A27 |
Situar a escola infantil no sistema educativo español, no contexto europeo e no internacional. |
A28 |
Coñecer experiencias internacionais e exemplos de prácticas de innovadoras en educación infantil. |
A29 |
Valorar a importancia do traballo en equipo. |
A31 |
Coñecer a lexislación que regula as escolas infantís e a súa organización. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo. |
B10 |
Capacidade de análise e síntese. |
B11 |
Capacidade de busca e manexo de información. |
B17 |
Capacidade para presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Situar a escola infantil no sistema educativo español, no contexto europeo e no internacional. |
A27 A31
|
|
|
Coñecer experiencias de prácticas de innovadoras en educación infantil |
A28
|
|
|
Coñecer a evolución histórica da familia, os diferentes tipos de familias, de estilos de vida e educación no contexto familiar. |
A14
|
|
|
Valorar a importancia do traballo en equipo. |
A29
|
|
|
Aprender a aprender.
Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo. |
|
B1 B3
|
|
. Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida |
|
B10 B11 B17
|
C1 C4 C6 C7
|
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade |
|
|
C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
A configuración e evolución histórica do concepto de infancia |
A construcción da categoria "infancia" no marco das sociedades contemporaneas. |
Xénese e estructura dos sistemas educativos nacionais |
Xénese,estructura e funcións |
O sistema educativo en España |
Xénese, evolución histórica e lexislación educativa |
O pensamento pedagóxico contemporaneo |
Os pioneiros da escola contemporanea. A Escola Nova. Teorías educativas socialistas, marxistas, anarquistas e libertarias. As pedagoxías críticas. Plantexamentos pedagóxicos antiautoritarios. As correntes críticas á institución escolar. Movementos, institucións e práctica pedagóxica en educación infantil. A historia das innovacións pedagóxicas en educación infantil e a súa evolución. |
A cultura escolar |
Dimensión científica política e empírica. Os modelos contemporaneos de educación infantil. |
.Xenealoxía da profesión docente
|
Evolución histórica da formación docente |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A14 A27 A28 A31 B10 B11 |
24 |
0 |
24 |
Traballos tutelados |
C4 C6 |
10 |
40 |
50 |
Lecturas |
B3 |
0 |
23 |
23 |
Actividades iniciais |
C7 |
4 |
0 |
4 |
Aprendizaxe colaborativa |
A29 |
0 |
8 |
8 |
Presentación oral |
B17 C1 |
2 |
0 |
2 |
Proba de ensaio |
B1 |
2 |
0 |
2 |
Portafolios do alumno |
C8 |
0 |
27 |
27 |
|
Atención personalizada |
|
10 |
0 |
10 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Faráse unha exposición oral dos temas da guia coa introdución dalgunhas preguntas aos estudiantes coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe |
Traballos tutelados |
Está referida a cómo facer un traballo de iniciación á investigación histórica.
Os estudiantes se responsabilizan do seu propio traballo pero seguindo as pautas que a profesora lles irá marcando a través dun seguimento tutorial individualizado. |
Lecturas |
Propoñeranse unha serie de lecturas obrigatorias dun conxunto de textos e documentación de caracter historio gráfico que o alumnado terá que ler e recensionar. |
Actividades iniciais |
Levaránse a cabo nas primeiras sesións de clase actividades de caracter expositivo por parte da profesora nas que se presentará o programa da materia. |
Aprendizaxe colaborativa |
Parte da idea de que os estudantes traballan xuntos para aprender e ao tempò son responsables mesmo da súa propia aprendizaxe como da dos seus compañeiros. Non se opón ao traballo individual. Máis ben debe entenderse como unha estratexia de aprendizaxe complementaria que tenta fortalecer o desenvolvemento global do alumnado. |
Presentación oral |
Exposición de traballos realizados, individuais ou en grupo, diante dun grupo de referencia, procurando tirar conclusións sobre a problemática investigada, documento pu experencia abordada. |
Proba de ensaio |
Pretende determinar os logros dos estudantes en termos obxectivos e avaliar de xeito directo a capacidade de análise, a expresión e a organización de ideas relativas aos contidos da materia. |
Portafolios do alumno |
Recolle apuntes persoais, traballos de investigación, resumes... |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Portafolios do alumno |
Presentación oral |
Aprendizaxe colaborativa |
Lecturas |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
O alumnado de carácter presencial contará cun seguimento e atención personaliza tanto nas clases como no horario de tutorías.
Canto ao alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica non se contemplan metodoloxias grupais. Terán todas caracter individual e faráse un seguimento personaliza de caracter tutorial. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Presentación oral |
B17 C1 |
Exposición de traballos, individuais ou colectivos, diante do grupo de referencia, procurando tirar conclusións sobre a problemática investigada, documento ou experiencia abordada. |
10 |
Proba de ensaio |
B1 |
Pretende determinar os logros dos estudantes en termos obxectivos e avaliar de xeito directo a capacidade de análise, a expresión e a organización de ideas relativas aos contidos da materia. |
30 |
Aprendizaxe colaborativa |
A29 |
Parte da idea de que os estudantes traballan xuntos para aprender. Debe entenderse como unha estratexia de aprendizaxe que tenta fortalecer o desenvolvemento global do alumnado. |
10 |
Lecturas |
B3 |
Con caracter obrigatorio e optativo propoñeranse un serie de lecturas seguindo o temario do programa. |
20 |
Traballos tutelados |
C4 C6 |
Trátase de facer un traballo vencellado de forma directa cos contidos teóricos da materia. Esixe por parte do alumnado un grao de responsabilidade consonte cos obxectivos e a calidade que debe presidir este tipo de traballo. No seu momento facilitaránse unhas pautas que permitirán a elaboración do mesmo, que se complementará cun seguimento titorial individualizado. |
30 |
|
Observacións avaliación |
A avaliación da materia será continua e formativa. Será posible a realización de probas ao longo do semestre. Estas probas poderán realizarse sen previo aviso, e, no caso da superación das mesmas, eliminarán parte do contido da proba de ensaio. A asistencia ás clases interactivas é obrigatoria. O alumno ou alumna que acumule máis de tres faltas de asistencia deixa de ser asistente pasando a ser avaliado seguindo outros criterios distintos ó alumnado asistente. Será imprescindible para aprobar a materia obter cando menos un aprobado tanto no traballo como na proba de ensaio. O alumnado non presencial debidamente xustificado deberán realizar unha proba de ensaio de carácter obrigatorio ao remate do cuatrimestre na data marcada oficialmente pola Facultade e un traballo tutelado de carácter individual. O traballo individual terá un valor do 30% da nota e a proba de ensaio un 70%. Será imprescindible para aprobar a materia obter cando menos un aprobado tanto no traballo como na proba de ensaio. Aquel alumnado que, por causas sobrevidas, non poda manter a condición de presencialidade, será tratado segundo a normativa da Universidade. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na materia na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será calificado de "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidad como na segunda. Para isto procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Ariés, Ph. (1986). La infancia, en La historia de la infancia y de la Juventud. Revista de
Educación. MEC. 21. 5-19. Disponible en https://dialnet.unirioja.es/ejemplar/1973 Decroly, O. (1934). Psicología Aplicada a la Educación. Francisco Beltrán deMause, Ll. (1982). Historia de la infancia. Alianza. Locke, L. (1982). Pensamientos acerca de la Educación. Humanitas. Malaguzzi, L. (2001). Educación Infantil en Reggio Emilia. Octaedro Montessori, M. (2014). El Método de la Pedagogía Científica: Aplicado a la Educación de la
Infancia. Escuela Nueva Montessori, M. (1982). El niño. El secreto de la infancia. Diana. Pestalozzi, J.H. (2001). La velada de un solitario. Herder. Pestalozzi, J.H. (1963). Cómo Gertrudis enseña a sus hijos. Fernández editores Rousseau, J.J. (1973). Emilio o de la educación. Barcelona: Fontanella. Sanchidrián, C. (2010). Historia y perspectiva actual de la Educación Infantil. Graó |
Bibliografía complementaria
|
|
ANDERSON, M. (1988), Aproximaciones a la historia de la familia occidental (1500-1914), Madrid, Siglo XXI, 1988.
ARANGUREN, J. L. e outros (1983), Infancia y sociedad en España, Jaen, Hesperia,
ARIÉS P. e outros,(1987), Sexualidades occidentales, Barcelona, Paidós,
---------- (1987), El niño y la vida familiar en el Antiguo Régimen, Madrid, Taurus, 1987.
BALL, Stephen J. (comp.)(1993), Foucault y la educación. Disciplinas y saber, Madrid, Morata, 1993.
BURGIERE, André e outros (1988): Historia de la familia, Madrid, Alianza,
BORRÁS LLOP, J. (dir),(1986) Historia de la infancia en la España contemporanea (1834-1936), Madrid, Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales- Fundación Germán Sánchez Ruiperez.
CASEY, J. (1950), Historia de la familia, Madrid, ESpasa- Calpe.
DELGADO, B. (1997), Historia de la Infancia, Barcelona, Ariel.
DEMAUSE, Ll (1982), Historia de la Infancia, Madrid, Alianza Editorial
FOUCAULT, Michel,(1982) Vigilar y castigar, Madrid, Siglo XXI
GONZALEZ-AGÁPITO, J.(2003), La educación infantil. Lecturas de un proceso histórico en Europa, Barcelona, Octaedro.
TORRES J. e outros,(1993) Didáctica de la Educación Infantil, Madrid, MEC
VARELA, J. e ALVAREZ-URIA, F.(1991), Arqueología de la escuela, Madrid, La Piqueta.
El cabezota (1982). Director: Francisco Lara Polop (película).
Las Misiones Pedagógicas (2006). Director: Gonzalo Tapia (documental)
La República de los maestros (2004). Directores: Victoria Martínez e Arturo Villacorta (documental)
La escuela fusilada (2006). Directores: Iñaki Pinedo e Daniel Álvarez (documental).
A derradeira lección do mestre (2006): Xoán Carlos Garrido (documental).
La Sección Femenina (2006). Director: Javier Ortega (documental).
Afranio (2008). Director: Víctor Coyote (documental).
Flores tristes (2008). Director. Teo Manuel Abad (documental).
http://www.rtve.es/mediateca/videos/20091203/paisajes-historia---seccion-femenina/642193.shtml (La sección Femenina) Documental que se pode baixar da Rede
http://edukazine.blogspot.com/ (portal de recursos cine e educación)
http://www.cinehistoria.com/ (Portal de recursos de cine e historia)
http://www.sc.ehu.es/sfwsedhe/ (Sociedad Española de Historia de la Educación)
http://www.ceince.eu/main.php?id=1 (Centro Internacional de Cultura Escolar)
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
<p>-É obrigatoria a entrega cumprementada da ficha de identidade persoal -Non se admitiran traballos dos que a profesora non teña constancia da súa realización. -As datas de entrega dos traballos son inamovibles, agás casos excepcionais. -Para poder ser calificado/a e avaliado/a é necesario ter entregado tódolos traballos esixidos. De faltar algunha das partes figurará un Non Presentado. -Os traballos escritos presentaránse ben identificados. Non se admitiran traballos encernados con fundas plásticas, anillas ou deseños similares. Deberánse entregar sempre a dobre cara. Faránse sempre copias dos traballos entregados. - </p> |
|