Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Psicoloxía da aprendizaxe en contextos educativos Código 652G01007
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Pedagoxía e Didáctica
Psicoloxía
Coordinación
González Fernández, María Dolores
Correo electrónico
m.d.gonzalez@udc.es
Profesorado
Dumitru , Adina Claudia
González Fernández, María Dolores
Correo electrónico
adina.dumitru@udc.es
m.d.gonzalez@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia xunto coa "Psicoloxía do desenvolvemento de 0 a 6" configuran o Módulo de Formación Básica do Título:
Procesos educativos, aprendizaxe e desenvolvemento da personalidade de 0 a 6 anos (Orden ECI/3854/2007, do 27 de
decembro).
O núcleo de competencias básicas trata da comprensión dos procesos educativos e da aprendizaxe e dos determinantes
persoais e relacionais e contextuais da aprendizaxe escolar

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer, comprender e reflexionar sobre as principais teorías, concepcións e tipos de aprendizaxe e as súas implicacións educativas e valorar a importancia de facer unha aprendizaxe constructiva, significativa e interactiva. A1
B1
Coñecer, comprender, identificar e reflexionar sobre algunhas das variábeis máis relevantes propias das situacións educativas escolares de natureza intrapersoal ou propias do alumnado, tanto do ámbito cognitivo como afectivo e a súa incidencia na aprendizaxe escolar. A1
A5
A6
B1
Coñecer, comprender e valorar o coñecemento científico aportado desde a psicoloxía da educación ao estudo dos procesos de cambio comportamental que se producen nos seres humanos como resultado da súa participación en situacións educativas. A1
A4
Coñecer, comprender, identificar e reflexionar sobre algunhas das variábeis máis relevantes propias das situacións educativas escolares de natureza relacional ou contextual e a súa incidencia na aprendizaxe escolar. A1
A5
A6
B1
Planificar e realizar tarefas de forma crítica e creativa, como froito dun pensamento diverxente. B1
B5
B24
C6
C7
Elaborar informes de forma sistemática e planificada a partir de datos obtidos da aplicación de cuestionarios u observación. A1
B1
B5
C6
C7
Manexar ferramentas informáticas e utilizar distintos recursos da rede para a procura de información. B1
B5
B11
C6
Entender o caracter interactivo do proceso de ensino/aprendizaxe nas situacións educativas, e en consecuencia valorar a asistencia á clase como o contexto en que se materializará o mesmo. A1
B1
C6
C7
Valorar a participación, o diálogo e o debate, cunha actitude de respecto, tanto cara ás quendas como ás ideas, como formas de implicación activa e compromiso coa aprendizaxe. A5
B5
B24
C7
Sensibilizarse, comprometerse activamente, responsabilizarse e avaliar o propio proceso de aprendizaxe, desenvolvendo hábitos de traballo, esforzo, responsabilidade e actitudes de curiosidade, rigor científico e interese pola aprendizaxe e o traballo ben feito. A6
B1
C7
Desenvolver técnicas e actitudes favorábeis á cooperación, coparticipación, compromiso e intercambio con outras compañeiras e compañeiros e desenvolver formas de conversación e pensamento exploratorias que favorezan a comprensión e construción do coñecemento. A6
B1
B5
B24
C6
C7
Recoñecer e valorar as diferenzas individuais rexeitando a discriminación baseada en diferenzas de sexo, clase social, crenzas, raza e outras características individuais e sociais. Aceptar e valorar a diversidad B24
Desenvolver actitudes favorábeis cara o desenvolvemento sostíbel. C4

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1: O PROCESO DE ENSINO/APRENDIZAXE DESDE A PSICOLOXÍA DA EDUCACIÓN

1. A aprendizaxe como obxecto de estudo da Psicoloxía Educativa.
2. A sistematización dos procesos de ensino/aprendizaxe escolar


TEMA 2: A APRENDIZAXE ESCOLAR NA PSICOLOXÍA DA
EDUCACIÓN
1. Introdución
2. Principais enfoques psicolóxicos da aprendizaxe
3. Categorías/tipos de aprendizaxe escolar
4. Os procesos de aprendizaxe
TEMA 3: AS ESTRATEXIAS DE APRENDIZAXE 1. Introdución
2. Estratexias cognitivas
3. Estratexias de autoregulación
4. Estratexias de xestión de recursos



TEMA 4: MOTIVACIÓN PARA A APRENDIZAXE
1. Introdución
2. Que é a motivación escolar e de que depende?
3. O compoñente de valor da motivación: as metas académicas
4. O compoñente motivacional de expectativa
5.-O compoñente afectivo-emocional da motivación

TEMA 5: COMPETENCIAS SOCIO-EMOCIONAIS 1. Introdución
2. As emocións na aula
3. Intelixencia e competencia emocional


TEMA 6: FACTORES INTERPERSOAIS E CONTEXTUAIS QUE AFECTAN Á APRENDIZAXE ESCOLAR
1. Introdución
2. A interacción profesorado-alumnado
3. Interacción entre o alumnado
4. A implicación parental na aprendizaxe escolar



Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A4 B24 15 0 15
Portafolios do alumno A1 A4 A5 A6 B1 B5 B11 C4 C6 C7 22 98 120
Proba de resposta múltiple A1 B1 B11 5 0 5
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais (presencial ou virtualmente) e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de introducir e presentar os coñecementos de cada tema e facilitar a súa aprendizaxe.
Portafolios do alumno É unha carpeta ou arquivador que os grupos de traballo colaborativo do alumnado deberán entregar para a súa avaliación. Incluirá as tarefas desenvolvidas polo grupo nas horas de traballo interactivo e traballo non presencial (actividades e/ou prácticas da materia).
Proba de resposta múltiple Proba obxectiva que consiste en formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida.

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Descrición
A atención personalizada realizarase de forma presencial tanto no escenario da aula como en titorías (virtuais ou
presenciais). Consistirá en guiar e tutelar o proceso da aprendizaxe dos grupos de traballo nas distintas actividades de tipo teórico práctico. Todo isto farase coa finalidade de facilitar que o alumnado comprenda significativamente a información, a integre na súa estrutura de coñecementos e se implique activamente.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A1 A4 A5 A6 B1 B5 B11 C4 C6 C7 Carpeta de actividades e/ou prácticas da materia que o alumnado deberá entregar para a súa avaliación. 40
Proba de resposta múltiple A1 B1 B11 Proba obxectiva con varias opcións ou alternativas de resposta e só unha delas é válida. 60
 
Observacións avaliación
1ª CONVOCATORIA. 1ª
OPORTUNIDADE


Dependendo da asistencia continuada ou non as clases, hai dúas
modalidades de seguir a materia de Psicoloxía da aprendizaxe en contextos educativos que determinan dous modos diferentes de avaliación: Modalidade A:
Avaliación Continua e Modalidade B de Avaliación Final.

Modalidade A.
Avaliación Continua.
Avaliación Continua. Nesta modalidad levarase a cabo unha avaliación de tipo procesual consistente na realización dunha serie de actividades e/ou
prácticas realizadas en grupo co seguimento periódico das mismas. Por tanto será obrigatoria a asistencia ás clases (como mínimo o 85% das
horas presenciais, é dicir, só se poderá faltar un máximo de 4 módulos no cuadrimestre (no caso contrario deberase optar pola modalidad B), sendo
imprescindíbel ademais a participación activa e continuada por parte do alumnado no grupo de traballo na aula (no caso contrario contabilizarase
como unha ausencia). Esta avaliación levarase a cabo a partir da:
a/ Presentación por escrito do portafolio grupal, que suporán un máximo dun 40% da cualificación
b/ Proba mixta individual sobre os contidos teórico-prácticos da materia. Isto representa como máximo un 60% da cualificación. A cualificación final será a suma das puntuacións obtidas en cada un dos elementos da avaliación segundo o seu peso respectivo. No caso de non
superar algunha das partes obrigatorias, a nota final será a nota da parte non
superada. 
Modalidade B . Avaliación Final.
Para aquel
alumnado que non asista ao 85% das horas presenciais, alumnado doutras convocatorias/repetidor ou con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de
asistencia, a avaliación virá determinada por:
a/ a presentación por escrito do portafolio individual, que suporán un máximo dun 40% da cualificación
b/ a proba mixta individual sobre os contidos teórico-prácticos da materia. Isto representa como máximo un 60% da cualificación.

1ª CONVOCATORIA. 2ª OPORTUNIDADE
- Na Modalidade A e B. . Terase que repetir a parte obxecto de avaliación en que non se acadou o 50% do
seu peso na cualificación.



Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.



Fontes de información
Bibliografía básica

Artola, T. (2013). Psicología de la educación. Stylo Digital.

Bassedas, E., Huguet, T. e Solé, I. (2006). Aprender y enseñar en educación infantil. Graó.

Beltrán, J. e col. (Eds.) (1995). Psicología de la educación. Barcelona: Marcombo.

Bueno, J.A. e Castanedo, C. (Coords.) (2001). Psicología de la educación aplicada (2ª ed.). CCS.

Coll, C., Palacios, J. e Marchesi, A. (Comps.) (1990). Desarrollo psicológico y educación, II. Psicología de la educación. Alianza. 
Psicológica

Coll, C., Palacios, J. e Marchesi, A. (Comps.) (2007): Desarrollo psicológico y educación. II. Psicología de la educación escolar. Alianza.

Fernández, E., Justicia, F. e Pichardo, M.C. (2007). Enciclopedia de psicología evolutiva y de la educación. Aljibe.

Gómez, A. (2010). Unha viaxe pola infancia. Ir Indo.

González, J. e Criado, M.J. (2004). Psicología de la educación para una enseñanza práctica. CCS.

González, J.A. e col (Coords.) (2002). Manual de psicología de la educación. Pirámide.

Good, T.H.L. e Brophy, J. (1996). Psicología educativa contemporánea (5ª ed.). McGraw Hill .

Henson, K.T. e Eller, B.F. (2000). Psicología educativa para la enseñanza eficaz. International Thompson Editores.

Marchesi, A. (2004). Que será de nosotros, los malos alumnos. Alianza Ensayo.

Martín, M.V. (2009). Psicología de la educación y del desarrollo en educación infantil. Ediped.

Mayer, R.E. (2004). Psicología de la educación. Pearson Educación.

Miras, F. (2001). Psicología de la educación y del desarrollo en la edad escolar. Grupo Editorial Universitario.

Navarro, J.I. e Martín, C. (Coords.) (2010).  Psicología de la educación para docentes. Pirámide.

Pellón, R. et al. (2014): Psicología del aprendizaje. UNED.

Pontecorvo, C. (Coord.) (2003). Manual de psicología de la educación. Editorial Popular.

Prados, M. (2014). Manual de psicología de la educación: para docentes de educación infantil y primaria. Pirámide.

Rodríguez, S. (Coord.) (2015). Psicología de la Educación. Grado en Educación Infantil y Primaria. Pirámide.

Sampascual, G (2001). Psicología de la educación. UNED.

Sampascual, G (2002). Psicología del desarrollo y de la educación. Vol. II: Psicología de la educación. UNED.

Santrock, J.W. (2001). Psicología de la educación. McGraw Hill.

Santrock, J.W. (2006). Psicología de la educación (2ª ed.). McGraw Hill.

Sprinthall, N.A., Sprinthall, R.C. e Oja, S.N. (1996). Psicología de la educación (6ª Ed.). McGraw Hill.

Trianes, M.V. e Gallardo, J.A. (Coords) (2004). Psicología de la educación y del desarrollo en contextos escolares. Pirámide.

Trianes, M.V. e Luque, D. (2013). Manual de psicología de la educación para psicólogos. Luque Parra.

Woolfolk, A. (1999). Psicología educativa (7ª ed.). Prentice Hall.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías