Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A13 |
Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable. |
A37 |
Adquirir coñecemento sobre a evolución do pensamento, as costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia. |
A40 |
Promover o interese e o respecto polo medio natural, social e cultural a través de proxectos didácticos adecuados. |
A45 |
Coñecer a tradición oral e o folclore. |
B18 |
Capacidade para relacionarse positivamente con outras persoas. |
B20 |
Coñecemento de outras culturas e de outras costumes. |
B24 |
Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Adquirir coñecemento sobre a evolución do pensamento, as costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia. Coñecemento das relixións e a súa interacción na sociedade actual.
|
A37 A40 A45
|
B18 B20 B24
|
C4 C7
|
Coñecemento doutras culturas e doutros costumes. Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade. |
|
B20 B24
|
|
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
A13
|
B24
|
C4
|
Coñecer a tradición oral e o folclore, especialmente no ámbito das tradicións relixiosas populares de Galicia. |
A45
|
B24
|
C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Módulo 0. A materia de "Relixión, Cultura e Valores" nunha educación integral. |
0.0. Presentación da materia.
0.1. Mapa conceptual do constructo Relixión-Cultura-Valores.
0.2. Dimensións do compromiso cristián. |
Módulo 1. Estudo do feito relixioso nas súas dimensións histórica e antropolóxica. |
1.1. A procura do sentido da vida.
1.2. As grandes preguntas.
1.3. Panorama de respostas.
1.4. A resposta compartida das relixións.
1.5. Conceptos clave. |
Módulo 2. Estudo dos grandes sistemas relixiosos máis presentes na poboación mundial actual. |
2.1. As relixións tradicionais ou primitivas.
2.2. Hinduísmo e Budismo.
2.3. As relixións monoteístas. |
Módulo 3. Relixións e sociedade. A secularización do occidente cristián. O renacer do feito relixioso. Novos movementos relixiosos e sectas. |
3.1. As orixes da Igrexa e a súa relación co mundo romano.
3.2. A Igrexa na época de cristiandade.
3.3. A Igrexa na idade moderna.
3.4. A secularización de occidente no mundo contemporáneo.
3.5. A nova evanxelización como renacer do feito relixioso hoxe.
3.6. Novas formas de relixiosidade ó noso redor.
3.7. Arte e relixión. |
Módulo 4. O feito relixioso cristián, a súa singularidade específica, e os valores cívicos, éticos e culturais que conleva. |
4.1. As dimensións da moral.
4.2. A doutrinas filosófico-éticas e os dereitos humanos.
4.3. A conciencia. A ética de mínimos e a ética de máximos.
4.4. A vocación, os valores e a moral persoal.
4.5. A bioética e a moral social. |
Módulo 5. O encontro entre as relixións; diálogo interrelixioso e ecumenismo. As relixións e a paz. |
5.1. O diálogo interrelixioso.
5.2. O ecumenismo.
5.3. As confesións cristiás.
5.4. Esforzos actuais pola unidade e a paz: organismos, accións concretas,... |
Módulo 6. Valor humanizador do relixioso, aplicado especialmente á educación e á escola. |
6.1. O dereito á educación relixiosa e moral dacordo coas propias conviccións.
6.2. O currículo de "Relixión e Moral Católica" na etapa correspondente. |
Módulo 7. Iniciación ó coñecemento da Biblia, en especial o Novo Testamento. Estudo histórico-crítico dos evanxeos canónicos. |
7.1. Conceptos básicos sobre a Biblia e o pobo de Israel.
7.2. Niveis de acceso ó texto bíblico.
7.3. O Antigo Testamento.
7.4. O Novo Testamento. Os evanxeos. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A37 A40 A45 B20 |
16 |
32 |
48 |
Aprendizaxe colaborativa |
A13 B18 B24 C4 C7 |
15 |
15 |
30 |
Traballos tutelados |
A13 B24 C4 C7 |
2 |
19 |
21 |
Proba de resposta breve |
A37 A40 A45 B20 |
2 |
10.5 |
12.5 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Sesións expositivas: exposición oral do profesor, complementada con diapositivas, esquemas escritos e montaxes audiovisuais. Estas explicacións teóricas desenvolven os contidos conceptuais que conforman a estrutura de cada tema. |
Aprendizaxe colaborativa |
Sesións interactivas: os alumnos, distribuídos en grupos cercanos a 10 integrantes, traballan colaborativamente sobre a resolución de exercicios prácticos, presentados polo profesor. Estes exercicios prácticos desenvolven os contidos procedimentais que complementan os contidos conceptuais das sesións maxistrais. Esta é a primeira forma de avaliación. |
Traballos tutelados |
Os alumnos, que desexen avaliarse por este medio, poderán optar por unha das seguintes modalidades de traballo: recensionar unha monografía, estudar unha característica dunha relixión, desenvolver unha proposta didáctica. |
Proba de resposta breve |
Os alumnos, que non teñan participado nos exercicios de aprendizaxe colaborativa nin realicen o traballo tutelado, deberán presentarse a esta proba final de avaliación. Consistirá en 20 preguntas de resposta breve, que recollen tódolos bloques de contidos da materia. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
O profesor manterá dous encontros obrigatorios cos alumnos que escollan esta modalidade de avaliación. O primeiro será para explicar e escolle-lo contido do traballo. O segundo servirá para facer un seguimento da evolución do traballo. A partir destes dous encontros obrigados, o alumno poderá solicitar máis sesións de titoría co profesor. Ademais, esta é a modalidade de avaliación máis aconsellable para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Aprendizaxe colaborativa |
A13 B18 B24 C4 C7 |
A media ponderada da nota de tódolos exercicios prácticos representa a primeira forma de cualificación. |
33 |
Traballos tutelados |
A13 B24 C4 C7 |
A nota do traballo representa a segunda forma de avaliación. |
33 |
Proba de resposta breve |
A37 A40 A45 B20 |
A nota do exame representa a terceira forma da avaliación. |
34 |
|
Observacións avaliación |
Pódese concorrer a unha ou varias modalidades de avaliación.
A modalidade de traballo tutelado é a máis aconsellable para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.
A nota final da materia será a máis alta das modalidades escollidas. Na segunda oportunidade poderase realizar o traballo tutelado ou o exame. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa. O estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Conferencia Episcopal Española (2015). Currículo del Área de Religión y Moral Católica. http://www.conferenciaepiscopal.es/curriculo-de-religion/
Luis González-Carvajal (2016). Esta es nuestra fe. Teología para universitarios. Sal Terrae
Juan Martín Velasco (2006). Introducción a la Fenomenología de la Religión. Trotta
Philippe Gruson (2009). Para leer el Antiguo Testamento. Verbo Divino
Étienne Charpentier (1990). Para leer el Nuevo Testamento. Verbo Divino
Jean Comby (2007). Para leer la Historia de la Iglesia. Verbo Divino
Conferencia Episcopal Española (2012). Sagrada Biblia. BAC |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
A asignatura de RELIXIÓN, CULTURA E VALORES require do alumno os coñecementos básicos da materia de "Relixión e Moral Católica", adquiridos no nivel de Secundaria e Bacharelato. Sen estas competencias previas non será imposible, pero si moi difícil, superar satisfactoriamente esta asignatura. Á luz da recente encíclica do papa Francisco "Laudato'Si", sobre o coidado da casa común, recomendamos:
- ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais, profesionais,...
- envía-los traballos telemáticamente e, de non ser posible, imprimilos a dobre cara, en papel reciclado, sen portadas plásticas,...
- facer un uso sostible dos recursos, para previr impactos negativos sobre o medio natural,... Tendo en conta a aínda máis recente encíclica do papa Francisco "Fratelli tutti", sobre a fraternidade e a amistade social, sempre se teñen incorporado a esta materia tódalas perspectivas de inclusión e non discriminación, traballando para identificar todo tipo de prexuízos e fomenta-los valores da "plena cidadanía", fundados na dignidade de toda vida humana; de xeito que implementemos accións concretas, para que os soños da liberdade, a igualdade e a fraternidade non queden no nivel das meras formalidades. |
|