Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer o currículo de Lingua e Literatura Galega na E. Primaria. |
A45
|
|
|
Ser capaz de analizar criticamente as propostas curriculares procedentes da administración educativa. |
A45
|
B3
|
|
Coñecer o comportamento fónico, morfosintáctico, léxico e pragmático da lingua galega. |
A46
|
|
|
Utilizar en cada contexto comunicativo os trazos fónicos, morfosintácticos e léxicos adecuados da lingua galega. |
A46
|
|
|
Distinguir o dialectal do estándar e o correcto do incorrecto, e aplicar estas distincións á aprendizaxe da lingua galega na aula de E. Primaria. |
A46
|
|
|
Posuír un dominio alto da expresión oral, da lectura e da escritura en lingua galega. |
A46
|
|
|
Expor con corrección, falando e escribindo en lingua galega, ideas previamente elaboradas, e facelo de maneira coherente e organizada. |
A46
|
B9
|
|
Saber comunicarse no centro educativo de xeito apropiado e eficaz en lingua galega nas diferentes situacións docentes. |
A43 A44 A45 A46 A47 A48 A49 A50 A51 A52 A53
|
B3 B7 B8 B9 B10 B13 B21 B22 B23 B24 B25
|
C8
|
Ser capaz de organizar e conducir o desenvolvemento das destrezas orais e escritas en lingua galega na E. Primaria. |
A50
|
|
|
Coller gusto e hábito pola lectura e pola escritura en lingua galega e fomentalos no alumnado. |
A48
|
|
|
Tomar conciencia do papel do profesorado como modelo lingüístico |
A46 A48 A52
|
|
C1
|
Acadar un dominio axeitado da expresión oral e escrita en lingua galega |
A46
|
|
C1 C2
|
Coñecer os principais recursos bibliográficos e dixitais para o ensino-aprendizaxe da lingua galega |
|
B15
|
C3
|
Coñecer o marco xurídico polo que se rexe a utilización das linguas no sistema educativo galego |
A45
|
|
|
Aprender a desenvolver a programación didáctica na área lingüística |
A45
|
|
|
Coñecer as metodoloxías para o ensino da lingua en contextos multilingües |
A50
|
|
|
Coñecer as particularidades da situación sociolingüística galega e ser capaz de introducir a perspectiva da educación para o desenvolvemento en propostas de sensibilización e/ou dinamización lingüística |
A14 A29 A34 A49 A50
|
B6
|
C4
|
Saber deseñar estratexias para a aprendizaxe da lingua galega do alumnado galegofalante e non galegofalante |
A49 A50 A52
|
|
|
Saber transmitir actitudes e valores positivos en relación coa lingua e cultura galega |
A50
|
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. A lingua galega e a súa didáctica na E. Primaria.
|
1.1. O marco lexislativo da lingua galega.
1.2. O contexto sociolingüístico galego
1.3. O currículo de Lingua e Literatura Galega.
|
2. A competencia en lingua galega na E. Primaria. |
2.1. A competencia comunicativa e as destrezas básicas en lingua galega.
2.1.1. A comprensión e a expresión oral
2.1.2. A comprensión escrita: o fomento da lectura crítica
2.1.3. A expresión escrita: a escritura
2.1.4. Dificultades da aprendizaxe do alumnado con lingua de instalación diferente das oficiais en Galicia
2.2. A competencia en lingua galega do alumnado e do profesorado e a súa avaliación
|
3. A didáctica da lingua galega: cuestións xerais e de método |
3. 1. Lingua e usos
3.2. O modelo normativo, as variedades diatópicas e a lusofonía e o seu tratamento na E. Primaria
3. 3. Os materiais de apoio para o profesorado de E. P |
4. A didáctica da lingua galega: a compoñente fonética e ortográfica |
4.1. A aprendizaxe dos trazos fónicos da lingua galega na E. Primaria.
4.1.1. A expresión oral e a pronuncia
4.1.2. A expresión escrita e a ortografía
4.1.3. Recursos didácticos |
5. A didáctica da lingua galega: a compoñente morfosintáctica |
5.1. A aprendizaxe da morfosintaxe da lingua galega na E. Primaria
5.1.1. Obxectivos e problemas metodolóxicos
5.1.2 A competencia gramatical e as unidades morfonsintácticas básicas da lingua galega
5.1.3. Estratexias pedagóxicas
|
6. A didáctica da lingua galega: a compoñente lexico-semántica e pragmática |
6.1. A aprendizaxe do léxico e da pragmática da lingua galega na E. Primaria
6.1.1. Enfoques para a aprendizaxe do léxico
6.1.2. Enfoques para a aprendizaxe da pragmática
6.2. Ferramentas didácticas |
7. Novas aproximacións na didáctica da lingua galega |
7.1. A lingua galega e as TIC
7.2. A lingua galega e o audiovisual
7.3. A lingua galega e a aprendizaxe lúdica |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A46 A48 A53 B3 B6 B8 B9 B15 B24 C1 C3 C4 C8 |
2 |
1 |
3 |
Sesión maxistral |
A43 A45 A48 A49 B3 B7 B9 |
19 |
10 |
29 |
Lecturas |
A45 A48 A50 A52 B15 |
0 |
20 |
20 |
Obradoiro |
A14 A29 A34 A46 A50 A52 B6 B7 B9 B15 C4 |
15 |
12 |
27 |
Traballos tutelados |
A44 A47 A48 A51 A52 A53 B3 B8 B9 B10 B13 B15 B21 B22 B23 B24 B25 C2 C3 C8 |
2 |
20 |
22 |
Presentación oral |
A43 A45 A46 B7 B8 B9 B15 C1 C3 |
2 |
2 |
4 |
Foro virtual |
A29 A34 A43 A46 A50 A52 B3 B6 B7 B8 B9 B13 B15 B23 B24 C1 C3 C4 |
0 |
2 |
2 |
Portafolios do alumno |
A43 A44 A45 A46 A47 A48 A49 A50 A52 A53 B3 B6 B7 B8 B9 B15 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C3 C4 C8 |
2 |
12 |
14 |
Proba de ensaio |
A45 A46 A49 B3 B9 B15 C1 |
2 |
26 |
28 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado. |
Sesión maxistral |
Exposicións orais complementadas con materiais de apoio e con introdución de preguntas teóricas e prácticas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitirlle coñecementos, facilitarlle a aprendizaxe e afacelo á aplicación práctica cotiá. |
Lecturas |
O alumnado utilizará documentación bibliográfica proporcionada polo profesorado para ampliar os seus coñecementos sobre a materia e os contidos traballados. Así mesmo, tamén se fará un aproveitamento didáctico delas, nomeadamente daquelas de natureza literaria. |
Obradoiro |
Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes en que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas etc.) a través das que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e a supervisión do profesorado e cunha dupla finalidade: por unha banda, verificar a asimilación das nocións teóricas e, por outra, a exploración da proxección que as ditas nocións poden ter no campo da práctica docente |
Traballos tutelados |
Realización dun ou varios traballos, orais e/ou escritos, grupais e/ou individuais, relacionados con calquera aspecto dos tratados no programa docente. Estes serán fundamentais para que o alumnado supere con éxito a materia, na medida en que dan índice da súa madureza científica. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do alumnado e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
|
Presentación oral |
Intervención inherente ao proceso de ensinanza-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que
o alumnado dunha forma ordeada e coherente expón os resultados de actividades titorizadas de forma dinámica e co apoio de recursos dixitais. |
Foro virtual |
Espazo de discusión informal destinado a que o alumnado interactúe ao redor dun tema ou problema, que se desenvolve nunha contorna virtual de aprendizaxe mediante ferramentas de comunicación asíncrona (foro). |
Portafolios do alumno |
Cartafol ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo/pola estudante nun período de tempo. Inclúe
todo o que fai o/a alumno/a, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu
desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas etc. |
Proba de ensaio |
Con esta proba preténdese determinar tanto os coñecementos teórico-prácticos adquiridos polo alumnado durante o curso como a súa competencia en expresión escrita en lingua galega, a súa capacidade de relación e a súa madurez crítica. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Obradoiro |
Portafolios do alumno |
|
Descrición |
As aulas interactivas, organizadas en grupos pequeno, permitirá á profesora trabar coñecemento co alumnado e realizar o seguimento dos seus progresos. Nelas realizaranse, revisaranse e comentaranse as prácticas encamiñadas á mellora da competencia lingüística e didáctica do alumnado, relacionándoas coas expositivas. Tamén se solventarán aquelas dúbidas que se presenten e consultas relacionadas con calquera das explicacións e das actividades realizadas tanto ao longo das horas presenciais ou das non presenciais como no traballo autónomo do alumnado.
As titorías constituirán, así mesmo, un espazo para a consulta e a resolución de diferentes dificultades que poidan xurdirlle a cada grupo ou estudante nas tarefas solicitadas (portafolio, traballo tutelado etc.) ou
calquera outra cuestión ao redor da materia. Así mesmo, o traballo tutelado contará con tutorías personalizadas e en grupo para o seguimiento do seu traballo.
O atendemento ao alumnado realizarase no horario marcado ao comezo do curso e poderá solicitarse á docente a través de correo electrónico ou do chat de Teams. Así mesmo, a titoría poderá ser presencial ou a través da plataforma Teams, sempre e cando non sexa posíbel a opción presencial.
O alumnado de matrícula parcial e/ou con dispensa académica realizará os traballos e tarefas de forma individual, con entregas nas datas marcadas pola docente, e terá atención personalizada no horario de titorías, para aclarar dúbidas sobre os traballos e tamén sobre o marco teórico e práctico da materia.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A44 A47 A48 A51 A52 A53 B3 B8 B9 B10 B13 B15 B21 B22 B23 B24 B25 C2 C3 C8 |
Realización en pequeno grupo ou individual dun traballo titorizado guiado no que desenvolver de forma práctica os contidos teóricos e no que se demostre a aplicabilidade didáctica |
20 |
Proba de ensaio |
A45 A46 A49 B3 B9 B15 C1 |
Avaliación dos coñecementos aprendidos e da capacidade de relación e madurez crítica respecto deles, así como da competencia en expresión escrita en lingua galega mediante preguntas equiparábeis ás realizadas nas sesións teóricas e interactivas |
40 |
Obradoiro |
A14 A29 A34 A46 A50 A52 B6 B7 B9 B15 C4 |
Avaliación da participación do alumnado en actividades de diversa índole: debates, comentarios de texto, simulacións, etc. Sexan cales foren as tarefas que se leven a cabo, todas servirán a un dobre propósito: por unha banda, comprobar a familiaridade do alumnado cos principios expostos nas sesións maxistrais e recollidos na literatura recomendada; por outra banda, verificar ata que punto posúen a habilidade de convertelos en guieiros para a práctica docente. |
15 |
Lecturas |
A45 A48 A50 A52 B15 |
Valoración da comprensión da(s) obra(s) lida(s) e das capacidades de análise, razoamento, relación, organización e explotación das súas posibilidades didácticas, a través do debate en foros ou tarefa de Moodle. |
8 |
Portafolios do alumno |
A43 A44 A45 A46 A47 A48 A49 A50 A52 A53 B3 B6 B7 B8 B9 B15 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C3 C4 C8 |
O portafolios realizarase de xeito programado co desenvolvemento da materia e incluirá aquelas actividades que a docente indique ao alumnado e que este deberá realizar en tempo e forma para poder ser avaliadas empregando a avaliación continua. A finalidade última é a de facer un seguimento da aprendizaxe do/da alumno/a a medida que se vai desenvolvendo a materia para que este/esta sexa consciente dos seus avances no proceso de ensino-aprendizaxe. |
12 |
Presentación oral |
A43 A45 A46 B7 B8 B9 B15 C1 C3 |
Exposición oral dos traballos tutelados co apoio de recursos dixitais. |
5 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia o alumnado debe ser capaz de expresarse con corrección e fluidez de forma oral e/ou escrita en todas as probas de avaliación e nas diferentes tarefas e traballos obrigatorios, de forma que demostre unha competencia comunicativa axeitada para o seu desenvolvemento profesional. O dominio destas destrezas é preceptivo para aprobar a materia. Modalidades de avaliación Estabelécense tres modalidades de avaliación: 1. Para as persoas que formen grupo (constituído por un mínimo de catro persoas) e asistan regularmente ás clases (80%): obradoiro e portafolio grupal, onde se reflictan todas as tarefas prácticas elaboradas durante as sesións, xunto co material didáctico creado (27%), traballo tutelado escrito e exposición oral cos resultados (25%), reflexión crítica e argumentada non obrigatoria das lecturas obrigatorias que complementan os textos téoricos (8%) e proba de ensaio individual escrita (40%). O traballo colaborativo é fundamental nesta modalidade de avaliación, polo que se debe asistir a un mínimo do 80% das sesións interactivas; así pois, a docente fará un seguimento de asistencia. Para superar a materia é preciso ter aprobadas todas as probas (proba de ensaio, obradoiro/portafolio e traballo tutelado/presentación oral). Na cualificación final da materia deste alumnado, tamén influirán variantes como a participación activa nas aulas, o interese mostrado polas actividades propostas, a valoración da resposta do alumnado e das achegas académicas, así como as actitudes profesionais demostradas no marco da docencia presencial. Os obradoiros inclúen ou poden incluír a asistencia obrigatoria a actividades que, aínda que se realicen fóra do horario específico da materia, poidan ser beneficiosas para o desenvolvemento dos contidos relativos a esta. 2. Para as persoas con recoñecemento de dedicación parcial ou dispensa académica: proba de ensaio escrita extensa (70%), portafolio individual coas actividades propostas pola docente (10%) e un traballo titorizado e presentación oral (20%). Desde o inicio das aulas, este alumnado porase en contacto coa docente para establecer un plan de traballo e seguimento. Terán que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e entregalos nas datas establecidas pola docente. Se non se cumpre a entrega na data sinalada considerarase que dita/o estudante opta pola modalidade 3) de avaliación. A cualificación será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante o curso e da nota da proba escrita, debendo obter en cada unha das partes un aprobado para poder superar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeira oportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas (actividades/traballos e/ou proba). 3. Para as persoas que non formen grupo ou non asistan regularmente ás clases e convocatoria adiantada: unha proba de ensaio extensa (80% da cualificación) e un traballo titorizado (20%). Excepcionalmente, e a valoración da docente, o alumnado terá a posibilidade de ser avaliado na súa totalidade con base no exame (100%).
- Na segunda oportunidade, o alumnado só repetirá a parte suspensa e manterá a nota daquelas que foron superadas, se ben que isto non será aplicábel dun curso para outro.
- Para aprobar a materia será necesario ter superadas todas as partes , en calquera das dúas oportunidades, obtendo no mínimo o 50% da puntuación en cada unha delas.
- Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.”
Recoméndase os envíos dos traballos telematicamente e de non ser posíbel, non utilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Medrano, C. (1994). 50 xogos de lingua. Técnicas de comunicación oral e escrita. Vigo: Xerais
Mosquera Castro, E. (2015). A didáctica da lingua e da literatura no marco das TIC: novos códigos e novas aproximacións. Horizontes científicos y planificación académica en la didáctica de lenguas y literaturas, Ribeirao
Mosquera Castro, E. (2015). A formación do profesorado de lingua galega: perspectivas pedagóxicas e modelo lingüístico. Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación, Extr., 6, A Coruña, 2015, pp. 12-16
Silva Valdivia, B. (2007). A lingua galega nas etapas de educación infantil e primaria. ingua e idade. III Xornadas sobre lingua e Usos. A coruña: Servizo de Publicacións da UDC. 41-52.
Mosquera Castro, E. (2015). A lingüística de Internet: máis un desafío para a gramática galega e a súa didáctica. Revista Galega de Filoloxía, 16, A Coruña, Universidade da Coruña, 2015, pp. 123-145
García Teijeiro, A. (2009). A poesía necesaria. Vigo: Galaxia
García Piqueras, I. (1996). Adquisición y recepción de la lengua gallega: una perspectiva castellano-hablante. A Lingua galega: Historia e actualidade. Actas do I Congreso Interacional. Volume II. 467-474
Fernández Rei, F. (1987). Aplicación da Dialectoloxía na aprendizaxe do galego común. Grial 96, 131-150.
Espiño, M. e H. Sánchez (1990). Aprender palabras e significados. A léxico-semántica.. A Coruña: Vía Láctea
Callón, C. (2012). Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez. Vigo: Xerais
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2006). Criterios para o uso da lingua. A Coruña: Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións
Martín Vegas, R. A. (2018). Desarrollo de la competencia lingüística y literaria en la educación primaria. Madrid: Síntesis
Feixó Cid, X. (2003). Dicionario galego dos nomes. Vigo: Xerais
Mosquera Castro, E. (2013). Didáctica da lingua e novos soportes comunicativos: a linguaxe SMS. A Coruña: AS-PG
Silva Valdivia, B. (coord.) (1994). Didáctica da lingua en situacións de contacto lingüístico. Santiago de Compostela. ICE Universidade de Santiago de Compostela.
Castro Soliño, D. e Gullón González, R (1996). Didactica da lingua nos medios de comunicación. A Lingua galega: Historia e actualidade. Actas do I Congreso Interacional. Volume II. 433-442
Doural Rocha, A. (1995). Didáctica da redacción, narración e descrición. Vigo: Xerais
Núñez Singala, M. (2009). En galego, por que non? Contra os prexuízos e as simplificacións sobre a lingua galega. Vigo: Galaxia
Cassany, D. et alii (1994). Enseñar lengua. Barcelona: Graó
Regueira, X. L. (2013). Estándar oral e modelos de lingua. A letra miúda nº2 – Revista de Sociolingüística da CGENDL.
Freixeiro Mato, X. R. (2013). Estilística da lingua galega. Vigo: Xerais
Peliquín Pérez, F. (1996). Estratexias didácticas para unha mellora das actitudes lingüísticas. A Lingua galega: Historia e actualidade. Actas do I Congreso Interacional. Volume II. 481-488
Rodari, G (2013). Gramática da fantasía: introducción á arte de contar historias. Pontevedra: Kalandraka
Freixeiro Mato, X. R. (2006). Gramática da lingua galega. I. Fonética e Fonoloxía. II Morfosintaxe. III Semántica. IV Gramática do texto. Vigo: A Nosa Terra
Ferreiro, M. (1999). Gramática histórica galega. I. Fonética e Morfosintaxe. Santiago de Compostela: Laiovento
Ferreiro, M. (2001). Gramática histórica galega. II. Lexicoloxía. Santiago de Compostela: Laiovento
Carpente Allegue, B. (coord.) (2004). Gramática insubordinada. Obradoiro de Lingua Gianni Rodari. Vigo: Xerais
Hermida Gulías, C (2004). Gramática práctica (Morfosintaxe). Santiago de Compostela: Sotelo Blanco
López Viñas, X., Lourenço Módia, C. e Moreda Leirado, M (2010). Gramática práctica da lingua galega. Comunicación e expresión. A Coruña: Baia Edicións
Mariño Paz, R (1998). Historia da lingua galega. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco
Freixeiro Mato, X. R. (2009). Lingua de Calidade. Vigo: Xerais
Sánchez Rei, X. M. (2011). Lingua galega e variación dialectal. Noia: Laiovento
Freixeiro Mato, X. R. (2006). Manual de gramática galega. Vigo: A Nosa Terra
Real Academia Galega (2007). Mapa sociolingüístico de Galicia 2004. Volume 1: Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia. A Coruña: RAG
Real Academia Galega e Instituto da Lingua Galega (2012). Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. A Coruña: RAG
Sanmartín Rei, G. (2009). Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación. Vigo: Xerais
Fernández Rei, E. (1996). O ensino da fonética galega a castelanfalantes: problemas e métodos. A Lingua galega: Historia e actualidade. Actas do I Congreso Interacional. Volume II. 443-452
Ares, Mª do C. e X. Arias (1986). O galego estándar sen merma da variante dialectal. Revista Galega de Educación, número 3, 29-31
Peliquín Perez, F., C. Pérez Recarey e Rodeiro Barros, M. (1996). O lecer e a lingua oral: unha proposta creativa para a Educación Secundaria Obrigatoria. A Lingua galega: Historia e actualidade. Actas do I Congreso Interacional. Volume II. 489-501
Callón, C. (2022). O libro negro da lingua galega. Vigo: Xerais
Iglesias Álvarez, A (2007). Os preconceptos lingüísticos segundo a idade. Lingua e idade. III Xornadas sobre lingua e Usos. A coruña: Servizo de Publicacións da UDC. 165-182
Regueira, X. L (coord.) (1999). Os sons da lingua. Vigo: Xerais
Medrano, C. (1998). Outros 50 xogos de lingua. Vigo: Xerais
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2007). Sobre a calidade da nosa lingua. A Coruña: Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións
García Negro, M. P (ed.) (2009). Sobre o racismo lingüístico. Ames: Laiovento
Silva Valdivia, B. (1992). Sociolingüística e didáctica da lingua en Galicia. Aproximación ó pensamento dos futuros profesores de lingua. Cadernos de Lingua 6, 125-135. |
Esta bibliografía poderá complementarse durante o transcurso da materia |
Bibliografía complementaria
|
Mendoza Fillola, A. (coord.) (1998). Conceptos clave en didáctica de la lengua y la literatura. Barcelona: S. E. D. L. L. / UB – I. C. E. / Horsori
Ninyoles, R. (1976). Cuatro idiomas para un estado. Madrid: Cambio 16
Cassany, D. (2007). Describir el escribir: cómo se aprende a escribir. Barcelona: Paidós
Graves, D. H. (1991). Didáctica de la escritura. Madrid: Morata
Mendoza Fillola, A. et alii (1996). Didáctica de la lengua para la Enseñanza Primaria y Secundaria. Madrid: Akal
Mendoza Fillola, A. (coord.) (). Didáctica de la lengua y la literatura para Educación Primaria. Madrid: Pearson Educación
López, A. e E. Encabo (2001). El desarrollo de habilidades lingüísticas: una perspectiva crítica. Granada: Grupo Editorial Universitario
Domínguez Cuesta, C. (2005). El lenguaje de los SMS y del chat en las aulas. Cuadernos de Pedagogía, 343. 65-69
Cassany, D. (2012). En línea: leer y escribir en la red. Barcelona: Anagrama
Cairney, Th (1992). Enseñanza de la comprensión lectora. Madrid, Morata
Fontich Vicens, X (2006). Hablar y escribir para aprender gramática. Barcelona: ICE-ORSORI
López, A. e E. Encabo (2002). Introducción a la didáctica de la lengua y la literatura: un enfoque sociocrítico. Barcelona: Octaedro
Cassany, D. (2007). La cocina de la escritura. Barcelona: Anagrama
Sánchez Miguel, E (2010). La lectura en el aula: qué se hace, qué se debe hacer y qué se puede hacer. Barcelona: Graó
Unamuno, V. (2003). Lengua, escuela y diversidad sociocultural: hacia una educación lingüística crítica. Barcelona: Graó
Costa Bravo, C., J. J. Jiménez Gómez e C. Vela Delfa (2003). Los textos electrónicos en la enseñanza de lenguas extranjeras. Interlingüística, 14
Martín Vegas, R. A (2009). Manual de Didáctica de la Lengua y la Literatura. Madrid: Síntesis
Camps, A y F. Zayas (coords.) (2006). Secuencias didácticas para aprender gramática. Madrid: Aguilar
Kohan, S. A. (2006). Taller de lectura: el método. Barcelona: Alba
Cassany, D. (2006). Taller de textos: leer, escribir y comentar en el aula. Barcelona: Paidós
Cassany, D. (2013). Tras las líneas: sobre la lectura contemporánea. Barcelona: Anagrama |
Esta bibliografía poderá complementarse durante o transcurso da materia |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Lingua e literatura galega e a súa didáctica/652G02013 | Literatura infantil e xuvenil e a súa didáctica/652G02029 |
|
Observacións |
Para cursar axeitadamente esta materia, é preciso ter:
- coñecementos amplos de gramática galega
- coñecementos do léxico común habitual da lingua galega
- coñecementos de sociolingüística galega
- dominio medio-alto da expresión oral e da escrita en lingua galega
Tendo en conta a importancia que a perspectiva de xénero debe de ter na Ensinanza Superior de acordo coa lexislación vixente e atendendo ás indicacións da Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña, esta materia, así como a súa docente a título persoal, comprométese a: - Usar linguaxe non sexista e inclusiva.
- Visibilizar e analizar os nesgos sexistas en recursos, medios e discursos etc.
- Propiciar a intervención en clase de alumnas e alumnos.
- Traballar para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influír na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
- Adaptar a normativa APA para que figuren os nomes de autoras e autores, así como a procura de paridade na bibliografía, aplicando a citación xusta: https://www.educacion.udc.es/biblioteca/?pagina=citar
|
|