Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Educación inclusiva e multicultural Código 652G02016
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Gómez Sánchez, Tania Fátima
Correo electrónico
tania.fatima.gomez.sanchez@udc.es
Profesorado
Fernández Menor, Isabel
Gómez Sánchez, Tania Fátima
Correo electrónico
isabel.fernandez.menor@udc.es
tania.fatima.gomez.sanchez@udc.es
Web http://http://www.educacion.udc.es/
Descrición xeral Para comprender de xeito holístico o cometido da Educación Inclusiva e Multicultural perante as xeracións máis novas de escolares da nosa sociedade, e para podermos contribuir á construción crítica deste cometido, cabe situar este ámbito de formación e investigación -tanto as aproximacións conceptuais como as conexións entre teoría e práctica pedagóxica- no amplo, complexo e dinámico contexto histórico de desenvolvemento das sociedades e da convivencia humana no mundo actual. Este "enmarcamento" da asignatura de Educación Inclusiva e Multicultural tenta transcender as focaxes que se limitan a abordar a cultura escolar da etapa de Infantil, ou os procesos de aprendizaxe dentro da institución educativa en si, e pouco máis. Máis que iso, procura revelar as conexións que ten este corpo de coñecementos con outros ámbitos de educación e con outras esferas de produción socio-cultural, como son: a educación no seo da familia, as expresións de cultura popular e a formación da identidade nas comunidades tanto locais como globais, o rol dos medios de comunicación na sua produción e reprodución destes procesos, do sistema económico capitalista (cada vez máis globalizado e neoliberal), da política dos estados-nación e do ámbito transnacional das migracións, dos dereitos humanos, dun medioambiente finito, das relixións, dos pobos, dos xéneros, das sexualidades, da dis/capacidade, e doutros factores determinantes da diversidade humana.

Desde este marco "glocal", educar para a xustiza intercultural e o acceso igualitario áos bens das democracias --acceso a un sistema educativo que optimice a formación intelectual e o desenvolvemento persoal de todas e cada unha das mentes novas-- é un labor relacional e transversal que emerxe e participa destes múltiples ámbitos sociais solapados, e que pode e debe incidir neles para fomentar ditos dereitos. Require, polo tanto, unha pedagoxía que abarque contidos e temas curriculares reveladores das desigualdades, exclusións e opresións, e construtores da "igualdade na diversidade". Esta formación ten connotacións éticas e/ou controvertidas, e comprende procesos organizativos e didácticos colaboradores, colectivizantes e transformadores, que establezan pontes entre a necesaria reflexión teórica e a imprescindíbel posta en práctica. Así mesmo, precisa dunha orientación crítica sobre as relacións humanas que sexa á vez intrapersoal (auto-reflexiva) e interpersoal, e tanto intergrupal como colectivo-global.

As grandes liñas de estudo inclúen:

- Globalización e curriculum na Educación Primaria, e formas interculturais de representación e participación igualitaria na etapa de Primaria.
- Multiculturalismo, prexuízos, estereotipos, racismo, xenofobia e outros tipos de discriminación e exclusión nas institucións escolares.
- Modelos de Educación Inclusiva, Multicultural, Intercultural e Anti-Racista.
- Atención á diversidade cultural e funcional, e a inclusión na escola: minorías étnicas, inmigrantes, emigrantes e alumnado con diversidade funcional.
- Estratexias didácticas de atención á diversidade e de educación inclusiva na etapa de Educación Primaria.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A1 Comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao período de 6-12, no contexto familiar, social e escolar.
A2 Coñecer as características destes estudantes, así como as características dos seus contextos motivacionais e sociais.
A3 Dominar os coñecementos necesarios para comprender o desenvolvemento da personalidade destes estudantes e identificar disfuncións.
A4 Identificar dificultades de aprendizaxe, informalas e colaborar no seu tratamento.
A5 Coñecer as propostas e desenvolvementos actuais baseado na aprendizaxe de competencias.
A6 Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe.
A7 Analizar e comprender os procesos educativos na aula e fóra de ela relativos ao período 6-12.
A8 Coñecer os fundamentos da educación primaria.
A9 Analizar a práctica docente e as condicións institucionais que a enmarcan.
A10 Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país e os condicionantes políticos e lexislativos da actividade educativa.
A11 Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula.
A12 Abordar e resolver problemas de disciplina.
A13 Promover o traballo cooperativo e o traballo e esforzo individuais.
A14 Promover accións de educación en valores orientadas á preparación dunha cidadanía activa e democrática.
A15 Coñecer e abordar situacións escolares en contextos multiculturais.
A16 Deseñar, planificar e avaliar a actividade docente e a aprendizaxe na aula.
A17 Coñecer e aplicar experiencias innovadoras en educación primaria.
A18 Participar na definición do proxecto educativo e na actividade xeral do centro atendendo a criterios de xestión de calidade.
A21 Coñecer e saber exercer as funcións de titor e orientador en relación coa educación familiar no período 6-12.
A22 Relacionar a educación co medio, e cooperar coas familias e a comunidade.
A23 Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalidade; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable.
A28 Valorar as ciencias como un feito cultural.
A29 Recoñecer a mutua influencia entre ciencia, sociedade e desenvolvemento tecnolóxico, así como as condutas cidadás pertinentes, para procurar un futuro sustentable.
A34 Fomentar a educación democrática da cidadanía e a práctica do pensamento social crítico.
A35 Valorar a relevancia das institucións públicas e privadas para a convivencia pacífica entre os pobos.
A37 Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
A50 Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües.
A56 Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes aos estudantes.
A60 Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
A61 Adquirir un coñecemento práctico da aula e da xestión da mesma.
A62 Coñecer e aplicar os procesos de interacción e comunicación na aula e dominar as destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima de aula que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
A63 Controlar e facer o seguimento do proceso educativo e en particular o de ensino-aprendizaxe mediante o dominio das técnicas e estratexias necesarias.
A64 Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro.
A65 Participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando desde a práctica.
A66 Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación que se podan establecer nun centro.
A68 Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e do contorno social.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
B8 Capacidade para elaborar discursos coherentes e organizados loxicamente.
B9 Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e na escrita.
B11 Capacidade de comprensión dos distintos códigos audiovisuais e multimedia e manexo das ferramentas informáticas.
B12 Capacidade de selección, de análise, de avaliación e de utilización de distintos recursos na rede e multimedia.
B14 Capacidade para traballar en equipo de forma cooperativa, para organizar e planificar o traballo, tomando decisións e resolvendo problemas, tanto de forma conxunta como individual.
B15 Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información.
B16 Capacidade crítica e creativa na análise, planificación e realización de tarefas, como froito dun pensamento flexible e diverxente.
B17 Capacidade de análise e de autoavaliación tanto do propio traballo como do traballo en grupo.
B18 Compromiso ético para o exercicio das tarefas docentes.
B19 Capacidade de adaptarse a novas situacións nunha sociedade cambiante e plural.
B20 Relación con diversos interlocutores sociais.
B21 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B22 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B23 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B24 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B25 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Familiarizarase coas das diversas tradicións intelectuais e políticas da Educación Inclusiva, Educación Multicultural, Educación Intercultural e os Estudos Culturais, e os aspectos máis relevantes destes campos de investigación para a etapa de Educación Primaria, ao entrar en contacto coas fontes bibliográficas, audiovisuais e informativas fundamentais no ámbito da Educación Inclusiva e Multicultural. A5
A6
A8
A10
A11
A13
A14
A15
A23
A28
A29
A34
A35
A37
A50
A56
B1
B3
B4
B5
B6
B7
B11
B19
B20
C3
C4
C6
C8
Favorecer actitudes antidiscriminatorias nos futuros profesionais de Educación Primaria, tales como racismo, etnocentrismo, imposición lingüística, xenofobia, etc. A1
A2
A6
A9
A15
A18
B1
B3
B4
B5
B6
B9
B11
B15
B16
B18
C4
C6
Afondar na importancia tanto profesional como social dos aspectos ético-axiolóxicos da Educación Inclusiva e Multicultural para a etapa de Educación Primaria, ao desenvolver actitudes á vez críticas e solidarias fronte á diversidade humana nas comunidades educativas, e ao adquirir e fomentar valores tanto universais como particulares relacionados con: a empatía, o respecto, a dignidade humana e os dereitos humanos, o apoio mutuo, a reciprocidade, a colaboración, a inclusión dos excluídos, a participación igualitaria e democráticas na vida pública do centro, as "virtudes comunicativas", e a organización pacífica e xusta da sociedade multicultural, entre outros valores e aspectos que atinxen á xustiza intercultural e a solidariedade. A3
A5
A9
A11
A14
A22
A23
B1
B3
B12
B16
B17
B21
B22
B23
C4
C7
C8
Comprenderá que a Educación Inclusiva e Multicultural supón un corpo de coñecementos inacabados, mutables, e continuamente negociados, non un paradigma pechado ou monolítico, polo que debe derivar no desenvolvemento dun xuízo (ou disposición) profesional flexíbel e crítico. A9
A10
A23
A65
A66
A68
B3
B5
B6
B8
B9
B16
B17
B18
C4
C5
C7
C8
Comprender, analizar e avaliar os principais contidos, recursos, estratexias e situacións de aprendizaxe desde a Educación Inclusiva e Multicultural: contidos culturalmente inclusivos e interculturais, a organización democrática da aula e do centro, a inclusión e promoción das perspectivas e voces minoritarias e/ou desfavorecidas socialmente, a análise crítica dos documentos e medios de comunicación-aprendizaxe, a mediación e resolución pacífica de conflitos, a aprendizaxe cooperativa e os xogos cooperativos, a globalización do curriculum, a colaboración intersectorial, o poder do desenvolvemento tecnolóxico para a aprendizaxe intercultural e a conectividade, etc. A1
A2
A3
A4
A5
A6
A7
A8
A11
A12
A13
A14
A15
A16
A17
A21
A28
A29
A34
A60
A61
A62
A63
A64
A65
A66
A68
B1
B5
B7
B9
B14
B15
B24
B25
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE E INCLUSIÓN NA ESCOLARIDADE



2.GLOBALIZACIÓN E CURRICULUM, FORMAS INTERCULTURAIS DE REPRESENTACIÓN E PARTICIPACIÓN NA ETAPA DE PRIMARIA.



3.MULTICULTURALISMO, PREXUÍZOS, ESTEREOTIPOS, RACISMO, XENOFOBIA E OUTROS TIPOS DE DISCRIMINACIÓN E EXCLUSIÓN NAS INSTITUCIÓNS ESCOLARES. MODELOS DE EDUCACIÓN MULTICULTURAL.




4. ESTRATEXIAS DIDÁCTICAS NA ATENCIÓN Á DIVERSIDADE E A EDUCACIÓN INCLUSIVA NA ETAPA DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A12 A16 A17 A21 A22 A28 A29 21 3 24
Análise de fontes documentais A10 A34 A35 A37 A50 A56 3 25 28
Aprendizaxe colaborativa A1 A4 A60 A61 A62 A63 3 25 28
Estudo de casos A1 A2 A3 A4 A64 A65 A66 A68 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 3 10 13
Discusión dirixida A4 A5 B9 B11 B12 B14 B15 B16 B18 C4 C5 C7 C8 3 0 3
Foro virtual A13 A14 A15 B20 B21 1 2 3
Presentación oral A18 A23 1 2 3
Investigación (Proxecto de investigación) B17 B19 B22 B23 B24 B25 C3 C6 3 25 28
Actividades iniciais B17 B19 C6 2 0 2
Proba mixta A6 A7 A8 A9 A11 2 15 17
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral por parte da docente, e con apoio de recursos audiovisuais, de contidos relacionados co temario da materia.
Análise de fontes documentais Lectura e análise da documentación seleccionada como obrigatoria para traballar a materia.
Aprendizaxe colaborativa Consistirá en dinámicas de grupos variadas, que se empregarán nos debates, na análise das fontes realizada en grupo, nos traballos tutelados e na presentación oral.
Estudo de casos Metodoloxía na que o suxeito é confrontado coa descrición dunha situación específica cun problema a ser entendida, valorada e determinada por un grupo de persoas a través dun proceso de discusión. O alumnado está perante un problema concreto que describe unha situación real de traballo, e debe ser capaz de analizar unha serie de eventos relativa a un determinado campo de coñecemento ou acción para acadar unha decisión fundamentada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Discusión dirixida Na clase debatirase sobre varios contidos estudiados e analizados, tomando como referencia diferentes tipos de fontes documentais.
Foro virtual Posíbel utilización de distintas modalidades de comunicación virtual (Moodle, wikis, redes sociais, Internet, gravacións audiovisuais, etc.) para facilitar o traballo colaborativo, o debate e os procesos de deliberación en xeral.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Investigación (Proxecto de investigación) Proceso de ensinanza orientado á aprendizaxe do alumnado mediante a realización de actividades de carácter práctico a través das que se propoñen situacións que requiren ao estudante identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado.
Actividades iniciais Aplicarán unha técnica de dinámica de grupos que ten como obxectivo axudar a desenvolver a perspectiva social e a empatía mediante a representación de diferentes papeies dentro de situacións conflictivas nas que intervieñen diferentes posturas que teñen que ser combinadas. Utilízase para traballar as relacións interpersonais, o comportamento, os valores e as atitudes durante as primeiras sesións como punto de partida.
Proba mixta A proba mixta consistirá nun exame, sen material, composto por preguntas de resposta breve e preguntas de desenvolvemento. Pode requirirse, ademais, a realización dun esquema ou mapa conceptual.

Atención personalizada
Metodoloxías
Investigación (Proxecto de investigación)
Presentación oral
Descrición
A atención personalizada realízase principalmente dentro da aula de clase, mais tamén fóra durante as titorías. Concíbese como momentos de apoio que o profesorado ofrece a cada alumna ou alumno a título individual. Irase concretando a medida que se realizan as actividades da materia, en función das necesidades detectadas.


Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) B17 B19 B22 B23 B24 B25 C3 C6 Realización dun proxecto que comprende actividades de carácter práctico a través das que se expoñen situacións que requiren ao estudante identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado.
30
Presentación oral A18 A23 Na presentación participarán todos os membros do grupo.

Valoraranse os aspectos a seguir:

• Calidade da preparación desta actividade.
• Relevancia e organización dos contidos expostos.
• Coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
• Nivel de comprensión dos contidos básicos.
• Capacidade analítica e de síntese.
• Claridade expositiva.
• Creatividade e innovación nas propostas.
--------------------------------------------------

30
Proba mixta A6 A7 A8 A9 A11 -------------------------------------------------
Terá carácter individual. Pode estar constituida por diversos tipos de preguntas. Especificarase o peso de cada pregunta, de ser varias.

40
 
Observacións avaliación

Será preciso superar cada un dos elementos de avaliación para aprobar a materia. No caso do alumnado que suspenda unha das partes, non se fai media. A  cualificación será a da parte suspensa. No caso de non participar na presentación oral por causa motivada contemplada na normativa, acordarase co grupo unha nova data de avaliación. No caso de non participar na presentación oral sen causa xustificada contemplada na normativa, non se poderá optar á calificación nese elemento de avaliación. 

As porcentaxes especificadas aplícanse ao alumnado asistente, que é aquel que asiste a clase nun 80% do horario das sesións interactivas. 

As condicións de avaliación son idénticas na primeira e segunda oportunidade.

O alumnado con recoñecemento oficial de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, ou o que compaxina estudos e traballo, sempre que poida probar debidamente esta circunstancia, ou o alumnado con calquera outra circunstancia excepcional,  deberá acudir a titorías co fin de determinar os traballos sustitutorios  da actividade interactiva presencial. Presentará o proxecto de investigación, a presentación oral e a proba mixta.

O alumnado non asistente que non está nas condicións anteriores, ou non as acredita debidamente, realizará a avaliación determinada no caso anterior. 

Recoméndase enviar os traballos telematicamente e, de non ser posible, non utilizar plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.

 Débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

 Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

Seguirase a normativa universitaria no que  respecta á  perspectiva de xénero no  desenvolvemento da materia. Recoméndase utilizar linguaxe non sexista nos traballos académicos e citación xusta nas referencias bibliográficas dos mesmos.

 


Fontes de información
Bibliografía básica

Esta listaxe de bibliografía básica será complementada no campus virtual da materia.

1.Diversidade cultural, convivencia e xustiza social nun mundoglobalizado

Amnistía Internacional (Ed.) (2006).Vivir en las sombras. Madrid, AmnistíaInternacional.

Bindé, J. (Dir.) (2005). ¿Adóndevan los valores? Coloquios del siglo XXI.Barcelona, Icaria / UNESCO.

Fernández Enguita (2016). La educación en la encrucijada. Madrid. Fundación Santillana.

Filigrana, P. (2020) El pueblo gitano contra el sistema mundo. Akal

Galeano, E. (2008). Carta aoSeñor Futuro. A Coruña, Laiovento.

Giroux, H.A. (2001). El capitalismo global y la políticade la esperanza educada. Revista de Educación.Número extraordinario, pp. 251-263.

Montón, M.J.(2003). La atención del alumnado inmigrante en el centro escolar. Graó.

Morrison, T. (2019) El orígen de los otros. Lumen.

Santos Solla, X. M. (2004, (Abril-Xuño). A poboacióngalega, algo máis ca unha crise demográfica. Grial,Nº 162, pp. 13-17.

Terrén, E. (2004). Incorporacióna asimilación: la escuela como espacio de inclusión social.Madrid, Los Libros de la Catarata.

Torres Santomé, J. (2011). Lajusticia curricular. El caballo de Troya de la cultura escolar.Barcelona, Morata.

2.Educación Anti-Racista, Educación Intercultural e Multicultural, ea diversidade lingüística nas aulas

AA.VV. (2000). Igualdad con diversidad: la apuesta delos Movimientos de Renovación Peadgógica (manuscrito inédito).Confederación de Movimientos de RenovaciónPeadgógica. Recuperado o 20 de Setembro de2002 de: http://cmrp.pangea.org/ig_div.htm.

AA.VV. (2005): Plan de Acollida:orientacións para a súa elaboración. Materiais de apoio aoprofesorado para a atención educativa ao alumnado procedente doestranxeiro. Santiago de Compostela,Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, DirecciónXeral de Centros e Ordenación Educativa / Consellería de Emigración/ Xunta de Galicia. Recuperado o 14 de xullo de 2011 do URL:http://www.edu.xunta.es/portal/mostrarfile?tipoRecursoCampoID=72e4e373-c0a8fd03-006e7a5b-a9a0b568&recursoID=7e4151de-4532174a-0174813f-36330e8c&lleng=gl

Baker, C. (1997). Fundamentos deeducación bilingüe y bilingüismo. Madrid,Cátedra.

Carrasco Pons, S. (2005,Decembro). Interculturalidad e inclusión: principios para evaluar laacogida del alumnado de origen extranjero. Aulade Innovación Educativa ,Nº 147, pp. 64-68.

Cummins, J. (2002). Lenguage,poder y pedagogía.Madrid, Morata / Ministerio de Educación, Cultura y Deporte(263-277).

Dadzie, S. (2004). Herrmientascontra el racismo en las aulas. Madrid,Morata / MECD.

Brown, B. (2009). Desaprender ladiscriminación en educación infantil.Madrid, Morata.

Essomba, M.A. (2006). Liderarescuelas interculturales e inclusivas: equipos directivos yprofesorado ante la diversidad cultural y la inmigración.Barcelona, Graó.

Eddo Lodge ( 2021) Por que no hablo con blancos sobre racismo. Península

Fundación Secretariado Gitano (2007). Retosen los contextos multiculturales. Competencias interculturales yresolución de conflictos. Recuperado deAula Intercultural, o 14 de xullo de 2011 doURL: http://www.aulaintercultural.org/article.php3?id_article=2541

Jociles, M.I., Franzé, A. e Poveda, D. (Coords.) (2011).Etnografías de la infancia y de laadolescencia. Madrid, Los Libros de laCatarata.

Kendi, I. (2020). Como ser antiracista.Raio Verde

Martín Rojo, Luisa (Dir.) (2003). ¿Asimilaro integrar? Dilemas ante el multilingüismo en las aulas.Madrid, Centro de Investigación Documentación Educativa (CIDE),Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.

McCarthy, C. (1994). Racismo ycurriculum. Madrid, Morata.

Priegue Caamaño, D. (2008). A escola en Galicia e osdesafios do alumnado inmigrante: avaliación dun programa parafamilias inmigrantes. Revista Galega deEducación, Nº 41, pp. 157-163.

Poveda, David (Coord.) (2003). Entrela diferencia y el conflicto: miradas etnográficas a la diversidadcultural en la educación. Cuenca,Universidad de Castilla-La Mancha.

Teasley, C. (2005, Novembro). Respuestas socioeducativasante la creciente diversidad cultural en Galicia. Aulade Innovación Educativa, No. 146, pp. 29-32.

Teasley, C. (2008, Outubro). Perspectivas postcolonialessobre la acogida del alumnado inmigrante en Galiza (España).Archivos Analíticos de Políticas Educativas/ Education Policy Analysis Archives, Vol.16, Nº 19, recuperado o 14 de xullo de 2011 do URL:http://epaa.asu.edu/ojs/article/view/44?lang=es

Torres Santomé, J. (1998). Educación antirracista:diversidad y justicia social en las aulas. En E. Santamaría e F.González Placer (Coords.), Contra elfundamentalismo escolar: reflexiones sobre educación, escolarizacióny diversidad escolar. Barcelona, Virus, pp.107-124.

Villalba, F. e Villatoro, J. (Coords.) (2011). EducaciónIntercultural y currículo (Vols. I-IV). Madrid,Prácticas en Educación.

3.Dereitos humanos, democracia, cidadanía, convivencia, aprendizaxecooperativa, xustiza socio-cultural, empoderamento,anti-discriminación, educar en valores, coeducación, igualdade(perspectivas pedagóxicas)

Amnistía Internacional (2007). Informe2007: el estado de los derechos humanos en el mundo.Madrid, Editorial Amnistía Internacional. Recuperado o 20 deSetembro de 2007 en formato dixital (pdf) da páxina web de AminstíaInternacional: http://thereport.amnesty.org/document/172.

Asociación de Enseñantescon Gitanos (2003): Materiales curriculares y diversidad cultural:crítica, análisis y propuestas. Boletín del Centro deDocumentación de la Asociación de Enseñantes con Gitanos , Nº 23(monográfico).

Jares, X.R. (2006). Pedagogía dela convivencia. Barcelona, Graó.

Johnson, D.W., Johnson, R.T. e Holubec, E.J. (1994). Elaprendizaje cooperativo en el aula.Barcelona, Paidós Educador.

Sánchez Sáinz, M. (Coord.) (2010). Cómoeducar en la diversidad afectiva, sexual, y personal en EducaciónInfantil (orientaciones prácticas). Madrid,Los Libros de la Catarata.

Sánchez Bello, A. (2000). Coeducación:guía para el profesorado. A Coruña,Fundación Mujeres.

Sánchez Bello, A. (2007). La escuela en la culturaglobal: ¿qué concepto de ciudadanía enseñar? InnovaciónEducativa, Nº 17, pp. 27-35.

Tusón, J. (1995). Mal delinguas: arredor dos prexuícios lingüísticos.Santiago de Compostela, Edicións Positivas.

Tusón, J. (2010). Los prejuicioslingüísticos. Barcelona, Octaedro.

Zeichner, K.M. (2010). Laformación del profesorado y la lucha por la justicia social.Madrid, Morata.

4.Diversidade funcional, discapacidade, proxectos de innovacióneducativa e Educación Inclusiva

Ainscow, M. (2001). Desarrollo deescuelas inclusivas. Ideas, propuestas y experiencias para mejorarlas instituciones escolares. Madrid, Narcea.

Barton, L. (Comp.) (2008). Superarlas barreras de la discapacidad. Madrid,Morata.

Betbesé, E.(2014). Buenas prácticas en inclusión educativa. Las adaptaciones curriculares. Down España.

Booth, T., Ainscow, M. e Kingston, D. (2007). Indexpara la Inclusión: desarrollo del juego, el aprendizaje y laparticipación en Educación Infantil.(Tradución do Index for Inclusion: developinglearning and participation in schools.Recuperado o 14 de xullo de 2011 do URL:http://www.csie.org.uk/publications/inclusion-index-explained.shtml


Booth, T., Ainscow (2015). Guía para la educación inclusiva. Desarrollando el aprendizaje y la participación en los centros escolares. Madrid. Fuhem

Castro, M.M., Ferrer, G., Majado, M.F., Rodríguez, J.,Vera, J., Zagra, M. e Zapico, H. (2007). Lacomunidad en la escuela. La escuela en la comunidad.Barcelona, Graó.

Echeita, G.(2006). Educación para la inclusión o educación sin exclusiones. Madrid, Narcea.

Echeita, G (2011). Orientación Educativa 2.: Atención a la diversidad y educación inclusiva.Graó

Echeita, G; Simón,C.; Sandoval, M. (2016). Sentido y sensibilidad en educación. Cuadernos de Pedagogía, nº 446-

Forteza, D (2011) Algunas claves para repensar la formación del profesorado desde la perspectiva de la inclusión.Revista Interuniversitaria de formación del profesorado. nº70,pp.127-144

García Pastor.,(2003). Una escuela común para niños diferentes. E.U.B.

Gartner, A., Greer, C. e Riessman, F. (Coords.) (1999). Nuevoataque contra la igualdad de oportunidades: cociente intelectual yestratificación social. Madrid, Morata.

Giné, (2015). Claves de futuro en la atención y apoyo a las personas con discapacidad intelectual y del desarrollo ¿qué nos dice la ciencia? Revista Española de Discapacidad. Vol. 46, nº1

Giné, C.(2009). La educación inclusiva. De la exclusión a la plena participación del alumnado. ICE. Horsori

Harwood, V. (2009). Eldiagnóstico de los niños y adolescentes problemáticos: una críticaa los discursos sobre los trastornos de la conducta.Madrid, Morata.

López Melero, M. (2004).Construyendo una escuela sin exclusiones. Aljibe.

Lindon, J. (2009) La igualdad de oportunidades en la práctica escolar. Madrid. La Muralla.

Martínez Ríos, B. (2011). Definicióny contexto actual de la discapacidad, Pobreza.Recuperado o 15 de xullo de 2011 do URL:http://www.cermiaragon.org/es/includes/get_file.php?file_1=a_document_528.pdf&file_2=01-POBREZA,%20DISCAPACIDAD%20Y%20DERECHOS.pdf

McDermott, R. (2006). La adquisición de un niño poruna discapacidad de aprendizaje. En S. Chaiklin e J. Lave (Coords.),Estudiar las prácticas: perspectivas sobreactividad contexto. Buenos Aires, AmorrortuEditores.

Moya Maya, A. (2002). Elprofesorado de apoyo: ¿dónde?, ¿cuándo?, ¿cómo?... realiza sutrabajo.Archidona, Ediciones Aljibe (pp. 81-113)., vol. 34,nº 1.

Muntaner, J.J.; Roselló,R.; de la Iglesia, B. (2016). buenas prácticas de educación inclusiva.Rev. Educación Siglo XXI

Núñez Mayán, M.T. (2008). Dasegregación á inclusión educativa. ACoruña, Laiovento.

Núñez Mayán, M. T. (2019): El estancamiento de la educación Inclusiva. Revisión de su escolarización entre 1985 y 2015. Revista de Educación Inclusiva, vol.12, 1.p. 67-96

Parrilla Latas, A. (1996). La diversidad en el aula: unaexperiencia de apoyo colaborativo interprofesional. LaEscuela en Acción, pp. 27-34.

Parrilla Latas, A. (2003). Larespuesta educativa a la diversidad. Bases pedagógicas de laEducación Especial: manual para la formación inicial delprofesorado. Madrid, Biblioteca Nueva.

Parrilla Latas, A. (2004). La construcción del aulacomo comunidad de todos: organizacion y gestion educativa. Revistadel Forum Europeo de Administradores de la Educacion,Nº 2, pp. 19-23.

Parrilla Latas, A. (2005). La Educación Inclusiva: undesafío a todos los sistemas y comunidades educativas. EscuelaEspañola, Nº 13, pp. 7-9.

Peláez, A. et al. (2017). Guía para la incorporación de la perspectiva de género y discapacidad en la programación del Fondo Social Europeo, Madrid, Fundación ONCE

Pujolás Maset, P. (2001). Atencióna la diversidad y aprendizaje cooperativo en la educaciónobligatoria. Archidona (Málaga), EdicionesAljibe.

Roselló, R (2010). El reto de planificar para la diversidad en la escuela inclusiva. Revista Iberoamericana de Educación, vol.51, nº 4

Rodríguez Rodríguez, J. (Coord.) (2006). Aelaboración e adaptación dos materiais curriculares.Santiago de Compostela, NEG e Concello, Departamento de Educación eMocidade.

Rodríguez Rodríguez, J. (Coord.) (2006). Materiaiscurriculares e diversidade sociocultural en Galicia.Santiago, Concello de Santiago.

Rodríguez Rodríguez, J. e outros (Coords.) (2006). AEscola, ¿punto de encontro entre o profesorado e educadores/associais? Santiago, NEG e CESG.

Rodríguez Rodríguez, J. e outros (Coords.) (2008).Educación Social e escola.Santiago, NEG e CESG.

Torres Santomé, J. (1998). Globalizacióne interdisciplinariedad: el curriculum integrado (3ªed.). Madrid, Morata.

Vidriales, R. et al. (2017). Trastorno del espectro autista y calidad de vida. Madrid. Confederación Autismo España.

Woods, J.W. (1993). Mainstreaming:a practical approach for teachers (2ª ed.).New York, Macmillan.

Revistas

Revistade Educación, Nº 349

RevistaGalega de Educación, Nº 43

RevistaPrácticas en Educación Intercultural:http://www.congresointerculturalidad.net/index.php?option=com_wrapper&view=wrapper&Itemid=44

Cuadernosde Pedagogía, Nº 414 julio 2011:http://www.cuadernosdepedagogia.com/ver_seccion.asp?idSeje=4419

Aulade Innovación Educativa:http://aula.grao.com/revistas/ficha.asp?ID=3&NUMERO=196

Webs

InclusiónEducativa: http://www.inclusioneducativa.org/ http://inclusion-educativa.blogspot.com/

AulaIntercultural:http://www.aulaintercultural.org:http://www.edu.xunta.es/convivencia/

Asociaciónde Enseñantes con Gitanos:http://www.pangea.org/aecgit

EscuelaSin Racismo:http://www.escuelasinracismo.org/

EduAlter:http://www.edualter.org/index.htm

EducaciónSin Fronteras:http://www.educacionsinfronteras.org/es/4025

Educaciónen Valores: Mi Escuela y el Mundo:http://www.educacionenvalores.org

PlanGalego de Convivencia Escolar Novo Portal deConvivencia do Ministerio de Educación e Ciencia (MEC):http://www.convivencia.mec.es

Portalde Atención a la Diversidad: Educación Especial(Ministerio de Educación):http://w3.cnice.mec.es/recursos2/atencion_diversidad/06_00.htm

Portalde Atención a la Diversidad: Interculturalidad(Ministerio de Educación):http://w3.cnice.mec.es/recursos2/atencion_diversidad/03_00.htm

Convivenciay conflicto (Concejo Educativo de Castilla yLeón): http://www.concejoeducativo.org/rubrique.php?id_rubrique=2

Lexislaciónespecífica

ORDE do 8 de setembro de 2021, pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Leyintegral para la igualdad de trato y la no discriminación (2011).

Ley27/2007, de 23 de octubre, por la que se reconocen las lenguas designos españolas y se regulan los medios de apoyo a la comunicaciónoral de las personas sordas, con discapacidad auditiva y sordociegas : http://www.boe.es/boe/dias/2007/10/24/pdfs/A43251-43259.pdf

Convenciónde los derechos de las personas con discapacidad (2007): http://www.un.org/esa/socdev/enable/documents/tccconvs.pdf

Ordedo 20 de Febreiro de 2004 (DOG, 26 de Feb.): Establece as medidas deatención específica ao alumnado procedente do estranxeiro:http://www.xunta.es/dog/Dog2004.nsf/5168f626b2ff46e041256644003720d2/34476f6ea242df90c1256e450054af09/$FILE/04000D003P008.PDF

Ley51/2003 del 2 de diciembre, de igualdad de oportunidades, nodiscriminación y accesibilidad universal de las personas condiscapacidad : http://www.boe.es/boe/dias/2003/12/03/pdfs/A43187-43195.pdf

Ordedo 27 de Decembro de 2002 (DOG, 30 de Xan de 2003): Regula as adaptacións curriculares para o alumnado con “Necesidades Educativas Especiais”(NEE):http://www.xunta.es/Dog/Dog2003.nsf/FichaContenido/3CD6?OpenDocument

IPlano galego de inclusión social 2001-2006.

Ordedo 24 de Xullo de 1998: Desenvolve todo o relativo á Atención áDiversidade do alumnado no seu conxunto (DOG, venres, 31 de Xullo de1998):http://www.xunta.es/Dog/Dog1998.nsf/FichaContenido/107CA?OpenDocument

Decreto320/1996: Ordena a educación do alumnado con Necesidades EducativasEspeciais (NEE) e regula a atención educativa para este alumnado:http://www.xunta.es/Dog/Dog1996.nsf/FichaContenido/8E56?OpenDocument

Real Decreto 334/1985, de 6 de marzo, de ordenación de la Educación Especial : http://noticias.juridicas.com/bas_datos/Admin/rd334-1985.html

Ordedo 28 de Xaneiro de 1985 (Diario Oficial deGalicia, do 15 de Febreiro), pola que secrean os centros de recursos na Comunidade Autónoma de Galiciadentro do Programa de Educación Compensatoria. (Dito programa foidirixido sobre todo á poboación xitana e canalizouse mediante unpar de desenvolvementos xurídicos até o ano 1991. Posteriormenteabandoouse. No terreo estatal, o Real Decreto 299/1996, de 28 defebrero, de ordenación de las acciones dirigidas a la compensaciónde desigualdades en educación [BoletínOficial del Estado de 12 de marzo):http://www.boe.es/boe/dias/1996/03/12/pdfs/A09902-09909.pdf

Bibliografía complementaria

BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA

 

1. Diversidade cultural, convivencia e xustiza social nun mundo globalizado

 

Balibar, E. e Wallerstein, I. (1988). Raza, nación y clase. Madrid, IEPALA.

Bauman, Z. (2005). Identidad. Madrid, Losada.

Benhabib, S. (2005). Los derechos de los otros: extranjeros, residentes y ciudadanos. Barcelona, Editorial Gedisa.

Cid Fernández, X.M., Domínguez Alberte, X.C. e Soutelo Vázquez, R. (Coords.) (2008). Migracións na Galicia contemporánea: desafíos para a sociedade actual. Santiago de Compostela, Sotelo Blanco Edicións.

Córdoba, D., Sáez, J. e Vidarte, P. (Coords.) (2007). Teoría Queer: políticas bolleras, maricas, trans, mestizas (2ª ed.). Madrid, Editorial Egales.

Fernández Buey, F. (2004). Guía para una globalización alternativa: otro mundo es posible. Barcelona, Ediciones B.

Fraser, N. (2008). Escalas de justicia. Barcelona, Herder.

Gutmann, A. (2008). La identidad en democracia. Buenos Aires, Katz.

Habermas, J. (1999). La inclusión del otro: estudios de teoría política. Barcelona, Paidós.

Martín Muñoz, C. (Coord.) (2001). Aprender a conocerse: percepciones sociales y culturales entre España y Marruecos. Madrid, Fundación Repsol-YPF.

Martín Muñoz, G. (2003). Marroquíes en España: estudio sobre su integración. Madrid, Fundación Repsol YPF.

Nussbaum, M.C. (2007). Las fronteras de la justicia: consideraciones sobre la exclusión. Barcelona, Paidós.

PNUD (2004). Informe sobre el desarrollo humano 2004: la libertad cultural en el mundo diverso de hoy. Madrid, Mundi-Prensa.

Said, E. (2001). Cultura e imperialismo. Barcelona, Anagrama.

Santos, B. d. S. (2005). El milenio huérfano: ensayos para un nueva cultura política. Madrid / Bogotá, Trotta / ILSA.

Sharp, J. P. (2009). Geographies of postcolonialism. Los Angeles, Sage.

Taibo, C. (2008). 150 preguntas sobre el nuevo desorden. Madrid, Los Libros de la Catarata.

Tamayo, J.J. (2008). Islam: cultura, religión y política. Madrid, Trotta.

Villota, P. de (Ed.) (2001). Globalización a qué precio: el impacto en las mujeres del Norte y del Sur. Barcelona, Icaria.

 

2. Educación Anti-Racista, Educación Multicultural e Intercultural, e a diversidade lingüística nas aulas

 

AA.VV. (1993). Transversais. Revista Galega de Educación, Nº 18.

AA.VV. (1995). Hacer futuro en las aulas: educación, solidaridad y desarrollo. Barcelona, Intermón.

AA.VV. (2000). Igualdad con diversidad: la apuesta de los Movimientos de Renovación Peadgógica (manuscrito inédito). Confederación de Movimientos de Renovación Peadgógica. Recuperado o 20 de Setembro de 2002 de: http://cmrp.pangea.org/ig_div.htm .

Actis, W. (2006). La escuela ante la diversidad sociocultural: discursos de los principales agentes sociales referidos a las minoría étnicas de origen extranjero. En Santos Rego, M.A. (Coord.), Estudios sobre flujos migratorios en perspectiva educativa y cultural. Granda, Grupo Editorial Universitario, pp. 101-119.

Banks, J.A. (2006). Race, culture and education: the selected works of James Banks. London, Routledge.

Bartolomé, L.I. (2007). Pedagogia da subordinação. Mangualde, Edições Pedago.

Besalú, X. (1998). Currículum nacional y currículum intercultural en Cataluña y España. En X. Besalú, G. Campa ni e J.M. Palaudàrias (Coords.). La educación intercultural en Europa: un enfoque curricular. Barcelona, Pomares-Corredor, pp. 153-170.

Calvo Buezas, T. (2003). La escuela ante la inmigración y el racismo: orientaciones de educación intercultural. Madrid, Popular.

Calvo Cuesta, R. e outros (1996). Materiales para una educación antirracista. Madrid, Talasa.

Carrasco Pons, S. (2004). Inmigración y educación: oportunidades y dificultades para un modelo plural e inclusivo. En S. Carrasco Pons (Coord.), Inmigración, contexto familiar y educación. Proyectos y experiencias de la población marroquí, ecuatoriana, china y gambiana. Bellaterra, Instituto de Ciencias de la Educación (ICE) / Universidad Autónoma de Barcelona, pp. 15-36.

Dixon, C. N. e Nessel, D. (1983). Language experience approach to reading (and writing). LEA for ESL . Hayward, CA: The Alemany Press.

Essomba, M.A. (2006). Liderar escuelas interculturales e inclusivas: equipos directivos y profesorado ante la diversidad cultural y la inmigración. Barcelona, Graó.

Torres Santomé, J. (2008). Multiculturalismo anti-racista. Porto, Profedições.

 

3. Dereitos humanos, democracia, cidadanía, convivencia, xustiza socio-cultural, empoderamento, anti-discriminación, educar en valores, coeducación, igualdade (perspectivas pedagóxicas)

 

Amnistía Internacional (2003). Educación en derechos humanos: asignatura suspensa. Madrid, Amnistía Internacional. E-book consultado o 15 de Xaneiro de 2008 na web http://www.es.amnesty.org/uploads/tx_useraitypdb/edesp.pdf.

Gimeno Sacristán, J. (2001). Educar y convivir en la cultura global. Madrid, Morata.

 

4. Material audiovisual


- Hiyab (curtametraxe, 2006, España).

- Debate no Parlamento de Galicia sobre o caso da nena do hixab no CEIP Novo de Arteixo (2010).

- Hanan: de Marrocos a Galicia (documental, 2005, Galicia/Marrocos).



Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria incorporarase a perspectiva de xénero. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías