Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer a organización dos centros en que se imparten educación primaria e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. |
A11 A68
|
B2 B7
|
|
Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e do contorno social |
A61 A68
|
B18 B23
|
|
Observar a actividade docente e aprender a saber facer, reflexionando desde e sobre a práctica, e asumir a necesidade de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais |
A9 A65
|
B16 B17 B21 B25
|
C4
|
Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro, aplicando un pensamento crítico, lóxico e creativo |
A63 A64
|
B1 B3 B14 B15 B22
|
C7
|
Reflexionar sobre as propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación que se poidan establecer nun centro |
A66
|
|
C3 C4 C8
|
Comportarse con ética e responsabilidade social, como profesional dun centro educativo |
|
B6 B17
|
|
Saber elaborar discursos coherentes e organizados, así como expoñer ideas de forma oral e por escrito |
|
B8 B9 B24
|
C1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
A organización das institucións educativas |
- Os órganos de goberno do centro e os órganos de coordinación das actividades que nel se desenvolven
- O réxime de funcionamento do centro: proxectos, programas, plans, horarios etc.
- A cultura do centro escolar |
O coñecemento do currículo e a súa concreción como paso previo á intervención na educación primaria |
- Os niveis de concreción: Decreto de currículo, programación de ciclo e programación de aula
- As unidades didácticas, os centros de interese, os proxectos de aprendizaxe etc., como elementos chave do proceso formativo
de aprendizaxe etc. |
A xestión da aula na educación primaria como marco de referencia para un desenvolvemento integral dos nenos de 6-12 anos |
- Principios e procedementos didácticos propios da etapa
- Culturas escolares e procesos de comunicación emerxentes nas aulas
- Usos críticos dos recursos e materiais curriculares na educación primaria
- A titoría (individual/grupal) como elemento dinamizador e de conexión entre os centros e as familias
- A avaliación de aprendizaxes como avaliación educativa e auténtica
|
A reflexión sobre a práctica observada como ferramenta para a innovación e a mellora |
- O interese pola avaliación do currículo deseñado e desenvolvido
- Técnicas e estratexias de recollida de información para a reflexión sobre a práctica tomando como referencia os discursos dos mestres e dos alumnos
- A elaboración de informes científicos portadores de liñas de mellora contextualizadas
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Saídas de campo |
A9 A11 A61 A63 A64 A65 A66 A68 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9 B14 B15 B17 B18 B24 B25 C4 C7 |
125 |
0 |
125 |
Seminario |
A9 A64 B1 B3 B9 B15 B21 B22 C1 |
8 |
0 |
8 |
Análise de fontes documentais |
A64 B1 B15 |
0 |
10 |
10 |
Portafolios do alumno |
A9 A64 A66 B1 B3 B6 B8 B9 B15 B16 B17 B22 B23 B25 C1 C3 C7 C8 |
0 |
80 |
80 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Saídas de campo |
CONSTITÚEN AS PRÁCTICAS PEDAGÓXICAS: 125 horas de permanencia na institución educativa durante as cales se realizarán tarefas de observación, análise de casos, colaboración en accións educativas cos profesionais da propia institución etc.
|
Seminario |
1. Sesión informativa inicial. Información xeral para comentar e precisar a Guía docente, así como as pautas de carácter xeral, e orientar o alumnado acerca da súa decisión á hora de elixir institución colaboradora. Tamén se explicarán as funcións das diferentes persoas que van a titorizar o Prácticum.
2. Selección de centro.
3. Un mínimo de dous seminarios de titoría obligatoria durante o Prácticum co profesorado titor (6 horas).
- Antes de incorporarse ao centro de prácticas o profesorado de Prácticum, na data que se establecer, orientará o alumnado que titoriza cando menos sobre as seguintes cuestións: documentos que debe incluír no portafolios, lecturas imprescindibles e datas de entrega dos traballos solicitados, cronograma dos seminarios e calquera outra suxestión que estimar oportuna.
- A segunda (ou posteriores) serán convocadas polo titor e tratarán as seguintes temáticas: Posta en común do traballo realizado ata o momento polo alumnado asignado a un/ha mesmo/a titor/a co fin de revisar a planificación proposta, formular e resolver as posibles necesidades e/ou conflitos percibidos. Trátase de seleccionar e analizar conxuntamente situacións ou procesos representativos do decorrer da práctica profesional. Asimesmo tratarase a Avaliación, para responder as dúbidas do alumnado que se titoriza no tocante aos documentos solicitados. |
Análise de fontes documentais |
Empregaranse documentos bibliográficos relevantes sobre os diferentes contidos a que o Prácticum I dá prioridade, como base para a análise e a reflexión sobre a diversidade de experiencias con que se entre en contacto nas institución educativas. É imprescindible entender a relación teoría-práctica e atender aos múltiplos factores que inciden no desenvolvemento da intervención educativa, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das distintas formas de interpretar a realidade educativa. |
Portafolios do alumno |
Ver documentación do practicum |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
|
Saídas de campo |
|
|
Seminario |
Portafolios do alumno |
|
Descrición |
O titor/a do centro supervisará e orientará o traballo de observación e recollida de información do alumnado durante a súa permanencia no centro.
- O/a Titor/a da Facultade realizará un primeiro contacto obrigatorio, previo á incorporación do alumnado ao centro. Este contacto servirá para constatar a recepción da documentación, comunicar a incorporación do alumnado e ultimar os trámites e acordos que foren necesarios.
-O/a Titor/a da Facultade realizará os contactos que estime oportunos e necesarios co titor/a do centro durante o período do Practicum para o mellor desenvolvemento do mesmo.
Alén dos seminarios de seguimento do Practicum, o profesorado titor da Facultade estará dispoñible no horario de titorías. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
|
|
|
0 |
Saídas de campo |
A9 A11 A61 A63 A64 A65 A66 A68 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9 B14 B15 B17 B18 B24 B25 C4 C7 |
O/a titor/a da institución colaboradora realizará a avaliación da implicación e actuación do alumnado no centro/aula. |
45 |
|
|
|
0 |
Seminario |
A9 A64 B1 B3 B9 B15 B21 B22 C1 |
O/a titor/a da Facultade avaliará a participación do alumnado nos seminarios cos seguintes criterios:
- Asistencia a todas as sesións presenciais
- Calidade das achegas á hora de expresar dúbidas razoables, expoñer ideas enriquecedoras e compartir experiencias de interese etc.
|
10 |
Portafolios do alumno |
A9 A64 A66 B1 B3 B6 B8 B9 B15 B16 B17 B22 B23 B25 C1 C3 C7 C8 |
O/a titor/a da Facultade realizará a avaliación do contido do portafolios cos seguintes criterios:
- Capacidade de relación teoría-práctica
- Dominio conceptual e capacidade analítica
- Capacidade para relacionar ideas e accións
- Capacidade de argumentar e fundamentar
- Expresión escrita propia e claridade expositiva
- Capacidade de descrición de escenarios, situacións e accións
- Capacidade de autoavaliación e autocrítica
Orixinalidade da proposta |
45 |
|
Observacións avaliación |
a) Requisitos para superar a materia: - Para aprobar a materia será necesario superar os seguintes elementos da avaliación: practicas pedagóxicas e portafolios. b) Elementos da avaliación que se poden recuperar na segunda oportunidade de avaliación (xullo): - As practicas non poden recuperarse, polo que a cualificación obtida nas mesmas na oportunidade de xuño, mantense para a oportunidade de xullo. Isto supón que un suspenso nas mesmas na oportunidade de xuño implica a non superación da materia. - Os seminarios e as xornadas (caso do practicum II) non se poden recuperar, polo que a cualificación obtida nos mesmos na oportunidade de xuño, mantense para a oportunidade de xullo. - O portafolios pode recuperarse, polo que o alumnado que non supere o cartafol na oportunidade de xuño terá a ocasión de melloralo para a oportunidade de xullo, conservando sempre as cualificacións dos demais elementos da avaliación. c) Cualificacións: - A cualificación final será a media das puntuacións obtidas en cada un dos elementos da avaliación segundo o seu peso respectivo. - No caso de non superar algunha das partes de obrigatoria superación da materia, a nota final será a nota da parte non superada. - Non realizar as practicas pedagóxicas estando matriculado na materia supón un Non Presentado. - No caso de non presentar o portafolio tendo as prácticas pedagóxicas superadas supón obter como máximo a cualificación de suspenso 4. Validez da nota da estadía en prácticas Se só se aproba a estadía no centro de prácticas ou a saída de campo, a nota conservarase unicamente no curso académico en que se realizasen. No seguinte curso, o/a alumno/a terá que matricularse novamente e facer a estadía ou a saída de campo ao centro.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
AGUADO ODINA, T. (coord.) (2010). Diversidad e igualdad en educación. Madrid: UNED.
CARBONELL SEBARROJA, J. (2008). Una educación para mañana. Barcelona: Octaedro.
CARBONELL SEBARROJA, J. (2009). La vida escolar en un curso: cosas que no siempre se explican. Barcelona: Graó.
CASADO ROMERO, A. (2010). Aprender a ser maestro: creencias de los estudiantes de Magisterio sobre la interacción en el aula. Cuenca: Universidad de Castilla-La Mancha.
CAMPS, V. (2008). Creer en la educación. La asignatura pendiente. Barcelona: Península.
CASTELLS CUIXART, P. (2011). Tenemos que educar: ideas para acabar con la crisis de autoridad y la mala educación. Barcelona: Península.
DOMENECH, J. y GUERRERO, J. (2005). Miradas a la educación que queremos. Barcelona: Graó.
ESCUDERO PEREZ, J. y MARTINEZ TEN, L. (Coord.) (2011). Ochenta actividades para educar lúdicamente en valores y ciudadanía. Madrid: Los Libros de la Catarata.
ESTEVE, O., MELLEF, K. y ANSINA, A. (Coord.) (2010). Creando mi profesión. Una propuesta para el desarrollo profesional del profesorado. Barcelona: Octaedro.
GARCIA ARETIO, L. (2009). Claves para la educación: actores, agentes y escenarios en la sociedad actual. Madrid: UNED.
GIMENO SACRISTAN, J. (Comp.)(2006). La reforma necesaria. Entre la política educativa y la práctica escolar. Madrid: Morata.
MAÑU NOAIN, J. (2010). Docentes competentes. Por una educación de calidad. Madrid: Narcea.
ORTEGA, R. (Coord.) (2010). Agresividad injustificada, bullying y violencia escolar. Madrid: Alianza.
PEREZ SERRANO, G. (2010). Aprender a convivir: el conflicto como oportunidad de crecimiento. Madrid: Narcea.
RODICIO-GARCÍA, M.L. e IGLESIAS-CORTIZAS, M.J. (2011). El acoso escolar. Diagnóstico y prevención. Madrid: Biblioteca Nueva.
RODRIGUEZ JARES, X. (2006). Aprender a convivir. Vigo: Xerais.
SANCHO GARGALLO, M. et al. (2007). Nuevos retos para convivir en las aulas: construyendo la escuela cívica. Madrid: Fundación Europea Sociedad y Educación.
SEGOVIA GARCIA, N. (2006). Aplicación de las TIC a la docencia. Usos prácticos de las nuevas tecnologías. Vigo: Ideas Propias.
SUBIRATS, M. y TOME, A. (2007). Balones fuera: reconstruir los espacios desde la coeducación. Barcelona: Octaedro.
|
Bibliografía complementaria
|
|
CANTÓN MAYO, I. (Coord.) (2009). Narraciones de la Escuela. Barcelona: Editorial Davinci.
CANTÓN MAYO, I. (Coord.) (2010). Narraciones de maestros. Barcelona: Editorial Davinci.
DIEZ NAVARRO, C. (2003). El piso de abajo de la escuela. Barcelona: Graó.
McCOURT, F. (2005). El profesor. Madrid: Maeva.
PENNAC C. (2008). Mal de escuela. Barcelona: Mondadori.
TONUCCI, F. (1994). Con ojos de niño. Barcelona: Barcanova (6ª ed.).
TONUCCI, F. (1988). Niño se nace. Barcelona: Barcanova (2ª ed.).
TONUCCI, F. (1989). Cómo ser niño. Barcelona: Barcanova.
TONUCCI, F. (1993). La soledad de los niños. Barcelona: Barcanova.
TONUCCI, F. (2003). Cuando los niños dicen ¡Basta! Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Co fin de favorecer o axuste á planificación e temporalización da
materia, aquel alumnado que teña previsto solicitar a ampliación da
matrícula e incluir o practicum na mesma é necesario que o notifique un
mes antes do inicio das prácticas. Deberá remitir un email a vicedecanato.practicum.educacion@udc.gal, ainda que nese momento non cumpla os requisitos, co fin de facilitarlle as indicacións oportunas. 1. A entrega dos
traballos documentais que se realicen nesta materia: 1.1. Realizarase a través
da aplicación, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. 1.2. De
realizarse en papel, seguindo as indicacións do profesorado titor de facultade:
- Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. -
Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores. 2. Débese
facer un uso sustentable dos recursos e evitar impactos negativos sobre o medio
natural. 3. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e
profesionais. 4. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para
a docencia universitaria, deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta
materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de
ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…). 5.
Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e
influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e
igualdade. 6. No caso de detectar situacións de discriminación por razón de
xénero proporanse accións e medidas para corrixilas. 7. Facilitarase a plena
integración do alumnado que, por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou
socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e
proveitoso á vida universitaria. |
|