Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Comprender os supostos e fundamentos históricos e sociolóxicos da acción social e das súas implicacións. Estudar ao individuo como produto da realidade social e como actor nela. |
A2 A4 A5 A8 A10 A11 A13 A20
|
B1 B5
|
C4 C6 C8
|
Identificar e analizar os distintos contextos, institucións e actores sociais que afectan aos procesos de intervención socioeducativa |
A1 A3 A5 A8 A11 A20
|
B3 B5 B6
|
C4
|
Entender os paradigmas sociolóxicos como mapas de comprensión da realidade social. |
A2 A8
|
B1
|
|
Comprender e analizar o concepto de cultura, a súa complexidade e a súa pluralidade e ver a súa concreción no proceso de socialización. |
A4 A8 A10 A11 A20
|
B1 B5 B6
|
C1 C4
|
Observar, analizar, interpretar, facilitar e favorecer a diversidade humana de todo tipo, incidindo en cuestións como a diversidade cultural, a diversidade funcional ou o xénero. |
A11 A20
|
B1 B4 B5
|
C4
|
Observar e analizar os distintos factores e procesos de creación de vulnerabilidade, de exclusión, de desigualdade e de discriminación social que dificultan a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos. |
A1 A4 A5 A8 A20
|
B1 B4
|
C4
|
Xestión e procura de solucións a problemas que se atopen na investigación social. |
A13 A20
|
B1
|
C4 C6 C7
|
Desenvolvemento de habilidades interpersonais, en especial, a capacidade de traballar en equipo, que fomentará a coordinación e diálogo entre compañeiros. |
A13
|
B5 B6
|
C1 C4
|
Desenvolvemento de habilidades lingüísticas, de comunicación e de expresión oral. Incidindo no emprego dunha lenguaxe inclusiva, que incorpore tamén á perspectiva de xénero e o respeto e fomento aos principios de sostenibilidade, xustiza e igualdade. |
A13 A20
|
B6
|
C1 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
TEMA 1.- PENSANDO SOCIOLÓXICAMENTE |
1.1.- O carácter científico da socioloxía e o seu obxecto de estudo
1.2.- O xurdimento da socioloxía como ciencia
1.3.- As orixes da teoría sociolóxica: Comte e Saint-Simon
|
TEMA 2.- PARADIGMAS TEÓRICOS E CONTEMPORÁNEOS DA SOCIOLOXÍA E A SÚA OPERATIVIDADE NA SOCIOLOXÍA DA EDUCACIÓN |
2.1.- O paradigma funcionalista representado por Émile Durkheim
2.2.- A teoría do conflito e o pensamento de Karl Marx
2.3.- A acción social e a educación en Max Weber
2.4.- Reproducción y cambio sociales |
TEMA 3.- CULTURA E SOCIALIZACIÓN |
3.1.- Cultura, sociedade e personalidade
3.2.- O proceso de socialización
3.3.- Os axentes de socialización
3.4.- A educación e o sistema educativo formal |
TEMA 4.- DESIGUALDADE, ESTRATIFICACIÓN E REPRODUCIÓN SOCIAL |
4.1.- O concepto de estrutura e estratificación social
4.2.- Tipos de sociedades. Sistemas de estratificación social
4.3.- Desigualdade social, pobreza e exclusión
4.4.- O xénero como variábel de desigualdade. A construción social do sexo
|
TEMA 5.- A GLOBALIZACIÓN. INMIGRACIÓN E DIVERSIDADE CULTURAL |
5.1.- A globalización
5.2.- A inmigración e os modelos de integración social
5.3.- Diversidade cultural
5.4.- Eusocialidade |
TEMA 6.- FERRAMENTAS METODOLÓXICAS NO ESTUDO DA SOCIOLOXÍA. O COÑECEMENTO DO MEDIO SOCIAL |
6.1.- As etapas da investigación social e a metodoloxía cuantitativa e cualitativa nas Ciencias Sociais
6.2.- As fontes secundarias de información estatística e a enquisa.
6.3.- A observación participante
6.4.- A entrevista en profundidade
6.5.- O grupo de discusión
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 A4 A5 A8 A13 A20 B5 B6 C1 C4 C7 C8 |
20 |
20 |
40 |
Lecturas |
A2 A4 B1 B6 C1 C7 |
1 |
11 |
12 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A8 A10 A11 A13 A20 B1 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 C7 C8 |
10 |
30 |
40 |
Discusión dirixida |
A1 A2 A3 A4 A5 A8 A10 A11 A20 B1 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 C7 |
5 |
20 |
25 |
Análise de fontes documentais |
A1 A2 A5 A10 A11 A13 A20 B1 B3 B5 B6 C1 C6 C8 |
5 |
20 |
25 |
Proba obxectiva |
B1 B6 C1 C7 |
1 |
6 |
7 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
É o método tradicional da docencia no que tanto a iniciativa como o peso principal da actividade recaen sobre o profesor/a. A clase expositiva irá complementada con aulas interactivas con actividades e métodos que permitan un rol máis activo dos estudantes. Neste tipo de aulas intentarase promover a participación que nos permita un mínimo feed-back do nivel de comprensión e de asimilación en cada tema e desenvolver en cada sesión auténticos debates sobre temas actuais e concretos relacionados coas cuestións teóricas tratados. A participación do alumnado neste tipo de aulas é moi importante e moi valorado.
A parte expositiva é unha fonte máis de información, quizáis a principal para o alumnado, polo que debe ter a súa incidencia na formación e aprendizaxe. De aí tamén que compute na avaliación, a traveso do seguimento e interese por parte do alumnado. |
Lecturas |
Haberá lecturas obrigatorias e que deberán integrarse nos traballos de carácter práctico. Polo cal tamén puntúan e contan na avaliación da materia.
Nalgúns temas do programa o/a profesor/a poderá proporcionar unha serie de lecturas complementarias e de apoio aos aspectos teóricos desenvolvidos nas sesións maxistrais.
Tamén, as lecturas tratan de evitar a copia automática de apuntamentos durante as clases maxistrais, motivando entre o alumnado a atención durante as explicacións.
Ademais, nalgunhas sesións prácticas poderánse empregar, a discreción do profesor/a, así como outras forntes de información (documentais, películas, etc.) para dinamizar debates e para saber interpretar resultados cuantitativos e cualitativos.
|
Traballos tutelados |
Hai dous tipos de traballos tutelados: as prácticas plantexadas en clase sobre o exposto (de forma individual ou grupal) e un traballo de maior extensión sobre unha cuestión sociolóxica (e a súa exposición oral). Este traballo é para relacionar os coñecementos teóricos adquiridos, os argumentos dos manuais e os textos de referencia, cos casos prácticos e co coñecemento das fontes de información relacionadas coa materia. Debe estar relacionado preferiblemente con algún tema visto na materia e enfocado desde unha perspectiva sociolóxica. Tamén debe presentarse nun formato científico, tanto no que se refire a forma e tamaño, como en canto á estrutura do texto, a presentación, referencias bibliográficas, etc.
As instrucións máis polo miúdo serán proporcionadas polo profesor/a durante o curso. |
Discusión dirixida |
Tralas sesións expositivas ou maxistrais, haberá debates sobre o exposto. Nas clases sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respetando todas as opinións diversas en torno aos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado.
Estos debates tamén son fonte de información.
Asemesmo, a participación e o interese nos mesmos terase en conta de cara a avaliación da materia. |
Análise de fontes documentais |
Ademáis das lecturas obrigatorias e as recomendadas, para os traballos prácticos e final haberá que consultar outras fontes de información e documentais, para formar así a base máis científica dos mesmos. |
Proba obxectiva |
Os contidos das clases poden ser avaliados mediante algunha proba obxectiva, tipo examen, para comprobar o grao de coñecemento afianzado polo alumnado. Dita proba pode ser de carácter parcial e oral, con preguntas tipo test sobre o contido abordado nun periodo determinado. Ou pode ser unha proba final por escrito sobre o total do contido da materia. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Lecturas |
Traballos tutelados |
Sesión maxistral |
Análise de fontes documentais |
Proba obxectiva |
Discusión dirixida |
|
Descrición |
A atención personalizada realizarase de forma presencial ou virtual, por correo, chat ou videoconferencia.
Para comprender as lecturas e realizar traballos tutelados, ademais das consultas directas, pódense programar as titorías necesarias, ben presenciais ou virtuais. Para iso, ademais de poder concertalas directamente, tamén é recomendable facelo a través do correo electrónico.
Aqueles alumnos que teñan recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica e non teñan que realizar a avaliación presencial continua de forma xustificada, poderán realizar o traballo e demais tarefas de forma non presencial. forma, para o que deberán estar en contacto co profesor e seguir as súas instrucións ao respecto. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Lecturas |
A2 A4 B1 B6 C1 C7 |
As lecturas obrigatorias e recomendadas deberán quedar reflectidas nos contidos das tarefas, traballos, intervencións e demais áreas de competencia da materia.
O profesor tamén pode establecer probas, por exemplo tipo exame, se o considera necesario. |
15 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A8 A10 A11 A13 A20 B1 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 C7 C8 |
As tarefas e traballos prácticos realizados na clase considéranse traballos titelados.
En todos eles valorarase:
-Comprensión e manexo de conceptos, textos e teoría sociolóxica.
-Utilización de fontes e ferramentas adecuadas para a investigación social.
-Pensamento crítico, reflexivo e relacional.
-A orixinalidade.
-A correcta expresión escrita.
-Capacidade para traballar en grupo (se é o caso).
O profesor tamén pode establecer probas, por exemplo tipo exame, se o considera necesario. |
20 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 A4 A5 A8 A13 A20 B5 B6 C1 C4 C7 C8 |
Valorarase a asistencia, o interese mostrado e a participación; así como a repercusión dos contidos expostos nos traballos a realizar ao longo do curso. Para iso, o profesor debe contar con referencias explícitas suficientes ao respecto, podendo recorrer tamén a outras formas de verificación, como probas escritas, por exemplo, un exame. |
20 |
Análise de fontes documentais |
A1 A2 A5 A10 A11 A13 A20 B1 B3 B5 B6 C1 C6 C8 |
Nos traballos a realizar, terase en conta a consulta, uso, recurso e reflexo das fontes de información consultadas.
O profesor tamén poderá poñer algunha proba, por exemplo tipo examen, se así o estima. |
10 |
Proba obxectiva |
B1 B6 C1 C7 |
Na proba obxetiva se valorará:
-O domiño e comprensión do contido.
-A capacidade de síntese.
-A corrección do exposto e da súa expresión.
-A aplicabilidade do explicitado.
-A calidade do traballo. |
25 |
Discusión dirixida |
A1 A2 A3 A4 A5 A8 A10 A11 A20 B1 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 C7 |
Os debates sobre os temas da materia pretenden ser enriquecedores e iso depende en gran medida das contribucións por parte do alumnado, as cales son tidas en conta para a avaliación. |
10 |
|
Observacións avaliación |
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo, “permanencia” e “fraude académico” se rexirán dacordo coa normativa académica vixente da UDC.
Avaliación continua. Consta dunha parte teórica, correspondente á aplicación dos contidos das clases maxistrais, das lecturas e das consultas de fontes documentais, que se reflicten ou non nas probas e traballos correspondentes. Máis a parte práctica, correspondente ao conxunto de actividades nas clases, traballo, interese, asistencia e participación. Deste xeito, valórase todo o feito polo alumno ao longo do curso. Para superar a materia será necesario asistir ao 80% das clases, así como realizar e entregar os traballos prácticos, probas e acreditar as lecturas obrigatorias, a utilización de contidos das clases maxistrais e fontes documentais. Avaliación discontinua. O alumnado que teña recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou exención académica (aqueles que non teñan avaliación presencial continua xustificada), salvo no que se refire á asistencia e participación, terá un criterio de avaliación similar ao continuo, fundamentalmente a través dos traballos, tarefas e lecturas tuteladas, para as que deberán manter un contacto informativo suficiente e necesario, directo ou virtual, co profesor. Segunda oportunidade. Os que suspensen a primeira convocatoria, tanto na modalidade de avaliación continua como descontinua, terán que presentarse ao exame nas datas oficiais fixadas para a segunda oportunidade. Plaxio. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a perda do dereito á oportunidade na que se cometa a falta e respecto da materia na que se tivese cometido. Nas actas figurará un non presentado nesta oportunidade.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
RODRÍGUEZ IBÁÑEZ, J.E. (1989). La perspectiva sociológica: historia, teoría y método . Madrid: Taurus
VÁZQUEZ, X. G. (2020). Balance sociológico de nuestra era. Amazon: Independently published
ALGUACIL, J. (2011). Cómo se hace un trabajo de investigación en sociología. Madrid: Los Libros de la Catarata
DURKHEIM, E. (2000). Educación y sociología. Barcelona: Península
GARCÍA FERRANDO, M. ET AL. (2015). El análisis de la realidad social: métodos y tecnicas de investigación. Madrid: Alianza
REQUENA, M. ET AL. (2013). Estratificación social. Madrid: McGraw-Hill
KERBO, H. (2003). Estratificación social y desigualdad: el conflicto de clases en perspectiva histórica, comparada y global. Madrid: McGrawHill
BERGER, P. y LUCKMANN, T. (1968). La construcción social de la realidad. Buenos Aires: Amorrortu
MILLS, C. W. (2003). La imaginación sociológica. México: Fondo de Cultura Económica
LAMO DE ESPINOSA, E. (1990). La sociedad reflexiva: sujeto y objeto del conocimiento sociológico. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas
GONZÁLEZ-ANLEO, J. (1994). Para comprender la Sociología. Estella (Navarra): Verbo Divino
LIGHT, D.; KELLER, S.; CALHOUN, C. (1991). Sociología. Bogotá: McGraw-Hill
GIDDENS, A. (2014). Sociología. Madrid: Alianza Editorial
MACIONIS, J.J. Y K. PLUMMER (2011). Sociología. Madrid: Pearson
FERNÁNDEZ PALOMARES, F. (Coord.) (2003). Sociología de la educación. Madrid: Prentice-Hall
PICÓ, J. Y SANCHÍS, E. (2003). Sociología y sociedad. Madrid: Tecnos
RODRÍGUEZ CAAMAÑO, M.J. (Coord.) (2001). Temas de sociología. Madrid: Huerga y Fierro
GINER, S. (2011). Teoría sociológica clásica. Barcelona: Ariel |
|
Bibliografía complementaria
|
SUBIRATS, M. y TOMÉ, A. (2007). Balones Fuera: reconstruir los espacios de la coeducación. Barcelona, Octaedro.
FEITO, G. (1995). Estructura Social Contemporánea. Las clases sociales en los países industrializados. Madrid, Siglo XXI.
GINER, S. (1988). Historia del pensamiento social. Barcelona, Ariel
FERNÁNDEZ, M. (1996). Inmigración y Etnicidad. Madrid, Centro de Investigación y Documentación Educativa.
ALONSO, L.E (1998). La mirada cualitativa en sociología. Fundamentos, Madrid.
GONZÁLEZ SEARA, L. (1976). La Sociología, aventura dialéctica. Madrid: Tecnos
VV.AA. (2008). Metodología de las Ciencias Sociales. Madrid, Editorial Tecnos
BAUMAN, Z. y MAY, T. (2007). Pensando sociológicamente. Buenos Aires, Nueva Visión.
GARCÍA FERRANDO, M. (coord.) (1999). Pensar nuestra sociedad. Fundamentos de Sociología. Valencia, Tirant lo Blanch, 4ª edición.
ALONSO, L.E. et al. (2004). Pierre Bourdieu, las herramientas del sociólogo. Madrid, Fundamentos
RITZER, G. (2001). Teoría sociológica clásica. Madrid, McGraw-Hill, 3ª edición.
RITZER, G (2002). Teoría sociológica moderna,. Madrid, McGraw-Hill, 5ª edición. |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Cuestións filosóficas do mundo contemporáneo/652G03036 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Educación permanente/652G03008 |
|
Materias que continúan o temario |
Historia da educación/652G03011 |
|
Observacións |
Nas clases sosterase o principio de debate, escoitando e respetando todas as opinións diversas en torno aos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado |
|