Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Caracterizar a traxectoria da Educación Social e a configuración do seu campo e identidade profesional desde os seus inicios ate a actualidade, recoñecendo as razóns que explican a súa evolución. |
A1 A16
|
|
|
Escoller e optar criticamente por fontes de coñecemento, procedementos e recursos tecnolóxicos que redunden nunha escolla contrastada da información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
|
|
C6
|
Determinar razoadamente os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa nos seus ámbitos de actuación, poñendo en relación as súas implicacións e considerando as achegas bibliográficas máis relevantes |
A2 A3 A5 A14
|
|
|
Recoñecer os diferentes campos de profesionalización da educación social e identificar novos ámbitos emerxentes sinalando as razóns da súa evolución |
A1 A5 A16
|
|
|
Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa á luz dos diferentes modelos teóricos contextualizando a súa evolución en Galicia e no conxunto do estado |
A3 A5 A16
|
|
|
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa nos diferentes ámbitos de profesionalización da educación social. |
A5 A14
|
|
|
Capacidade para indagar e producir coñecemento nun determinado campo |
A2 A3 A14
|
|
|
Emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional, partindo de diagnoses fundamentadas e contextualizadas |
A14 A16
|
|
|
Mostrar unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos poñendo en valor estratexias comunicativas basadas na escoita activa, a empatía e o emprego normalizado de linguas minorizadas |
A20
|
B5
|
C1
|
Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa. |
A14
|
B2
|
|
Mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión ao expresar opinións e posicionamentos e nas propias actuacións
|
|
B3 B5
|
|
Asumir activamente os principios dunha cultura profesional colaborativa, valorando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade para resolver retos académicos asociados á asignatura |
A20
|
B3
|
|
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
A20
|
|
C1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. A EDUCACIÓN SOCIAL COMO OBXETO DE ANALISE E INTERVENCIÓN |
1.1. Enfoque de calidade de vida.
1.2. Enfoque de dereitos dende a mirada interseccional.
1.3. A evolución dos discursos e prácticas socioeducativas: perspectiva asistencial versus perspectiva pedagóxico-social. |
2. A PEDAGOXÍA SOCIAL COMO MARCO CIENTÍFICO, DISCIPLINAR E PROFESIONAL |
2.1. Análise conceptual e evolución histórica da Pedagoxía Social.
2.2. A proxección profesional: a educación social. |
3. ÁMBITOS DE INTERVENCIÓN PEDAGÓXICO-SOCIAL |
3.1. Politica social, traballo social e servizos sociais.
3.2. Animación Sociocultural e desenvolvemento comunitario.
3.3. Educación social e institución escolar.
|
4. OS PROCESOS METODOLÓXICOS NA INTERVENCIÓN PEDAGÓXICO-SOCIAL
|
4.1. Paradigmas psicopedagóxicos na acción socioeducativa.
4.2. Pedagoxía socioafectiva: as emocións en xogo
4.3. Pedagoxía da relación: relación educativa e acompañamento.
4.4. Pedagoxía comunitaria: redes e participación social.
4.5. Traballo en grupo en equipas interdisciplinares. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A1 A2 A3 A5 A14 A16 B5 C6 |
10 |
0 |
10 |
Aprendizaxe colaborativa |
A20 B3 B2 C6 |
12 |
12 |
24 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 A5 A16 C6 |
12 |
10 |
22 |
Lecturas |
A1 A2 A3 A5 A14 A16 B2 C1 C6 |
0 |
15 |
15 |
Portafolios do alumno |
A1 A2 A3 A5 A14 A16 B2 |
0 |
29 |
29 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A1 A5 A14 A16 C1 C6 |
6 |
6 |
12 |
Proba de ensaio |
A1 A3 A5 A14 A16 |
2 |
21 |
23 |
|
Atención personalizada |
|
15 |
0 |
15 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Dende os principios da pedagoxía socioafectiva, na que a aprendizaxe parte da vivencia persoal, desenvolveremos actividades de indagación interna e sobre coñecementos previos, en relación ás temáticas obxecto de estudo. Pode realizarse en gran grupo ou pequeno grupo, como forma de abordar os puntos de partida desde os que cada persoa se achega ás cuestións que son obxecto de debate ou motivo da resolución de problemas. Combínanse actividades lúdicas, vivenciais, xogos de simulación, xogos de roles... sempre dirixidas a xerar o xerme para unha posterior reflexividade.
(VIVENCIA EMOCIONAL) |
Aprendizaxe colaborativa |
Actividades propostas para que o alumnado en pequeno grupo elabore reflexividade en torno aos tópicos abordados na materia e resolva supostos desenvolvendo estratexias de cooperación na aprendizaxe. É tamén o baseamento para a adquisición de estratexias procedimentais e actitudinais desde as que abordar o traballo en equipo e a solución de problemas de diversa índole de maneira dialóxica, complementando xeitos diferentes de pensar a realidade e competencias diversas. Combínanse actividades de discusión dirixida, reflexión en torno a actividades previas vivenciais, tertulias en torno a lecturas, solución de problemas, estudo de casos, etc.
(REFLEXIÓN) |
Sesión maxistral |
Presentación dos aspectos máis significativos dos elementos temáticos da asignatura que estruturan as sesións expositivas e dan sentido as sesións interactivas. Dende os principios da pedagoxía socioafectiva nos que se sustenta a aprendizaxe da materia, adóitase respectar o proceso: vivencia (a través de actividades previas), reflexión (en aprendizaxe colaborativa), teorización (a través da exposión maxistral e lecturas) e contextualización (levando o aprendido á reflexión no portafolio).
(TEORIZACIÓN) |
Lecturas |
Lecturas complementarias e de profundización nas temáticas abordadas pola materia que permitan achegar marcos de referencia para a análise crítica da intervención pedagóxico social. Ofreceranse lecturas asociadas a cada un dos temas que deberás ser empregadas para xerar reflexividade no portafolio en torno aos tópicos abordados na materia. Serán tamén contido de tertulias dialóxicas ou discusión dirixida na sesión de clase.
(TEORIZACIÓN)
|
Portafolios do alumno |
Traballo reflexivo do estudante de elaboración individual ou en pequeno grupo e no que se reflicten as dinámicas das sesións interactivas en relación cos elementos abordados nas sesións expositivas, co fin de consolidar a reflexividade sobre o proceso de aprendizaxe e sobre os contidos abordados na materia, orientados á formación como educadoras e educadores sociais. Valórase a capacidade crítica e reflexiva, así como a capacidade para identificar marcos de referencia que acheguen sentido e profundidade de análise as prácticas realizadas nas sesións interactivas.
(CONTEXTUALIZACIÓN) |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A medida que se abordan os contidos da materia, as e os estudantes deberán implicarse en tarefas de divulgación da súa reflexividade. Unha das actividades centrais é a organización dos Parladoiros con profesionais sobre relación educativa, así como a posibilidade de elaborar podcast sobre temáticas traballadas na materia.
(CONTEXTUALIZACIÓN) |
Proba de ensaio |
Comentario de texto, no que se pode utilizar a documentación empregada para o estudo dos distintos temas da materia. A través desta proba se pretende comprobar o desenvolvemento de distintas competencias asociadas á materia: capacidade de análise, síntese e desenvolvemento de reflexións argumentadas e coherentes. Non é só unha proba avaliativa, senón que se realizaran exercicios nesta liña ao longo da materia, orientados a adquirir a competencia para elaborar reflexividade sobre textos de carácter pedagóxico. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Portafolios do alumno |
Proba de ensaio |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
|
Descrición |
A atención personalizada, ben en sesións de aula, ou en titorías en pequeno grupo ou individuais, relaciónase coa necesidade de reforzar a aprendizaxe na elaboración de informes e memorias reflexivas, así como de comentarios de texto.
No caso da proba de ensaio (comentario de texto), dedicarase unha sesión interactiva a traballar a elaboración de comentarios de texto, e ofreceranse en cada tema exemplos de textos sobre os que facer o ensaio, ofrecendo ao alumnado a posibilidade de entregar algún para a súa revisión e ter titorías individualizadas para reforzar esta aprendizaxe.
Na organización das accións divulgativas, priorízase o acompañamento a través de titorías.
Motívase á asistencia a titorias para o seguimento da memoria reflexiva que se plasma no portafolio. Destinaranse tamén tempos na sesión de clase para o acompañamento aos grupos.
Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. Agradécese que calquera necesidade e proposta de mellora sexa comunicada. No caso de precisar adaptacións, recoméndase solicitalas a través da Unidade de atención á Diversidade da UDC (ADI).
O alumnado non asistente deberá comunicar a súa situación a inicio de curso. En base a iso, planificarase unha proposta de aprendizaxe e un calendario de titorías e seguimento da materia, seguindo as indicacións indicadas no apartado de ‘observacións de avaliación’. Son obrigatorias titorías de acompañamento. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Portafolios do alumno |
A1 A2 A3 A5 A14 A16 B2 |
Traballo reflexivo da materia, en pequeno grupo, e no que se reflicten as dinámicas das sesións interactivas en relación cos elementos abordados nas sesións expositivas.
O portafolio pretende ser a memoria documentada dun proceso creativo e educativo, no que se recolle a súa evolución, de tal maneira que sexa posible apreciar un “relato coherente” que permita recompoñer unha determinada traxectoria temática.
As competencias que se pretende valorar a través da realización e presentación do portafolio teñen que ver coa capacidade de análise, síntese, reflexión e interpretación de situacións, información relevante, etc.
Os criterios de avaliación son:
- Profundidade da reflexión a partir da propia participación nas dinámicas desenvoltas nas sesións interactivas.
- Grao de relación co marco teórico de referencia aportado nas sesións expositivas e nas lecturas recomendadas para cada temática. |
50 |
Proba de ensaio |
A1 A3 A5 A14 A16 |
Comentario de texto que pretende a comprobación sobre o grao de desenvolvemento de distintas competencias asociadas á materia. Terá en conta o desenvolvemento dos contidos presentados nas sesións maxistrais e traballados nas actividades realizadas polo alumnado. A súa realización pódese apoiar na documentación achegada e noutras lecturas realizadas. É posible levar a documentación para a súa consulta no momento de realización da proba.
Os criterios de avaliación relacionados con esta proba son:
- Identificación da/s idea/s principai/s e secundaria/s do texto a través dun resumo breve. Se se empregase a modo de resumo un mapa conceptual ou un esquema deberán ser suficientemente completos e explicativos respecto dos conceptos/ideas e da súa relación (estrutura do texto). Valórase, por tanto, a capacidade descritiva e de síntese.
- Ampliación dos conceptos ou ideas contidas no texto de referencia, e a súa asociación con outros conceptos e/ou ideas, ou o seu contraste –matizacións ou puntos de vista encontrados- que outros autores/as defenden, estimando a capacidade argumentativa.
- Cando empreguemos os argumentos dun autor ou autora (ou os datos e/ou propostas dun estudo/informe concreto) coas nosas propias palabras citaremos a fonte. |
40 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A1 A5 A14 A16 C1 C6 |
Organizadas en pequeno grupo, as/os estudantes deberán promover accións de divulgación dos contidos traballados. Todo o alumnado participará da organización dos parladoiros con profesionais, elaborando en base a lecturas as preguntas que orientan o diálogo. Valorarase a calidade das preguntas en relación á capacidade para explorar os contidos centrais das lecturas traballadas e o interese en torno ao ámbito de profesionalización ao que se dirixe. Valorarase positivamente o traballo de organización e de dinamización das persoas que se impliquen nesta labor.
Así mesmo, elaboraranse pequenas producións radiofónicas dirixidas a divulgar a reflexividade sobre aspectos traballados na materia: retos do tempo actual, identidade profesional, ámbitos... Valorarase tanto o contido (que pode estar baseado en entrevistas, revisión bibliográfica, etc.) como a capacidade comunicativa das producións realizadas. |
10 |
|
Observacións avaliación |
1.- Para poder sercalificado/a e avaliado/a é necesario ter desenvolto todas as metodoloxías de aprendizaxe. De faltar algunha das partes, o alumno/a figurará como NON PRESENTADO/A ao non poder ser avaliado na totalidade das propostas de aprendizaxe.
2.- Para superar a materia é imprescindible ter superado o portafolio e proba de ensaio. En caso contrario, a cualificación será a da proba suspensa. Gardaranse as partes aprobadas durante a convocatoria anual.
3.- A asistencia e participación activa e esixente nas dinámicasde aula serán consideradas de forma positiva no proceso de avaliación.
4.- Calquera circunstancia persoal que poida alterar o seguimento da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada ao inicio do curso para a súa oportuna e axeitada consideración. Para o alumnado que, por razóns debidamente acreditadas, non poida ter unha asistencia sistemática e o faga a tempo parcial, establécense criterios de avaliación adecuados, en cada caso, ás súas circunstancias, garantindo a igualdade de oportunidades.
Criterios deavaliación: - Portafolios do alumno, seguindo as indicacións ofrecidas no Campus Virtual para o alumnado non presencial. Os criterios de valoración do traballo son os mesmos que para o alumnado non asistente, sendo que a orientación do portafolio é máis teórica que vivencial, ao non participar nas sesións de clase. (40%).
5.- Para acollerse á modalidade presencial, cómpre terunha asistencia mínima do 80%.
6.- Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
ALONSO, Israel e FUNES, Jaume (2009). El acompañamiento social en los recursos socioeducativos. Revista de Educación Social, 42, 28-46. BORGES, Carolina e CID, Xose Manuel (2019). Educación Social y profesorado: la escuela como espacio común de intervención, Revista de Educación Social, 29, 174-193. CABALLO, Belén e GRADAILLE, Rita (2008). La Educación Social como práctica mediadora en las relaciones escuela-comunidad local, Revista Interuniversitaria de Pedagoxía Social, 15, 45-55. CALVO, Aina (2002). La animación sociocultural. Una estrategia educativa para la participación. Alianza editorial, Madrid. CANDEDO, María Dolores (2020). Educación social e escola. Crónica dunha historia recente, Galeduso, 13, 66-70. CARIDE, Jose Antonio (2002). Construír la profesión: la educación social como proyecto ético y tarea cívica. Pedagogía Social, Revista interuniversitaria, 9, 99-125. CARIDE, Jose Antonio (2004). ¿Que añade lo “Social” al sustantivo “Pedagogía”?, Pedagogía Social Revista Interuniversitaria, 11, 55-57 CARIDE, Jose Antonio (2017). Cruzando límites: sobre los desafíos de la educación social en tiempos de incertidumbre. Revista de Educación Social, 25, 8-29. CASTRO, Oscar (2017). Colonialismo y prácticas discrecionales. Los efectos comunes y particulares de una desregularización del trabajo educativo social. Revista de Educación Social, 25, 66-66. CEESG. Documentos profesionalizadores. Definición de la educación social. Código deontológico. Catálogo de funciones y competencias. http://www.ceesg.gal/gl/ceesg/documentos-profesionalizadoresseccion CENTENO, Cristina (2020). Pedagogía Social: marco metodológico y personal del educador. Alcala Grupo Editorial COLL-PLANAS, Gerard e SOLÀ-MORALES, Roser (2019). Guía para incorporar la interseccionalidad en las políticas locales. Ajuntament de Terrassa FREIRE, Paulo (1990). La naturaleza política de la educación. Cultura, poder y liberación. Paidós FREIRE, Paulo (1993). Pedagogía de la esperanza, Siglo XXI, Madrid. GIL, Rodrigo e CANDEDO, Dolores (2019). Renta básica y educación social: hacia un nuevo paradigma en los Servicios Sociales. Revista de educación social, 29, 28-42. HERNANDEZ, Pedro Javier (2007). Educación y desarrollo comunitario: Dialogando con Marco Marchioni. Cuestiones pedagógicas, 18, 285-300. LLENA, Asun e PARCERISA, Artur (2008). La acción socioeducativa en medio abierto. Barcelona: Graó. LÓPEZ, María Ángeles; MARÍN Ana Isabel y DE LA PARTE, Jose María (2004). La planificación centrada en la persona. Una metodología coherente con el respeto al derecho de autodeterminación, Revista Española sobre Discapacidad Intelectual, 35 (2), nº 210, 45-55. LÓPEZ, Rafael (2012). La educadora y el educador social en los servicios sociales de atención primaria, Revista de Educación Social, 15, 86-94. LÓPEZ, Rafael (2020). A Educación Social no ámbito escolar: unha proposta, Galeduso, 13, 91-96. MORÁN, Carmen; BARBA, María y VARELA, Laura (2013). Servicios sociales de crisis ¿educación social en crisis?. Torío et. al. (coords.). La crisis social y el estado de bienestar: respuestas desde la pedagogía social, pp. 145-15 NUÑEZ, Violeta (Coord) (2010). Trampas teóricas y conceptuales de la Pedagogía social en construcción. Ponencia en Congreso Internacional de Pedagoxía Social. OCAÑA, Luisa María e MAIQUES, Mar (2020).Mocidade desmontando o patriarcado. Proposta metodológica socioafectiva. Madrid: InteRed. PALACÍN, Iratxe (Coord.) (2018). Pedagogía de los cuidados. Aportes para su construcción. InteRed. Madrid PÉREZ BURGOS, Ángela (2021). La psicoterapia integrativa en el ámbito de la intervención social: conceptos y métodos de intervención. Revista de Psicoterapia, 32(118), 149-162 RUIZ, Cristóbal (2017). La educación social ante el revés de la globalización. Revista de Educación Social, 25, 67-78. RUIZ-CORBELLA, Marta; MARTÍN-CUADRADO, Ana María e CANO-RAMOS, María Antonia (2015). La consolidación del perfil profesional del educador social. Respuesta al derecho de la ciudadanía. Perfiles Educativos, 37(148), 12-19 RUIZ, Santiago e MARTÍN-SOLBES, Víctor Manuel (2022). Las violencias estructural, cultural y directa en los escenarios educativos, Revista de Educación Social, 34, 194-206. PLANELLA, Jordi (2008). Educación social, acompañamiento y vulnerabilidad: hacia una antropología de la convivencia, Revista iberoamericana de educación, https://rieoei.org/historico/deloslectores/2358Planellav2.pdf SAEZ, Juan e MOLINA, José G. (2006). Pedagogía Social: Pensar la educación social como profesión. Dykinson, Madrid. SAGREDO, Maider (Coord.) (2017). El poder del trabajo en red. Grupo Emaús Fundación Social. SILVA, Diego e CASTRO, Oscar (2009). ¿Qué tenemos que saber sobre los sujetos de la educación?, y algunas cosas más importantes. En ADESU-MEC (Eds), Educación social: acto político y ejercicio profesional. Montevideo: Tradinco. ÚCAR, Xavier (2016). Relaciones socieeducativas. La acción de los profesionales. Barcelona: Editorial UOC. VARELA, Laura e MORÁN, Carmen (2017). A educación como instrumento de benestar dos servizos sociais. Revista Galega de Educación, 67, 12- 15. VEGA, Amando (2013). La educación social en la escuela: complemento imprescindible, Revista de Educación Social, 13 RECURSOS DE TRABALLO: Web do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG) www.ceesg.gal Web do Consejo General de Colegios de Educadoras e Educadores Sociales (CGCEES) www.eduso.net Web da Revista de Educación Social: https://eduso.net/res/ Caja de herramientas comunitarias. Universidad de Kansas. https://ctb.ku.edu/es/conjuntos-de-herramientas |
Bibliografía complementaria
|
|
CANDEDO, María Dolores (Coord) (2013). A educación: dereito ou mercadoría? Laiovento
CARIDE, Jose Antonio (2000). Educación
social y políticas culturales. Tórculo
CARIDE, Jose Antonio (2005). Las
fronteras de la Pedagogía Social. Perspectivas científica e histórica.
Gedisa, Barcelona.
CARIDE, Jose Antonio (2009). Elogio de la
Pedagogía Social: acerca de los nuevos y viejos desafíos de la educación
social. Revista de Educaçao Pública,
38 (set-dez.), pp. 449-468
CASCÓN, Paco (2010). Educar en y para el conflicto. En Caruana, A.
Propuestas y experiencias educativas para
mejorar la convivencia. Generalitat Valenciana, Conselleria de Cultura i
Educació
CID, Xose Manuel (Coord) (2018). Educación Social e escola: análise da última década (2006-2026).
NEG-CEESG.
COLOM, Antonio J.; NÚÑEZ-CUBERO, Luis (2005).
Teoría de la educación. Madrid. Editorial Síntesis. (pp. 15-43)
EMAÚS (2015). Manual Inclúe.
Unha ferramenta para a aplicación dun novo enfoque na atención a persoas en
situación de exclusión social. Grupo Emaús Fundación Social. Accesible
en http://www.emaus.com/pdf/manual_gallego_web.pdf
GIMENO SACRISTAN, José (2001). Educar
y convivir en la cultura global. Morata.
GIROUX, Henry (2001). Cultura,
política y práctica educativa. Graó.
HERNANDO, Almudena (2012). Teoría
arqueológica y crisis social, Complutum,
23 (2): 127-145.
HERRERO, Yayo; CEMBRANOS, Fernando e PASCUAL,
Marta (coords.) (2010). Cambiar las gafas
para mirar el mundo. Una nueva cultura de la sostenibilidad. Madrid: Libros
en acción.
LÓPEZ-SOTO, Eva (2017). Situación e
transformación dos servizos sociais en Galicia: unha lectura en clave
educativa. Revista Galega de Educación, 67, 16 – 19.
LUQUE, Pedro Antonio (2001). Educación
y valores democráticos: claves para una educación ciudadana. PPU
MARTIN, María Teresa (Coord.) (2000). Planificación y diseño de proyectos en Animación Sociocultural.
Sanz y Torres
OLTRA, Mónica e HERRERO, Yayo (2013). Las personas primero. Barcelona: Icaria Editorial.
ROMANS, Mercé; PETRUS, Antoni e TRILLA, Jaume (2000). De profesión educador(a) social. Paidós,
Barcelona.
SAEZ, Juan e BAS, Encarna (Coord.) (2007). Pedagogía social y Educación social. Pearson Educación, Madrid
SALAMANCA, Lorenzo (2017). Es tarde, pero es
nuestra hora. Propuesta motivada para el compromiso en un contexto global. Revista de Educación Social, 25, 30-48.
SANTIAGO-MUÍÑO, Emilio (2016). Rutas
sin mapa. Horizontes de transición ecosocial. Madrid: Catarata
ÚCAR, Xabier; LLENA, Asun (coords.) (2006). Miradas y diálogos en torno a la acción comunitaria. Graó,
Barcelona.
VEGA-FUENTE, Amando (2013). La
educación social en la escuela, complemento imprescindible. Revista
Educación Social, 16.
VVAA (2016). La pedagogía
social en el mundo. Revista Interuniversitaria de Pedagogía Social, nº27.
VVAA (2017). Educación e servizos sociais. Revista Galega de Educación, 67.
VVAA (2017). Infancias, desprotección social e educación. Revista Galega de Educación, 66.
VVAA (2018). Libro de Actas
Educación Social e Escola 2006-2016. CEESG/NEG
VVAA (2020). Educación social e escola, Galeduso, 13. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
- É recomendable subir unha
fotografía ao perfil de Moodle/Teams, para facilitar a identificación do
alumnado no traballo virtual.
- Para a realización dos
traballos e actividades de avaliación seguiranse en cada caso as
indicacións dadas na aula, que tamén se publicarán en Moodle.
- Os traballos presentaranse en
formato dixital e sempre debidamente identificados (nome do alumno, curso,
grupo, equipo, materia e nome do profesor). Hai que facer un uso sostible
dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
Así mesmo, debe terse en conta a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores da sustentabilidade no comportamento persoal e
profesional.
- En consonancia coa
integración dunha perspectiva feminista nesta materia, traballarase na
identificación e modificación de prexuízos e actitudes sexistas, e
incidirase no entorno para modificalos e promover valores de respecto e
igualdade. Deben detectarse as situacións de discriminación por razón de
xénero ou doutra índole e proporanse accións e medidas para corrixilas.
- Facilitarase a plena
integración do alumnado que, por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou
socioculturais, experimente dificultades para ter un acceso adecuado,
igualitario e beneficioso á vida universitaria. Agradécese que se
comunique calquera necesidade e proposta de adaptación.
- O horario de titorías está
exposto na páxina web da Facultade e no taboleiro da porta da oficina.
|
|