Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Analizar criticamente o escenario sociolaboral e as políticas de emprego, recollendo e utilizando para isto a información a través das TICs |
A3 A5 A8
|
B1
|
C3
|
Comprender o papel da orientación profesional como medida activa de emprego na que pode intervir o/a educador/a social |
A16 A17
|
|
|
Analizar, sintetizar e valorar criticamente as políticas de emprego actuais a nivel autonómico, estatal e europeo, manexando distintas fontes de información que lle permiten exercer unha cidadanía crítica e formular solucións orientadas ao ben común
|
A3 A5 A8 A15 A17
|
B1
|
C4
|
Diagnósticar unha comarca galega en canto a formación existente e propoñer alternativas de actuación desde a perspectiva do/a educador/a social |
A3 A5 A15
|
B1
|
|
Sintetizar, relacionar e valorar os resultados de aprendizaje adquiridos nun cartafol, utilizando as TICS |
A3 A5
|
B1 B2
|
C3
|
Integrar actitudes éticas e deontolóxicas ao valorar críticamente as políticas activas de emprego e ao transmitir criticamente a información desde o rol de educador/a social |
A3 A5
|
B1 B5 B6
|
C1
|
Utilizar as TICs nos procesos de simulación de orientación das persoas desempregadas |
A15 A17
|
|
C3
|
Valorar desde o punto de vista do educador/a social a importancia da cultura emprendedora como elemento alternativo ao traballo por conta allea, así como a importancia da formación ao longo da vida |
A16 A17
|
|
C5 C7
|
Elaborar o seu itinerario formativo a longo prazo, incluindo as súas necesidades de formación no campo das TICs |
A17
|
|
C3 C7
|
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, no galego |
|
|
C1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
TEMA I. O escenario sociolaboral
|
A evolución do traballo. Análise da profesión de educador/a social
A evolución do desemprego. Actuacións segundo o tipo de desemprego
Competencias actuais que require o mercado laboral
O papel da formación profesional no escenario sociolaboral
A igualdade de xénero no escenario sociolaboral actual. |
TEMA II. As políticas de Emprego:evolución e situación actual. Medidas alternativas |
As politicas de Emprego na Unión Europea. FEDER, FSE, Emprego e Innovación social (Progress, Eures), Erasmus +
As políticas de Emprego en España: Estratexia europea para o emprego en España, Programa Nacional de Reforma, Estratexia española par ao emprego, PAPE
As políticas de Emprego en Galicia: convocatorias concretas
A igualdade de xénero a través das políticas de emprego |
TEMA III. A orientación profesional como medida activa de emprego |
Organización da orientación profesional en Galicia
Profesionais implicados na orientación profesional
Accións a desenvolver na orientación profesional. Accións individuais. Accións grupais
Fases no proceso de orientación profesional: autocoñecemento, o perfil profesional, o mercado laboral, fontes de información laboral, procesos selectivos, ferramentas na busca de emprego, seguimento do proceso de busca de emprego
A orientación profesional como medida para reducir as desigualdades de xénero
O autoemprego. Alternativas
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Mapa conceptual |
A3 A5 B1 B2 |
1 |
8 |
9 |
Análise de fontes documentais |
A5 A15 B1 C3 C4 C5 |
2 |
10 |
12 |
Discusión dirixida |
A8 A16 A17 B1 B5 B6 C1 C4 C5 C7 |
12 |
2 |
14 |
Portafolios do alumno |
B2 |
2 |
22 |
24 |
Traballos tutelados |
C3 C7 |
2 |
12 |
14 |
Lecturas |
C4 C7 |
1 |
11 |
12 |
Sesión maxistral |
A3 A5 |
13 |
26 |
39 |
Seminario |
A20 C4 |
2 |
0 |
2 |
Presentación oral |
A3 A15 B1 B2 B6 C1 C3 |
6 |
15 |
21 |
Actividades iniciais |
A3 |
1 |
0 |
1 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Mapa conceptual |
O alumnado confeccionará un mapa conceptual no que establecerá as relacións dos conceptos aprendidos en toda a materia. Este mapa será dixital. |
Análise de fontes documentais |
O alumnado buscará na rede información e documentos necesarios para realizar os exercicios propostos na aula, especialmente realizará unha consulta diaria do DOG para realizar o exercicio de análise das políticas de emprego. Dentro desta análise se inclúe a situación da profesión de educación social e a perspectiva de xénero nestas políticas. |
Discusión dirixida |
O alumnado discutirá sobre as situación sociolaboral actual, as políticas de emprego desenvolvidas e o seu rol como educadores/as á hora de levar a cabo unha orientación laboral. Esta discusión pode ser levada a cabo tanto na aula como a través da plataforma teams. |
Portafolios do alumno |
O alumnado recollerá nun portafolio os exercicios realizados durante o período da materia. Este portafolio servirá para avaliar ao alumnado e conterá tamén unha valoración final das aprendizaxes realizadas. O portafolio será dixital. |
Traballos tutelados |
O alumnado elaborará distintos exercicios propostos na aula baixo a supervisión do profesor. A aula poderá ser física ou virtual, segundo as circunstancias sobrevidas. Os traballos presentaranse de forma dixital. |
Lecturas |
O alumnado terá que introducirse no hábito de lectura como fonte de actualización profesional importante para a toma de decisións con fundamento, para isto consultará diariamente o DOG na busca de información relevante para a materia. Identificarase prexuízos e actitudes sexista nas políticas de emprego. |
Sesión maxistral |
O profesor explicará os conceptos teóricos da materia utilizando tamén o diálogo dirixido e facendo partícipe ao alumnado nas clases, de xeito que resulten máis dinámicas e interactivas. As clases expositivas serán impartidas a través de teams. |
Seminario |
A súa finalidade é dupla. Por unha parte, trátase de visibilizar referentes profesionais. Por outra, permite achegar praxes profesionais vencelladas á inserción laboral de diferentes colectivos |
Presentación oral |
O alumnado exporá o resultado da análise das políticas de emprego a través da simulación dunha entrevista de traballo. Esta presentación poderá ser na aula física ou virtualmente a través de teams, segundo as circunstancias sobrevidas. |
Actividades iniciais |
O profesor realizará unha actividade inicial de sondeo para analizar as ideas previas do alumnado sobre a materia en cada unha das sesións e así conectalas coa información que se vai proporcionar nesa clase |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Portafolios do alumno |
Mapa conceptual |
|
Descrición |
A materia está configurada de forma que todos os contidos están colgados en moodle, o que facilita o paso dunha metodoloxía presencial a unha virtual no caso de ser necesario. As clases poden desenvolverse tanto presencial como virtualmente a través da aplicación teams e o encerado virtual. Esta semipresencialidade virá dada polas instrucións que se reciban da facultade.
Na atención personalizada o profesor resolverá as dúbidas que teña o alumno sobre os diferentes temas a traballar na materia.
Esta atención personalizada realizarase preferentemente de forma virtual, a través de Teams, e excepcionalmente no despacho do profesorado
O horario de titorías estará colgado no taboleiro que está no despacho do profesor, en moodle, na páxina web do departamento de MIDE, e na páxina da Facultade de Ciencias da Educación.
No caso de que a situación o requira e así o determine o profesor, a atención poderá ser, en horario de titorías, vía: moodle, teams, correo electrónico, e excepcionalmente outras ferramentas que faciliten a atención ao alumnado.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Portafolios do alumno |
B2 |
O portafolio estará formado por todos os exercicios que se vaian facendo ao longo da materia, máis unha valoración final por parte do alumnado das aprendizaxes realizadas na materia. Os traballos a incorporar son:
- Análise semanal do DOG durante o período lectivo. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente, por cada unha das políticas que se publican. Valorarase a presentación, a síntese da información contida na ficha, e o número de políticas recompiladas.
- Exposición semanal de políticas de emprego. Exposición por parellas de unha ou varias políticas de emprego asignadas ao chou con tratamento dos contidos determinados polo profesorado.
- Exercicio de autocoñecemento. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente. Valorarase a presentación e a profundidade da análise.
- Exercicio de ficha ocupacional. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente. Valorarase a presentación e a profundidade da análise.
- Exercicio de análise da formación. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente. Valorarase a presentación e a profundidade da análise.
- Exercicio de mapas conceptuais. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente. Valorarase a presentación e a síntese da análise.
- Exercicio sobre ferramentas de busca de emprego. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente. Valorarase a presentación e a síntese da análise.
- Exercicio de valoración final. Aprendizaxes adquiridas na materia (qué sabía, que aprendín, en qué seguir formándome). Relación/vinculación das aprendizaxes realizados coas materias cursadas no grao. Aspectos da materia observados no Practicum I e aspectos da materia a observar no Practicum II. Reflexións sobre a materia e aspectos a mellorar.
Os criterios de cualificación serán proporcionados o primeiro día de clase, na presentación da materia. |
100 |
|
Observacións avaliación |
A asistencia ás sesións é obrigatoria e se xustifica en base
a que as clases son moi interactivas e se traballan aspectos procedimentais e
actitudinais que son necesarios para aprobar a materia, polo tanto, nesta
materia non procederá a dispensa de asistencia ao alumnado. O alumnado con asistencia regular, que non acuda a unha clase na que se
realice algunha actividade, terá que facela individualmente e entregala no
prazo indicado na clase. Se un/ha alumno/a non acada o 80% da asistencia e/ou non presenta o portafolio, terá unha cualificación de non presentado. A cualificación final será o resultado da puntuación obtida no portafolio
do alumnado, sendo indispensable obter a metade da cualificación para superar
a materia. Na oportunidade de xullo, o alumnado realizará un exame teórico sobre os contidos tratados na aula.
Será primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía,
acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames realizados
como condición imprescindible para superar a materia.
PLAXIO: O plaxio en calquera das actividades realizadas durante a
materia, incluído o portafolio, será motivo de suspenso.
FALSIFICACIÓN DUNHA FIRMA: Asinar na folla de asistencia por un/unha
compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa perda de avaliación
continua. Cualificación de suspenso na convocatoria en
que se cometa a falta e respecto da materia en que se
cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota
numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade
como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación
na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. NORMATIVA ACADÉMICA DE AVALIACIÓNS, CUALIFICACIÓNS E RECLAMACIÓNS
https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf
|
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Comisión europea (2019). Estrategia Europea de Empleo. Recuperado de: http://ec.europa.eu/social/main.jsp?catId=101&langId=es.
Sánchez García, María Fé. (2004). Las exigencias de adaptación al mundo laboral. En Orientación laboral. Para la diversidad y el cambio.. Madrid: Sanz Torres
Rubio, Francisco (2020). Las políticas de empleo en el ámbito autonómico. Dykinson. Madrid
Vila, Francisco (Coord) (2017). Las políticas de empleo en el ámbito local. Diputación de Málaga. Málaga.
Ministerio de traballo (2015). LEY 30/2015, de 9 de septiembre, por la que se regula el Sistema de Formación Profesional para el empleo en el ámbito laboral.
Ministerio de traballo (2002). Ley 5/2002, de 19 de junio, de las cualificaciones y de la formación profesional.
Ministerio de traballo (2003). LEY 56/2003, de 16 de diciembre, de Empleo (BOE del 17 de diciembre de 2003)..
Ministerio de educación (2006). Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación.
Ministerio de Educación (2022). Ley Orgánica 3/2022, de 31 de marzo, de ordenación e integración de la Formación Profesional. BOE núm. 78 de 1 de abril de 2022..
Ansias Bacelar, María Teresa Lourdes (2018). Orientación laboral e promoción da calidade na formación profesional para o emprego. España: Servipost Editores, S.L. (Antes Servi-Aca, S.L). Madrid: Editorial CEP, S.L
Echeverría, Benito. (Coord) (2008). Orientación profesional. Barcelona: Editorial UOC
Incual (2019). Páxina principal do Incual. http://incual.mecd.es/.
Xunta de Galicia (2019). Páxina sobre as competencias clave. http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-competencias-clave;jsessionid=F719B6C003E7D4F2A9D2CBA7AE0818D3.
Xunta de Galicia (2019). Páxina sobre o recoñecemento das competencias profesionais. http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-reconecemento-experiencia-profesional.
Moncloa (2019). Programa Nacional de Reformas. Recuperado de: https://www.hacienda.gob.es/es-ES/CDI/Paginas/EstrategiaPoliticaFiscal/ProgramaNacionalReformas.aspx.
Ministerio de traballo (2015). RDL 3/2015, de 23 de octubre, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley de Empleo.
Ministerio de educación (2011). REAL DECRETO 1147/2011, de 29 de julio, por el que se establece la ordenación general de la formación profesional del sistema educativo. (BOE del 30 de julio de 2011)..
Ministerio de traballo (2007). REAL DECRETO 395/2007, de 23 de marzo, por el que se regula el subsistema de formación profesional para el empleo.
Pueyo, Javier et alt (2021). Ser joven entre dos crisis.. Catarata. Madrid.
Cueto, Begoña. y Suárez, Patricia (2015). “El papel de las políticas activas: una perspectiva desde las comunidades autónomas”, Ekonomiaz: revista vasca de economía. Núm. 87. 1º semestre, págs. 283-309.. Ekonomiaz: revista vasca de economía. Núm. 87. 1º semestre, págs. 283-309. |
Ansias Bacelar, María Teresa Lourdes (2018). Orientación laboral e promoción da calidade na formación profesional para o emprego. España: Servipost Editores, S.L. (Antes Servi-Aca, S.L)
Bermúdez Bande, Silvia (2018). Cuaderno del alumno : selección, elaboración, adaptación y utilización de materiales, medios y recursos didácticos en formación profesional para el empleo : certificados de profesionalidad. Docencia de la formación profesional para el empleo. Madrid: Editorial CEP, S.L. |
Bibliografía complementaria
|
|
Bastida, Antonio. (2001) La inserción sociolaboral. Reflexiones sobre la práctica. Madrid, Popular; Carmona, Gabriel. (2001). El plan personal para la inserción socio-laboral: teoría y práctica en la empresa para la inserción laboral. Huelva,
Universidad de Huelva; Casal, Joaquim. (2000). Modalidades de transición profesional y precarización del empleo, en
Cachón, Lorenzo. (ed.). La inserción profesional. Alzira, Germania, pp. 151-180; GALLART, María Antonia. (2002). Educación y trabajo. Montevideo, Cinterfor; MARHUENDA, Fernando. (coord.)(2006). La cualificación profesional básica: competencias para la inclusión sociolaboral de jóvenes. Revista de Educación, nº 341; Navarro, Vicenç.Torres, Juán. e Garzón, Alberto. (2011). Hay alternativas. Propuestas para crear empleo y bienestar social en España. Madrid: Editorial Sequitur; Castillo, Juán José. (2009). La soledad del trabajador globalizado. Memoria, presente y futuro. Madrid: Editorial Catarata; Vence, Xabier. (2011). Crise e radicalización neoliberal. As alternativas silenciadas. Santiago:
Editorial Laiovento; Garzón, Alberto.; Torres, Juán e Navarro, Vicenç. (2012). Lo que España necesita . Bilbao: Editorial Deusto; Navarro, Vicenç, Torres, Juán e Garzón, Alberto. (2011). Hay alternativas. Propuestas para crear empleo y bienestar social en
España.. Madrid: Editorial Sequitur; Castillo, Juán José. (2009). La soledad del trabajador globalizado. Memoria, presente y futuro. Madrid: Editorial Catarata; Vence, Xabier. (2011). Crise e radicalización neoliberal. As alternativas silenciadas. Santiago: Editorial Laiovento; .Ruiz Viñals, Carmen. (Coorda) ((2006)). Políticas sociolaborales. Un enfoque pluridisciplinar.. Barcelona: Editorial UOC |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Orientación ocupacional/652G03021 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Orientación e Políticas de Emprego complementa os contidos da materia Orientación Ocupacional.
Os traballos serán enviados telemáticamente e de non ser posible, no se útilizá plásticos, elixirase a impresión a doble cara, empregarase papel reciclado e evitarase imprimir borradores.
Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a perda do dereito á oportunidade na que se cometa a falta e respecto da materia na que se tivese cometido. Nas actas figurará como suspenso ou non presentado nesta oportunidade.
Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria incorporarase a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)
Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
No caso de detectarse situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas. |
|