Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A3 |
Coñecer e integrar os fundamentos lingüísticos da Logopedia: Fonética e fonoloxía, morfosintaxe, semántica, pragmática, sociolingüística. |
B1 |
Acceso, selección e xestión das fontes de información relevantes para a práctica profesional. |
B2 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Aprender a aprender. |
B7 |
Capacidade de análise e síntese. |
B8 |
Capacidade de observar e de escoitar de forma activa. |
B21 |
Tomar decisións con autonomía e responsabilidade. |
B22 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B23 |
Traballar de forma colaborativa. |
B24 |
Traballar en equipo e, de ser o caso, de forma interdisciplinar. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Capacidade de análise e síntese. |
A3
|
B7
|
|
Coñecer e integrar os fundamentos lingüísticos da Logopedia: Fonética e fonoloxía, morfosintaxe, semántica, pragmática, sociolingüística. |
A3
|
B1 B2 B4
|
|
Traballar autonomamente. |
|
B21 B22
|
|
Capacidade de observar e de escoitar de forma activa. |
|
B8
|
|
Traballar de forma colaborativa e en equipa. |
|
B23 B24
|
|
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
|
|
C1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. A Lingüística e o seu obxecto. |
1.1. Alcance e obxectos da Lingüística.
1.2. Disciplinas e subdisciplinas que inclue.
1.3. A aplicación da Lingüística a ámbitos sociais. |
2. A linguaxe e a comunicación. |
2.1. A comunicación, a información e a sua interpretación.
2.2. A orixe da linguaxe.
2.3. Características da linguaxe humana. Comunicación animal e humana.
2.4. Os canais da comunicación oral, visual e táctil. A escrita. |
3. Linguaxe, mente e cerebro. |
3.1. Relacións entre linguaxe e pensamento.
3.2. Localización da faculdade lingüística no cerebro.
3.3. Trastornos da linguaxe.
3.4. Adquisición dunha primeira e dunha segunda lingua. |
4. Os sons das linguas. |
4.1 A produción do son.
4.2. Clases de sons: vogais e consoantes.
4.3. A transcrición fonética.
4.4. Fonema, fone e alofone. Os sistemas fonolóxicos.
4.5. Os elementos suprasegmentais.
4.6. A sílaba. |
5. Da palabra ao discurso. |
5.1. As unidades mínimas significativas: os morfemas.
5.2. Morfemas, morfes e alomorfes. Tipos de morfemas.
5.3. A palabra. Formación de palabras nas linguas.
5.4. A morfoloxía das diversas linguas.
5.5. Clases de palabras e categorías gramaticais.
5.6. A oración: simple e composta.
5.7. Os sintagmas (ou frases).
5.8. As relacións sintácticas. |
6. O significado. |
6.1. Definición do significado: sentido e referencia.
6.2. Fenómenos semánticos.
6.3. Proposición. Predicado e argumentos.
6.4. Significado literal e significado implícito.
6.5. A cooperación na conversa.
6.6. Actos de fala e os seus tipos.
6.7. A cortesía como estratexia verbal.
6.8. A deíxis e os seus tipos. |
7. A diversidade lingüística. |
7.1. Introdución ás familias lingüísticas.
7.2. Lingua padrón e variedades.
7.3. Variación xeográfica: os dialectos.
7.4. Variación social: sociolectos e rexistros.
7.5. As comunidades lingüísticas.
7.6. Contacto de linguas e bilingüismo.
7.7. A planificación lingüística. |
8. Aplicacións da Linguística. |
8.1. Elaboración de dicionarios e gramáticas.
8.2. O ensino das linguas.
8.3. Tradución e interpretación.
8.4. Lingüística computacional.
8.5. Lingüística clínica. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Proba mixta |
A3 B2 B7 C1 |
0 |
32 |
32 |
Sesión maxistral |
A3 B4 B8 |
21 |
21 |
42 |
Lecturas |
A3 B1 B4 B22 |
0 |
32 |
32 |
Obradoiro |
A3 B1 B2 B4 B7 B8 B21 B22 B23 B24 C1 |
21 |
21 |
42 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba mixta |
Proba escrita final. |
Sesión maxistral |
Explicación dos conceitos fundamentais e clarificación das dúbidas principais. |
Lecturas |
Lectura — e, no seu caso, síntese e/ou comentario — de material obrigatorio. |
Obradoiro |
Diversas metodoloxías e probas nas aulas (exposicións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc.) e tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, con supervisión do profesorado e resolución de dúbidas específicas. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Lecturas |
Obradoiro |
|
Descrición |
Farase un seguimento nas aulas interactivas das actividades realizadas.
O profesorado estará disponíbel para tutorias nos horarios que se indicaren, e tamén previo acordo por correo electrónico, Teams ou telefone. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A3 B2 B7 C1 |
Unha proba escrita final, cuxos contidos serán o temario, as lecturas e os outros materiais utilizados nas aulas. |
50 |
Lecturas |
A3 B1 B4 B22 |
Avaliarase a realización das lecturas obrigatorias con tarefas de seguimento. Porén, a percentaxe correspondente, ainda por determinar segundo as tarefas, computarase dentro do apartado Obradoiro. |
0 |
Sesión maxistral |
A3 B4 B8 |
Avaliaráse a asistencia e participación activa tanto nas sesións expositivas canto nas interactivas. |
10 |
Obradoiro |
A3 B1 B2 B4 B7 B8 B21 B22 B23 B24 C1 |
Avaliaranse tanto os resultados das diversas prácticas e actividades a facer fora da sala de aulas, canto as desenvolvidas nas aulas interactivas. |
40 |
|
Observacións avaliación |
Observacións:
1. PRIMEIRA OPORTUNIDADE: 1.1. O Obradoiro
inclui a realización de 1 ou 2 Actividades Avaliábeis (en principio
individuais; poderá ofrecerse a opción a facelas en parellas a discreción
do profesorado), e unha serie de tarefas de seguimento das leituras e
outros traballos práticos durante o
curso, tanto nas sesións de aulas como fora. 1.2. O alumnado repetidor que non asista ás aulas, e o alumnado que teña unha dispensa académica oficial (DAO),
recibirán un 50% da nota pola realización da Proba mixta, e
50% polo apartado de Obradoiro, incluindo tanto as Actividades Avaliábeis canto as outras tarefas do curso que non requiran asistencia. 1.3. O alumnado con DAO deberá comunicalo ao profesorado da materia durante as duas primeiras semanas do curso. De non facelo así, poderá aplicárselle a mesma repartición porcentual
na avaliación que ao resto do estudantado (50% + 10% + 40%) 1.4. A materia e as probas poderán
adaptarse para o estudantado que precise medidas de apoio á diversidade
(física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde
mental). O/a estudante que se atopar nesta situación debe contactar cos servizos
dispoñibles na UDC nos prazos oficiais marcados antes de cada
cuadrimestre académico: a Unidade de Atención á Diversidade (http://www.udc.gal/cufieU/ADI/). Pódese contar tamén co asesoramento do Tutor ou Tutora ADI da Facultade de Ciencias da Educación. En calquer caso,
se solicitaron que lles sexa recoñecida a condición de estudante con adaptación e
aínda non se lles comunicou a decisión, deben informar ao coordenador da
materia (celso.alvarez.caccamo@udc.gal). 1.5. Para superar a materia é preciso (a) obter polo menos un 5 na media dos apartados ; (b) ter polo menos un 4 na proba mixta (exame final); e (c) obter polo menos un 4 no apartado Obradoiro; e (d) obter polo menos un 4 na Atividade ou Atividades Avaliáveis. 1.6. Para superar a proba mixta (exame final)
o profesor poderá requerir un certo equilibrio de notas entre os
diversos temas e partes do programa. Sen ese equilibrio, se a media aritmética é igual ou superior a 5, poderá non ser considerada e ser
sustituida por un 4,9 (suspenso) indicativo da necesidade de repetir a
proba obxectiva inteiramente. 1.7. En caso de non poder aprobar por non ter obtido polo menos un 4 na proba final, nas Actas figurará como nota ou ben a media aritmética ou 4,9 (suspenso) se a media fose superior. Porén, esta nota de 4,9 é inamovíbel, e é só indicativa de que se debe repetir algún dos apartados (ou os dous). 1.8. O profesorado poderá flexibilizar en sentido positivo estes requerimentos de notas mínimas con carácter xeral (aplicábel a todo o alunado) para favorecer unha avaliación mais global do desempeño. 2. SEGUNDA OPORTUNIDADE: 2.1. Aplícanse os mesmos criterios de notas mínimas para cada apartado. 2.2.
Repetirase a Proba mixta (exame final) no día oficial (ver
datas definitivas na web da Facultade ou no taboleiro oficial). A Proba é
indivisíbel; caso de ter que ser repetida, será inteiramente, e voltará
a incluir todo o temario da primeira oportunidade. 2.3.
Realizarase a Actividade ou Actividades suspensas (poderán ser diferentes ás realizadas na primeira oportunidade, aínda que cun formato semellante ou comparábel), e, no seu
caso, as tarefas menores de seguimento do curso, a criterio do profesorado. 2.4. Para a segunda oportunidade, manteránse as
notas dos apartados superados na primeira oportunidade. No caso das
diversas actividades e tarefas, os profesores indicarán se se considera
superado o apartado Obradoiro inteiro, ou se hai que repetir algunha
actividade non satisfactoria (por exemplo, unha cunha nota de 3). 2.5.
A asistencia, loxicamente, non se poderá recuperar na segunda
oportunidade. Se o apartado da asistencia foi superado (mais do 50%,
isto é, un 5), manterase a nota. Se non fose superado, axustaranse as
percentaxes para Proba mixta (50%) e Obradoiro (50%). 3. OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN ADIANTADA (decembro 2024) 3.1. Poden presentarse a
esta oportunidade só estudantes cuns poucos créditos pendentes para rematar a
titulación. Consúltese a documentación pertinente na web
da UDC. 3.2. Realizarase a avaliación
exclusivamente mediante unha PROBA MIXTA ESCRITA de carácter teórico-práctico,
pola que se outorgará o 100% da nota. 4. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO.
Recibirán cualificación de Non Presentado (N.P.) só aquelas/es estudantes
que: (a) non se apresenten a ningunha das probas obxectivas (primeira e segunda oportunidades) e que,
ademais, (b) non entreguen nengunha Actividade Availábel en nengunha das oportunidades. Isto é, a
entrega dunha Actividade ou a asistencia á Proba obxectiva nalgunha das
oportunidades implica necesariamente receber unha nota final numérica.
5. As condutas irregulares e ilexítimas
na realización das actividades, tarefas ou probas (suplantación da
identidade, plaxio, copia, falsificación ou compra de traballos,
recepción de axuda doutras persoas, utilización de respostas ou solucións doutros anos, utilización de
recursos informáticos ou doutro tipo non autorizados, etc.), acarretan
automaticamente a cualificación de Suspenso (0) nessa tarefa ou exame,
e, dependendo da sua gravidade, poden acarretar Suspenso (0) na
oportunidade correspondente. Lémbrase a este respecto que o
Regulamento disciplinar do
estudantado da UDC recolle que a fraude académica é unha falta
grave ou moi grave, e establece as sancións para estes casos, incluindo a expulsión temporaria da Universidade; véxanse, entre
outros, os artigos 10.3.f e 11.4.b (https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2023/007335). 6. O material distribuído polo profesorado nas aulas ou polo Campus Virtual ou outras plataformas é de uso exclusivo para a materia. Non se permite de maneira nengunha o seu uso ou distribución para outros
propósitos, por medios virtuais, nin para persoas alleas ao curso. A vulneración destas restricións está recollida como falta no Regulamento disciplinar do estudantado da UDC. 7. Non se permite a gravación por nengún medio das sesións de aulas, fora das realizadas polo profesorado para posíbeis fins de ensino virtual, e as realizadas para estudantes con adaptación. A gravación e utilización non autorizadas son recollidas como faltas graves no Regulamento disciplinar do estudantado da UDC.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Fromkin, Victoria, e Rodman, Robert (1993). "Da boca dos bébés: aquisição da língua pela criança". Em: Introdução à Linguagem, pp. 351-373. Coimbra: Livraria Almedina
Mariño, Xurxo (2018). "E entón xurdiu a linguaxe". En: Unha mente que voa. Unha mirada á evolución da linguaxe, pp. 73-99. Vigo: Xerais
Casado Fresnillo, Celia, e Escandell Vidal, Mª Victoria (2011). "El lenguaje y las lenguas". En: Mª Victoria Escandell Vidal (coord.) e outros. Invitación a la lingüística, pp. 1-52. Madrid: Editorial Centro de Estudios Ramón Areces & UNED
Escandell Vidal, Mª Victoria, e Marrero Aguiar, Victoria (2011). "La Lingüística y sus fundamentos". En: Escandell Vidal, Mª Victoria (coord.) e outros. Invitación a la lingüística, pp. 53-85. Madrid: Editorial Centro de Estudios Ramón Areces & UNED
Marrero Aguiar, Victoria (2020). "Los sonidos en las lenguas". En: Mª Victoria Escandell Vidal (coord.) e outros. Invitación a la lingüística, pp. 83-119.. Madrid: Editorial Centro de Estudios Ramón Areces & UNED
Yule, George (2007). “Adquisición de la primera lengua”. Em: El lenguaje, pp. 175-191.. Madrid. Akal
Yule, George (2007). “El desarrollo de la escritura”. En: El lenguaje, pp. 29-37.. Madrid. Akal
Yule, George (2007). “El lenguaje y el cerebro”. En: El lenguaje, pp. 161-174.. Madrid. Akal
Crystal, David (1994). “El lenguaje y otros sistemas de comunicación”. En: Enciclopedia del lenguaje de la Universidad de Cambridge, pp. 396-403.. Madrid: Taurus
Escandell Vidal, Mª Victoria (2010). “La estructura de las palabras”. En: Mª Victoria Escandell Vidal (coord.) e outros. El lenguaje humano, pp. 137-169.. Madrid: Editorial Centro de Estudios Ramón Areces & UNED
Gutiérrez Rodríguez, Edita (2010). “La Sintaxis”. En: Mª Victoria Escandell Vidal (coord.) e outros. El lenguaje humano, pp. 171-206.. Madrid: Editorial Centro de Estudios Ramón Areces & UNED
Yule, George (2007). “La variación geográfica de las lenguas”. Em: El lenguaje, pp. 238-252.. Madrid. Akal
Yule, George (2007). “La variación social de las lenguas”. Em: El lenguaje, pp. 253- 266.. Madrid. Akal
Mateus, Maria Helena Mira, e Alina Villalva (2006). “Para que serve a Linguística?”. En: O Essencial sobre Linguística, pp. 79-92.. Lisboa. Caminho
Yule, George (2007). “Pragmática”. En: El lenguaje, pp. 132-145. Madrid. Akal
Simone, Raffaele (1993). “Propiedades fundamentales del lenguaje / ‘Abstracto’ en lingüística”. En: Fundamentos de Lingüística, pp. 18-22.. Barcelona: Ariel
Yule, George (2007). “Semántica”. En: El lenguaje, pp. 118-131.. Madrid. Akal |
As leituras obrigatorias serán tomadas maioritariamente da listaxe anterior, mais pode haber algunha non incluída aí. |
Bibliografía complementaria
|
Moreno Cabrera, Juan Carlos (2002). Curso universitario de Lingüística General. Tomo I: Teoría de la gramática y sintaxis general. Madrid: Síntesis
Walter, Henriette (1996). A aventura das línguas do Ocidente. Lisboa: Terramar
Martínez Celdrán, Eugenio (1995). Bases para el estudio del lenguaje . Barcelona: Octaedro
Escandell Vidal, Mª Victoria, et alii (2020). Claves del lenguaje humano. Madrid: Editorial Centro de Estudios Ramón Areces / UNED
Hurford, James R., e Brendan Heasley (1983). Curso de Semántica. Madrid: Visor
Cardona, Giorgio Raimondo (1991). Diccionario de lingüística. Barcelona: Ariel
Yule, George (2007). El lenguaje. Madrid: Akal
Escandell Vidal, Mª Victoria, et alii (2010). El lenguaje humano. Madrid: Editorial Centro de Estudios Ramón Areces / UNED
Martín Vide, Carlos (ed.) (1996). Elementos de Lingüística. Barcelona: Octaedro
Crystal, David (1994). Enciclopedia del lenguaje de la Universidad de Cambridge. Madrid: Taurus
Escandell Vidal, Mª Victoria, et alii (2011). Invitación a la lingüística. Madrid: Editorial Centro de Estudios Ramón Areces / UNED
Escandell Vidal, Mª Victoria (2005). La comunicación. Madrid: Gredos
Moreno-Torres Sánchez, Ignacio (2004). Lingüística para logopedas. Málaga: Ediciones Aljibe
Martínez Celdrán, Eugenio, et alii (1998). Lingüística. Teoría y aplicaciones. Barcelona: Masson
Ramallo, Fernando, et alii (2000). Manual de Ciencias da Linguaxe. Vigo: Xerais
Comrie, Bernard, S. Matthews e M. Polinsky (eds.) (2001). O Atlas das Línguas: A Origem e a Evolução das Línguas no Mundo. Lisboa: Editorial Estampa
Mariño, Xurxo (2018). Unha mente que voa. Unha mirada á evolución da linguaxe. Vigo: Xerais
Bernárdez, Enrique (2000). ¿Qué son las lenguas? . Madrid: Alianza |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Lingua galega/652G04036 | Lingua española/652G04037 | Introdución á lingua de signos española/652G04041 | Lingüística clínica/652G04042 | Sociolingüística/652G04044 |
|
|