Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A6 |
Coñecer a clasificación, a terminoloxía e a descrición dos trastornos da comunicación, a linguaxe, a fala, a voz e a audición e as funcións orais non verbais. |
A13 |
Coñecer os principios xenerais de la intervención logopédica. |
A14 |
Coñecer as funcións da Intervención logopédica: prevención, educación, reeducación, rehabilitación e tratamento. |
A16 |
Coñecer as características diferenciais da intervención logopédica nos ámbitos familiar, escolar, clínico-sanitario e asistencial. |
A24 |
Coñecer o concepto de Logopedia, obxecto e método; A profesión de logopeda; A Historia da Logopedia; A deontoloxía e a lexislación relevante para o exercicio profesional. |
A25 |
Coñecer a organización de institucións educativas, sanitarias e sociais. |
A32 |
Utilizar tecnoloxías da información e da comunicación. |
B7 |
Capacidade de análise e síntese. |
B9 |
Capacidade de organizar e planificar. |
B16 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B17 |
Saber expresarse en público. |
B19 |
Ter compromiso ético. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñece e diferencia os conceptos fundamentais relativos aos trastornos da comunicación, da linguaxe, da fala, da voz e a audición e as funcións orais non verbais. |
A6
|
B7 B9
|
|
Explica os conceptos e principios xerais da intervención logopédica, identificando e diferenciando segundo as súas competencias, así como as funcións de prevención, educación, reeducación, rehabilitación e tratamento. |
A13 A14 A24
|
B16 B17
|
|
Identifica e diferencia as características da intervención logopédica nos ámbitos familiar, escolar, clínico-sanitario e asistencial... |
A13 A16 A32
|
B7 B9 B16
|
C8
|
Comprende e analiza a profesión de logopeda, o seu obxecto e método, atendendo ás súa evolución histórica, características e á deontoloxía e lexislación actual para o exercicio profesional. |
A14 A24 A32
|
B7 B9 B19
|
|
Demostra o manexo de instrumentos de recollida de información pertinentes para estudar a realidade que envolve á profesión do/da Logopeda. |
A32
|
B16 B19
|
C8
|
Pon en práctica os coñecementos adquiridos acerca da profesión de Logopeda e a súa labor nas diversas institucións educativas, sanitarias e sociais. |
A25 A32
|
B16 B17 B19
|
C1 C8
|
Pon en valor a importancia da investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
|
B19
|
C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Introdución á Logopedia. |
1.1. Historia da Logopedia.
1.2. Concepto e terminoloxía básica.
1.3. Necesidades formativas para a intervención. |
2. Funcións da intervención logopédica: prevención, educación, reeducación, rehabilitación e tratamento. |
2.1. Prevención, educación, rehabilitación e tratamento.
2.2. Ámbitos de intervención en logopedia e receptores.
23. Estrutura do proceso terapéutico: avaliación, programación e aplicación da terapia específica.
2.4. Control da eficacia terapéutica. |
3. Os/as destinatarios/as da intervención logopédica: Introdución ás principais patoloxías da linguaxe e da comunicación. |
3.1. Concepto, etioloxías e principais características das afasias.
3.2. Concepto, factores de risco e características dos Trastornos do Desenvolvemento da Linguaxe -TDL-, Trastornos do Son da Fala -TSH-.
3.3. Alteracións da comunicación en patoloxías con discapacidades neurolóxicas e cognitivas. |
4. Os/as destinatarios/as da intervención logopédica: Introdución ás principais patoloxías da fala e da voz. |
4.1. Concepto, etioloxías e características dos principais trastornos da fala: disartria, disfemia, disglosia.
4.2. Concepto, etioloxías e características dos principais trastornos da voz: disfonía funcional, trastornos de muting, parálise larinxea e laringectomías. |
5. Os/as destinatarios/as da intervención logopedica: Introdución as principais patoloxías da audición. |
5.1. Concepto, etioloxías e principais problemas auditivos.
5.2. Efectos dos déficits auditivos na linguaxe, a fala e a voz. |
6, Os ámbitos e contextos da intervención: características e organización. |
6.1. Modelos, teorías e correntes da intervención logopédica.
6.2. Programas de intervención logopédica co evidencia científica.
6.3. Guías e protocolos terapéuticos. |
7. A profesión do Logopeda. A actuación do logopeda e lexislación básica en Logopedia: |
7.1. Perfil e competencias.
7.2. A actuación do profesional da Logopedia e o traballo en equipo.
7.2. Lexislación básica en Logopedia. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A6 A13 A14 A16 A24 A25 |
21 |
0 |
21 |
Análise de fontes documentais |
A6 A13 A14 A16 A24 A32 B7 B9 B17 C1 C8 |
2 |
22 |
24 |
Estudo de casos |
A13 A14 A16 A32 B7 B9 B16 B19 C1 C8 |
4 |
25 |
29 |
Presentación oral |
A13 A14 A16 A24 A32 B7 B9 B17 B19 C1 C8 |
7 |
14 |
21 |
Traballos tutelados |
A6 A13 A14 A16 A24 A25 A32 B7 B9 B16 B17 B19 C1 C8 |
1 |
15 |
16 |
Proba obxectiva |
A6 A13 A14 A16 A24 |
2 |
32 |
34 |
|
Atención personalizada |
|
5 |
0 |
5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral do profesor na que se traballarán os contidos que compoñen o marco teórico, complementada co uso de presentacións e soportes audiovisuais, así como a introdución de preguntas dirixidas ao alumnado en forma de actividades de aula, a fin de que a aprendizaxe ten un carácter máis dinámico e permite a participación dos alumnos.
A estrutura das sesións maxistrais rexerase pola orde establecida nos contidos de aprendizaxe, teoricamente introducindo cada un dos temas e subtópicos; ofreceranse bibliografía e documentación adicional aos estudantes para afondar na materia; e o traballo teórico complementarase en cada sesión con actividades prácticas. |
Análise de fontes documentais |
Actividades destinadas a que os estudantes realicen a lectura crítica e a análise das distintas fontes documentais de calidade relevantes. |
Estudo de casos |
Cando se imparta o tema 4 presentaranse casos clínicos das alteracións descritas (voz, audición, fala e linguaxe) para introducir ao alumnado no manexo de datos clínicos, termos específicos e metodoloxía de programación terapéutica para a intervención logopédica. |
Presentación oral |
Exposición oral de todas as actividades realizadas na materia, a través das cales o alumnado e a docente interactúan plantexando cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. |
Proba obxectiva |
Proba escrita utilizada para a avaliación de coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, etc.
Pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou asociación. Tamén se pode construir cun só tipo de algunha destas preguntas. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Presentación oral |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Ofrécese atención ao alumnado en titorías individuais e / ou en grupo tanto para o desenvolvemento e a corrección do traballo na aula (análise de fontes documentais, lecturas, casos prácticos) como para a resolución de dúbidas, co fin de rastrexar a evolución da aprendizaxe e un rexistro do seu traballo persoal.
Os alumnos asistirán á programación de titorías establecida pola docente. Recoméndase solicitar previamente, por correo electrónico, unha cita para mellor organización. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
A6 A13 A14 A16 A24 |
Proba tipo test de resposta única. As respostas incorrectas descontarán aplicando a seguinte fórmula: Puntuación= nº de acertos – (nº de erros x 0.25).
- A realización desta proba é obrigatoria e computa o 70% da nota final.
A proba poderá realizarse de maneira presencial ou virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais. |
70 |
Presentación oral |
A13 A14 A16 A24 A32 B7 B9 B17 B19 C1 C8 |
A presentación de cada actividade será avaliada pola docente (heteroavaliación), polo grupo aula (coavaliación) e polo propio estudante (autoavaliación), atendendo aos criterios que se establezan conxuntamente. Entre elos: contidos relevantes e claros; orde na exposición; claridade e corrección lingüística; capacidade de síntese das ideas fundamentais; coherencia no discurso, linguaxe non verbal e utilización do espazo; creatividade (presentación suxerente, motivadora, dinamizadora da participación das/os compañeiras/os...); uso dos recursos.
A valoración do traballo presentado terá carácter grupal. Será por iso que cada equipo establecerá unhas normas de autorregulación mínimas que faciliten a dinámica de traballo.
- A súa realización e obrigatoria e computa o 10% da nota final.
|
10 |
Traballos tutelados |
A6 A13 A14 A16 A24 A25 A32 B7 B9 B16 B17 B19 C1 C8 |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela da docente por medio da simulación e da práctica deliberada. Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polo estudantado da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo docente-titor.
- O alumnado dividirase en grupos.
- A súa realización e obrigatoria e computa o 20% da nota final.
|
20 |
|
Observacións avaliación |
Criterios de avaliación 1a Oportunidade: Para superar a materia, o alumnado deberá obter 5 puntos sobre 10 posibles (exposición oral 10%, traballo titorizado 20% e proba obxectiva 70%). 2a oportunidade para alumnos asistentes, alumnos non asistentes e oportunidade avanzada: para superar a materia, o alumnado deberá obter 5 puntos dos 10 posibles na proba obxectiva (ponderación 100%), sendo a única actividade de avaliación. Finalmente, todos os aspectos relativos á dispensa académica, dedicación ao estudo, permanencia e fraude académico rexeranse de acordo coa normativa académica vixente na UDC (/gl/normativa/academica/).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Gallego Ortega, J.L. (1999). Calidad en la intervención logopédica: Estudio de caso. Málaga: Aljibe
Perelló, J. (2002). Diccionario de Logopedia, Foniatría y Audiología (2ª ed.). Barcelona: Ediciones Lebón
Gutiérrez Zuloaga, I. (1997). Introducción a la historia de la logopedia. Madrid: Narcea
Nolla Casals, A. (2015). La logopedia. Barcelona: Editorial UOC
Lou Royo, M.A. y Jiménez Correa, A. (1999). Logopedia: Ámbitos de intervención . Málaga: Aljibe
Peña-Casanova, J. (2014). Manual de logopedia (4ª ed).. Barcelona: Elsevier Masson
Gallardo, J.R. y Gallego Ortega, J.L. (2003). Manual de logopedia escolar: un enfoque práctico (4ª ed.). Málaga: Aljibe
American Psychological Association (2010). Manual of the American Psychological Association (6ª ed.). Washington: American Psychological Association
Castellanos López, M.A., Pérez Moreno, E. y Simón López, T. (2018). Métodos de investigación en logopedia. Madrid: Síntesis |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Anatomía dos órganos da audición e a linguaxe/652G04001 | Fisioloxía dos órganos da audición e a linguaxe/652G04006 |
|
Materias que continúan o temario |
Intervención logopédica nos trastornos da fala e a voz/652G04027 | Intervención logopédica nos trastornos da linguaxe/652G04034 |
|
|