Sistemas de avaliación: Primeira e segunda oportunidade: Proba mixta que abordará todo o temario da materia (80% da nota final) e prácticas de laboratorio e aprendizaxe colaborativo (20%).
Oportunidad adiantada: o 100% da nota final virá determinado pola nota obtida na proba mixta
A proba mixta pode estar composta por calquera das seguintes modalidades e/ou unha combinación de varias:
Preguntas de ensaio: preguntas abertas de desenvolvemento.
preguntas de resposta múltiple (puidendo ser verdadeiras unha ou varias das respostas)
preguntas de ordenación
preguntas de resposta breve
preguntas de discriminación
preguntas de completar
preguntas de asociación.
Matrícula parcial: o estudiantado con matrícula parcial terá prioridade na escolla de grupo.
Non presentado: Considerarase "non presentado" a calquera alumna ou alumno que non se presente a proba mixtas.
Matrícula de honra: Outorgarase ao alumnado que, obtendo cualificación de sobresaliente, teña as puntuacións máis elevadas.
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC
Sistemas de cualificación: Numérico dende o 0 ao 10, sendo 10 a máxima cualificación e 5 o aprobado. O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 do 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso, 5-6.9=Aprobado, 7-8.9=Notable, 9-10=Sobresaliente, 9-10 Matrícula de Honra (Graciable).
Segundo o artigo 11, apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC:
Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.