Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Alteracións de base evolutiva Código 652G04012
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Díaz Pita, Lucía
López Castro, Leticia
Martínez Ferreiro, Silvia
Correo electrónico
lucia.dpita@udc.es
leticia.lopezc@col.udc.es
s.martinez.ferreiro@udc.es
Web
Descrición xeral Alteracions de base evolutiva aborda a conceptualización e caracterización dun grupo de alteracions que se presentan na etapa infanto-xuvenil afectando de maneira sobresainte á comunicación e a linguaxe.
Ditas alteracions inclúen dunha banda Discapacidade Intelectual, Parálise cerebral e plurideficiencia e doutra Trastornos do Espectro Autista, Trastornos da comunicación, e outros síndromes asociados a patróns desviados da norma.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer e integrar os fundamentos psicolóxicos da Logopedia. O desenvolvemento da linguaxe, o desenvolvemento psicolóxico, a neuropsicoloxía da linguaxe, os procesos basicos da Psicolingüística A2 Coñecer a clasificación, a terminoloxía e a descrición dos trastornos da comunicación, a linguaxe, a fala, a voz e a audición e as funcións orais non verbais A6 Coñecer, recoñecer, discriminar entre a variedade das alteracións: os trastornos da comunicacion e da linguaxe asociados á deficiencia mental, aos trastornos do espectro autista, á paralisis cerebral e ás plurideficiencias A7 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo B2 Apreciar as distintas manifestacións da diversidad B3 Aprender a aprender B4 Capacidade de adaptarse aos cambios B6 Capacidade de análise e síntese B7 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional B11 Coñecer e manexar as novas tecnologias da informacion e da comunicacion B13 Saber expresarse en público B17 Ter iniciativa e espíritu emprendedor B20 Tomar decisións con autonomia e responsabilidade B21 Traballar de forma colaborativa B23 Expresarse correctamente tanto de forma oral como escrita nas linguas oficiais da comunidade autonoma C1 Utilizar as ferramentas básicas das tecnologias da informacion e da comunicacion (TIC) necesarias para o exercicio da profesion e para a aprendizaxe ao longo da vida C3 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse C6 Asumir como profesional e como cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida C7 A1
A2
A3
A5
A6
A7
B2
B3
B4
B6
B7
B11
B13
B17
B20
B21
B23
C1
C3
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
1. Conceptos xerais básicos 1.1. Concepto de alteración lingüística.
1.2. Elementos a ter en conta no campo das alteracións da linguaxe.
1.3. Factores causantes de alteracións lingüísticas.
1.4. Clasificación e descrición das alteracións lingüísticas.
2. As alteracións da Discapacidade Intelectual (DEI). 2.1.Clasificación, descrición e terminoloxía das alteracións físicas, comunicativo-lingüísticas, cognitivas e psicosociais presentes na discapacidade intelectual.
3. As alteracións da Parálise Cerebral (PC). 3.1.Clasificación, descrición e terminoloxía das alteracións físicas, comunicativo-lingüísticas, cognitivas e psicosociais presentes na parálise cerebral.
4. As alteracións nas plurideficiencias. 4.1. Clasificación, descrición e terminoloxía das alteracións físicas, comunicativo-lingüísticas, cognitivas e psicosociais presentes en certas formas de plurideficiencia (ex. Sordocegueira).
5. Os Trastornos do Espectro Autista (TEA). 5.1. Clasificación, descrición e terminoloxía das alteracións físicas, comunicativo-lingüísticas, cognitivas e psicosociais presentes nos Trastornos do Espectro Autista.
6. Os Trastornos dos Sonidos da Fala 6.1. Clasificación, descrición e terminoloxía das alteracións físicas, comunicativo-lingüísticas, cognitivas e psicosociais presentes nos Trastornos dos sonidos da fala.
7. Revisión doutros trastornos do neurodesenvolvemento. 7.1. Revisión da clasificación actual, descrición e terminoloxía das alteracións físicas, comunicativo-lingüísticas, cognitivas e psicosociais presentes noutros trastornos do neurodesenvolvemento incluídos no DSM5-TR.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A3 A5 A6 A7 B2 B3 B7 B11 C6 C7 24 0 24
Lecturas B2 B7 B17 C1 0 16 16
Estudo de casos A6 A7 B2 B4 B6 B7 B20 B21 B23 10 22 32
Glosario A6 B7 B13 2 15 17
Presentación oral A6 A7 B2 B7 B13 B17 C3 C1 2 10 12
Proba de resposta múltiple A2 A6 A7 B2 B7 0 40 40
Actividades iniciais A2 B7 C1 2 5 7
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A docente responsable fará a exposición dos temas potenciando o carácter interactivo coa participación dos estudantes por exemplo a través de preguntas.
Lecturas As lecturas faranse en dúas modalidades: a) na aula, con posterior resumo das mesmas e b) fora da aula, expoñéndose dentro da clase os resultados.
Estudo de casos Traballaranse distintos casos correspondentes aos diferentes bloques temáticos. Tanto a docente coma os estudantes, divididos en pequenos grupos de traballo, poderán propor o aprofundimento nun caso concreto. As cuestións suscitadas deberán ser respondidas por escrito.
Glosario Os alumnos elaboraran un glosario onde se expliquen o conxunto de conceptos que permiten a comprension dos trastornos tratados na materia.
Presentación oral Os alumnos deberán traballar cos trastornos que se abordan na asignatura afondando sobre eles e realizando unha exposición final.
Proba de resposta múltiple Os alumnos realizarán un exame tipo test mediante o que se determinará o grado de aprendizaxe dos fundamentos teóricos e prácticos.
Actividades iniciais Levaranse a cabo a fin de identificar os coñecementos previos necesarios para abordar a asignatura.

Atención personalizada
Metodoloxías
Actividades iniciais
Descrición
Nas actividades que requiran unha atención personalizada (ex. estudo de casos e presentación oral), os alumnos contarán coa mesma, ben na aula ben no despacho da docente.

Ademais, poden utilizar outras vías (teléfono, email, Moodle) para resolver calquera dúbida.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Estudo de casos A6 A7 B2 B4 B6 B7 B20 B21 B23 Valorarase a análise dun problema concreto para chegar a unha decisión tomada mediante discusión.

O estudante sitúase ante un caso que lle describe unha situación real da vida profesional e deberá ser capaz de analizar unha serie de feitos referentes ao ámbito da linguaxe, debendo chegar a unha decisión razoada a través da discusión nun pequeno grupo de traballo.
20
Glosario A6 B7 B13 O estudante debe dominar a terminoloxía referida ás alteracións de base evolutiva 15
Presentación oral A6 A7 B2 B7 B13 B17 C3 C1 Valorarase o dominio e a claridade conceptual do tema, a corrección da linguaxe empregada e o emprego das novas tecnoloxías. 25
Proba de resposta múltiple A2 A6 A7 B2 B7 Realizarase un exame tipo test, con preguntas de opción múltiple das cales unha soa é a válida. Para o cálculo da nota final do test, os erros descontaranse do número total de acertos. 40
 
Observacións avaliación

ALUMNOS EN MODALIDADE
ASISTENTE. Considérase alumnado asistente cando se acuda ao 80% das sesións
expositivas e ao 80% das interactivas. A cualificación dos alumnos asistentes
engloba os apartados seguintes: Estudos de casos (20% da nota final), Glosario
(15%), Presentación oral (25%) e Proba de resposta múltiple (40%). Para superar
a materia a nota ha de ser dun mínimo de 5 en cada un dos apartados. As persoas
que non conten co 80% de asistencia farán o exame estándar pero con 10
preguntas máis. Poderase optar a matrícula de honor a partir de 9,5,
acreditando as razóns nun escrito dirixido á docente. 



ALUMNOS CON DISPENSA
ACADÉMICA. Deberán poñerse en contacto coa docente responsable da materia ao
iniciarse o curso e informar da súa circunstancia. Serán avaliados unicamente a
través dun exame que consta de dous partes: a) tipo test para avaliar o contido
teórico da materia (50% da nota final) e b) resolución dun caso dado para a
parte práctica (50%). Considerarase aprobado de 5 en adiante en cada unha das
partes, sendo preciso que se superen as dúas para superar a materia. Poderase
optar a matrícula de honor a partir de 9,5, acreditando as razóns nun escrito
dirixido á docente.

OS CRITERIOS
ESTABLECIDOS NESTA SECCIÓN APLICARANSE TANTO NA PRIMEIRA COMO NA SEGUNDA
OPORTUNIDADE.

PARA A CONVOCATORIA ADIANTADA SEGUIRANSE OS MESMOS CRITERIOS QUE PARA OS ALUMNOS CON DISPENSA.



Todos os aspectos
relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e
“fraude académico” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.”


Fontes de información
Bibliografía básica (). .
David Caplan (1992). Introducción a la neurolingüística y al estudio de los trastornos del lenguaje.. Madrid.Visor Distribuciones S.A.
. Serra, M;Serrat, E;Solé, R.; Bel, A;Aparici, M. (2000). La adquisición del lenguaje. Barcelona. Ariel Psicología
Peña - Csanova, J. (2002). Manual de logopedia. Barcelona. Masson.
Belinchón,M;Igoa,J.M.;Riviere,A. (2000). Psicología del lenguaje. Madrid. Trotta S.A.
Rondal,J.A.;Serón, X. (Reed.2000). Trastornos del lenguaje. Barcelona.Paidos

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Alteracións de base evolutiva/652G04012

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Avaliación das alteracións de base evolutiva/652G04017

Materias que continúan o temario
Desenvolvemento cognitivo. social e da personalidade/652G04031

Observacións

Recoméndase cursar a materia "Evaluación de las Alteraciones de Base Evolutiva".


Recomendase o envío dos traballos telemáticamente e de non ser posible, non utilizar plásticos,  elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.  
Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.  
Débese ter en conta dos principios éticos relacionados cos valores de sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
Deberase incorporar a perspectiva de xénero (usarase linguaxe non sexista, bibliografía de autores/as de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…).
Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías