Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Lingua galega Código 652G04036
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
López Viñas, Xoán
Correo electrónico
xoan.lopezv@udc.es
Profesorado
López Viñas, Xoán
Correo electrónico
xoan.lopezv@udc.es
Web
Descrición xeral Introdución xeral á lingua galega: fonética e fonoloxía, morfosintaxe e léxico.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. A3
A31
B2
B4
B5
B7
B9
B17
C1
C7
Coñecer e integrar os fundamentos lingüísticos da Logopedia: Fonética e fonoloxía, morfosintaxe, semántica, pragmática, sociolingüística. A3
A17
Adquirir ou desenvolver habilidades comunicativas para a intervención. A31
B8
B22
C6
C7
Comunicarse de xeito efectivo nun entorno de traballo. B2
B7
B8
B9
B12
B17
C1
C4
Coñecer e manexar as novas tecnoloxías da comunicación e da información. A32
B2
B4
B5
B13
B22
C3
C6
Aprender autonomamente, e motivarse para facelo de forma continuada. B5
B7
B9
B22
C6
Traballar en equipo e, de ser o caso, de forma interdisciplinar. B2
B3
B8
B9
B23
B24
C1
C4

Contidos
Temas Subtemas
1. Módulo de Fonética e Fonoloxía 1.1. Vocalismo e consonantismo
1.2. Fonética sintáctica, acento e entoación
2. Módulo de Ortografía 2.1. Usos das letras
2.2. Acentuación, maiúsculas, abreviacións e constituíntes xuntos/separados
2.3. Puntuación
3. Módulo de Morfosintaxe 3.1. Categorías gramaticais: substantivo, adxectivo, pronome, verbo, adverbio, preposición e conxunción
3.2. Estrutura sintáctica da oración
4. Módulo de Léxico-Semántica 4.1. Léxico xeral e léxico especializado. O léxico da Logopedia
4.2. Relacións semánticas e precisión léxico-semántica.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Obradoiro A31 A17 B2 B3 B4 B7 B8 B12 B17 B22 B23 C1 C6 28.5 41 69.5
Solución de problemas A32 B2 B4 B5 B9 B13 B24 C1 C3 C4 C7 0 30 30
Proba mixta A3 B7 C1 0 10 10
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Nas sesións de docencia expositiva (maxistrais), levara a cabo a presentación teórico-práctica dos contidos fundamentais para comprender a materia e para poder realizar as diversas actividades propostas nas prácticas.
Nas sesións de docencia interactiva, o alumnado realizará ACTIVIDADES PRÁCTICAS de diferente tipoloxía (exercicios de completar, corrección de textos, análise e elaboración de textos, lectura e entoación de textos, exposicións, debates etc.) destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Solución de problemas Como complemento ás sesións maxistrais e ás actividades prácticas presenciais, o alumnado deberá realizar (fóra da aula) unha serie de ACTIVIDADES PRÁCTICAS sobre os contidos traballados nas aulas presenciais que deberá entregar a través do Campus Virtual da Universidade da Coruña nas datas marcadas.
Proba mixta Exame práctico escrito en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Obradoiro
Descrición
Para alén do labor de titorización realizado no horario de atendemento marcado polo profesorado responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente para o apoio á realización das prácticas presenciais e non presenciais.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Solución de problemas A32 B2 B4 B5 B9 B13 B24 C1 C3 C4 C7 As ACTIVIDADES PRÁCTICAS non presenciais suporán un 40 % sobre a cualificación final. Nestas prácticas de ampliación avaliarase o correcto desenvolvemento das instrucións indicadas, a correcta aplicación dos contidos teóricos á práctica, a corrección na análise e na expresión escrita. Entregaranse en papel nos prazos marcados.
Para aprobar é preciso ter unha puntuación de 5 sobre 10 en cada actividade.
40
Proba mixta A3 B7 C1 Na PROBA ESCRITA avaliarase a asimilación dos contidos aprendidos. As actividades do exame serán similares ás formuladas nas aulas.
Para superar esta proba, que se realizará na data hora e lugar marcados nos horarios oficiais de exames do centro, a cualificación deberá ser de 5 puntos sobre 10.
30
Obradoiro A31 A17 B2 B3 B4 B7 B8 B12 B17 B22 B23 C1 C6 As ACTIVIDADES PRÁCTICAS (exercicios de completar, corrección de textos, análise e elaboración de textos, lectura e entoación de textos, exposicións, debates etc.) realizadas ao longo do curso, xunto coa asistencia e participación, serán obxecto de avaliación nun 30 % sobre a cualificación total.
Nestas actividades valorarase a correcta aplicación dos contidos teóricos á práctica, a capacidade de análise, a claridade e corrección na expresión oral e escrita, así como o traballo individual e en grupo.
30
 
Observacións avaliación

1. A CUALIFICACIÓN FINAL na 2.ª OPORTUNIDADE rexerase polas seguintes normas:

1.1. Quen suspender a materia na 1.ª oportunidade por non obter 5 puntos, poderá recuperar na 2.ª oportunidade todas as partes avaliábeis. No caso da PROBA MIXTA ESCRITA, deberá facer un novo exame escrito das mesmas características que o da 1.ª oportunidade. No tocante ás ACTIVIDADES PRÁCTICAS non presenciais (de "Solución de problemas") que tiveren unha cualificación inferior a 5 puntos, poderá presentalas novamente, mentres que as ACTIVIDADES PRÁCTICAS presenciais que se realizaron na aula serán recuperadas con outras actividades substitutivas de características semellantes; neste último caso, as actividades suporán o 70 % da cualificación final. O número de actividades, xunto coas datas de entrega, indicarase tras finalizar o 2.º cuadrimestre.

2. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL E CON DISPENSA
ACADÉMICA

2.1. O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida deberá pórse en contacto co profesorado da materia no inicio de curso para planificar, en cada situación concreta, os axustes necesarios na avaliación no tocante ás actividades presenciais (que serán substituídas por outras non presenciais equivalentes).

3. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO

3.1. En cada oportunidade de avaliación o/a alumno/a recibirá a cualificación de NON PRESENTADO (NP) se non se presentar á proba escrita e, ademais, se o número de actividades avaliábeis for inferior ao 50 %.


4. AVALIACIÓN DA OPORTUNIDADE ADIANTADA DE DECEMBRO
4.1. O alumnado que se presentar á convocatoria adiantada de decembro terá que contactar previamente co docente da materia e, para superala, deberá realizar unha "Proba mixta" (5 puntos) e unhas "Actividades prácticas" (5 puntos) que lle foren encomendadas.

5. OUTRAS OBSERVACIÓNS
5.1. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia será incorporada a perspectiva de xénero: usarase linguaxe non sexista, utilizarase -na medida do posíbel- bibliografía de persoas de diferentes identidades de xénero, propiciarase a intervención de alumnos e de alumnas na aula... Alén disto, serán fomentados os valores do respecto e da igualdade, e non serán aceptadas nin a reprodución de prexuízos nin as actitudes discriminatorias. Finalmente, se foren identificadas situaciones de discriminación por razón de xénero, serán propostas acciones e medidas concretas para corrixilas.

5.2. Calquera falta de honradez académica (copia, plaxio, utilización de material non orixinal ou ideas doutras autorías sen indicación expresa da súa procedencia etc.), tanto na realización de traballos como na proba mixta, será penalizada de acordo co estipulado nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" e no "Regulamento disciplinar do estudantado da Universidade da Coruña". Así, o/a estudante será cualificado/a con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se producir na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, modificarase a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se for necesario. Para detectar o plaxio ou o uso de intelixencia artificial nas actividades poderán empregarse aplicacións informáticas como Turnitin.

5.3. Para o resto de casos non contemplados nestas "Observacións" seguirase o disposto nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2006). Manual de gramática galega. Vigo: A Nosa Terra
Sanmartín Rei, Goretti (coord.) (2012). Criterios para o uso da lingua. A Coruña: Universidade da Coruña
Hermida Gulías, Carme (2004). Gramática práctica (Morfosintaxe). Santiago de Compostela: Sotelo Blanco
López Viñas, Xoán / Lourenço Módia, Cilha / Moreda Leirado, Marisa (2011). Gramática práctica da lingua galega. Comunicación e expresión. A Coruña: Baía Edicións
Martínez Celdrán, Eugenio (2002). Introdución á fonética. O son na comunicación humana. Vigo: Galaxia
Garayzábal, Elena (2006). Lingüística clínica y logopedia. Madrid: Machado Libros
González Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova
Sanmartín Rei, Goretti (coord.) (2012). Sobre a calidade da nosa lingua. A Coruña: Universidade da Coruña

Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega (2005): Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. 23.ª edición. En https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/view/252/248/152.

Real Academia Galega (2012-): Dicionario da Real Academia Galega. En https://academia.gal/dicionario. Cfr. App para Android e iOS.

Regueira, Xosé Luís (2010-): Dicionario de pronuncia da lingua galega. En http://ilg.usc.es/pronuncia/.

Bibliografía complementaria

Proporcionarase bibliografía complementaria e específica por temas.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Sociolingüística/652G04044

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías