- A maior parte das actividades realizarase na aula. As actividades que se desenvolvan nas clases só se poderán entregar na sesión en que se realicen.
- Só se aceptarán actividades que se entreguen no prazo e forma establecidos en cada caso.
- Por norma xeral, as actividades entregaranse no Campus Virtual.
- O/a estudante comprométese a gardar unha copia de cada traballo, en previsión de problemas na recepción.
- As actividades deben cumprir as esixencias de correción lingüística propias destes textos (ortografía, puntuación, precisión léxica, rexistro formal, discurso coherente e cohesionado etc.).
- Calquera falta de honradez académica
(plaxio, entrega de material non elaborado polo/a estudante, copia etc.)
dará lugar á aplicación do estipulado nas «Normas de avaliación,
revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado
universitario» e no «Regulamento disciplinar do estudantado da
Universidade da Coruña». O/a estudante será cualificado/a con «suspenso»
(nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na
segunda. As actividades poderán ser sometidas a unha revisión mediante
aplicacións informáticas de detección de plaxio ou de uso de intelixencia artificial.
- Calificarase como non presentado a quen entregue 3 ou menos actividades.
- Na segunda edición de actas (segunda oportunidade) poderanse recuperar todas as actividades coa mesma ponderación que na primeira edición. As actividades serán substituídas por tarefas que se publicarán e entregarán a través do Campus Virtual.
- En convocatoria adiantada emplearanse os mesmos instrumentos de avaliación coa mesma ponderación. As actividades do obradoiro serán substituídas por tarefas que se publicarán no Campus Virtual. O alumnado que se acolla a esta modalidade debe contactar con antelación suficiente co profesorado da materia.
- Estudantes a tempo parcial con dispensa académica de asistencia ás clases recoñecida: realizarán actividades alternativas aos obradoiros. Deben contactar co profesorado responsable da materia.
- Alumnado que precise medidas de apoio á diversidade ou con modalidades específicas de aprendizaxe: aplicarase o mesmo sistema de avaliación, coas adaptacións e flexibilidade que requira cada caso. Deberán contactar coa Unidade de Atención á Diversidade da UDC.
- Alumnado erasmus e de intercambio: recoméndase un nivel de español equivalente a B1 ou superior para cursar esta materia.