Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer e integrar os fundamentos biolóxicos da Logopedia: a Anatomía e Fisioloxía. |
A6 |
Coñecer a clasificación, a terminoloxía e a descrición dos trastornos da comunicación, a linguaxe, a fala, a voz e a audición e as funcións orais non verbais. |
A8 |
Coñecer os fundamentos do proceso de avaliación e diagnóstico. |
A11 |
Redactar un informe de avaliación logopédica. |
A12 |
Realizar unha avaliación tras a intervención. |
A13 |
Coñecer os principios xenerais de la intervención logopédica. |
A15 |
Coñecer e aplicar os modelos e as técnicas de intervención. |
A21 |
Saber deseñar e elaborar informes logopédicos. |
A26 |
Adquirir un coñecemento práctico para a avaliación logopédica. |
A28 |
Adquirir un coñecemento práctico en intervención logopédica (formación práctica en ámbitos escolares, clínico-sanitarios e asistenciais). |
A29 |
Adquirir a formación práctica para o traballo individual, grupal, cooperativo e de mediación con facilitador. |
A30 |
Coñecer a actuación profesional e os contornos onde se desenvolve a práctica. |
A32 |
Utilizar tecnoloxías da información e da comunicación. |
B1 |
Acceso, selección e xestión das fontes de información relevantes para a práctica profesional. |
B5 |
Aprender autonomamente, e motivarse para facelo de forma continuada. |
B8 |
Capacidade de observar e de escoitar de forma activa. |
B10 |
Capacidade para motivarse e procurar a calidade na actuación profesional. |
B11 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B12 |
Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo. |
B13 |
Coñecer e manexar as novas tecnoloxías da comunicación e da información. |
B14 |
Destreza e empatía nas relacións interpersoais. |
B15 |
Poñer en valor a súa profesión no contorno en que desenvolve o seu traballo. |
B17 |
Saber expresarse en público. |
B18 |
Ser creativo no exercicio da profesión. |
B19 |
Ter compromiso ético. |
B23 |
Traballar de forma colaborativa. |
B24 |
Traballar en equipo e, de ser o caso, de forma interdisciplinar. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
1- Coñecer a información xeral respeto das estructuras e sistemas funcionais que interveñen na producción da voz e na determinación dos distintos procesos patolóxicos que a afectan.
2.- Provir información detallada sobre os procesos que afectan a funcionalidade vocal: aspectos etiolóxicos, patoxénicos, clínicos e prospectivos, así como dos factores emocionais que acompañan e/ou determinan as perturbacions da voz profesional.
3.- Aportar os alumnos os coñecementos prácticos da clasificación vocal, técnicas vocais e alteracions que estas producen no aparato fonatorio para previr, diagnosticar y levar a cabo un plan terapéutico completo de culquer tipo de afectación vocal dos profesionais da voz cantada e falada.
|
A1 A6 A8 A11 A12 A13 A15 A21 A26 A28 A29 A30 A32
|
B1 B5 B8 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B17 B18 B19 B23 B24
|
C1 C2 C3 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1: Fundamentos básicos e introductorios da voz |
Conceptos fundamentais e recordo anatómico-fisiolóxico da voz.
Audición: acústica e parámetros vocais.
Musicalidade, oído musical e tipos de voces.
Avaliación dá voz profesional. |
Tema 2: A Voz Profesional |
A voz como ferramenta de traballo.
Importancia da formación do terapeuta vocal.
Profesións de voz e requirimentos vocais: docentes, cantantes, actores e outros profesionais.
Voz cantada e voz falada. Diferenzas.
Voz cantada: esquema corporal e sensibilidades propioceptivas.
Voz normal e voz patolóxica: recordatorio.
Tipos de disfonías profesionais. |
Tema 3: Técnica vocal e medidas de hixiene |
Medidas de hixiene vocal para o correcto uso da voz.
Técnica vocal para o uso correcto dá voz: esquema corporal/postura, respiración, relaxación, pronuncia, prosodia e impostación.
Exercicios de tracto vocal semiocluído para a voz cantada e voz falada.
Erros máis habituais: toma de conciencia e indicacións para a súa corrección. |
Tema 4: Técnica de dicción para falar en público |
Linguaxe corporal e voz.
Ritmo do fala e manexo de #o #estrés.
Organización do discurso.
Uso do micrófono e do teléfono.
Expresión oral nos medios de comunicación e nas redes sociais. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Estudo de casos |
A8 A11 A12 A13 A28 B8 B11 B12 B15 B17 B18 B19 C6 |
2 |
2 |
4 |
Prácticas clínicas |
A8 A13 A21 A26 A30 |
9.5 |
19 |
28.5 |
Sesión maxistral |
A1 A6 A8 A21 A26 A28 A32 B5 B13 B15 B17 C1 C6 C7 C8 |
10 |
30 |
40 |
Proba obxectiva |
A12 A13 C7 |
1 |
1 |
2 |
Traballos tutelados |
A13 A15 A28 A29 B24 B23 B19 B18 B17 B15 B14 B12 B11 B10 B5 B1 C1 C2 C3 |
9 |
27 |
36 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Estudo de casos |
O profesor presentará casos clínicos relacionados cos contidos. |
Prácticas clínicas |
Servirán para poñer exemplos dos errores vocais e do seu correcto uso. |
Sesión maxistral |
Impartiranse os contidos teóricos e os prácticos, de forma consecutiva. Os teóricos impartiranse en sesión maxistral con soporte de diapositivas e videos. E a parte práctica mediante exercicios prácticos relacionados coa explicación teórica. |
Proba obxectiva |
Exame tipo test dos contidos teórico-prácticos |
Traballos tutelados |
Elaboración de material de intervención a partir de pautas facilitadas polo profesor. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Trátase dun traballo grupal que poderán desenvolver coa axuda titorizada do profesor e que estará moi ligado ás prácticas clínicas que levarán a cabo durante as clases interactivas. O alumnado que non asiste regularmente ás clases interactivas (xa sexa por dispensa académica ou por outros motivos) deberá incorporarse a un grupo de traballo con compañeiros que si acudan regularmente ás clases. Ademais, todo o alumnado poderá consultar as dúbidas que xurdan a través de titoría en liña ou presencial. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
A12 A13 C7 |
Valora os coñecementos adquiridos sobre a materia. Tipo test de resposta única. |
30 |
Traballos tutelados |
A13 A15 A28 A29 B24 B23 B19 B18 B17 B15 B14 B12 B11 B10 B5 B1 C1 C2 C3 |
Valora a capacidade de elaboración de material de intervención acorde cos fundamentos prácticos da materia
|
70 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia é necesario obter un 5 sobre 10 na
Proba obxectiva-Exame e no Traballo Tutelado. A asistencia ás clases
interactivas é primordial para poder levar a cabo devandito Traballo Tutelado
porque se basea na exposición dos coñecementos e aprendizaxes adquiridos nas
clases interactivas. A proba obxetiva-examen supón un 30% da nota final e o Traballo Tutelado un 70%. Sin embargo, no caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, dispensa académica con exención de asistencia ou alumnado que non cumpra cunha asistencia mínima do 75% deberá poñerse ao día coa progresión das clases e integrarse nalgún dos grupos de traballo do alumnado que asiste con regularidade a clase se quere que puntúe o seu Traballo Tutelado. No alumnado con asistencia inferior ao 75% das clases (xa sexa por dedicación a tempo parcial, dispensa académica ou ausencias con ou sen xustificación), a ponderación das notas será á inversa, tendo o exame un peso do 70% da nota final e o Traballo Tutelado un 30%. Todos
os aspectos relacionados con “dispensa
académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa
académica vixente da UDC. ESPECIFICACIÓNS ADICIONAIS: 1. Aplicaranse
estes mesmos criterios avaliadores en todas as convocatorias (1ª, 2ª e convocatoria adiantada). 2. O Traballo
Tutelado será entregado na mesma data por parte do todo o alumnado, caso de non
entrega, non puntúa. A data de entrega establecerase ao longo do transcurso das
clases, será unha vez finalizadas as clases interactivas e indicarase en
Moodle.
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Anatomía dos órganos da audición e a linguaxe/652G04001 | Intervención logopédica nos trastornos da fala e a voz/652G04027 | Fisioterapia do aparato bucofonador/652G04039 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Intervención logopédica nos trastornos da fala e a voz/652G04027 | Fisioterapia do aparato bucofonador/652G04039 |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Esta materia é útil para entrenarse no uso profesional da voz y para ensinar a entrenala. Recoméndase a asistencia ás clases debido ao seu elevado contido práctico GREEN CAMPUS: Para axudar a conseguir un entorno inmediato sustentable e cumprir co obxectivo estratéxico 2 do "V Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2023-2025)", os traballos documentais que se realicen nesta materia: 1. Maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático. 2. De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos
- Realizaranse impresións a dobre cara
- Empregarase papel reciclado
- Evitarase a realización de borradores
|
|