O alumnado disporá dunha convocatoria con dúas oportunidades de avaliación e defensa pública do TFG: unha ordinaria (xuño) e outra extraordinaria (setembro)
• Para aprobar a materia de TFG e necesario superar os dous elementos da avaliación: traballo tutelado e defensa oral.
• Enténdese que a parte do traballo tutelado está superada, e este pode ser defendido ante un tribunal, cando se conta coa autorización de defensa e cun informe favorable sobre o traballo que debe incluir unha cualificación numérica mínima de 3,5 (nunha escala do 0 ao 7), emitidos ambos pola dirección académica.
• A superación da parte da defensa implica que o tribunal emita unha cualificación numérica mínima de 1,5 (nunha escala do 0 ao 3).
• A cualificación final do Traballo de Fin Grao será a emitida polo tribunal.
• No caso de non contar coa autorización de defensa e/ou co informe favorable emitidos pola dirección académica do traballo, a cualificación recibida será NON PRESENTADO.
• No caso de non realizar a defensa ante o tribunal, a pesar de ter o informe favorable e/ou a súa autorización, a cualificación recibida será NON PRESENTADO.
• No caso de non superar a defensa oral, a cualificación final recibida será a obtida nesta parte da avaliación, pero nunha escala do 0-10.
• Dentro dunha mesma convocatoria, o alumnado que reciba unha cualificación de NON PRESENTADO ou de SUSPENSO, contando coa autorización de defensa e co informe favorable da súa dirección académica só terá que repetir a parte da avaliación correspondente á defensa oral do TFG.
• O alumnado que non supere a materia en ningunha das oportunidades de avaliación dunha mesma convocatoria, terá que matricularse de novo na mesma. Neste caso:
a) Se a cualificación recibida na convocatoria anterior foi de SUSPENSO, deberá comezar o proceso de elección de liñas temáticas nas mesmas condicións que o alumnado que se matricula por primeira vez.
b) Se a cualificación recibida na convocatoria anterior foi de NON PRESENTADO, poderá manter o mesmo tema e a mesma dirección académica do último curso en que se matriculase da materia, sempre e cando conte co consentimento explícito da propia dirección académica.
Convocatoria adiantada (febreiro)
De forma excepcional e sempre que o estudante non teña pendente máis que a superación do TFG para rematar os seus estudos de Grao e conte co informe favorable da dirección académica, poderá defendelo en convocatoria adiantada, nas datas que estableza a Facultade desde o inicio do curso académico; pero respectando sempre o número máximo de dúas oportunidades do que poderá facer uso en cada curso académico.
O sistema de avaliación desta convocatoria adiantada será o mesmo que na convocatoria ordinaria.
Revisión as cualificacións
Se o alumnado quere revisar a cualificación outorgada pola dirección académica, deberá solicitarllo por correo electrónico no prazo de 4 días naturais logo da publicación da cualificación. Dende a dirección do TFG indicarase data, hora e lugar para realizar a revisión que será sempre antes do inicio do período de presentación e defensa diante do tribunal, por se houber modificación da cualificación.
De acordo coa normativa de avaliación vixente da UDC, a data de revisión da cualificación definitiva do TFG será a que marque o tribunal, unha vez realizadas as defensas.
“Dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica”:
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.