Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer e integrar os fundamentos biolóxicos da Logopedia: a Anatomía e Fisioloxía. |
A2 |
Coñecer e integrar os fundamentos psicolóxicos da Logopedia: o desenvolvemento da linguaxe, o desenvolvemento psicolóxico, a Neuropsicoloxía da linguaxe, os procesos básicos e a Psicolingüística. |
A3 |
Coñecer e integrar os fundamentos lingüísticos da Logopedia: Fonética e fonoloxía, morfosintaxe, semántica, pragmática, sociolingüística. |
A4 |
Coñecer e integrar os fundamentos educativos da Logopedia: Procesos de ensino e aprendizaxe. |
A5 |
Coñecer e integrar os fundamentos metodolóxicos para a investigación en Logopedia. |
A6 |
Coñecer a clasificación, a terminoloxía e a descrición dos trastornos da comunicación, a linguaxe, a fala, a voz e a audición e as funcións orais non verbais. |
A7 |
Coñecer, recoñecer e discriminar entre a variedade das alteracións: os trastornos específicos do desenvolvemento da linguaxe, trastorno específico da linguaxe, retrasos da linguaxe, trastornos fonéticos e fonolóxicos; os trastornos da comunicación e a linguaxe asociados a déficit auditivos e visuais, o déficit de atención, a deficiencia mental, o trastorno xeneralizado do desenvolvemento, os trastornos do espectro autista, a parálise cerebral infantil e as plurideficiencias; os trastornos específicos da linguaxe escrita; as discalculias; as alteracións no desenvolvemento da linguaxe por deprivación social e as asociadas a contextos multiculturais e plurilingüismo; os trastornos da fluidez da fala; as afasias e os trastornos asociados; as disartrias; as disfonías; as disglosias; as alteracións da linguaxe no avellentamento e os trastornos dexenerativos; as alteracións da linguaxe e a comunicación en enfermidades mentais; o mutismo e as inhibicións da linguaxe; as alteracións das funcións orais non verbais: deglución atípica, disfagia e alteracións tubáricas. |
A8 |
Coñecer os fundamentos do proceso de avaliación e diagnóstico. |
A9 |
Coñecer e aplicar os modelos, técnicas e instrumentos de avaliación. |
A10 |
Realizar a avaliación das alteracións da linguaxe nos trastornos específicos do desenvolvemento da linguaxe: trastorno específico da linguaxe, retrasos da linguaxe, trastornos fonéticos e fonolóxicos; os trastornos da comunicación e a linguaxe asociados a déficit auditivos e visuais, o déficit de atención, a deficiencia mental, o trastorno xeneralizado do desenvolvemento, os trastornos do espectro autista, a parálise cerebral infantil e as plurideficiencias; os trastornos específicos da linguaxe escrita; as discalculias; as alteracións no desenvolvemento da linguaxe por deprivación social e as asociadas a contextos multiculturais e plurilingüismo; os trastornos da fluidez da fala; as afasias e os trastornos asociados; as disartrias; as disfonías; as disglosias; as alteracións da linguaxe no avellentamento e os trastornos dexenerativos; as alteracións da linguaxe e a comunicación en enfermidades mentais; o mutismo e as inhibicións da linguaxe; as alteracións das funcións orais non verbais: deglución atípica, disfagia e alteracións tubáricas. |
A11 |
Redactar un informe de avaliación logopédica. |
A12 |
Realizar unha avaliación tras a intervención. |
A13 |
Coñecer os principios xenerais de la intervención logopédica. |
A14 |
Coñecer as funcións da Intervención logopédica: prevención, educación, reeducación, rehabilitación e tratamento. |
A15 |
Coñecer e aplicar os modelos e as técnicas de intervención. |
A16 |
Coñecer as características diferenciais da intervención logopédica nos ámbitos familiar, escolar, clínico-sanitario e asistencial. |
A17 |
Coñecer e realizar a intervención logopédica nos trastornos específicos do desenvolvemento da linguaxe: trastorno específico da linguaxe, retrasos da linguaxe, trastornos fonéticos e fonolóxicos; os trastornos da comunicación e a linguaxe asociados a déficit auditivos e visuais, o déficit de atención, a deficiencia mental, o trastorno xeneralizado do desenvolvemento, os trastornos do espectro autista, a parálise cerebral infantil e as plurideficiencias; os trastornos específicos da linguaxe escrita; as discalculias; as alteracións no desenvolvemento da linguaxe por deprivación social e as asociadas a contextos multiculturais e plurilingüismo; os trastornos da fluidez da fala; as afasias e os trastornos asociados; as disartrias; as disfonías; as disglosias; as alteracións da linguaxe no avellentamento e os trastornos dexenerativos; as alteracións da linguaxe e a comunicación en enfermidades mentais; o mutismo e as inhibicións da linguaxe; as alteracións das funcións orais non verbais: deglución atípica, disfagia e alteracións tubáricas. |
A18 |
Coñecer e realizar a intervención logopédica en Atención Temperá. |
A19 |
Coñecer e implementar os Sistemas de Comunicación Aumentativa. |
A20 |
Coñecer e implementar as axudas técnicas á comunicación. |
A21 |
Saber deseñar e elaborar informes logopédicos. |
A22 |
Saber deseñar, programar e avaliar a actuación logopédica. |
A23 |
Coñecer, aplicar e valorar criticamente as técnicas pedagóxicas, así como os recursos metodolóxicos e didácticos para o ensino da linguaxe. |
A24 |
Coñecer o concepto de Logopedia, obxecto e método; A profesión de logopeda; A Historia da Logopedia; A deontoloxía e a lexislación relevante para o exercicio profesional. |
A25 |
Coñecer a organización de institucións educativas, sanitarias e sociais. |
A26 |
Adquirir un coñecemento práctico para a avaliación logopédica. |
A27 |
Realizar a planificación estratéxica da intervención logopédica. |
A28 |
Adquirir un coñecemento práctico en intervención logopédica (formación práctica en ámbitos escolares, clínico-sanitarios e asistenciais). |
A29 |
Adquirir a formación práctica para o traballo individual, grupal, cooperativo e de mediación con facilitador. |
A30 |
Coñecer a actuación profesional e os contornos onde se desenvolve a práctica. |
A31 |
Adquirir o desenvolvemento os recursos persoais para a intervención: habilidades sociais e comunicativas, habilidades profesionais, avaliación da propia actuación profesional, técnicas de observación, técnicas de dinamización ou toma de decisións. |
A32 |
Utilizar tecnoloxías da información e da comunicación. |
B1 |
Acceso, selección e xestión das fontes de información relevantes para a práctica profesional. |
B2 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B3 |
Apreciar as distintas manifestacións da diversidade. |
B4 |
Aprender a aprender. |
B5 |
Aprender autonomamente, e motivarse para facelo de forma continuada. |
B6 |
Capacidade de adaptarse aos cambios. |
B7 |
Capacidade de análise e síntese. |
B8 |
Capacidade de observar e de escoitar de forma activa. |
B9 |
Capacidade de organizar e planificar. |
B10 |
Capacidade para motivarse e procurar a calidade na actuación profesional. |
B11 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B12 |
Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo. |
B13 |
Coñecer e manexar as novas tecnoloxías da comunicación e da información. |
B14 |
Destreza e empatía nas relacións interpersoais. |
B15 |
Poñer en valor a súa profesión no contorno en que desenvolve o seu traballo. |
B16 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B17 |
Saber expresarse en público. |
B18 |
Ser creativo no exercicio da profesión. |
B19 |
Ter compromiso ético. |
B20 |
Ter iniciativa e espírito emprendedor. |
B21 |
Tomar decisións con autonomía e responsabilidade. |
B22 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B23 |
Traballar de forma colaborativa. |
B24 |
Traballar en equipo e, de ser o caso, de forma interdisciplinar. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Capacidade para indagar e producir coñecemento nun determinado campo. |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A26 A27 A28 A29 A30 A31 A32
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B18 B19 B20 B21 B22 B23 B24
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Capacidade para comunicar o coñecemento adquirido a unha audiencia |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A26 A27 A28 A29 A30 A31 A32
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B18 B19 B20 B21 B22 B23 B24
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Procedemento para a elección de temas: 1. Ata o 30 de setembro: proposta por parte dos Departamentos dos temas ou as liñas dos TFG e os directores. 2. Ata o 30 de outubro: a comisión de titulación aprobará e fará pública unha listaxe cos temas, así como co número de estudantes que poden escoller cada tema e os critérios de asignación. 3. Os períodos de solicitude de temas por parte do estudantado, por orde de preferência dun número mínimo de tres temas ou liñas son: - Antes do 30 de novembro (para alumnado matriculado no período ordinário de matrícula). - Antes do 30 de marzo (para alumnado matriculado no período de ampliación de matrícula). - Antes do 15 de outubro (para alumnado que só teña pendente o TFG e queira examinarse nas oportunidades de xaneiro e/ou xuño). 4. Listaxe provisória. 5. Período de reclamación. 6. Listaxe definitiva. |
Unha vez publicada a oferta de temas, o alumnado matriculado na materia será convocado á reunión de elección de temática.
O proceso de elección consistirá en que o alumando será chamado a elixir unha liña temática segundo o seu expediente académico. O proceso rematará cando todo o alumnado presente teña unha temática asignada.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A26 A27 A28 A29 A30 A31 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B15 B16 B18 B19 B20 B21 B22 B23 B24 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
0 |
237 |
237 |
Presentación oral |
B7 B8 B9 B12 B13 B14 B17 C1 C2 C3 |
1 |
9 |
10 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Traballos tutelados |
O alumnado realizara o TFG baixo a supervisión e guía da súa dirección académica.
A dirección será responsable de expoñerlle ao estudantado as características do traballo, e orientalo no seu desenvolvemento. Realizará un seguimento da elaboración do TFG e velará polo cumprimento dos obxectivos fixados. Unha vez finalizada a elaboración autorizar a presentación e defensa do TFG.
As modalidades do TFG que poderán realizar o alumnado son algunha das seguintes:
A. O proxecto de investigación: o seu propósito é achegar información útil e aplicable ao desenvolvemento dun proxecto de investigación novidoso.
B. O proxecto de intervención: o seu obxectivo é o de analizar as distintas posibilidades de prevención e/ou intervención optimizadora ou correctora nunha alteración da linguaxe e da comunicación.
C. A revisión sistemática: esta modalidade pretende describir de forma actualizada o estado do coñecemento nun ámbito concreto da realidade da investigación.
D. O traballo de investigación: o seu obxectivo é comunicar os resultados orixinais derivados do proceso de investigación levado a cabo polo/a estudante.
|
Presentación oral |
SOLICITUDE DE DEFENSA:
Unha vez finalizado o proceso de elaboración do TFG, e unha vez obtido o informe favorable do director/a do mesmo, o alumnado terá que presentar, no prazo e lugar establecido polo centro, e en formato dixital, un exemplar do TFG; un resumo do TFG dirixido ao tribunal; o documento coa solicitude de defensa e o documento co expediente académico (onde aparezan todas as materias superadas do plan de estudos).
DEFENSA:
Unha vez que se faga púbica a convocatoria do tribunal, o alumnado debe presentarse á hora indicada e agardar a ser chamado polo secretario/a do mesmo.
Para a defensa deberá acudir cun documento identificativo (DNI ou Pasaporte), e o resto de documentos que se soliciten, se é o caso.
Para a exposición, que será pública, disporá dun tempo de 15 minutos e o tribunal disporá de 15 minutos para realizar as preguntas que estimen oportunas e debatir co alumno/a.
O alumnado poderá utilizar canto material sexa preciso para exposición.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Presentación oral |
|
Descrición |
Unha vez publicada a listaxe definitiva de asignación de temáticas e dirección académica, o alumnado terá que poñerse en contacto coa súa dirección académica nun prazo máximo de dez días naturais. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A26 A27 A28 A29 A30 A31 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B15 B16 B18 B19 B20 B21 B22 B23 B24 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Avaliación emitida pola dirección académica sobre a adquisición de competencias reflectidas no traballo realizado (contido e formato). Valoraranse as seguintes cuestións:
- Proceso e aspectos formais (10): adecuación ao formato esixido; organización da información segundo os apartados establecidos e o tipo de traballo; calidade na exposición do contido e uso da terminoloxía apropiada; incorporación das referencias bilbiográficas oportunas.
- Contido do traballo (60): fundamentación teórica (xustificación e contextualización, elección de fontes axeitadas); proposta/proxecto/estudo (profundidade e adecuación dos contidos de cada parte, coherencia interna, viabilidade, pertinencia e/ou carácter innovador); resultados/conclusións (relación cos obxectivos formulados; grao de comprensión dos coñecementos dunha área de estudo concreta vinculada ao Grao)
|
70 |
Presentación oral |
B7 B8 B9 B12 B13 B14 B17 C1 C2 C3 |
Avaliación emitida polo tribunal sobre a exposición e defensa pública do TFG. Valoraranse as seguintes cuestións:
- Grao de elaboración, fundamentación, claridade e solidez do discurso, facendo un uso adecuado e rigoroso da linguaxe.
- Capacidade de síntese e de distribución do tempo de exposición, facendo fincapé nos aspectos clave para entender o interese do traballo.
- Resolución, concreción e exactitude das respostas ás preguntas e aos comentarios formulados polo tribunal
|
30 |
|
Observacións avaliación |
O alumnado disporá dunha convocatoria con dúas oportunidades de avaliación e defensa pública do TFG: unha ordinaria (xuño) e outra extraordinaria (setembro) • Para aprobar a materia de TFG e necesario superar os dous elementos da avaliación: traballo tutelado e defensa oral. • Enténdese que a parte do traballo tutelado está superada, e este pode ser defendido ante un tribunal, cando se conta coa autorización de defensa e cun informe favorable sobre o traballo que debe incluir unha cualificación numérica mínima de 3,5 (nunha escala do 0 ao 7), emitidos ambos pola dirección académica. • A superación da parte da defensa implica que o tribunal emita unha cualificación numérica mínima de 1,5 (nunha escala do 0 ao 3). • A cualificación final do Traballo de Fin Grao será a emitida polo tribunal. • No caso de non contar coa autorización de defensa e/ou co informe favorable emitidos pola dirección académica do traballo, a cualificación recibida será NON PRESENTADO. • No caso de non realizar a defensa ante o tribunal, a pesar de ter o informe favorable e/ou a súa autorización, a cualificación recibida será NON PRESENTADO. • No caso de non superar a defensa oral, a cualificación final recibida será a obtida nesta parte da avaliación, pero nunha escala do 0-10. • Dentro dunha mesma convocatoria, o alumnado que reciba unha cualificación de NON PRESENTADO ou de SUSPENSO, contando coa autorización de defensa e co informe favorable da súa dirección académica só terá que repetir a parte da avaliación correspondente á defensa oral do TFG. • O alumnado que non supere a materia en ningunha das oportunidades de avaliación dunha mesma convocatoria, terá que matricularse de novo na mesma. Neste caso: a) Se a cualificación recibida na convocatoria anterior foi de SUSPENSO, deberá comezar o proceso de elección de liñas temáticas nas mesmas condicións que o alumnado que se matricula por primeira vez. b) Se a cualificación recibida na convocatoria anterior foi de NON PRESENTADO, poderá manter o mesmo tema e a mesma dirección académica do último curso en que se matriculase da materia, sempre e cando conte co consentimento explícito da propia dirección académica. Convocatoria adiantada (febreiro) De forma excepcional e sempre que o estudante non teña pendente máis que a superación do TFG para rematar os seus estudos de Grao e conte co informe favorable da dirección académica, poderá defendelo en convocatoria adiantada, nas datas que estableza a Facultade desde o inicio do curso académico; pero respectando sempre o número máximo de dúas oportunidades do que poderá facer uso en cada curso académico. O sistema de avaliación desta convocatoria adiantada será o mesmo que na convocatoria ordinaria. Revisión as cualificacións Se o alumnado quere revisar a cualificación outorgada pola dirección académica, deberá solicitarllo por correo electrónico no prazo de 4 días naturais logo da publicación da cualificación. Dende a dirección do TFG indicarase data, hora e lugar para realizar a revisión que será sempre antes do inicio do período de presentación e defensa diante do tribunal, por se houber modificación da cualificación. De acordo coa normativa de avaliación vixente da UDC, a data de revisión da cualificación definitiva do TFG será a que marque o tribunal, unha vez realizadas as defensas. “Dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica”: Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
As propostas pola dirección académica do Traballo de Fin de Grao |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
- Na entrega dos traballos documentais que se
realice no seguemento da materia, recoméndase o uso de medios telemáticos e, de
non ser posible, as impresións a dobre cara, papel reciclado e evitarase a
impresión de borradores.
- Débese facer un uso sostible dos recursos e a
prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
- Débese ter en conta a importancia dos principios
éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais
e profesionais.
- Segundo se recolle nas distintas normativas de
aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de
xénero (usarase linguaxe non sexista, bibliografía de autores/as de ambos os
sexos…).
- Traballarase para identificar e modificar
prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e
fomentar valores de respecto e igualdade.
- Deberanse detectar situacións de discriminación
por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
- Facilitarase a plena integración do alumnado que
por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten
dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida
universitaria.
- Enténdese que o alumnado universitario ten
asumidas as capacidades lingüísticas en relación á expresión oral e escrita.
Por tanto, é primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía,
acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames
realizados como condición imprescindible para superar a materia.
- No relativo á realización fraudulenta (plaxio)
das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo
14. 4. Normas de avaliación, revisión e
reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario:
"Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non
orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da
súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser
considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen
prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o
correspondente procedemento".
|
|